1 minute read

Do outro lado do arame de O’Mighelo

EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11

Do outro lado do arame

Advertisement

Acrílico sobre lenzo, 25x35.

O autor móstranos como se pode estar vivindo a crise do coronavirus ao outro lado do arame. Así, fainos reflexionar sobre como se estarán protexendo as persoas do terceiro mundo ou en países en desenvolvemento. Terán a mesma facilidade para adquirir máscaras? Porque esta crise non a estamos vivindo todos de igual forma.

Sobre o autor

Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).

This article is from: