
1 minute read
COVID 19 de Manuel Eirín
EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
COVID19
Advertisement
Grafito, aceite sobre algodón, 150x100.
Como o propio título indica, o autor quere mostrar na súa obra o vivido durante a pandemia da COVID-19, mostrando as proteínas S e os receptores ACE2. O cadro representa unha fórmula matemática para que as pezas teñan unha proporción áurea.
Sobre o autor
Manuel Eirín (Fisterra, 1967) é un artista multidisciplinar e defínese como explorador contemporáneo. Comeza a súa andaina artística en 2002, deseñando mobles con estilo único, funcional e contemporáneo. Actualmente é propietario da galería de arte “Manolo Eirín” en Carballo, desde onde promove e exhibe obras de artistas locais ou vinculados á comarca. Recentemente, asina os murais cerámicos do parador da Costa da Morte en Muxía.