E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos
Santi Picos
07.10 / 07.11
ORGANIZA:
CONCELLARÍA DE CULTURA
COLABORA:
E X P O S I C I ร N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos Sala de exposiciรณns do 3ยบ andar do Pazo da Cultura 7 de outubro - 7 de novembro de 2020 De luns a venres de 19.00 h a 21.00 h Sรกbados e domingos de funciรณn FIOT desde 1 hora antes do inicio e ata o comezo da obra Cita previa: 981704300
Pandemia. Novos retos A Concellaría de Cultura do Concello de Carballo lanzou un desafío a un colectivo de creadores da localidade para que mostren a súa visión sobre o momento que estamos a vivir nesta época de crise sociosanitaria debida á COVID-19 e a necesidade da cultura para superala. O resultado é a exposición “Pandemia. Novos retos”, unha mostra colectiva de vinte obras de modalidades e técnicas diferentes. Os dezasete artistas vinculados a Carballo que compoñen esta mostra de artes plásticas son Antón Díaz, Cristina Castro, Esther Chamoso, Isa Fernández, Isabel Soutullo, Josecho González, Laura Tova, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O’Mighelo, Otilio Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl G. Herrera e Santi Picos. Este catálogo complétase cunha serie de vídeos onde os e as artistas explican a técnica e o significado da súa obra. Podes atopalos na canle de Youtube do Concello de Carballo e na páxina web www.carballo.gal/cultura.
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos
ÍNDICE ¿Por qué todos los capullos no se convierten en mariposas?, de María Marticorena
5
CovidA, de María Marticorena
6
Tarda que arda, de Isabel Soutullo
7
Do outro lado do arame, de O’Mighelo
8
A nova liberdade, de O’Mighelo
9
Okupas silenciosos, de Milagros Cotelo
10
Primavera das ninfas, de Raúl G. Herrera
11
Elle s’appelle Corona, de Antón Díaz
12
El gran dictador, de Otilio Fernández
13
Emocións a flor de pel, de Mon Lendoiro
14
Serie B: Terror e Calma, de Cristina Santiago
15
Entre o amor e o medo, de Laura Tova
16
COVID 19, de Manuel Eirín
17
Sen título, de Peter Kramer
18
Fraxilidade, de Esther Chamoso
19
Conta, de Pedro Tasende
20
Isolamentum, de Josecho González
21
Mutación da nosa esencia, de Santi Picos
22
Sin adiós, de Isabel Fernández
23
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
¿Por qué todos los capullos no se convierten en mariposas? Instalación de 8 caixas con fotografías e mariposas monarcas, 22x18 (cada caixa).
A instalación de oito caixas con fotografías e mariposas monarcas é o resultado da performance que a autora realizou na galería de arte Manolo Eirín de Carballo. Nesa performance, onde naceron as mariposas, María Marticorena traballa os conceptos de adaptación, cambio, transformación e renacer a través da fusión e hibridación do corpo humano, a arte contemporánea e a grandeza da natureza. Sobre unha cadeira e unha táboa de madeira, a performer permaneceu sentada, sen moverse, durante catro longas horas, o que dá conta da complexidade da obra.
Sobre a autora María Marticorena (A Coruña, 1977) é artista visual e performer, profesora de Educación Plástica e Visual e conservadora-restauradora de Bens Culturais. Dedicada á arte de acción desde o 2004 como eixo da súa traxectoria artística. Nese mesmo ano, recibe o primeiro premio “Novos Valores” e xa en 2006 gaña o primeiro premio de artes plásticas “Gzcrea” da Xunta de Galicia. Coa súa obra performática ten participado en festivais, residencias de artistas, museos e talleres tanto en Galicia, como a nivel nacional e internacional.
5
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
CovidA Instalación sonora.
A través do uso de obxectos cotiáns como un conxunto de pratos apiñados, onde a maioría vería un quefacer diario, dun modo creativo rómpese
e
reconstrúese
ese
imaxinario
de
asuntos
mundanos.
A obra toma como inspiración e punto de inflexión o acto de lavar, a limpeza e a pulcritude, aspectos máis que significativos do mundo pandémico no que vivimos. Esta instalación lúdico-sonora pretende dialogar co espectador a través do movemento e do son nuns actos máis que obsesivos, repetitivos e rutinarios do colectivo social en tempos da COVID-19.
Sobre a autora María Marticorena (A Coruña, 1977) é artista visual e performer, profesora de EPV e conservadora-restauradora de Bens Culturais. Dedicada á arte de acción desde o 2004 como eixo da súa traxectoria artística. Nese mesmo ano, recibe o primeiro premio “Novos Valores” e xa en 2006 gaña o primeiro premio de artes plásticas “Gzcrea” da Xunta de Galicia. Coa súa obra performática ten participado en festivais, residencias de artistas, museos e talleres tanto en Galicia, como a nivel nacional e internacional.
6
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Tarda que arda Técnica mixta, 50x105.
A obra semella unha cachela de San Xoán onde se queima o que non nos gusta ou cousas vellas. Neste caso, a autora emprega as máscaras como material para a obra, simbolizando a festa que fariamos celebrando a fin da existencia da COVID-19.
Sobre a autora Isabel Soutullo (Coristanco, 1971) comezou a pintar aos 20 anos, despois de facer un curso de delineación. Formada en academias de debuxo e pintura, é en gran parte autodidacta. Desde 2018 ten participado en diferentes exposicións colectivas de Carballo e comarca.
7
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Do outro lado do arame Acrílico sobre lenzo, 25x35.
O
autor
móstranos
como
se
pode
estar
vivindo
a
crise
do
coronavirus ao outro lado do arame. Así, fainos reflexionar sobre como se estarán protexendo as persoas do terceiro mundo ou en
países
en
desenvolvemento.
Terán
a
mesma
facilidade
para
adquirir máscaras? Porque esta crise non a estamos vivindo todos de igual forma.
Sobre o autor Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).
8
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
A nova liberdade Acrílico sobre lenzo, 150x63.
Ataduras que nos levan á liberdade. A través dunha máscara atada, o autor manifesta que hai que tratar de ser libres pero con máscaras na boca. A nosa medida de protección fronte ao virus. Directo, sinxelo e realista para tratar a realidade que estamos vivindo nesta época da COVID-19.
Sobre o autor Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).
9
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Okupas silenciosos Óleo, 80x80.
O virus non se ve, é un okupa que entra nos nosos corpos sen pedir permiso e utilízanos coma se foramos un tren, autobús ou calquera medio de transporte que deixa e colle pasaxeiros coa única premisa de se multiplicar. Así define a autora a súa visión sobre o coronavirus. No cadro quixo reflectir o medo e a angustia da xente, que vía como eses trens e autobuses viñan directamente contra ela. Corpos enfermos, moribundos, cadaleitos en soidade, sen tempo para despedidas. Mais estes okupas non fixeron nada que os humanos non fixeramos antes, destruíndo ecosistemas completos. A obra convida a reflexionar sobre todo isto e a onde nos diriximos como especie.
Sobre a autora Milagros Cotelo (Carballo, 1959), leva varios anos pintando. Defínese como semi-autodidacta, formándose en distintas técnicas en diferentes obradoiros ao longo destes anos. Ten participado en numerosas exposicións colectivas e propias en Carballo, boa parte da Costa da Morte e na Coruña.
10
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Primavera das ninfas Acrílico sobre lenzo, 90x40.
A obra foi pintada na herba húmida debaixo das maceiras cheas de flores na primavera de 2019 en Castro de Ribeiras de Lea, na Terra Chá (Lugo). A peza é o resultado de deixar fluír a mente. O cadro segue a forma de pintar do autor: derrama as cores axeitadas segundo a idea que ten. Logo, espalla varios varridos coa espátula ou cartón, sen fixarse no que acontece, senón como quen dirixe unha peza de música.
Sobre o autor Raúl G. Herrera (Lille, 1975) é diplomado en Relacións Laborais e, no eido artístico, conta con diferentes cursos de gravado e pintura. Desde o 2010 participa en exposicións colectivas de diversas agrupacións, expoñendo as súas obras en Carballo, Malpica, Ponteceso, Ribadeo e Alcalá de Henares.
11
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Elle’s appelle Corona Óleo sobre lenzo, 65x81.
A obra forma parte do traballo de fin de grao do autor sobre as vangardas galegas. Marcada e inspirada por Luís Seoane, segue o seu estilo pictórico para reinterpretar a súa obra “La emigrante” (1967). Deste xeito, critica o social nun novo contexto histório onde os males de Galicia aínda asemellan vir do estranxeiro e do non saber. Metáforas e simbolismos agochan a intención desta peza: sinalar os problemas presentes nesta nova normalidade. Algúns deles poderían ser a división da sociedade, os escándalos da coroa, a incerteza e o inimaxinable.
Sobre o autor Antón Díaz “Tucho” (Santiago de Compostela, 1998) defínese como carballés e galeguista. Graduado recentemente en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, xa ten participado en diversas exposicións pictóricas na Costa da Morte durante a súa adolescencia. Na etapa universitaria estuda un ano na Universidade de Puerto Rico, onde sente a morriña da terra e comeza a mergullarse na arte galega: investiga a obra dos pioneiros da pintura galega como Maside, Laxeiro, Seoane e Castelao, que guiarán o seu traballo como pintor.
12
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
El gran dictador Ilustración dixital impresa, 42x52.
A obra é unha representación sensacionalista da orixe do virus, unha crítica aos medios de comunicación que nos bombardean con falsas noticias e unha burla a algúns líderes políticos, que son os novos ditadores desta nova era.
Sobre o autor Oti Fernández (Carballo, 1980) estudou deseño gráfico e fotografía na EASD Pablo Picasso da Coruña. Traballou en publicidade e imprenta, así como tamén formou parte do equipo de imaxe de Zara Home. En Inditex puido traballar con grandes fotógrafos como Juan Gatti. De forma autodidacta, aprende a traballar con vídeo, sendo tamén agora creador audiovisual. Oti móvese no mundo do deseño gráfico, a foto e o vídeo. Moi apegado ao mar, capturar momentos dentro da auga é a forma artística visual que máis lle gusta.
13
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Emocións a flor de pel Acrílico sobre lenzo, 170x109.
A obra é o reflexo das emocións positivas e negativas que o autor descubriu e experimentou durante o confinamento do estado de alarma provocado pola COVID-19. As emocións pasaban dun extremo a outro coma nun ser bipolar, de aí que a figura principal sexa debuxada xeometricamente e de forma redonda, para dar constancia e continuidade aos cambios emocionais. Na obra, o autor transmite os ditos estados a través da cor e os cambios empregando a forma.
Sobre o autor Mon Lendoiro (Carballo, 1971) é técnico superior en Artes plásticas, Deseño e Gráfica publicitaria e técnico superior en Ilustración. Tralos seus estudos, segue formándose realizando numerosos talleres artísticos, onde comeza a traballar noutros campos como o gravado, o volume, a cerámica ou a ilustración. Ten participado en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas. No 2014 abre o seu estudo-galería de arte “Garabato”, onde compaxina obradoiros con exposicións artísticas, performance e incluso teatro.
14
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Serie B: terror e calma Acrílico e rotulador, 40X50.
A obra consta de dous lenzos. Os cadros recórdannos a un cartel de película de ciencia ficción, facendo un símil coa situación que vivimos, que parece sacada dunha longametraxe de serie B dos anos 50. O monstro sería o virus e o medo que produciría á xente estaría no descoñecemento que temos sobre a súa orixe, propagación e contaxio. As persoas asustadas no primeiro lenzo atopan o contrapunto no segundo lenzo. Este parece outro mundo, onde todo é de cor de rosa. Nada de fuxir, berrar ou entrar en pánico. Segue as recomendacións e usa máscara. Nos dous lenzos todo é moi irreal e, á vez, a autora quere achegar coa súa obra un punto de humor para quitar importancia a algo tan grave que tantos falecidos está a causar.
Sobre a autora Cristina Castro Santiago (Xixón, 1975) vive en Carballo desde nena. No 2008 decide realizar o ciclo superior de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Comeza entón a participar en exposicións colectivas e individuais en Carballo, Mugardos, Pontedeume, Arteixo, A Coruña, Madrid e México. É unha das primeiras participantes no proxecto de arte urbana “Derrubando muros con pintura” de Carballo. Despois desta experiencia, segue pintando muros en escolas.
15
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Entre o amor e o medo Acrílico sobre papel, 50x65.
Con técnica mixta (colaxe, acrílico, tinta e lapis de cor), a obra é un autorretrato emocional da autora na pandemia. Expresa ese refuxio interior que axuda a seguir creando e vivindo, sen caer nas tentacións do medo.
Sobre a autora Laura Tova (Carballo, 1989) estudou ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Comeza co deseño de produto en 2014 para, posteriormente, introducirse no mundo do deseño e da ilustración publicitaria. Participa en diversas iniciativas de arte urbana como “Derrubando muros con pintura” ou “Carballo mirando ao mar” en Carballo ou “Mulleres en acción, #violenciazero” da Deputación de Pontevedra. Imparte obradoiros nos que transmite a súa particular forma de interpretar a linguaxe gráfica a través dos sentidos e do xogo. En 2018 introdúcese no mundo editorial, ilustrando para editoras galegas como Xerais ou OQO.
16
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
COVID19 Grafito, aceite sobre algodón, 150x100.
Como o propio título indica, o autor quere mostrar na súa obra o vivido durante a pandemia da COVID-19, mostrando as proteínas S e os receptores ACE2. O cadro representa unha fórmula matemática para que as pezas teñan unha proporción áurea.
Sobre o autor Manuel Eirín (Fisterra, 1967) é un artista multidisciplinar e defínese como explorador contemporáneo. Comeza a súa andaina artística en 2002, deseñando mobles con estilo único, funcional e contemporáneo. Actualmente é propietario da galería de arte “Manolo Eirín” en Carballo, desde onde promove e exhibe obras de artistas locais ou vinculados á comarca. Recentemente, asina os murais cerámicos do parador da Costa da Morte en Muxía.
17
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
(Sen título) Corda, algodón e cúrcuma, 60x50.
A obra, feita durante o confinamento, son dúas urnas posando en silencio, agardando a encherse ou baleirarse, segundo a mirada do observador. É unha repetición de nós, onde o autor mostra a súa inquedanza por buscar a beleza clásica a través dun tema que fala da morte.
Sobre o autor Peter Kramer (Dinamarca, 1959) chegou Malpica en 1999. Na vila pesqueira estaba de paso e, finalmente, resultou a súa parada definitiva. Peter Kramer di que traballa para ocupar a maior parte de tempo posible e os cadros e esculturas son o resultado desa actividade, dese medo ao baleiro.
18
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Fraxilidade Acuarela sobre papel, 70x50.
A obra representa un dente de león que se desfai arrastrado polo vento. O debuxo compleméntase cun poema que segue a métrica dun haiku xaponés. A autora busca un paralelismo entre a condición de vulnerabilidade da flor e a fraxilidade humana exposta á pandemia. Tanto a técnica da acuarela como o lixeiro enmarcado acompañan á obra para dar consistencia á metáfora.
Sobre a autora Esther Chamoso (Salamanca, 1980) estudou Arquitectura Técnica na Universidade de Salamanca. Na súa provincia de orixe exerce a súa profesión ata que en 2005 se traslada a Galicia, onde continúa traballando no campo da arquitectura e da construción. O debuxo sempre formou parte da súa vida pero é en 2016, coa entrada na Asociación Creaformas de Carballo, cando comeza a participar en exposicións colectivas e individuais no municipio e a facer públicos os seus traballos. Desde ese momento, compaxina o traballo de arquitecta con diferentes proxectos artísticos, como a súa colaboración coa escola de artes “El laboratorio” na Coruña.
19
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Conta Tinta china sobre papel, 70x50.
A obra, enmarcada nun marco antigo de Manolo Eirín, forma parte da serie “Presencias”, na que Pedro Tasende traballa desde 2019 e onde explora a través do debuxo en negativo. A obra configúrase grazas ás reservas de papel en branco dentro da masa de tinta negra. Ao autor gústalle facer a analoxía cos pulmóns onde a súa esencia son as cavidades do aire. O resultado é froito da improvisación absoluta, buscando a poética do xesto espontáneo. Neste caso, revelouse un xesto repetitivo e monótono, que nos convida a pensar nas interminables enumeracións de vítimas da pandemia. Ruda e rotunda, como todo o que estamos a vivir.
Sobre o autor Pedro Tasende (Carballo, 1985) conta que de pequeno lle era difícil atopar o seu lugar entre tantas voces, rodeado de tres irmás maiores, polo que se refuxiou nunha burbulla de xoguetes de debuxo e construción, desenvolvendo así o talento creativo. Apaixonado pola construción, estuda enxeñaría en deseño de produto e logo arquitectura. O deseño e auto-construción de mobles, obras de arte e gráficos completan a súa experiencia universitaria. Tras o seu paso por estudios de arquitectura internacionais en España e Francia, agora faino coa súa propia marca T S N D estudio. Para el, o proceso creativo é unha especie de dixestión emocional, unha procura do esencial.
20
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Isolamentum Acrílico sobre lenzo, 30x90.
A obra foi creada durante o confinamento, algo que queda patente no propio título e na paleta reducida de cores empregadas. Estas cores reflicten o estado emocional do artista nesas datas e marcan así unha austeridade cromática non habitual na obra do autor. Coma no resto das súas obras, non se transmite un concepto concreto ou real, simplemente trata de converter a forma e a cor no tema principal para crear un exercicio de pureza visual, recuperando así as posibilidades da forma e da cor como medio pictórico. Josecho González pretende nas súas obras que o que se presenta ante os ollos, aquilo que non coñecemos, nos guíe por un novo modo de comprensión. O autor convida a observar para sacar a nosa propia interpretación.
Sobre o autor Josecho González (Carballo, 1969) estivo interesado no mundo plástico desde pequeno. Non obstante, é na madurez cando comeza a ter contacto directo coa arte. Interésase pola pintura, realizando traballos autodidactas. A súa obra está baixo a influencia da abstracción e da xeometría, que se manifesta a través de formas definidas pola composición minimalista e harmoniosa. A súa carreira artística conta con notables exposicións, tanto individuais como colectivas.
21
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Mutación da nosa esencia Técnica mixta, 73’5x53’5.
Empregando ceras, carbón, estilógrafo, rotulador, lapis de cores e acrílico, a obra destaca no uso das cores: estridentes, con partes en branco e negro, transmitindo unha gran dose de pesimismo. O autor quere reflectir a vida dunha persoa calquera nun lugar calquera, vivindo o malestar dunha pandemia mundial sen máis compañía cás catro paredes da súa casa. A persoa pendura dun cable dun televisor vello, simbolizando a dependencia e confusión xerada polos medios de comunicación. O teito e o chan son taboleiros de xadrez, onde a man dun ente descoñecido coloca a primeira peza para iniciar a partida. Na parte superior, un papel rachado, contén a frase: “O aillamento é unha espiral de pensamentos negativos”. O autor quere dicirnos que unha sociedade illada acaba por ter carencias ou síntomas de enfermidade. É esa enfermidade o que reflicte o cadro.
Sobre o autor Santi Picos (Carballo, 1985), estudou ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Ademais, completa a súa formación artística con diferentes obradoiros de deseño gráfico, gravado, modelado en barro, caricatura e acuarela. Ten participado en numerosas exposicións individuais e colectivas tanto en Carballo como na Costa da Morte. Tamén participou en proxectos de arte urbana como “Derrubando muros con pintura” en Carballo, “Mulleres pioneiras”, “Arte na rúa” e “Ruar e rir”.
22
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Sin adiós Barro de Buño moldeado á man.
A través de dúas mans unidas, a autora quere mostrar e render homenaxe a toda aquela xente que non puido despedirse dos seus seres queridos durante a época de confinamento da crise sociosanitaria da COVID-19.
Sobre a autora Isa Fernández (Carballo, 1972) desenvolve desde pequena múltiples disciplinas artísticas: canto, baile, gaita, teatro… Pero é en 2013 cando descobre a súa verdadeira paixón. Nese ano realiza un curso de Oleira en Buño e aí comezou a súa inquedanza pola escultura. Actualmente segue explorando as posibilidades do barro de Buño para crear pezas artísticas. Ten participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo.
23
E X P O S I C I Ó N C O L E C T I VA
Pandemia. Novos retos 07.10 / 07.11 ORGANIZA:
CONCELLARÍA DE CULTURA
COLABORA: