
1 minute read
Tarda que arda de Isabel Soutullo
EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Tarda que arda
Advertisement
Técnica mixta, 50x105.
A obra semella unha cachela de San Xoán onde se queima o que non nos gusta ou cousas vellas. Neste caso, a autora emprega as máscaras como material para a obra, simbolizando a festa que fariamos celebrando a fin da existencia da COVID-19.
Sobre a autora
Isabel Soutullo (Coristanco, 1971) comezou a pintar aos 20 anos, despois de facer un curso de delineación. Formada en academias de debuxo e pintura, é en gran parte autodidacta. Desde 2018 ten participado en diferentes exposicións colectivas de Carballo e comarca.