
1 minute read
Serie B: Terror e Calma de Cristina Santiago
EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
Serie B: terror e calma
Advertisement
Acrílico e rotulador, 40X50.
A obra consta de dous lenzos. Os cadros recórdannos a un cartel de película de ciencia ficción, facendo un símil coa situación que vivimos, que parece sacada dunha longametraxe de serie B dos anos 50. O monstro sería o virus e o medo que produciría á xente estaría no descoñecemento que temos sobre a súa orixe, propagación e contaxio. As persoas asustadas no primeiro lenzo atopan o contrapunto no segundo lenzo. Este parece outro mundo, onde todo é de cor de rosa. Nada de fuxir, berrar ou entrar en pánico. Segue as recomendacións e usa máscara.

Nos dous lenzos todo é moi irreal e, á vez, a autora quere achegar coa súa obra un punto de humor para quitar importancia a algo tan grave que tantos falecidos está a causar.
Sobre a autora
Cristina Castro Santiago (Xixón, 1975) vive en Carballo desde nena. No 2008 decide realizar o ciclo superior de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Comeza entón a participar en exposicións colectivas e individuais en Carballo, Mugardos, Pontedeume, Arteixo, A Coruña, Madrid e México. É unha das primeiras participantes no proxecto de arte urbana “Derrubando muros con pintura” de Carballo. Despois desta experiencia, segue pintando muros en escolas.