
1 minute read
A nova liberdade de O’Mighelo
EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11
A nova liberdade
Advertisement
Acrílico sobre lenzo, 150x63.
Ataduras que nos levan á liberdade. A través dunha máscara atada, o autor manifesta que hai que tratar de ser libres pero con máscaras na boca. A nosa medida de protección fronte ao virus. Directo, sinxelo e realista para tratar a realidade que estamos vivindo nesta época da COVID-19.
Sobre o autor
Miguel Anxo Calvo, ‘O’Mighelo’ (Carballo, 1959), comezou a pintar sendo neno nas cinzas da lareira de súa avoa. Ao carón do lume, aprendeu que podía debuxar, estampar e recrear os seus propios soños. Autodidacta, ten participado en diferentes exposicións colectivas en Carballo. Tamén pinta murais de arte urbana, participando no proxecto “Derrubando muros con pintura” en Carballo ou nas Festiletras do Couto (Ponteceso).