1 minute read

Por qué todos los capullos no se convierten

EXPOSICIÓN COLECTIVA Pandemia. Novos retos. 07.10 / 07.11

¿Por qué todos los capullos no se convierten en mariposas?

Advertisement

Instalación de 8 caixas con fotografías e mariposas monarcas, 22x18 (cada caixa).

A instalación de oito caixas con fotografías e mariposas monarcas é o resultado da performance que a autora realizou na galería de arte Manolo Eirín de Carballo. Nesa performance, onde naceron as mariposas, María Marticorena traballa os conceptos de adaptación, cambio, transformación e renacer a través da fusión e hibridación do corpo humano, a arte contemporánea e a grandeza da natureza. Sobre unha cadeira e unha táboa de madeira, a performer permaneceu sentada, sen moverse, durante catro longas horas, o que dá conta da complexidade da obra.

Sobre a autora

María Marticorena (A Coruña, 1977) é artista visual e performer, profesora de Educación Plástica e Visual e conservadora-restauradora de Bens Culturais. Dedicada á arte de acción desde o 2004 como eixo da súa traxectoria artística. Nese mesmo ano, recibe o primeiro premio “Novos Valores” e xa en 2006 gaña o primeiro premio de artes plásticas “Gzcrea” da Xunta de Galicia. Coa súa obra performática ten participado en festivais, residencias de artistas, museos e talleres tanto en Galicia, como a nivel nacional e internacional.

This article is from: