Operación mundo: Lingua 6º (demo)

Page 1

12 MESES INCLÚE
Operaciónmundo mostra
PRIMARIA 6 Lingua LICENZA
PROXECTO DIXITAL

Que imos aprender?

1 5 9

2 6 10

3 7 11

4 8 12

Pequenas viaxes

Campos e prados

Tradición e innovación

Doce coma o mel

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE OBXECTIVO EN ACCIÓN ODS PÁX.

Deseña unha campaña de publicidade para a túa localidade que convide aos turistas a visitala de forma sostible. Presentarémoslla ao Concello!

Cidades e comunidades sostibles

Creade o voso libro de paisaxes e poemas.

Vida de ecosistemas terrestres

Facede unha entrevista a unha persoa maior para aprender sobre un tema que descoñecedes. Logo, expoñédeo no cole!

Industria, innovación e infraestrutura

Salvemos as abellas! Pensade que podedes facer para salvar as abellas e evitar o perigo de extinción.

REPASO TRIMESTRE 1

Seres de lenda

Mans á obra

Que merendamos?

Dáme pistas!

Reflexionade sobre as diferenzas que se establecen entre as lendas e a ciencia.

Escribide o guión dunha obra de teatro e representádea no colexio.

Vida de ecosistemas terrestres

Abrimos micrófonos

Cámara e acción!

Cantamos

O tesouro da lectura

Facede unha enquisa sobre o tipo de alimentación da vosa contorna.

Creade un escape room para os compañeiros e compañeiras do colexio.

REPASO TRIMESTRE 2

Simulade un programa de radio para pedir cambios e melloras no colexio.

Educación de calidade

Saúde e benestar

Saúde e benestar

Educación de calidade

Redución das desigualdades

Creade un guión cinematográfico que teña como localización a túa contorna.

Cidades e comunidades sostibles

Que che parece se organizades un concerto para o resto do colexio?

Cidades e comunidades sostibles

Analizade o tipo de lecturas do teu curso e buscade outras novas.

REPASO TRIMESTRE 3

Educación de calidade

8 76 144 24 92 160 40 108 176 56 124 192 INTERDISCIPLINARIOS

COMPRENDO

• Leo: «As camelias e os pazos de Galicia»

• Escoito: Que fixeches este verán?

• Leo: Poemas

• Escoito: Escoitamos poesía

• Leo: Madonna e outros contos de inverno, Manuel Rivas

• Escoito: Escoito unha conversa

• Leo: «As abellas e o mel»

• Escoito: Onde viven os paxaros?

EXPRÉSOME

• Vocabulario: O turismo

• Falo: As variedades dialectais do galego

• Escribo: O correo electrónico

• Vocabulario: As paisaxes agrarias

• Falo: A riqueza da lingua galega

• Escribo: O texto poético

• Vocabulario: A agricultura

• Falo: Os oficios tradicionais

• Escribo: O estilo directo e o estilo indirecto

• Vocabulario: A apicultura

• Falo: Falo en público

• Escribo: O texto expositivo

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · A caixa máxica e o seu coidado

• Leo: O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, Antonio M. Fraga

• Escoito: Acórdaste?

• Leo: O valo, Carlos Labraña

• Escoito: A interpretación

• Leo: «Os mellores alimentos da dieta atlántica»

• Escoito: O informativo radiofónico

• Leo: Formigas, misión Tokyo, Pere Tobaruela

• Escoito: As historias de detectives

ENREDO COA CULTURA

• Os castelos de Galicia

• A agricultura ecolóxica e a dieta atlántica

• Queixos e requeixos

• O mel polo mundo

COÑEZO A MIÑA LINGUA

• Ortografía: O seseo e a gheada

• Gramática: O texto, o parágrafo e a oración

• Ortografía: As regras de acentuación

• Gramática: Os elementos de coherencia e cohesión

• Ortografía: Casos especiais de acentuación

• Gramática: Os determinantes

• Ortografía: O acento diacrítico

• Gramática: O nome e o adxectivo

• Vocabulario: O laboratorio

• Falo: Relato unha lenda

• Escribo: O resumo

• Vocabulario: O teatro

• Falo: Participo nunha obra de teatro

• Escribo: O texto dramático

• Vocabulario: A estatística

• Falo: Analizo unha noticia

• Escribo: A noticia e a reportaxe

• Vocabulario: Os detectives

• Falo: Adiviñas

• Escribo: O texto narrativo

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Agora ou nunca

• Vocabulario: As entrevistas

• Leo: «Susana Rodríguez»

• Escoito: Coñezo unha deportista

• Leo: Convive ti, Taller de escritores

• Escoito: O mundo da televisión

• Leo: Cancións de autor

• Escoito: As cancións populares e tradicionais

• Leo: O libro da selva, Rudyard Kipling

• Escoito: Os códigos sonoros

• Falo: Fago unha entrevista

• Escribo: O texto xornalístico

• Vocabulario: O cine

• Falo: A miña película preferida

• Escribo: O guión cinematográfico

• Vocabulario: Os estilos musicais

• Falo: Canto unha canción

• Escribo: Os recursos poéticos

• Vocabulario: Clásicos da literatura e do cómic

• Falo: Conto unha anécdota

• Escribo: Os códigos visuais

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO · Pulmón verde

• «Bestiarios» románicos

• O «Entrudio» de Viana do Bolo

• Galicia en datos

• Galicia, a terra nomeada

• Ortografía: O punto e a coma

• Gramática: O pronome persoal

• Ortografía: Outros signos de puntuación

• Gramática: Outros pronomes

• Ortografía: As comiñas e as parénteses

• Gramática: Os adverbios, as preposicións e as conxuncións

• Ortografía: As palabras con b e v

• Gramática: Os verbos (I)

• Deporte na auga

• A nosa alfombra vermella

• Premio para a música galega

• E se o teu é escribir?

• Ortografía: Os grupos consonánticos

• Gramática: Os verbos regulares, irregulares e impersoais

• Ortografía: As palabras con z, zz e s

• Gramática: A oración o suxeito e o predicado

• Ortografía: As palabras rematadas en -cio/-zo, -cia/-za

• Gramática: Os tipos de predicado

• Ortografía: As palabras con -es, -ex

• Gramática: A comunicación e as linguas de España

ANEXO · Os castelos medievais ANEXO · Clásicos da literatura galega ANEXO · A literatura xuvenil

3 Tradición e innovación

Saberías dicir como funciona un muíño tradicional? Para que se empregaba? Recoñecerías as diferenzas entre a fariña de óleo e o farelo?

Moitos oficios tradicionais desapareceron e outros mudaron co paso do tempo.

Como o ves?

Cres que os oficios tradicionais teñen futuro? Por que?

O dato

Existen máis de 600 talleres artesáns rexistrados en Galicia.

Para esta unidade...

Obxectivo en acción

Facede unha entrevista a unha persoa maior para aprender sobre un oficio que descoñecedes.

Sigue o fío!

A granxa, as cores e a vaca Madonna.

Poñemos atención no que escoitamos.

40
E s c o i t o u n h a c o n v e r
L e o u n c o n t o
s a

A s c o n s t r u c i ó n s e a s m a q u i n a r i a s a g r a r i a s .

A maquinaria agrícola mellorou ao longo do tempo.

O s o f i c i o s t r a d i c i o n a i s

O e s t i l o d i r e c t o e o e s t i l o i n d i r e c t o

Q u e i x o s e r e q u e i x o s

COÑEZO A MIÑA LINGUA

Coñeces oficios tradicionais?

Cando lemos un diálogo é frecuente o uso destes dous estilos.

Cantos tipos de queixos galegos coñeces?

Casos especiais de acentuación

Os determinantes

41
!
9

Leo un conto

Onde vives hai granxas vacúas? Que sabes do traballo nunha granxa?

Madonna

Teño quince anos, case dezaseis, e estudo cuarto da ESO. Vivo nunha aldea e os meus pais levan unha granxa de vacas. Case todo o mundo por aquí ten vacas. Mesmo nas estradas hai sinais de tráfico triangulares para avisar e ter conta das vacas. Os profesores veñen cada mañá da cidade, nos seus autos e, quizais con présa non reparaban nos sinais. Agora, de repente, todo o mundo ten en fite as vacas. Convertéronse en bichos raros. De medo. Na televisión saen arrodeadas de gardas, semellan delicuentes con rumiallo de droga, e as cámaras enfócanas moi de perto, deformando a súa cara, como quen desenmascara unha perigosa rede de psicópatas cuadrúpedes que se oculta nos escuros cortellos do Oeste.

Puxéronnos unha redacción sobre o mal das vacas tolas e sentinme fatal. Como outro bicho raro. Prefería un castigo ou un exercicio matemático con raíces cadradas. Non arrincaba a escribir. Oíno tanto estes días, tanto que un badalo de óso repica na campá da memoria:

en-ce-fa-li-te

es-pon-xi-for-me

Antes de ler

Le as primeiras liñas do texto. Quen narra esta historia? Que ten en común contigo?

42
COMPRENDO

(...) Os lugares e as aldeas dos arredores vanse poboando de seres con número negativo. Din que é así en toda Galicia. Quero os meus pais, pero ás veces, cando vou somnolenta no autobús escolar, soño que este non se detén, que medramos en idade polo camiño, deica levarnos a Suíza, Londres, Barcelona ou Canarias. Teño unha curmá en Barcelona que xa é perruqueira. Gustaríame ser coma ela. Eu, que son tímida, envexo a súa soltura. (...)

Foi ela a que bautizou como Madonna a vaca rubia. E quedoulle o nome. Aínda que leva un crotal na orella con matrícula EU-LU-2091. Aféalle a cara. O veterinario di que é como o noso documento nacional de identidade. Porén, nós non levamos o carné grampado na orella. O meu profesor preferido é o de debuxo. Un día falounos das cores frías e das cores cálidas. A cor máis cálida que coñezo é a da vaca Madonna. Escribo cara atrás e recordo o seu primeiro parto. Foi a Noiteboa do ano pasado. Estabamos moi nerviosos con aquela coincidencia. E ademais ía friaxe e o vento tocaba como un ouveo a harmónica desafinada do tellado. Mais o meu pai dixo, antes do parto, que ía ser un bo cuxo. Metera o brazo nos adentros da vaca e rozou os ollos da cría. Xa pestanexaban. Ese é bo sinal. Que o que vai nacer sexa quen de abrir os ollos na amante escuridade do ventre da nai. (....)

U3 43
Manuel Rivas, Madonna e outros contos de inverno

1 Quen narra o texto?

2 Cantos anos ten e que estuda?

3 A que se dedican os pais?

4 Que enfermidade padecen as vacas? Como se sente a nena protagonista respecto a isto?

5 Fai unha pequena busca en Internet sobre a «encefalite esponxiforme» ou «mal das vacas tolas» e responde as seguintes preguntas.

a) En que anos afectou ás vacas galegas?

b) Que danos provoca nos animais?

c) Como se transmite aos humanos?

6 A vaca Madonna é unha vaca rubia galega. Ademais hai outras razas de vacas leiteiras. Vincula cada vaca coa súa raza:

44
COMPRENDO
Leo un conto
1 2 3 4
7 Pescuda sobre o traballo nunha granxa leiteira: horarios, coidado das vacas, maquinaria necesaria, sistema de almacenaxe, etc. rubia galega frisoa caldelá cachena

Escoito unha conversa

1 Escoita a conversa e responde as preguntas.

a) Cantas persoas falan nesta conversa?

b) Onde están? Por que chega tarde un dos interlocutores?

c) Con que expresión saúda Rubén?

d) Con que palabras describe os protagonistas da película?

e) Que significa o verbo «espichar»? Por que outro verbo o podes substituír?

2 Volve escoitar a conversa e apunta as palabras coloquiais de cada intervención.

3 Por parellas, imaxinade que tedes que facer o resumo da película da actividade 1 para a clase e representalo. Podedes facer primeiro un borrador e logo ir substituíndo as expresións coloquiais por outras máis formais.

4 Por parellas, inventade unha conversa entre os terrícolas e os alieníxenas da película que narrou Rubén.

A linguaxe coloquial

Nas conversas en familia ou coas amizades empregamos unha linguaxe coloquial que, por veces, inclúe palabras incorrectas, abreviacións, repeticións, etc.

Estas expresións hanse de evitar en situacións máis formais: na clase, con persoas coas que non temos confianza, etc.

U3 45
Cando escoitamos unha conversa debemos poñer atención no tipo de linguaxe que se emprega.

As construcións e as maquinarias agrarias

1 Vincula cada palabra coa súa imaxe.

cortello – alpendre – muíño – gadaña pallota – arado – hórreo – curral – carro

2 Une as palabras estranxeiras coa forma galega correcta.

silo – invernadoiro – nave – muxidoira tractor – colleitadora – rozadoira

Os estranxeirismos

Os estranxeirismos son palabras de orixe estranxeira que substitúen outras existentes na nosa lingua. Cando estas palabras proceden do castelán denomínanse castelanismos: entonces - entón; sartén - tixola.

3 Elixe a palabra correcta das que hai entre parénteses en cada oración.

– No comedor poñen (lentexas-lentellas) guisadas cada quince días.

– Teño un curmán pequeniño e gústame (arrolalo-acunalo)

– Nesa obra hai (grúas-guindastres) enormes.

Saíume un gran no (queixo-mentón)

E XPRÉSOME 46
1 1 2 2 3 3 4 4 7 7 5 5 8 9 6 6
acera avó online ata kleenex estrada hasta en liña abuelo beirarrúa carretera pano de papel
Houbo moitos avances nos traballos do campo coa mecanización e a innovación da maquinaria.

Os oficios tradicionais

1 Fíxate nestas imaxes sobre distintos oficios tradicionais e elixe un para facer unha busca de palabras relacionadas con el.

2 Agora busca información sobre o oficio que elixiches e responde as seguintes preguntas.

• En que consistía o traballo?

• Onde se realizaba?

• Para que servía este oficio e que produto que se obtiña?

• Que ferramentas ou utensilios se empregaban?

• Existe aínda este traballo?

Non. Por que desapareceu?

Si. Como se realiza na actualidade?

3 Que che parece se lle explicas aos teus compañeiros e compañeiras todo o que sabes deste oficio? Podes buscar imaxes e pegalas nunha cartolina para que a presentación sexa máis visual.

Sabías que o oficio da cestería é anterior á cultura dos castros?

U3 47
Coñecer os oficios tradicionais é interesante para que non caian en desuso e porque, en moitos casos, a partir deles obtéñense pezas de arte.
afiador redeira carpinteira cesteira oleiro canteiro
Toma nota!

O estilo directo e o estilo indirecto

Cando lemos un diálogo é frecuente o uso destes dous estilos.

1 Le o texto e responde as preguntas.

Cando Kusuma xa está convencida de que a singradura comeza, o ruído cesa e de repente na trabe, a moitos metros de altura sobre a bodega, uns ollos ameazantes e inxectados en sangue xorden de par dela.

—Quen es ti? —pregunta a enorme sombra que se intúe tras aqueles ollos avermellados.

—Non imaxinas o susto que me acabas de dar —láiase Kusuma—. Iso mesmo che ía preguntar eu, como fuches quen de subir ata aquí arriba?

—Son un orangután —explica a sombra—. Non podo voar coma ti, pero si subir a calquera altura, mentres haxa algo onde me apoiar... Pois iso, que fas aquí, dentro deste barco...?

—Cheguei esta mañá desde a selva de Kaltim. Estiven voando dous días e dúas noites sen parar —asegura o faisán—. Ocorréuseme que era mellor idea agocharme na bodega deste barco e ir a onde me leve que seguir voando sen rumbo.

—Así que non sabes a onde imos?

—Non, non o sei —confesa Kusuma.

—Pois imos a Vigo, en Galicia —aclara o orangután—. A moitísimas xornadas de camiño —completa a explicación ao ver o xesto de ignorancia do paxaro.

• Quen é o narrador do texto?

• Que personaxes participan na conversa?

• O narrador conta o que din os personaxes ou son os personaxes os que falan?

• Que signo de puntuación introduce o que di cada personaxe?

2 Saco de dúbidas Por parellas, pensade e escribide como sería o texto da actividade 1 se o narrador non lle dese voz aos personaxes e contase só o que viu.

O estilo directo e indirecto

Nunha narración, quen conta os feitos pode darlle a palabra aos personaxes para que se expresen (estilo directo) ou pode contar o que din os personaxes (estilo indirecto).

No estilo directo, os guións anuncian as intervencións dos personaxes.

3 Busca en libros da biblioteca da aula extractos en estilo directo ou indirecto. Cal prefires para ler?

48
Hector Cajaraville, Kusuma Entón Kusuma asustado pregúntalle á sombra.....

Pon en práctica!

Agora que xa estudaches o estilo directo e indirecto, que che parece se o levamos á práctica?

Podedes facer pequenos grupos na aula para recrear a conversa. Escollede unha destas imaxes e pensade sobre que poden estar falando as persoas que aparecen nela. Seguro que no grupo xurdirán moitas ideas, mais teredes que chegar a un acordo.

Unha vez que decidistes sobre que ides falar, recrearedes a conversa en estilo directo. Recordades como se facía?

Copio e completo para organizar as miñas ideas

Toma nota! Dálle a palabra aos personaxes Conta o que din os personaxes

O narrador

U3 49
No estilo directo lembra poñer guións antes de cada intervención. Estilo … Estilo …

Queixos e requeixos

Galicia é unha comunidade cunha gran variedade de queixos. Hainos para todos os gustos!

Así como varían os nomes das cousas por toda Galicia e as formas de falar, tamén varían os xeitos de facer o queixo.

Queixo de Arzúa

Queixo de tetilla

San Simón da Costa

Queixo do Cebreiro

Queixo de cabra

Queixo de pementón

A feitura do queixo e as súas palabras

O queixo pode facerse con leite de vaca, de ovella ou de cabra. Para facer un queixo coas nosas mans, debemos seguir estes pasos:

Mira o mapa, cantos queixos coñeces? Cales son os que máis che gustan?

Fervemos o leite e engadímoslle o callo. Tamén se pode empregar vinagre ou zume de limón.

Deste proceso sae o leite callado, unha mestura semisólida. Logo, sepárase o leite callado e escórrese o soro.

Callaleite

Ponse nun molde e apértase para terminar de sacar o soro.

Sabías que hai unha planta que se chama «callaleite» que se empregaba para callar o leite?

Para facer o requeixo tes que deixar o leite cru a temperatura ambiente varios días para que calle. Logo escórreslle o soro e xa tes o teu requeixo. É riquísimo con noces e mel!

Engádeselle sal e ponse a madurar.

50 ENREDO COA CULTURA
1 2 3 4

Casos especiais de acentuación

1 Le o seguinte texto e fíxate nos ditongos e nos hiatos.

Os lobos chegaron á cidade un día de galerna. Durante horas e horas os medios de comunicación advertiran de forma insistente do perigo que entrañaba saír á rúa. Os refachos de vento eran terribles. Os colectores do lixo voaban sen concerto atravesándose no medio da estrada, árbores centenarias eran arrincadas de raíz, as casas perdían tellas coma os cativos os dentes de leite. Os máis vellos non recordaban unha treboada semellante. Nin sequera naqueles tempos de antes, cando eles eran só uns nenos e o clima adoitaba comportarse de forma extrema.

Ledicia Costas, Recinto gris

Acentuación de ditongos e hiatos

• As palabras con ditongos ou tritongos seguen as normas xerais de acentuación e, no caso de levar acento, este recae sempre na vogal aberta: revolvéuseme, prisión.

• As palabras con hiato formado por dúas vogais abertas seguen as normas xerais de acentuación: océano, treboada.

2

pasear ruido nai collia bidueiro saude vasoira leon muiño coroa desviou poetico leiteira cueiro suizo

• As palabras con hiato formado por unha vogal aberta e unha pechada levan acento na vogal pechada, aínda que vaia en contra das normas de acentuación: lúa, aínda.

Outros casos de acentuación

• Adverbios rematados en -mente. Son palabras graves que rematan en vogal e non levan acento gráfico: cómodo pero comodamente; fácil pero facilmente.

• Palabras compostas. Tamén funcionan como unha soa palabra e seguen as normas xerais de acentuación: baloncesto, calcapapeis, tirarrollas...

• Palabras compostas con guión. Considéranse dúas palabras diferentes e cada unha delas ten a súa propia acentuación: teórico-practico, infantil-xuvenil...

Palabras con hiato Palabras con ditongo ? ?

51 U3 COÑEZO A MIÑA LINGUA ¡
Pon os acentos que cumpran nas seguintes palabras. 3 Volve ler o texto de Ledicia Costas da actividade 1 e clasifica as palabras destacadas nesta táboa.

Os determinantes

1 Le o texto e fíxate nas palabras marcadas.

Eu son dunha selva de Sarawak, moito máis alá da túa —laméntase o mono—. Camiñei case un mes para chegar ata aquí, porque lles oín falar deste lugar aos traballadores da plantación de palmeiras en que se converteu o meu país. Si, ata alí tamén chegou a peste, e todos os meus foron capturados ou exterminados porque molestamos no negocio ese do óleo. Eu sobrevivín acochado, oculto nas tebras, viaxando de noite. Ao enxergar por fin o porto, vin este barco cargado de gran e pensei que era a mellor opción para...

2 Copia onde corresponda os determinantes resaltados no texto e o nome que acompañan.

a) Indican pertenza.

b) Indican nome coñecido.

c) Indican distancia

d) Indican nome descoñecido.

• Escribe un texto con determinantes que:

a) Indiquen pertenza.

b) Indiquen distancia.

3 Enche os espazos do texto cos artigos definidos (o, a, os, as) ou cos indefinidos (un, unha, uns, unhas).

... miña tía vaime vir buscar ... súa moto nova. Mercouna ... xoves pasado. É espectacular, ten ... adhesivos ... laterais de cor vermella. Tamén ten ... tubo de escape cromado e decorado ... símbolo ... marca ... moto. Na parte de atrás ten dúas alforxas e mesmo ten incorporado ... equipo de música, que entraba ... oferta especial.

4 Escribe unha oración que inclúa estas parellas de determinantes.

a vosa / aqueles

aquel / os seus

a túa / este

Os determinantes

Os determinantes acompañan o nome e dan informacións diversas.

Tipos de determinantes

Hai diversos tipos de determinantes.

• Os artigos definidos refírense a un nome concreto, coñecido polo emisor e polo receptor (o monte, as vacas...). Os artigos indefinidos refírense a un nome que aparece por primeira vez no texto ( unha pastora, un canteiro... ).

• Os demostrativos indican a que distancia do que fala se atopa o nome ao que se refiren (este can, aquelas espigas ).

• Os posesivos indican a quen pertence o nome ao que acompañan ( o noso patio, a túa bicicleta ).

52 COÑEZO A MIÑA LINGUA ¡

5 Copia cada oración escribindo a forma correcta dos posesivos que hai entre parénteses.

A .... (de ti) irmá e mais ti sodes moi bos ilustradores. Os ... (de vós) debuxos son os mellores da exposición.

– A .... (de min) nai e mais eu non nos semellamos nada. A ... (dela) cara é alongada e a ... (de min) é redonda.

– As .... (deles) bicicletas son máis novas ca as ... (de nós) pero os ... (de nós) patinetes son máis novos que os ... (deles).

– A ... (de nós) casa é unha construción antiga do ano 1813. A (de vós) é moito máis moderna porque só ten dez anos, pero son as dúas igual de fermosas.

O ... (de min) coche está mellor conservado que o ... (de ti). Tes que coidalo!

6 Le as oracións e fíxate nos determinantes subliñados.

– A túa irmá contoume certos rumores que che explicarei algún día.

– Ao cincuenta aniversario da escola acudiron centos de persoas.

Cada día toman moitos tipos de froita.

Como pode ser que unha barra custe máis que dous moletes?

– Teño algúns globos; dareilles un a todas as persoas que veñan á festa.

– A miña bici pesa bastante. A de meu irmán é o dobre de lixeira

7 Completa o texto cos determinantes que correspondan.

Na ... (de min) vila hai ... (cuantificador) tipos de persoas. Desde a ... (de nós) casa podemos ver ... (indefinido) do que ocorre na praza. ... (indefinido) días xúntase toda a rapazada para xogar ao fútbol e ao baloncesto.

(indefinido) veciños sentan nos bancos para falar das ... (deles) vidas e ... (indefinidos) prefiren practicar algún deporte ao aire libre. Hai ... (numeral cardinal) señoras que venden froitas e verduras de temporada; teñen ... (numeral cardinal) posto na praza de abastos, pero ... (cuantificador) tardes montan unha mesa a carón da fonte.

É ... (cuantificador) divertido observar o comportamento de ... (indefinido) persoas!

Tipos de determinantes

• Os indefinidos refírense ao nome de forma imprecisa (algún, certo, outro, mesmo, todo, case, cada, etc.).

• Os cuantificadores expresan unha cantidade de maneira imprecisa ( moito, pouco, bastante, máis, menos, etc.).

• Os numerais indican unha cantidade exacta. Poden ser cardinais ( un, dous ); ordinais ( primeiro, segundo ); partitivos, cando indican partes da unidade ( cuarto, metade, terzo); e multiplicativos, se aumentan a unidade un certo número de veces ( dobre, triplo ).

U3 53

Q ue aprendín?

1 Que animais viven aquí?

curral cortello canceira

colmea pombal corte

2 Que máquina empregarías para...

muxir colleitar

arar sementar

3 Substitúe estes castelanismos pola palabra correcta.

calabaza guisante garbanzo

patata zanahoria maíz

escoba adiós palillo

4 Le o conto e responde as preguntas.

O porco e a vaca

Era un home que vivía nunha granxa e na corte tiña unha vaca e un porco. O vello miraba pola vaca máis ca polo porco.

O porco, vendo aquel trato, díxolle un día:

—Carainas, vaca, que ben te trata a ti o amo; xa me podía tratar a min igual! A ti sácate de paseo por fóra da casa, dáche a herba que queres e caldadas de fariña. A min tenme sempre aquí encerrado, tírame na maseira unha presada de verzas cunha pouca auga fría… Vaia diferenza!

—Ai, mira, porco, vouche contar. Eu doulle o leite para o almorzo e do que lle sobra aínda fai algún queixo; e ti, que?; non lle dás nada.

—Pero muller, eu tamén lle dou. Desde que me mata doulle xamóns, chourizos, lacóns, touciño, tripas para callos, cachucha para cocidos, costelas para churrasco…

—Moi ben, moi ben —interrompeuno a vaca—, pero ti dasllo todo desde que morres e eu xa llo vou dando mentres estou viva. E desde que morro tamén lle dou.

Xosé Miranda e A. Reigosa, Máis contos de animais

• Quen é o narrador?

• Que personaxes participan na conversa? Como se marcan as súas intervencións?

• Pasa a estilo indirecto as oracións que aparecen en estilo directo.

5 Localiza os determinantes do texto anterior.

6 Sinala os ditongos, os tritongos e os hiatos.

hórreo palleira alboio

cabaceiro lavadoiro faiado

solaina baúl galería

7 Acentúa correctamente estas palabras.

mediodia basicamente luso-galaico

afialapis teorico-practico videoxogo

DITADO

Escoita o texto.

Un oficio tradicional case desaparecido é o de afiador. O chiflo anunciaba a súa chegada. Coa súa roda afiábanse coitelos, tesoiras...; arranxábanse paraugas e case calquera obxecto que se lle levase.

Os afiadores tiñan a súa propia lingua para comunicarse entre eles: o barallete. Chegou a contar con máis de 900 palabras e o seu obxectivo era que ninguén os entendera e así poder falar libremente en calquera lugar e diante de calquera persoa.

8 Colorea segundo o fagas.

O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea

así no teu caderno:

se soubeches a resposta

se precisaches axuda

ou se non soubeches responder

PORTAFOLIO 54

OBXECTIVO EN ACCIÓN

Aprendemos dos que saben

Imos enfocar o noso proxecto baseándonos nunha nova iniciativa na que a Xunta de Galicia ofrece axudas para o novo programa de voluntariado interxeracional no medio rural. Consiste en que persoas de máis de 55 anos ensinen oficios tradicionais aos máis mozos.

Busca na túa familia ou entre os teus coñecidos unha persoa maior que poida ensinarche algo que ti non saibas porque actualmente xa non se fai: algún oficio, receita, tradición, cancións…

Faille unha entrevista por escrito ou gravada (sempre co seu consentimento). A finalidade da entrevista é descubrir como realiza iso que che está ensinando. Coas túas preguntas afonda mais na vida desa persoa e como aprendeu a facer o que sabe (a que idade, quen llo ensinou, etc.).

Fai unha roda lóxica e mostra na clase o que aprendiches. Animádevos a facer unha exposición no cole que poña en valor todo o que a xente maior pode ensinarnos.

De que nos fala a persoa entrevistada?

Por que é tan importante conservar a tradición?

4 Roda lóxica Poderías realizar esa actividade, receita, etc.?

C omo aprendín?

1

- Ler e comentar un texto narrativo.

Pensa se se trata de algo moi diferente ao que ti coñeces na actualidade.

aspectos.

- Distinguir entre estilo directo e estilo indirecto.

- Recoñecer os tipos de determinantes numerais.

- Distinguir palabras que se diferencian polo acento.

- Recoñecer algúns estranxeirismos.

- Recoñecer algúns castelanismos.

U3 55
1
2 3
Explica para que cres que che serviu cada un destes

6 Mans á obra

Cal é a túa experiencia teatral? Vas ao teatro? Interviñeches nalgunha obra? De que te encargaches? Facer teatro é empregar a imaxinación para divertirse en grupo.

Como o ves?

Por que cres que o ser humano precisa expresar as súas emocións a través da arte?

Para esta unidade...

Obxectivo en acción

Reflexionade sobre como podemos concienciar á xente sobre temas de actualidade a través do teatro.

O dato

A orixe da palabra teatro provén do grego theatron, «lugar para ver».

Coñecemos a emotiva historia de Sahara e Soldadiño.

No teatro experimentamos moitas emocións.

92
A i n t e r p r e t a c i ó n L e o u n h a p e z a t e a t r a l
Sigue o fío!

O t e a t r o

Estudamos léxico sobre o teatro.

P a r t i c i p o n u n h a o b r a d e t e a t r o !

A creatividade é importante para facer teatro.

O t e x t o d r a m á t i c o

Escoitaches algún monólogo?

O Entrudio d e V i a n a d o B o l o

COÑEZO A MIÑA LINGUA

Sabes como é o traxe dos boteiros?

Outros signos de puntuación

Outros pronomes

93
!
3

Leo unha peza teatral

Coñecemos a emotiva historia de Sahara e Soldadiño. O valo

S ahara : Vai moito frío!

S oldadiño : As temperaturas baixan moito pola noite no deserto, deberías sabelo. Menos mal que eu levo un uniforme de pano da mellor calidade, tecido nas fábricas máis reputadas do meu país.

S ahara : Estás seguro? Eu teño visto obradoiros onde se traballa de sol a sol, cosendo roupa para os teus, por un soldo miserento.

Soldadiño: Eses son rumores mal intencionados daqueles que queren acabar co prestixio do noso país.

S ahara : Eu non sei nada deses rumores. Eu cóntoche o que viron os meus ollos, máis nada.

S oldadiño : Pois entón terás que ir ao oculista. E logo, non levas nada co que abrigarte?

S ahara : Non levo, non.

S oldadiño : Pois con iso vas morrer xeada.

Sahara: Por que non me deixas a tea que colga dese pau para cubrirme?

S oldadiño : A bandeira? Estás tola! A ti afectouche o sol á cabeza.

S ahara : Total, para o que serve alá arriba!

S oldadiño : É o orgullo do noso país.

S ahara : E non é máis orgullo para un país axudar a quen o precisa?

S oldadiño : Non vou falar máis dun sacrilexio semellante! Faise un mesto silencio. Sahara senta ao pé do valo batendo dente contra dente por mor do frío. Soldadiño tamén treme porque o uniforme, aínda que é moi vistoso, non o protexe da xeada, e móvese dun lado ao outro sen parar.

S oldadiño : (Con remorsos) Non pode ser! Quen me dera a min! Eu tamén teño frío e non me queixo.

S ahara : Se me axudas, ninguén ten por que sabelo.

S oldadiño : Cala, non digas máis parvadas!

S ahara : Ao amencer penduramos a bandeira de novo no mastro e ninguén se vai decatar. Veña, ho… Se non mañá serei só un corpo frío e inerte.

S oldadiño : (Nervioso, claudicando). Pero tes que gardar o segredo coa túa vida.

S ahara : Así o farei.

Antes de ler

Fíxate nas anotacións deste texto teatral. Como se escriben?

94
COMPRENDO

Soldadiño descolga cerimonioso a bandeira, cantando o Salve en baixiño coma se fose unha oración.

S ahara : Que murmuras?

S oldadiño : Nada que che interese! Trátaa ben, coma se fose alguén da túa familia.

S ahara : Anda, trae para acó!

Soldadiño pasa a bandeira por debaixo do valo!

S ahara : (Estendéndoa) Vaia, é de bo tecido!

S oldadiño : Xa cho dixera, trátaa con coidado.

S ahara : A bandeira é grande dabondo, podemos incluso montar unha «haima» con ela.

S oldadiño : Que é iso?

S ahara : Unha tenda de acampada para pasar a noite, que nos vai protexer aos dous deste frío doente. Axúdasme a facela?

S oldadiño : Eu non podo, teño que vixiar.

S ahara : Imaxina que é unha garita de vixilancia.

S oldadiño : Con esa labia que tes enredas a calquera!

Entre Sahara e Soldadiño suxeitan a bandeira ao valo e apoiándoa no mastro montan a haima.

S ahara : Que ben quedou! Gústache?

Soldadiño: Gusta, pero non está ben o que andamos a facer. Como se decaten!

S ahara : Veña esquéceo xa. Por que non botas unha soneca ti tamén?

S oldadiño : Prefiro vixiar por se vén alguén. (Medorento) Poderíanme fusilar por isto.

S ahara : Non sexas parvo, quen se vai achegar a este lugar de ningures!

S oldadiño : Quen me dera durmir un pouquiño!, pero non podo.

S ahara : Eu vixiarei na túa vez.

S oldadiño : Veña, só un cachiño e logo espértasme. De acordo?

S ahara : Claro, faremos quendas.

Sentan na haima, un a carón do outro.

S oldadiño : Aquí estase ben!

S ahara : Agora si.

U6 95
Carlos Labraña, O valo

unha peza teatral

1 Que personaxes interveñen nesta escena?

2 Que relación haberá entre eles?

3 Que sucede ao caer a noite?

4 Onde están?

5 Como é a roupa do soldadiño e como é a de Sahara?

6 Que lle pide Sahara para solucionar o problema da noite?

7 Como reacciona o soldadiño?

8 Observa estes tipos de vivenda. Que sabes sobre elas?

• Sabes o que é unha «haima»? Busca información sobre este tipo de construción temporal: quen a utiliza?, onde?

Poñémonos na outra pel

Ao final, o soldadiño accede a facer a «haima» con Sahara e cubrirse os dous do frío da noite no deserto. Que opinas sobre este cambio de opinión e sobre o feito de que todos necesitamos a axuda dos demais?

Como actuarías se te vises na situación do soldadiño?

• Axudarías a outra persoa nunha circunstancia semellante?

• Como te sentirías se cos teus actos estiveses mellorando ou incluso salvando a vida dunha persoa?

COMPRENDO 96 Leo

A interpretación

Cando imos ao teatro experimentamos moitas emocións segundo a interpretación dos actores e actrices: alegría, tristura, medo...

1 A seguir, vas ler un fragmento da obra de teatro Xogando con gatos de Antón Cortizas. Escoita con atención e fíxate que as anotacións non se interpretan.

Esmorece a luz da ría e ilumínase de novo a xanela onde reaparece a silueta da nena. Os seus ademáns son de dúbida, amúase, acena coas mans indicando que lle falta algo, que está aborrecida, que non sabe que facer.

T empu S : (Ás escuras) Velaí está aburrida coma unha ostra... Como era que se chamaba?

i mpo : (Insistente) Que non o sabemos nin nos importa Tempus. Tanto ten como se chame, o caso é que se aburre porque non sabe a que xogar nin ten con quen xogar.

T empu S : Pois vaia, se iso non pode ser, que faga solitarios coa baralla...

i mpo : Non digas parvadas.

T empu S : Pois que vexa a televisión.

i mpo : Xa está aborrecida de tanto mirala.

T empu S : Pois que xogue cos maquiniños eses que fan pi, pi, chrruang, toing, toing...

i mpo : Tamén está farta de xogar a iso.

T empu S : Pois que enrede co computador.

impo: Nada, con só mirar a pantalla boquexa como unha leoa aborrecida.

T empu S : (Enfastiada) Pois que xogue coa perilla do embigo.

i mpo : Boh, boh, se non vas dicir máis ca parvadas é mellor que cales.

T empu S : Eu non digo parvadas. Eu xa sei o que farei por esa nena fulana, citrana..., boh, como se chame.

i mpo : Ah si? E que vas facer con ela, se se pode saber?

T empu S : Farei o que sei facer. Farei que se lle pase o tempo e así aburrirase menos.

Antón Cortizas, Xogando con gatos

2 Que información dan as anotacións no texto anterior?

3 Fíxate novamente no texto da actividade 1. Como imaxinas os personaxes deste extracto? Redacta un texto breve expoñendo como os caracterízarías: trazos físicos, vestiario, movementos...

Toma nota!

Gustaríache interpretar unha obra de teatro? É moi divertido!

U6 97

O teatro. Polisemia, homonimia e homofonía

Todos os oficios teñen un léxico específico. Que sabes sobre o do teatro?

1 Ao teatro podemos ir ver diversos tipos de espectáculos. Relaciona cada definición co xénero teatral correspondente.

– Drama representado con música para ser cantado con acompañamento de orquestra e representado cos elementos propios do teatro.

Representación na que se expresa algo sen falar, só con xestos, movementos, accións, sons, bailes, etc.

– Tipo de teatro onde as figuras planas se proxectan nunha pantalla cun foco de luz detrás.

– Espectáculo teatral que se desenvolve a través de secuencias cantadas ou bailadas.

teatro de sombras

2 A que significado corresponde o da palabra «copa» en cada oración?

a) Na copa da árbore fixo o niño unha bubela.

b) Poderíasme dar unha copa de auga, por favor?

c) O equipo de natación gañou a copa da competición.

Vaso en forma de campá que se sostén sobre un pé.

Premio que se lle dá ao gañador dunha competición deportiva.

Parte máis alta dunha árbore formada por follas e pólas.

3 Completa os ocos coas palabras homónimas adecuadas.

diario venda trono

O venres caeron máis de cen .... .

Déronlle 70 euros pola .... da consola.

– Laura leva un .... desde hai moitos anos.

– No museo vimos un antiquísimo .... ruso.

– Manquei un xeonllo e puxéronme unha .....

O xornal da escola non é ....., é mensual.

Palabras polisémicas, homónimas e homófonas

Unha palabra polisémica é a que ten varios significados relacionados. No dicionario ten unha soa entrada e varios significados numerados.

As palabras homónimas escríbense igual pero teñen significados di

ferentes e entradas separadas no dicionario.

As palabras ou expresións homófonas escríbense de maneira diferente pero pronúncianse igual.

E XPRÉSOME 98
-
ópera musical
mímica
1 2 3

Participo nunha obra de teatro!

A creatividade é importante á hora de facer un espectáculo de teatro. Animádevos a participar nunha obra!

1 Seguro que en máis dunha ocasión imitaches os xestos doutra persoa. Iso é o que coñecemos por mímica, a arte de transmitir ideas ou sentimentos xestualizando e sen empregar as palabras. Xogamos?

• Representade mediante a mímica un animal ou un obxecto. Os compañeiros e compañeiras terán que adiviñar de que se trata.

Acción!

Chegou o momento de facer a vosa propia obra de teatro. Dividide a clase en grupos para crear o espectáculo.

• Agora que tedes os grupos formados, pensade no guión e escribídeo para poder memorizalo.

• Logo repartide os papeis. Se non vos poñedes de acordo, haberá que facer un sorteo.

• Pensade como podedes caracterizar o voso personaxe:

Roupa Calzado Complementos

Podedes facer un bo vestiario con pezas e obxectos que teñades na casa.

• Ensaiade varias veces o guión, distinguindo ben os textos que din os personaxes e as anotacións que van entre parénteses e dan información sobre o espazo, a actitude, etc.

• Chegou o momento da representación. Centrádevos no voso papel e gozade!

Toma nota!

Facer teatro aumenta a empatía e mellora a axilidade mental.

U6 99

1 Le estes fragmentos teatrais d´ Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama.

r eloxo u n : Dorme?

r eloxo d ou S : A tope. Quero dicir... Moitísimo, profundamente.

r eloxo u n : Menéalle unha pestana.

reloxo douS: (Facendo o que lle di o compañeiro) Está coma un leirón moi cabezón con cara de pasmarón. Deixámoslle caer nun pé un caixón?

r eloxo u n : Non sexas animal. Iso está moi mal.

a lcalde S a : Demo de soño! Ultimamente brúan mil reloxos na miña cabeciña! Reloxos de cuco, de peto, de man, de campá, de campanario... Reloxos e máis reloxos... uns funcionan e outros non. E algúns quéixanse e outros búrlanse... Estareime volvendo tola? O meu soño máis ditoso é aquel no que todos os reloxos de Néboa recuperan o seu latexo de sempre e soan a cada hora coma unha orquestra ben afinada de moitos instrumentos.

• Que personaxes interveñen no fragmento A?

• E no fragmento B?

• Con quen falará a alcaldesa? Esperará algunha resposta?

2 Elixe unha das opcións que se dan e escribe a continuación do fragmento dialogado da actividade anterior.

Un reloxo intenta convencer ao outro para facerlle unha trasnada á alcaldesa.

Unha das características principais dos textos teatrais é que están escritos en forma de diálogo entre os personaxes.

Por veces, atopamos monólogos, fragmentos nos que un personaxe fala con si mesmo ou con algún outro sen agardar resposta.

100
No teatro adoitamos ver escenas nas que predominan os diálogos entre personaxes. Pero tamén pode haber unha parte da obra na que só fala unha persoa.
O diálogo e o monólogo
a
b
O texto dramático
Os reloxos escapan porque a alcaldesa esperta. a b

Expresamos!

O teatro é unha forma de expresarse e de conmover, divertir ou facer reflexionar aos demais. Agora é a túa quenda, mans á obra! Que vos parece se vos convertedes en directores e directoras de teatro por un día? Ides escribir un guión teatral no que fagades reflexionar ao público sobre algún tema de actualidade que nos preocupe como sociedade.

• Primeiro, escolle se queres actuar só/soa ou con máis persoas.

• Dependendo disto escollede se faredes un monólogo ou un diálogo teatral.

• Escollede un tema actual. Fixádevos nos que se propoñen nesta listaxe. Estas son só algunhas ideas pero seguro que se vos ocorren moitas máis.

Alimentación vegana

Cambio climático

Adición ás pantallas

Igualdade entre homes e mulleres

Identidade de xénero

• Escribide un pequeno guión. Lembrade as características dos textos teatrais e tédeas en conta á hora de redactar a vosa obra.

Copio e completo para organizar as miñas ideas

Un personaxe fala con si mesmo.

U6 101
A maioría das pezas están escritas deste xeito.
O ... O ...
O teatro

COA CULTURA

O Entrudio de Viana do Bolo

O boteiro

O boteiro ten a súa orixe en dúas tradicións:

• O folión: grupo de persoas que tocan un ritmo determinado con bombos e apeiros de labranza.

• As comparsas: grupo de mozos que van polas aldeas representando pezas teatrais humorísticas.

O boteiro de Viana do Bolo

Cales son as partes do seu traxe?

• Máscara de madeira na que predomina un sorriso ou cara de burla.

• Pantalla: armazón de ferro recuberta con papel de seda. Vai na parte superior da careta.

• Camisa branca, gravata e luvas.

• Camiseta sobre a que se cosen máis de 1000 m. de fita de satén de cores vivas.

• Pantalón vermello con flocos.

• Monca: é un pau longo e rechamante.

• Esquilas: son unhas campás típicas do gando bovino que van penduradas do cinto do boteiro.

• Legues (polainas) e botas negras.

O boteiro de Fornelos de Filloás

O traxe do boteiro desta aldea, Fornelos de Filloás, parécese ao de Viana mais hai algunhas diferenzas. Distínguense pola pantalla, menos pesada e elaborada con cartón e papel «pinocho».

A expresión da cara é a dun home con barba e o son das esquilas é un pouco máis agudo que o do boteiro vianés.

O bailarín de Vilarmeao

O traxe do bailarín de Vilarmeao non ten careta nin pantalla; na cabeza leva un pucho (armazón de arames recubertos de grilandas de cores).

Tampouco leva gravata, mais loce con elegancia grazas ao mantón con fitas de cores variadas. O pantalón é branco, chega ata o xeonllo e pode levar fitas de cores. O son que emiten prodúceno as chocallas e na man leva un caxato que mantén levantado para bailar.

102
ENREDO
O boteiro é a figura máis emblemática do Entrudio vianés. O seu traxe cheo de cores é moi especial e produce, en quen o viste, un sentimento.

A MIÑA LINGUA

Outros signos de puntuación

1 Le o texto.

Na aldea argallouse unha festa para celebrar que colleran a gran loba branca: o alcalde convidou a marisco; a panadeira, a empanada; a peixeira, a mexillóns; e o pasteleiro, a roscón.

2 Explica o uso do punto e coma na actividade 1.

3 Coloca os dous puntos cando sexa necesario.

– Estimada señora Comunicámoslle que lle foi concedido o premio.

– O titular da noticia é «Forte descenso das temperaturas».

– Nesa tenda venden reloxos, cafeteiras, martelos e parafusos.

A autora do espectáculo que vimos no teatro dixo «Esta obra está baseada na historia da miña vida».

– Que mercaches na froitaría? De todo! Merquei amorodos, laranxas, plátanos, mazás e aguacates.

– Querido Xosé Escríboche para convidarte á miña festa de aniversario.

O punto e coma

O punto e coma utilízase:

• Para separar palabras dunha serie cando hai comas: Na obra, Laura fará de garda; Sabela, de semáforo; Lois, de sinal; e eu, de coche.

• Diante de pero, aínda que, non obstante.... cando a oración é longa: Logo de moito buscar non deron cos lobos; pero aínda seguían escoitando os ouveos.

Os dous puntos

Os dous puntos utilízanse:

• Antes dunha enumeración: Á festa viñeron: veciños, forasteiros, turistas e curiosos.

• Despois do encabezamento dunha carta: Querida Sonia: Levo tempo sen escribir porque estiven de viaxe.

• Antes dunha cita: Escoitei que alguén dicía: «A loba branca non é tan fera como parece».

4 Fíxate nas seguintes oracións e coloca os puntos suspensivos onde corresponda.

– Na granxa escola da vila hai todo tipo de animais: porcos, cabalos, vacas, llamas, ocas

– Quen non quere caldo

– Saínza espertou e quedou moi pensativa Sería un pesadelo o que acababa de ocorrer?

Os puntos suspensivos

Os puntos suspensivos utilízanse:

• Para indicar que unha enumeración está incompleta: Gústanme todo tipo de verduras: leitugas, grelos, brócoli, espinacas...

• Se o texto que falta se dá por entendido: Na casa do ferreiro...

• Para expresar medo, dúbida ou sorpresa: Púxose pálido... Nin que vira unha pantasma.

103 U6
¡
COÑEZO

Outros pronomes

1 Le as oracións e fíxate nas palabras marcadas. Son pronomes.

Sahara seguía os costumes dos seus

– Este é un poboado bérber.

– Aquelas do fondo son dunas e montañas.

– Esas son haimas.

Masculino Feminino Neutro

Os pronomes demostrativos substitúen un nome e indican proximidade ou afastamento respecto á persoa que fala: Ese pantalón ten unha mancha: pon este.

Como sabes, as formas dos pronomes coinciden coas dos determinantes. Pero o pronome demostrativo ten, ademais, unha forma neutra (isto, iso, aquilo), que non existe nos determinantes.

3 Identifica os pronomes demostrativos e di a que nome substitúen (busca na lectura da unidade).

– Aqueles traballan de sol a sol cosendo roupa.

– Esa non ten con que abrigarse.

– Este leva unha tea nun pau.

Isto serve para facer unha haima.

104 COÑEZO A MIÑA LINGUA ¡
2 Parada de cinco minutos Completa o cadro coas formas do pronome demostrativo.
Os pronomes demostrativos
Cerca Singular esta isto Plural estes Distancia media Singular ese Plural esas Lonxe Singular aquel Plural ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

4 Completa as oracións con pronomes posesivos.

Este sábado vés ti á miña casa que eu xa fun á ... .

– Esa carpeta non é da mestra. A .... é de cor verde.

– O conto que máis me gustou foi o ... .

– Non sentes nese sitio, é o ... .

– O ... foi o prato gañador do concurso.

5 Copia os pronomes numerais que atopes nestas oracións.

– Nese xogo de preguntas e respostas, gaña o primeiro que conteste doce ben.

– Cantos anos ten túa irmá? Trece ou catorce?

– Sempre subo polas escaleiras, aínda que vivo no sexto.

Viches que lle meteron seis goles a Alemaña?

Hoxe hai moito tráfico, levo contado cincuenta camións.

• Clasifícaos na seguinte táboa.

Cardinais

Ordinais ? ?

6 Relacionar - ampliar - preguntar Busca os pronomes indefinidos do texto.

Unha vez alguén díxome: «Poucos son os que conseguen os seus soños, pero moitos son os que os buscan». Todos temos dereito a soñar, pero cadaquén ha de loitar polo que máis desexa.

Os pronomes posesivos, numerais e indefinidos

Os pronomes posesivos substitúen un nome e indican pertenza. Xeralmente, esixen o reforzo do artigo: Dime o teu teléfono e toma nota do meu.

Os pronomes numerais substitúen un nome e indican número. Poden ser cardinais (un, catro, dez, vinte, ...) ou ordinais (primeiro, cuarto, ...).

Os pronomes indefinidos indican unha cantidade imprecisa (pouco, bastante) ou refírense a unha cousa ou persoa indeterminada (algo, ninguén).

U6 105

Q ue aprendín?

1 Cal é o significado destas palabras e como se denominan?

foco

a 1

b 2

Leva o foco porque non vas ver. Esa aldea foi o foco da revolta.

Punto onde está concentrada unha cousa e desde onde se propaga.

Lámpada eléctrica portátil.

pano

cuncha

a 1 b 2

Ao rematar a obra baixouse o pano entre aplausos.

Colle ese pano e limpa a mesa.

Cortina grande que no teatro separa os espectadores do escenario.

Anaco de tea para secar ou limpar.

• De que tipo de texto se trata?

• Cantos personaxes interveñen?

• Como se destaca a intervención de cada personaxe?

3 Copia os pronomes destas oracións e di de que clase son.

– Coñeces os nosos veciños do quinto? Son eses que van por alí.

– Alguén sabe onde puxen o meu teléfono?

– Ninguén quixo chegar tarde á vosa festa.

Senta nesa cadeira, que esta está rota.

4 Coloca nestas oracións as comas, puntos e coma, dous puntos e puntos suspensivos que faltan.

– Teño libros de todo contos de medo de viaxes de poesía cómic

– Compramos unha chea de cousas leite pan froita

a 1

b 2

A tartaruga ten unha cuncha moi dura.

Laura estaba na cuncha co guión da obra.

Cuberta resistente que protexe o corpo de certos animais.

Lugar en forma de caixón cóncavo que ocupa o apuntador nas obras teatrais.

2 Le e contesta as preguntas.

i S olda : Eu son Isolda e teño un libro de viaxes. É o único que teño. Ademais, de noite, durmo abrazada a el. Dáme caloriña e, queiras que non, fai que soñe con sitios que non coñezo e que teñen nomes simpáticos.

h ipaT ia : Por exemplo?

i S olda : A Patagonia.

B or B oron T e : A Patagonia ten nome de comida.

l u ST ucrú : Si, ten nome de pataca gorda.

h ipaT ia : Groenlandia.

Hipatia: Ten nome de dragoa.

l u ST ucrú : Unha dragoa papona.

Paula Carballeira, O refugallo

Non quería marchar porque o estaba pasando moi ben pero non me quedou máis remedio.

Carme gañou tres partidas ao parchís eu ningunha.

DITADO

Escoita o texto.

Un monicreque, tamén chamado «marioneta», «fantoche» ou «monifate», é un boneco que se manexa con fíos, cordas e arame; de xeito que pareza animado. Hai moitos tipos de monicreques, dependendo da técnica utilizada: de sombras, de guante, de vara, de fíos, de luz…

5 Colorea segundo o fagas.

O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder

PORTAFOLIO 106

Concienciamos a través do teatro!

Algunhas obras teatrais non se escribiron para ser representadas pero as nosas si!

Nesta unidade tivemos a oportunidade de crear un guión teatral para representalo. Mais, que tipo de temas representamos? Son temas de interese na actualidade? Pensade que as vosas obras poden concienciar aos demais de temas moi importantes. Que tal se as representades ante outras clases ou diante dos profesores?

Reflexionade sobre como o teatro pode cambiar positivamente a vida das persoas.

Tema...

Antes pensaba... Agora penso... Causas

C omo aprendín?

1 Revisa o que traballaches e anota o que che resultou máis difícil.

Seleccionei... Por

As palabras homónimas e homófonas Porque sempre me confundo.

2 Indica o teu grao de acordo con estes contidos.

a) Coñezo as formas dos pronomes demostrativos.

b) Coñezo as formas dos pronomes posesivos.

c) Uso con corrección os dous puntos e os puntos suspensivos.

d) Identifico as palabras homófonas.

e) Distingo o significado das palabras polisémicas.

U6 107
OBXECTIVO EN ACCIÓN
que…

© GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid.

Reservados todos los derechos. El contenido de esta obra está protegido por la Ley, que establece penas de prisión y/o multas, además de las correspondientes indemnizaciones por daños y perjuicios, para quienes reprodujeren, plagiaren, distribuyeren o comunicaren públicamente, en todo o en parte, una obra literaria, artística o científica, o su transformación, interpretación o ejecución artística fijada en cualquier tipo de soporte o comunicada a través de cualquier medio, sin la preceptiva autorización.

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.