1 minute read

COA CULTURA O Entrudio de Viana do Bolo

O boteiro

O boteiro ten a súa orixe en dúas tradicións:

• O folión: grupo de persoas que tocan un ritmo determinado con bombos e apeiros de labranza.

• As comparsas: grupo de mozos que van polas aldeas representando pezas teatrais humorísticas.

O boteiro de Viana do Bolo

Cales son as partes do seu traxe?

• Máscara de madeira na que predomina un sorriso ou cara de burla.

• Pantalla: armazón de ferro recuberta con papel de seda. Vai na parte superior da careta.

• Camisa branca, gravata e luvas.

• Camiseta sobre a que se cosen máis de 1000 m. de fita de satén de cores vivas.

• Pantalón vermello con flocos.

• Monca: é un pau longo e rechamante.

• Esquilas: son unhas campás típicas do gando bovino que van penduradas do cinto do boteiro.

• Legues (polainas) e botas negras.

O boteiro de Fornelos de Filloás

O traxe do boteiro desta aldea, Fornelos de Filloás, parécese ao de Viana mais hai algunhas diferenzas. Distínguense pola pantalla, menos pesada e elaborada con cartón e papel «pinocho».

A expresión da cara é a dun home con barba e o son das esquilas é un pouco máis agudo que o do boteiro vianés.

O bailarín de Vilarmeao

O traxe do bailarín de Vilarmeao non ten careta nin pantalla; na cabeza leva un pucho (armazón de arames recubertos de grilandas de cores).

Tampouco leva gravata, mais loce con elegancia grazas ao mantón con fitas de cores variadas. O pantalón é branco, chega ata o xeonllo e pode levar fitas de cores. O son que emiten prodúceno as chocallas e na man leva un caxato que mantén levantado para bailar.

This article is from: