
2 minute read
Participo nunha obra de teatro!
A creatividade é importante á hora de facer un espectáculo de teatro. Animádevos a participar nunha obra!
1 Seguro que en máis dunha ocasión imitaches os xestos doutra persoa. Iso é o que coñecemos por mímica, a arte de transmitir ideas ou sentimentos xestualizando e sen empregar as palabras. Xogamos?
• Representade mediante a mímica un animal ou un obxecto. Os compañeiros e compañeiras terán que adiviñar de que se trata.
Acción!
Chegou o momento de facer a vosa propia obra de teatro. Dividide a clase en grupos para crear o espectáculo.
• Agora que tedes os grupos formados, pensade no guión e escribídeo para poder memorizalo.
• Logo repartide os papeis. Se non vos poñedes de acordo, haberá que facer un sorteo.
• Pensade como podedes caracterizar o voso personaxe:
Roupa Calzado Complementos r eloxo u n : Dorme? r eloxo d ou S : A tope. Quero dicir... Moitísimo, profundamente. r eloxo u n : Menéalle unha pestana. reloxo douS: (Facendo o que lle di o compañeiro) Está coma un leirón moi cabezón con cara de pasmarón. Deixámoslle caer nun pé un caixón? r eloxo u n : Non sexas animal. Iso está moi mal. a lcalde S a : Demo de soño! Ultimamente brúan mil reloxos na miña cabeciña! Reloxos de cuco, de peto, de man, de campá, de campanario... Reloxos e máis reloxos... uns funcionan e outros non. E algúns quéixanse e outros búrlanse... Estareime volvendo tola? O meu soño máis ditoso é aquel no que todos os reloxos de Néboa recuperan o seu latexo de sempre e soan a cada hora coma unha orquestra ben afinada de moitos instrumentos.
Podedes facer un bo vestiario con pezas e obxectos que teñades na casa.
• Ensaiade varias veces o guión, distinguindo ben os textos que din os personaxes e as anotacións que van entre parénteses e dan información sobre o espazo, a actitude, etc.
• Chegou o momento da representación. Centrádevos no voso papel e gozade!
Toma nota!
Facer teatro aumenta a empatía e mellora a axilidade mental.
1 Le estes fragmentos teatrais d´ Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama.
• Que personaxes interveñen no fragmento A?

• E no fragmento B?
• Con quen falará a alcaldesa? Esperará algunha resposta?
2 Elixe unha das opcións que se dan e escribe a continuación do fragmento dialogado da actividade anterior.
Un reloxo intenta convencer ao outro para facerlle unha trasnada á alcaldesa.
Unha das características principais dos textos teatrais é que están escritos en forma de diálogo entre os personaxes.
Por veces, atopamos monólogos, fragmentos nos que un personaxe fala con si mesmo ou con algún outro sen agardar resposta.
Expresamos!
O teatro é unha forma de expresarse e de conmover, divertir ou facer reflexionar aos demais. Agora é a túa quenda, mans á obra! Que vos parece se vos convertedes en directores e directoras de teatro por un día? Ides escribir un guión teatral no que fagades reflexionar ao público sobre algún tema de actualidade que nos preocupe como sociedade.
• Primeiro, escolle se queres actuar só/soa ou con máis persoas.
• Dependendo disto escollede se faredes un monólogo ou un diálogo teatral.
• Escollede un tema actual. Fixádevos nos que se propoñen nesta listaxe. Estas son só algunhas ideas pero seguro que se vos ocorren moitas máis.
Alimentación vegana
Cambio climático
Adición ás pantallas
Igualdade entre homes e mulleres
Identidade de xénero
• Escribide un pequeno guión. Lembrade as características dos textos teatrais e tédeas en conta á hora de redactar a vosa obra.
Copio e completo para organizar as miñas ideas
Un personaxe fala con si mesmo.