
1 minute read
Queixos e requeixos
Galicia é unha comunidade cunha gran variedade de queixos. Hainos para todos os gustos!
Así como varían os nomes das cousas por toda Galicia e as formas de falar, tamén varían os xeitos de facer o queixo.


Queixo de Arzúa
Queixo de tetilla
San Simón da Costa
Queixo do Cebreiro
Queixo de cabra
Queixo de pementón
A feitura do queixo e as súas palabras
O queixo pode facerse con leite de vaca, de ovella ou de cabra. Para facer un queixo coas nosas mans, debemos seguir estes pasos:
Mira o mapa, cantos queixos coñeces? Cales son os que máis che gustan?
Fervemos o leite e engadímoslle o callo. Tamén se pode empregar vinagre ou zume de limón.



Deste proceso sae o leite callado, unha mestura semisólida. Logo, sepárase o leite callado e escórrese o soro.
Callaleite
Ponse nun molde e apértase para terminar de sacar o soro.
Sabías que hai unha planta que se chama «callaleite» que se empregaba para callar o leite?
Para facer o requeixo tes que deixar o leite cru a temperatura ambiente varios días para que calle. Logo escórreslle o soro e xa tes o teu requeixo. É riquísimo con noces e mel!
Engádeselle sal e ponse a madurar.