
2 minute read
Leo unha peza teatral
Coñecemos a emotiva historia de Sahara e Soldadiño. O valo


S ahara : Vai moito frío!
S oldadiño : As temperaturas baixan moito pola noite no deserto, deberías sabelo. Menos mal que eu levo un uniforme de pano da mellor calidade, tecido nas fábricas máis reputadas do meu país.
S ahara : Estás seguro? Eu teño visto obradoiros onde se traballa de sol a sol, cosendo roupa para os teus, por un soldo miserento.
Soldadiño: Eses son rumores mal intencionados daqueles que queren acabar co prestixio do noso país.
S ahara : Eu non sei nada deses rumores. Eu cóntoche o que viron os meus ollos, máis nada.
S oldadiño : Pois entón terás que ir ao oculista. E logo, non levas nada co que abrigarte?
S ahara : Non levo, non.
S oldadiño : Pois con iso vas morrer xeada.
Sahara: Por que non me deixas a tea que colga dese pau para cubrirme?
S oldadiño : A bandeira? Estás tola! A ti afectouche o sol á cabeza.
S ahara : Total, para o que serve alá arriba!
S oldadiño : É o orgullo do noso país.
S ahara : E non é máis orgullo para un país axudar a quen o precisa?
S oldadiño : Non vou falar máis dun sacrilexio semellante! Faise un mesto silencio. Sahara senta ao pé do valo batendo dente contra dente por mor do frío. Soldadiño tamén treme porque o uniforme, aínda que é moi vistoso, non o protexe da xeada, e móvese dun lado ao outro sen parar.
S oldadiño : (Con remorsos) Non pode ser! Quen me dera a min! Eu tamén teño frío e non me queixo.
S ahara : Se me axudas, ninguén ten por que sabelo.
S oldadiño : Cala, non digas máis parvadas!
S ahara : Ao amencer penduramos a bandeira de novo no mastro e ninguén se vai decatar. Veña, ho… Se non mañá serei só un corpo frío e inerte.
S oldadiño : (Nervioso, claudicando). Pero tes que gardar o segredo coa túa vida.
S ahara : Así o farei.
Antes de ler
Fíxate nas anotacións deste texto teatral. Como se escriben?
Soldadiño descolga cerimonioso a bandeira, cantando o Salve en baixiño coma se fose unha oración.
S ahara : Que murmuras?
S oldadiño : Nada que che interese! Trátaa ben, coma se fose alguén da túa familia.
S ahara : Anda, trae para acó!
Soldadiño pasa a bandeira por debaixo do valo!
S ahara : (Estendéndoa) Vaia, é de bo tecido!
S oldadiño : Xa cho dixera, trátaa con coidado.
S ahara : A bandeira é grande dabondo, podemos incluso montar unha «haima» con ela.
S oldadiño : Que é iso?
S ahara : Unha tenda de acampada para pasar a noite, que nos vai protexer aos dous deste frío doente. Axúdasme a facela?
S oldadiño : Eu non podo, teño que vixiar.
S ahara : Imaxina que é unha garita de vixilancia.
S oldadiño : Con esa labia que tes enredas a calquera!
Entre Sahara e Soldadiño suxeitan a bandeira ao valo e apoiándoa no mastro montan a haima.
S ahara : Que ben quedou! Gústache?
Soldadiño: Gusta, pero non está ben o que andamos a facer. Como se decaten!
S ahara : Veña esquéceo xa. Por que non botas unha soneca ti tamén?
S oldadiño : Prefiro vixiar por se vén alguén. (Medorento) Poderíanme fusilar por isto.
S ahara : Non sexas parvo, quen se vai achegar a este lugar de ningures!
S oldadiño : Quen me dera durmir un pouquiño!, pero non podo.
S ahara : Eu vixiarei na túa vez.
S oldadiño : Veña, só un cachiño e logo espértasme. De acordo?
S ahara : Claro, faremos quendas.
Sentan na haima, un a carón do outro.
S oldadiño : Aquí estase ben!
S ahara : Agora si.