
1 minute read
Os oficios tradicionais
1 Fíxate nestas imaxes sobre distintos oficios tradicionais e elixe un para facer unha busca de palabras relacionadas con el.





2 Agora busca información sobre o oficio que elixiches e responde as seguintes preguntas.
• En que consistía o traballo?
• Onde se realizaba?
• Para que servía este oficio e que produto que se obtiña?
• Que ferramentas ou utensilios se empregaban?
• Existe aínda este traballo?
Non. Por que desapareceu?
Si. Como se realiza na actualidade?
3 Que che parece se lle explicas aos teus compañeiros e compañeiras todo o que sabes deste oficio? Podes buscar imaxes e pegalas nunha cartolina para que a presentación sexa máis visual.
Sabías que o oficio da cestería é anterior á cultura dos castros?