1 minute read

O estilo directo e o estilo indirecto

Next Article
Outros pronomes

Outros pronomes

Cando lemos un diálogo é frecuente o uso destes dous estilos.

1 Le o texto e responde as preguntas.

Cando Kusuma xa está convencida de que a singradura comeza, o ruído cesa e de repente na trabe, a moitos metros de altura sobre a bodega, uns ollos ameazantes e inxectados en sangue xorden de par dela.

—Quen es ti? —pregunta a enorme sombra que se intúe tras aqueles ollos avermellados.

—Non imaxinas o susto que me acabas de dar —láiase Kusuma—. Iso mesmo che ía preguntar eu, como fuches quen de subir ata aquí arriba?

—Son un orangután —explica a sombra—. Non podo voar coma ti, pero si subir a calquera altura, mentres haxa algo onde me apoiar... Pois iso, que fas aquí, dentro deste barco...?

—Cheguei esta mañá desde a selva de Kaltim. Estiven voando dous días e dúas noites sen parar —asegura o faisán—. Ocorréuseme que era mellor idea agocharme na bodega deste barco e ir a onde me leve que seguir voando sen rumbo.

—Así que non sabes a onde imos?

—Non, non o sei —confesa Kusuma.

—Pois imos a Vigo, en Galicia —aclara o orangután—. A moitísimas xornadas de camiño —completa a explicación ao ver o xesto de ignorancia do paxaro.

• Quen é o narrador do texto?

• Que personaxes participan na conversa?

• O narrador conta o que din os personaxes ou son os personaxes os que falan?

• Que signo de puntuación introduce o que di cada personaxe?

2 Saco de dúbidas Por parellas, pensade e escribide como sería o texto da actividade 1 se o narrador non lle dese voz aos personaxes e contase só o que viu.

O estilo directo e indirecto

Nunha narración, quen conta os feitos pode darlle a palabra aos personaxes para que se expresen (estilo directo) ou pode contar o que din os personaxes (estilo indirecto).

No estilo directo, os guións anuncian as intervencións dos personaxes.

3 Busca en libros da biblioteca da aula extractos en estilo directo ou indirecto. Cal prefires para ler?

Pon en práctica!

Agora que xa estudaches o estilo directo e indirecto, que che parece se o levamos á práctica?

Podedes facer pequenos grupos na aula para recrear a conversa. Escollede unha destas imaxes e pensade sobre que poden estar falando as persoas que aparecen nela. Seguro que no grupo xurdirán moitas ideas, mais teredes que chegar a un acordo.

Unha vez que decidistes sobre que ides falar, recrearedes a conversa en estilo directo. Recordades como se facía?

Copio e completo para organizar as miñas ideas

Toma nota! Dálle a palabra aos personaxes Conta o que din os personaxes

O narrador

This article is from: