1 minute read

unha peza teatral

1 Que personaxes interveñen nesta escena?

2 Que relación haberá entre eles?

3 Que sucede ao caer a noite?

4 Onde están?

5 Como é a roupa do soldadiño e como é a de Sahara?

6 Que lle pide Sahara para solucionar o problema da noite?

7 Como reacciona o soldadiño?

8 Observa estes tipos de vivenda. Que sabes sobre elas?

• Sabes o que é unha «haima»? Busca información sobre este tipo de construción temporal: quen a utiliza?, onde?

Poñémonos na outra pel

Ao final, o soldadiño accede a facer a «haima» con Sahara e cubrirse os dous do frío da noite no deserto. Que opinas sobre este cambio de opinión e sobre o feito de que todos necesitamos a axuda dos demais?

Como actuarías se te vises na situación do soldadiño?

• Axudarías a outra persoa nunha circunstancia semellante?

• Como te sentirías se cos teus actos estiveses mellorando ou incluso salvando a vida dunha persoa?

This article is from: