
1 minute read
A MIÑA LINGUA Outros signos de puntuación
1 Le o texto.
Na aldea argallouse unha festa para celebrar que colleran a gran loba branca: o alcalde convidou a marisco; a panadeira, a empanada; a peixeira, a mexillóns; e o pasteleiro, a roscón.
2 Explica o uso do punto e coma na actividade 1.
3 Coloca os dous puntos cando sexa necesario.
– Estimada señora Comunicámoslle que lle foi concedido o premio.
– O titular da noticia é «Forte descenso das temperaturas».
– Nesa tenda venden reloxos, cafeteiras, martelos e parafusos.
A autora do espectáculo que vimos no teatro dixo «Esta obra está baseada na historia da miña vida».
– Que mercaches na froitaría? De todo! Merquei amorodos, laranxas, plátanos, mazás e aguacates.
– Querido Xosé Escríboche para convidarte á miña festa de aniversario.
O punto e coma
O punto e coma utilízase:
• Para separar palabras dunha serie cando hai comas: Na obra, Laura fará de garda; Sabela, de semáforo; Lois, de sinal; e eu, de coche.
• Diante de pero, aínda que, non obstante.... cando a oración é longa: Logo de moito buscar non deron cos lobos; pero aínda seguían escoitando os ouveos.
Os dous puntos
Os dous puntos utilízanse:
• Antes dunha enumeración: Á festa viñeron: veciños, forasteiros, turistas e curiosos.
• Despois do encabezamento dunha carta: Querida Sonia: Levo tempo sen escribir porque estiven de viaxe.
• Antes dunha cita: Escoitei que alguén dicía: «A loba branca non é tan fera como parece».
4 Fíxate nas seguintes oracións e coloca os puntos suspensivos onde corresponda.
– Na granxa escola da vila hai todo tipo de animais: porcos, cabalos, vacas, llamas, ocas
– Quen non quere caldo
– Saínza espertou e quedou moi pensativa Sería un pesadelo o que acababa de ocorrer?
Os puntos suspensivos
Os puntos suspensivos utilízanse:
• Para indicar que unha enumeración está incompleta: Gústanme todo tipo de verduras: leitugas, grelos, brócoli, espinacas...
• Se o texto que falta se dá por entendido: Na casa do ferreiro...
• Para expresar medo, dúbida ou sorpresa: Púxose pálido... Nin que vira unha pantasma.