1 minute read

OBXECTIVO EN ACCIÓN

Aprendemos dos que saben

Imos enfocar o noso proxecto baseándonos nunha nova iniciativa na que a Xunta de Galicia ofrece axudas para o novo programa de voluntariado interxeracional no medio rural. Consiste en que persoas de máis de 55 anos ensinen oficios tradicionais aos máis mozos.

Busca na túa familia ou entre os teus coñecidos unha persoa maior que poida ensinarche algo que ti non saibas porque actualmente xa non se fai: algún oficio, receita, tradición, cancións…

Faille unha entrevista por escrito ou gravada (sempre co seu consentimento). A finalidade da entrevista é descubrir como realiza iso que che está ensinando. Coas túas preguntas afonda mais na vida desa persoa e como aprendeu a facer o que sabe (a que idade, quen llo ensinou, etc.).

Fai unha roda lóxica e mostra na clase o que aprendiches. Animádevos a facer unha exposición no cole que poña en valor todo o que a xente maior pode ensinarnos.

De que nos fala a persoa entrevistada?

Por que é tan importante conservar a tradición?

4 Roda lóxica Poderías realizar esa actividade, receita, etc.?

C omo aprendín?

1 aspectos.

- Ler e comentar un texto narrativo.

Pensa se se trata de algo moi diferente ao que ti coñeces na actualidade.

- Distinguir entre estilo directo e estilo indirecto.

- Recoñecer os tipos de determinantes numerais.

- Distinguir palabras que se diferencian polo acento.

- Recoñecer algúns estranxeirismos.

- Recoñecer algúns castelanismos.

This article is from: