5 minute read

Casos especiais de acentuación

1 Le o seguinte texto e fíxate nos ditongos e nos hiatos.

Os lobos chegaron á cidade un día de galerna. Durante horas e horas os medios de comunicación advertiran de forma insistente do perigo que entrañaba saír á rúa. Os refachos de vento eran terribles. Os colectores do lixo voaban sen concerto atravesándose no medio da estrada, árbores centenarias eran arrincadas de raíz, as casas perdían tellas coma os cativos os dentes de leite. Os máis vellos non recordaban unha treboada semellante. Nin sequera naqueles tempos de antes, cando eles eran só uns nenos e o clima adoitaba comportarse de forma extrema.

Ledicia Costas, Recinto gris

Acentuación de ditongos e hiatos

• As palabras con ditongos ou tritongos seguen as normas xerais de acentuación e, no caso de levar acento, este recae sempre na vogal aberta: revolvéuseme, prisión.

• As palabras con hiato formado por dúas vogais abertas seguen as normas xerais de acentuación: océano, treboada.

2 pasear ruido nai collia bidueiro saude vasoira leon muiño coroa desviou poetico leiteira cueiro suizo

• As palabras con hiato formado por unha vogal aberta e unha pechada levan acento na vogal pechada, aínda que vaia en contra das normas de acentuación: lúa, aínda.

Outros casos de acentuación

• Adverbios rematados en -mente. Son palabras graves que rematan en vogal e non levan acento gráfico: cómodo pero comodamente; fácil pero facilmente.

• Palabras compostas. Tamén funcionan como unha soa palabra e seguen as normas xerais de acentuación: baloncesto, calcapapeis, tirarrollas...

• Palabras compostas con guión. Considéranse dúas palabras diferentes e cada unha delas ten a súa propia acentuación: teórico-practico, infantil-xuvenil...

Palabras con hiato Palabras con ditongo ? ?

Os determinantes

1 Le o texto e fíxate nas palabras marcadas.

Eu son dunha selva de Sarawak, moito máis alá da túa —laméntase o mono—. Camiñei case un mes para chegar ata aquí, porque lles oín falar deste lugar aos traballadores da plantación de palmeiras en que se converteu o meu país. Si, ata alí tamén chegou a peste, e todos os meus foron capturados ou exterminados porque molestamos no negocio ese do óleo. Eu sobrevivín acochado, oculto nas tebras, viaxando de noite. Ao enxergar por fin o porto, vin este barco cargado de gran e pensei que era a mellor opción para...

Hector Cajaraville, Kusuma

2 Copia onde corresponda os determinantes resaltados no texto e o nome que acompañan.

a) Indican pertenza.

b) Indican nome coñecido.

c) Indican distancia d) Indican nome descoñecido.

• Escribe un texto con determinantes que: a) Indiquen pertenza. b) Indiquen distancia. a vosa / aqueles aquel / os seus a túa / este

3 Enche os espazos do texto cos artigos definidos (o, a, os, as) ou cos indefinidos (un, unha, uns, unhas).

... miña tía vaime vir buscar ... súa moto nova. Mercouna ... xoves pasado. É espectacular, ten ... adhesivos ... laterais de cor vermella. Tamén ten ... tubo de escape cromado e decorado ... símbolo ... marca ... moto. Na parte de atrás ten dúas alforxas e mesmo ten incorporado ... equipo de música, que entraba ... oferta especial.

4 Escribe unha oración que inclúa estas parellas de determinantes.

Os determinantes

Os determinantes acompañan o nome e dan informacións diversas.

Tipos de determinantes

Hai diversos tipos de determinantes.

• Os artigos definidos refírense a un nome concreto, coñecido polo emisor e polo receptor (o monte, as vacas...). Os artigos indefinidos refírense a un nome que aparece por primeira vez no texto ( unha pastora, un canteiro... ).

• Os demostrativos indican a que distancia do que fala se atopa o nome ao que se refiren (este can, aquelas espigas ).

• Os posesivos indican a quen pertence o nome ao que acompañan ( o noso patio, a túa bicicleta ).

5 Copia cada oración escribindo a forma correcta dos posesivos que hai entre parénteses.

A .... (de ti) irmá e mais ti sodes moi bos ilustradores. Os ... (de vós) debuxos son os mellores da exposición.

– A .... (de min) nai e mais eu non nos semellamos nada. A ... (dela) cara é alongada e a ... (de min) é redonda.

– As .... (deles) bicicletas son máis novas ca as ... (de nós) pero os ... (de nós) patinetes son máis novos que os ... (deles).

– A ... (de nós) casa é unha construción antiga do ano 1813. A (de vós) é moito máis moderna porque só ten dez anos, pero son as dúas igual de fermosas.

O ... (de min) coche está mellor conservado que o ... (de ti). Tes que coidalo!

6 Le as oracións e fíxate nos determinantes subliñados.

– A túa irmá contoume certos rumores que che explicarei algún día.

– Ao cincuenta aniversario da escola acudiron centos de persoas.

Cada día toman moitos tipos de froita.

Como pode ser que unha barra custe máis que dous moletes?

– Teño algúns globos; dareilles un a todas as persoas que veñan á festa.

– A miña bici pesa bastante. A de meu irmán é o dobre de lixeira

7 Completa o texto cos determinantes que correspondan.

Na ... (de min) vila hai ... (cuantificador) tipos de persoas. Desde a ... (de nós) casa podemos ver ... (indefinido) do que ocorre na praza. ... (indefinido) días xúntase toda a rapazada para xogar ao fútbol e ao baloncesto.

(indefinido) veciños sentan nos bancos para falar das ... (deles) vidas e ... (indefinidos) prefiren practicar algún deporte ao aire libre. Hai ... (numeral cardinal) señoras que venden froitas e verduras de temporada; teñen ... (numeral cardinal) posto na praza de abastos, pero ... (cuantificador) tardes montan unha mesa a carón da fonte.

É ... (cuantificador) divertido observar o comportamento de ... (indefinido) persoas!

Tipos de determinantes

• Os indefinidos refírense ao nome de forma imprecisa (algún, certo, outro, mesmo, todo, case, cada, etc.).

• Os cuantificadores expresan unha cantidade de maneira imprecisa ( moito, pouco, bastante, máis, menos, etc.).

• Os numerais indican unha cantidade exacta. Poden ser cardinais ( un, dous ); ordinais ( primeiro, segundo ); partitivos, cando indican partes da unidade ( cuarto, metade, terzo); e multiplicativos, se aumentan a unidade un certo número de veces ( dobre, triplo ).

Q ue aprendín?

1 Que animais viven aquí?

curral cortello canceira colmea pombal corte muxir colleitar arar sementar calabaza guisante garbanzo patata zanahoria maíz escoba adiós palillo

2 Que máquina empregarías para...

3 Substitúe estes castelanismos pola palabra correcta.

4 Le o conto e responde as preguntas.

O porco e a vaca

Era un home que vivía nunha granxa e na corte tiña unha vaca e un porco. O vello miraba pola vaca máis ca polo porco.

O porco, vendo aquel trato, díxolle un día:

—Carainas, vaca, que ben te trata a ti o amo; xa me podía tratar a min igual! A ti sácate de paseo por fóra da casa, dáche a herba que queres e caldadas de fariña. A min tenme sempre aquí encerrado, tírame na maseira unha presada de verzas cunha pouca auga fría… Vaia diferenza!

—Ai, mira, porco, vouche contar. Eu doulle o leite para o almorzo e do que lle sobra aínda fai algún queixo; e ti, que?; non lle dás nada.

—Pero muller, eu tamén lle dou. Desde que me mata doulle xamóns, chourizos, lacóns, touciño, tripas para callos, cachucha para cocidos, costelas para churrasco…

—Moi ben, moi ben —interrompeuno a vaca—, pero ti dasllo todo desde que morres e eu xa llo vou dando mentres estou viva. E desde que morro tamén lle dou.

Xosé Miranda e A. Reigosa, Máis contos de animais hórreo palleira alboio cabaceiro lavadoiro faiado solaina baúl galería mediodia basicamente luso-galaico afialapis teorico-practico videoxogo

• Quen é o narrador?

• Que personaxes participan na conversa? Como se marcan as súas intervencións?

• Pasa a estilo indirecto as oracións que aparecen en estilo directo.

5 Localiza os determinantes do texto anterior.

6 Sinala os ditongos, os tritongos e os hiatos.

7 Acentúa correctamente estas palabras.

Ditado

Escoita o texto.

Un oficio tradicional case desaparecido é o de afiador. O chiflo anunciaba a súa chegada. Coa súa roda afiábanse coitelos, tesoiras...; arranxábanse paraugas e case calquera obxecto que se lle levase.

Os afiadores tiñan a súa propia lingua para comunicarse entre eles: o barallete. Chegou a contar con máis de 900 palabras e o seu obxectivo era que ninguén os entendera e así poder falar libremente en calquera lugar e diante de calquera persoa.

8 Colorea segundo o fagas.

O semáforo. Xunto a cada actividade, colorea así no teu caderno: se soubeches a resposta se precisaches axuda ou se non soubeches responder

This article is from: