Vo!dvstp!npj!ftqfdjbm!qbsb!p!2〗!hsvqp!ef!Qsjnbsjb! !f!! Fevdbdj■o!G○tjdb
R
ealmente este curso foi moi especial para todos e todas. Todos os anos quedan na nosa memoria por unha cousa ou por outra, por algún acontecemento importante para nós, por algunha alegría, por cambios
na nosa vida… e efectivamente deso tamén tivemos. Pero non podemos negar, que sempre, sempre, pensaremos no 19/20 coma o curso escolar que parou en seco unha pandemia, a do Covid19… Un momento, porque parar, parar, non paramos… De feito, de eso nada! Continuamos a facer actividades, a aprender, a probar novas cousas, a probarnos a nós mesmos ante situacións novas e descoñecidas e, sobre todo, a saber que podemos con todo, que efectivamente somos pequenos de idade, pero grandes en recursos e fortaleza. Queremos por iso facervos un resumo de todo o curso, primeiro do que fixemos no centro, e logo do que fixemos dende a casa. É soamente unha pequena mostra, pero agardamos que vos guste.
DBNQJPOBUP!EF!CBENJOUPO!EB!DPNBSDBi! Íamos todos un pouco nerviosos e nerviosas, pero a realidade é que o pasamos moi ben. O día foi un pouco frío, pero volvemos ao cole moi contentos porque conseguimos o que andábamos a buscar, disfrutar, aprender e, por que non dicilo, gañar algún que outro partido...
7