O Mensaxeiro Ludicol 17

Page 8

8

Educación Infantil, 4 anos.

Entendemos asemblea por un corro, unha conversa, un momento de encontro ou reunión na aula arredor dun docente e cunha organización espazo-temporal claramente definida, para dialogar de diversos temas e resolver algún conflito. Esta asemblea convértese nun dos momentos privilexiados de desenvolvemnto da autonomía do neno e da nena. O comezo do traxecto escolar, no primeiro curso de tres anos teñen adquiridas poucas capacidades básicas e hainos que estimular para que pouco a pouco desenrolen capacidades sociais, lingüísticas, espaciais, temporais, afectivas, cognitivas... Nestas asembleas vanse traballar e van favorecer, o recoñecemento dos compañeiros e compañeiras, a pertenza a un grupo, a adquisición de hábitos e normas... e isto tan só no que se refire a socialización. A nivel lingüístico van progresar na expresión, no seu vocabulario e no respecto ao turno de palabra. Van desenvolver a súa atención, observación e subir a súa autoestima. Agora vos conto un pouquiño como son esas asembleas na nosa clase de 4 anos. A zona da asamblea sempre é iluminada e ampla xa que alí imos desenrolar actividades de grupo (bailar, saltar, estirar...) O tempo que nos vai levar é o que vexamos e no que a atención do grupo se pode manter. Isto lévanos a

establecer unha serie de actividades que facemos a cotío para que poidan adquirir seguridade na aula e autonomía na realización de todas elas. SAÚDO: Dámonos os bos días e conversamos sobre como nos foi na fin de semana, no dia anterior, no almorzo...Cada neno e nena que queira falar debe ter o seu momento e o resto escoitar con respecto. Seguidamente ELIXIMOS O ENCARGADO/A sobre unha lista cos seus nomes colocados por orde alfabética para favorecer o coñecemento das letras. Esta é a rutina máis importante na aula de educación infantil polo seu valor para favorecer a súa autoestima. Colle o seu nome do cartel do cole e colócao na estrela de encargado/a do panel e alí escríbeo e reflexiona sobre el ( letras que ten, se é longo ou curto, cantas sílabas ten...) cada rutina avanza nos distintos niveis da Ed. Infantil así en 5 anos xa escriben o apelido, por exemplo. O encargado/a leva un distintivo, ben un cuño, unha chapa, un colar...que o distingue no día. Deseguido, tentando recoñecer os nomes dos seus compis PASA LISTA DE ASISTENCIA e coloca na casiña quen non veu ao cole ese día. Nesta rutina podemos traballar moitos conceptos; contar, identificar números e cantidades, identificar letras, recoñecer letras, descompoñer números...

A Asemblea en Educación Infantil


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.