11 minute read

o 6º Ed. Primaria

Next Article
o 5º Ed. Primaria

o 5º Ed. Primaria

6º de Educación Primaria

HISTORIAS PARA O SAMAÍN

Advertisement

A LENDA DAS XEMELGAS

Preparoulles o almorzo e saíron á rúa con moita présa. Como cada día, levaba as súas fillas xemelgas ao colexio. Camiñaban cantaruxando unha cantiga e collidas da man, cando o teléfono soou no seu peto. Era do seu traballo e pedíanlle que fora cara á oficina, acontecera algo grave. A nai díxolles ás xemelgas que continuaran soas xa que coñecían ben o camiño. Só dera vinte pasos cando o ruído dun forte golpe e un freazo fixo que voltara a cabeza cara a onde deixara ás súas fillas. Os corpos das xemelgas xacían debaixo dun camión, aínda collidas das mans. A muller caeu nunha profunda tristura da que puido saír cun novo embarazo. Polo mandar do destino, as dúas xemelgas estaban collendo vida xa que o parto tamén ía ser de xemelgas. Cando chegou o tempo e deu a luz, a semellanza coas rapazas falecidas, asombrou ao vecindario. A medida que as nenas medraban, a nai volveuse máis e máis protectora xa que a idea de poder perdelas tamén, sempre estaba na súa cabeza. Un día, de camiño ao colexio, as xemelgas adiantáronse e corrían baixo a atenta ollada da súa nai. En canto puxeron un pé na estrada, parounas cun gande berro. Berroulles que nunca atravesaran sen a súa compaña. As xemelgas respostáronlle que non pensaban facelo, que xa as atropelaran unha vez. “Mamá, non voltará suceder”. Algúns condutores aseguran que, ao pasar por ese traxecto da estrada, unhas interferencias cóanse nos seus aparatos, tanto de navegación como de radio e pode escoitarse unha misteriosa melodía: unhas nenas cantaruxando unha canción.

Hai dez anos, no colexio a onde eu ía, corría o rumor de que ás tres da mañá, acontecían cousas moi raras.

Algúns nenos oíran que era certo, pero outros non. No segundo grupo estaba un compañeiro que se chamaba Alberto. Un día, Alberto quixo poñer a proba o rumor. Gracias a unha panca puido abrir o colexio e entrar. O primeiro que escoitou foi unha música que metía medo, pero Alberto seguiu o seu camiño e púxose a remexer.

Primeiro entrou na clase de Primeiro. Nada máis entrar viu algo espallado polo chan: - AAAAAAAAIIIIIIIIIIIII, eran tripas, cerebros e demais organismos que penduraban das mesas e das cadeiras. O berro que deu Alberto seguía retumbando polo Colexio.

Alberto, xa co medo metido no corpo pero aínda non conforme, seguiu o camiño que o levou á clase de Segundo onde un teléfono presidía a mesa do mestre. Ao collelo escoitou unha voz moi parecida á dun compañeiro da clase de Sexto. Aquela voz non paraba de repetirlle que sería a súa seguinte vítima. A Alberto comezaron a tremerlle as pernas a notou que os seus calzóns estaban algo húmidos.

Con moito medo marchou á seguinte clase e alí puido ver outra vítima, era Eneko pe pe pe pe pero tiña tres cabezas. Pero iso non era o peor, o peor era que as tres cabezas falaban á vez e falaban sen parar. A Alberto parecíalle que Eneko viña detrás del e do chimpo que pegou, arrolou todas as escaleiras e parou pero porque non había máis

Alberto xa non era dono do que facía e andaba polo Colexio como un espantapaxaros e entrou noutra clase. Parecíalle que vía mal, que vía persoas triplicadas pero non era así. Estaba diante de tres bruxas pero que tiñan enriba dos seus ombreiros, as cabezas de tres compañeiras da clase. As tres tiñan ben agarrado un caldeiro do que saía unha araña pero…aquela araña era outra compañeira súa. - Pero, pero, isto non me pode estar pasando a min, por que ?????

Alberto, que xa non controlaba os seus movementos, topou coa porta doutra clase. Na porta agardaba por el un ser que parecía saído dun caldeiro de auga fervendo, era Cubanito, pero os seus rizos corrían polo chan como se foran serpes e corrían cara Alberto. Podíase escoitar que lle querían coller o seu cerebro”. Alberto marchou á súa clase, pensando que alí podería ter algo de tranquilidade e cargar forzas para poder saír pero…

Entrando na súa clase, atopou ao mestre tumbado na mesa, era o seu mestre, pero moi raro. O seu mestre era calvo e vello e aquel que estaba estarricado na mesa era un raparigo e tiña unha melena que lle chegaba aos pés. Ao ver aquela persoa, igualiña que o seu mestre, que parecía morta, correu escaleiras abaixo, tentando buscar a saída pero as portas pechábanse e os corredores desaparecían. Alberto xa non podía máis e atopou cun buratiño dun rato por onde saíu.

Dise que os monstros querían asustarse entre eles pero o tema non ía pasar diso. Tamén se di que viviron na clase de Sexto moito tempo ata que se mudaron ao ver que chegaban novas pantasmas, os novos raparigos de Sexto.

Diego Barreiro Montero 6º Ed. Primaria

“Onde vivimos?”

VIVEIRO

O topónimo de Viveiro: - Vén do latín, referíase a Vivarium, que é un terreo onde hai árbores e prantas, ou onde se crían peixes, moluscos e outros animais. O nome latino Vivario foi pasando ao través dos anos a: Vivairo, Viveiro e Vivero. Outros historiadores, cren que procede do Celta, sendo “Bi” montaña, e “Ber” empinada, por estar Viveiro baixo unha montaña moi empinada (Monte de San Roque). Por iso, nos escritos antigos, pódese ver con outras variacións: Bibero, Bivero e Vibero.

A miña avoa Encarnita, naceu en FERROL. O topónimo de Ferrol, pode ter varias orixes: - A primera, di, que o nome vén dos Santos Ferreol e Xulián, que eran dous soldados da Galia, e xemelgos, e que foron asasinados por ser cristiáns. Así, chámase Ferrol por San Ferreol, e San Xulián é o patrón da cidade. - Outra interpretación, di que vén do Latín, xa que nestas terras estaba a “Vila Ferreoli”, que pertencía a un señor medieval chamado Ferreolus. - A tradición tamén di, que Ferrol vén de faro ou farol, xa que no escudo de Ferrol, aparece un faro. Pero este escudo aparece no século XVIII, polo que é a teoría menos probable.

A miña avoa materna naceu en VALDOVIÑO. De onde ven o topónimo de Valdoviño?

No ámbito da toponimia circulan varios bulos, un deles é que se cre que a orixe do nome Valdoviño vén de “Valle de Aviño”, lugar e regato da zona. É certo que Aviño é unha parroquia da zona pero o regato de tal nome parece difícil de localizar. Tamén é común a crenza que asimila Valdoviño a Valle del vino, pero parece que nunca se cultivou viño en cantidades destacables. Outra suposición é a que di que a zona ao ser un hábitat natural para moitas especies de aves, era o lugar ao que a xente con poucos recursos ían buscar ovos de paxaros ás zona de praia, de alí o nome val do oviño, “valle del huevito”.

O meu bisavó paterno naceu en OLEIROS. De onde ven o topónimo de Oleiros?

O nome deste municipio parece suxerir que no pasado se desenvolvía unha importante actividade alfareira, xa que a palabra galega que designa o oficio alfarero é oleiro Esta actividade alfareira non chegou aos nosos días, polo que os organismos municipais, en homenaxe á historia do concello, promeveron o Museo dos Oleiros e a festa Alfaroleiros, convertindo o municipio en punto de referencia para a cerámica popular. Sen embargo, non existe vestixio de actividade alfareira na comarca, polo que posiblemente o termo faga referencia aos soterramentos que na antigüidade se facían en “ollas cinerarias” ou “ollarios”(oleiros) que si existen no municipio. O topónimo actual oficializouse no ano 1857, cando pasou a chamarse Oleiros en vez de Olérios.

ARES

O topónimo Ares ten orixe prerromana. Nun texto coñecido dun xeógrafo latino, Pomponio Mela, menciónase no Golfo Ártabro galego un topónimo non identificado nun contexto que moitas edicións reproducen como Alia Ducamaris. O arqueólogo Luís Monteagudo, na década de 1940, suxeriu que podería tratarse dun erro de copia da tradición manuscrita e que esa cita contén a primeira mención do nome da ría de Ares baixo o nome de Anaris. Dese xeito, Alia Ducamaris sería un erro. Se Anaris é efectivamente o vello nome de Ares, estaría emparentado co nome do río da antiga Bética chamado Anas (hoxe Guadiana) ou topónimos galegos como Añobre (antes Aniobre), Ombre (antes Anobre), Arou (Anarou no ano 932) ou o río Dá (antes de Ana).

CABANAS

O topónimo contén o plural de substantivo cabana, do latín capanna, un termo de orixe prerromana, quizais céltica, que designa certo tipo de construción máis modesta ca unha casa. É relativamente frecuente na toponimia de Galicia, onde se contan máis de 150 localidades coñecidas por ese nome ou derivados, algunhas delas documentadas desde antes do año 1000. O singular Cabana está presente no nome do concello da provincia.

CEDEIRA

Os escritos do topónimo remontan ao século IX. Os máis antigos non se refiren á vila de Cedeira, senón ao territorio do mesmo nome, que incluía parte dos veciños concellos de Moeche, San Sadurniño e Valdoviño. A orixe do nome de Cedeira parece que vén de galeguizar o termo latín cetaria, derivado de cetus “gran peixe cetáceo” e designaría lugares costeiros caracterizados pola presenza de grandes especies mariñas ou relacionadas coa súa pesca.

FENE

O topónimo Fene só se rexistra como nome da parroquia no ano 1500. Fene é topónimo único, sen paralelos na toponimia de Galicia nin na doutras áreas peninsulares. A hipótese etimolóxica máis verosímil explícao como o resultado xenitivo Faenii dun nome persoal de orixe latina Faenius, de uso documentado en Hispania. O nome do concello tería entón orixe remota, tal vez no período romano, nunha explotación agrícola (unha villa) dun tal Faenio, villa Faenii.

O meu avó Manuel naceu en CANIDO. Hai dúas teorías sobre o significado deste topónimo. A máis probable é a que di que o nome Canido é a combinación de tres conceptos: os antigos casais de labranza, a fonte do río Insua e a zona de Anidos.

A miña bisavoa Filomena naceu en MONTEFARO. O seu topónimo vén porque hai moitos anos era un lugar, que por estar moi alto e moi adentrado no mar utilizábano para guiar aos barcos que pasaban pola zona e facíano prendendo fachos que iluminaban o lugar. Existen moitos sitios chamados con este mesmo nome. Pénsase que tiña tamén outra utilidade, que era para delimitar zonas de pesca.

A miña avoa é orixinaria dunha parroquia de Narón chamada SEDES, pero é máis coñecida polo nome do “TRECE”. Iso é porque desde hai moitos anos todos os días trece de cada mes celebrábase unha feira agrícola e gandeira con moita sona en toda a comarca. Por mor diso, o alcume da parroquia hoxe en día é o Trece

Os meus avós por parte da miña nai son do Concello de MALPICA DE BERGANTIÑOS. O nome de Malpica ten relación cos muíños que había por toda a costa. Hai anos traíase o gran para moer de distintas comarcas do arredor e tiña fama de que as moas dos muíños picábana mal, de aí o nome :“mal picado” que hoxe coñecemos como Malpica.

LIMODRE

Está formado por dúas palabras: “Lim”: que procede do céltico “lïmos/lemos” (olmo) e odre que é a variación da terminación “-ebro” que procede do céltico “altura fortificada como cidadela de refuxio”.

BOIMORTO

Boi significaría “pedra” e morto podería vir de “mor” que significa pedra tamén. Outra teoría, menos crible, é que “boi” sexa unha pedra con forma de boi (animal).

PARDERRUBIAS

O seu nome débese á cor das pedras que rodean a aldea. “Pedras Rubias”, tinguidas, sobre todo as do Sur, polo efecto erosivo do sol e da auga, ademais dalgún compoñente ferroso que as forman.

MEIRÁS

Terreo elevado comparado coa superficie que o rodea.

O VAL

Terreo localizado entre elevacións, collendo forma de cunca.

MORRIÑA DOS NOSOS COMPAÑEIROS:

SAN FERNANDO AMBATO (Ecuador)

O nome do pobo débese ao patrono da parroquia: San Fernando. Santo español que chegou á zona, converténdose en protector dos labregos e gandeiros. A súa festa celébrase do 22 ao 30 de maio.

MOA (Cuba)

Moitos estudosos da historia local, vinculan o nome do municipio coa presenza da cultura aborixen, fundamentalmente coa Auraca, coñecida tamén como Taímos. Na lingua que falan estes antigos primitivos habitantes, o son M tradúcese como “auga” e o A como sufixo de localización do que se debuxa.

BARACOA (Cuba)

Primeira poboación fundada polos españois en Cuba. É a cidade máis antiga en Cuba co nome de Villa de Nuestra Señora da Asunción de Baracoa. Nome de orixe arahueco que significa “tierras altas”

This article is from: