1 minute read

o As nosas tradicións veñen polo cole

AS NOSAS TRADICIÓNS VEÑEN POLO COLE

Aínda que os tempos non son doados, non por iso debemos esquecer as nosas tradicións e moito menos a carga de ilusión que nos transmiten, aos pequechos do Cole e aos non tan pequechos, xa que se a ilusión por vivir e por seguir acadando os nosos obxectivos vitais nos falta, seremos seres inanimados. Coa intención de manter esa ilusión e a luz das nosas tradicións, acercáronse polo noso Cole os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador, creando un ambiente de festa e de lembranzas. A Comunidade Educativa do Colexio Ludy quere agradecer ás persoas encargadas de argallar estes eventos e á Fundaçom Artabria, o seu compromiso e dedicación na tarefa educativa da nosa rapazada.

Advertisement

Grazas e de hoxe nun ano con saúde.

This article is from: