1 minute read

o 1º Ed. Primaria

Next Article
o 3º Ed. Primaria

o 3º Ed. Primaria

A MOTRICIDADE FINA

Na clase de 1º de Primaria ao longo deste primeiro trimestre traballamos de maneira continua a motricidade fina das mans con diferentes actividades.

Advertisement

Unha boa motricidade fina axudaranos nas tarefas cotiás como poden ser, vestirse, atar os amallós, comer....e en actividades da clase como , colorear, escribir, recortar....

O que intentamos durante estes meses foi durante os xogos e actividades de educación plástica, mellorar e traballar a motricidade fina dos nenos e das nenas para que conquiran ser máis autónomos nas súas tarefas da casa e do cole. As actividades que fixemos foron:

Xogos con pezas: facer crebacabezas, construcións con pezas xeométricas.... Plastilina: apretar, estirar, formar serpes, cortar con tesoiras.... Traballar con cordóns: atar amallós dos zapatos, recorrer camiños dos números con cordóns de cores.... Rachar papeis: de distintos grosores, papel de seda, pinocho, xornais.... Colorear: utilizando os dedos, as mans, ceras grosas, pinceis..... Recortar con tesoiras: cartulinas, papeis, cartóns....

Estas actividades están a dar os seus froitos que se visualizan sobre todo na maneira de coller e de traballar co lapis, as tesoiras, de subir as cremalleiras, de abotoarse...

Bo traballo Primeiro!!!!

This article is from: