Skip to main content

O Mensaxeiro Ludicol 14

Page 1

O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 12, Marzo de 2018

1


2

EEEEii, EEiiiiiiiiiiiiiii!! Non marchedes, agardade!! Chego algo tarde pero aquí estou cheo de enerxía para levarvos as noticias e actividades que tiveron lugar no noso Colexio neste tempo no que non estamos en contacto. Este curso, é especial para todos nós, os que hoxe estamos no Colexio e os que o foron facendo ao longo do tempo. Hai xa 50 anos, que se din moi pronto, no curso 1968-69 cando a nosa fundadora comezou un soño que dura ata hoxe e ogallá en moitos anos nos podamos ver por aquí, convivindo na nosa Familia, no noso Colexio, todos xuntos empurrando o carro polo camiño da nosa vida. Coa vosa axuda, seguiremos escribindo a nosa historia.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 12, Marzo de 2018

ÍNDICE ÍNDICE v LIMIAR .......................................................................................................... 2 v ESCOLA INFANTIL ...................................................................................... 4 v EDUCACIÓN INFANTIL. ALDEA NOVA. ...................................................... 6 v EDUCACIÓN INFANTI. SAÍDA AO MERCADO. ............................................ 8 v 1º E 2º DE PRIMARIA ................................................................................. 10 v 3º E 4º DE PRIMARIA ................................................................................. 12 v 5º E 6º DE PRIMARIA ................................................................................. 14 v E EU DE QUEN VEÑO SENDO? ............................................................ 14 v POESÍA NA LEMBRANZA ...................................................................... 15 v PAROLADAS NA LAREIRA .................................................................... 16 v V CERTAME CARMELA LOUREIRO ..................................................... 18 v EXCURSIÓN A BAZÁN ........................................................................... 20 v O ENTROIDO NO LUDY ............................................................................. 21 v ROSALÍA ..................................................................................................... 22 v CHARLA SOBRE A REPRODUCIÓN ......................................................... 23 v 50 ANOS ..................................................................................................... 24

3


4

Escola Infantil Ludy

O segundo trimestre foi moi divertido e intenso!! O noso centro de interese basouse no conto “O monstro de cores”. Con el traballamos principalmente as cores e as enociòns. Asemade traballamaos o noso proxecto de entroido. Comezamos a primavera con moita enerxía,decorando a porta e a aula de àrbores,frores e paxariños namorados. Xa estamos preparados para un terceiro trimestre cheo de sorpresas!!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 12, Marzo de 2018

5


6

Educación Infantil. EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA DE ALDEA NOVA.

claro!! Os nenos e nenas de tres anos foron visitar aos animais da granxa e

O venres 26 de abril,

Educación Infantil volveu amencer con emoción...iamos de excursión!!

viron de preto como viven, e o alumnado de 4 e 5 anos fixeron unha viaxe no planetario polo universo, foron en nave espacial

A granxa escola Aldea Nova

e disfrutaron moitísimo polas

agardaba por nós.

estrelas.

Alí os nenos e nenas fixeron

experimentos de ciencias, onde entre vinagre, cores e burbullas viron erupcionar volcáns e despegar cohetes!! Descubriron o mundo das abellas e víronas ben pretiño, con traxes


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 12, Marzo de 2018

7


8

Educación Infantil.

SAÍDA AO MERCADO

Os nenos e as nenas de Educación Infantil, no segundo trimestre, fixemos unha visita ao

supermercado do barrio. Esta saída ten relación co proxecto que estabamos a traballar na aula: “Os alimentos e a súa orixe”. Moitos dos nenos e nenas pensaban que os alimentos aparecían no súper por arte de maxia. Despois de facer as nosas investigacións, coñecimos a orixe dos alimentos e comprendimos que o súper era un dos lugares onde se podían mercar.

Os nenos e as nenas de 4º de Infantil estaban a traballar a Granxa. No supermecado puideron ver

moitos dos alimentos que obtemos da natureza e dos animais. Xa no supermercado fixemos un xogo coa pirámide de alimentos, tamén traballada na aula, para que xa, desde pequenos, entendan a importancia de seguir unha dieta equilibrada. Mostráronnos tódalas seccións do súper e ao final ata nos deron un agasallo. ¡FOI XENIAL!


O mensaxeiro Ludicol

Nยบ 12, Marzo de 2018

9


10

1º e 2º de Educación Primaria

ANA ALONSO Xa é tradición do noso Cole que escritoras e escritores pasen a falar co noso alumnado. No segundo trimestre Ana Alonso acercouse a falar con 1º e 2º de Primaria. Estes cursos acababan de ler dous libros da escritora: “La canción de Lúa” e “El mapa del bosque”. Ana enredounos a todos coas súas historias, falounos das novas coleccións de libros e respondeu ás curiosidades do alumnado. A veces, para unha nena ou neno saber en que lugares estivo, ou cal é a súa cor preferida soe ser moito máis importante que calquera outra cousa. Para rematar, como non, sinaturas a feixes por todos os nosos libros. Grazas Ana.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 12, Marzo de 2018

EXCURSIÓN Á CORUÑA No segundo trimestre o alumnado de 1º e 2º de Primaria viaxamos A Coruña para participar nun concerto didáctico no Palacio da Ópera “Os superheroes sobrevoan o Palacio”. Estivo moi divertido, cantamos, bailamos a ritmo de cancións sobre debuxos animados e series de televisión, desde as máis antigas ata as máis modernas. Aproveitamos a saída para visitar o Castelo de Santa Cruz no concello de Oleiros, alí disfrutamos do seu entorno, paseando polos seus xardíns e a súa muralla. Linda viaxe!!!!!

11


12

3º e 4º de Educación Primaria DIA DA PAZ O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz que este ano adicámolo á

figura de Wangari Muta.

Cada curso realizou traballos conmemorativos e murais durante toda a semana, que despois colgamos no patio do colexio.

O mércores 30 os alumnos de 3º e 4º fixeron un breve resumo da vida de

Wangari no salón de actos. A continuación proxectamos os vídeos presentados no Festival de Clipmetraxes de Manos Unidas, que este ano está adicado á igualdade de xénero.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 12, Marzo de 2018

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria fomos este trimestre a Santiago de

Compostela. Ao chegar a Santiago fomos ao Auditorio de Galicia. Alí asistimos ao concerto didáctico “Mini Mozart”,interpretado pola Real Filharmonía de Galicia.

Despois,como non, visita obrigada á catedral de Santiago e paseo polo casco

histórico da cidade.

Para xantar e tomar folgos dirxímonos á carballeira de Santa Susana. Como o

día era solleiro e facía moitísima calor, acomodámonos á sombra dos carballos. Antes de coller o autobús para regresar a Ferrol, xogamos no adro da igrexa de Santa Susana.

Pasámolo moi ben!!!!

13


14

5º e 6º de Educación Primaria

E EU, DE QUEN VEÑO SENDO? Un ano máis, levouse a cabo a actividade de lembranza e recoñecemento familiar. Coa axuda das familias, os rapaces fixeron unha recollida de testemuñas fotográficas dos seus antergos. Téntase que os rapaces lles poñan cara e nome ás súas raíces. Un ano máis obxectivo conseguido cunha gran participación do alumnado e das súas familias, así como o éxito de visitas que se acadou na exposición que tivo lugar no colexio.


O mensaxeiro Ludicol

POESÍA NA LEMBRANZA Traballo feito polos rapaces de 6º de Educación Primaria en colaboración coas súas familias. Os obxectivos desta actividade son, entre outros, espertar o interese polo coñecemento e pola investigación das propias raíces, valorar os textos literarios para desenvolver o sentido estético e a

Nº 12, Marzo de 2018

15

creatividade, diferenciar tipos de fotografías (familiares, festas, paisaxes…), aproximación á obra de diversos poetas, relacionar os poemas coas fotos familiares. A actividade acadou uns resultados moi interesantes para os rapaces, resaltando a inquedanza por querer saber algo máis dos seus antergos poñéndolles cara, xa que ata este momento só eran nomes.


16

Paroladas na lareira

Unha actividade levada a cabo polos rapaces de 5º e 6º de Ed. Primaria. Algúns deles escoitaran falar da lareira dos seus avós ou dos seus bisavós pero non escoitaran falar da vida social que acontecía do seu redor. Disto trataba esta actividade. Recoller da tradición oral ao través dos seus protagonistas, as historias, lendas, contos dos que se falaban ao calor da lumbre da lareira. Deseguido un exemplo da recollida feita. Da totalidade delas, cada rapaz que participou na actividade, terá un exemplar nas súas mans ao remate do curso. Foi unha actividade moi enriquecedora. A lareira collera vida por un tempo.


O mensaxeiro Ludicol

A fábula da lebre e a tartaruga

Nº 12, Marzo de 2018

17

vemos que facer o treito de 15 quilómetros ata a estación do tren de Ferrol a pé, ou Unha lebre moi presumida ríase dun- sexa unha camiñada de moitos quilómetros para unha persoa maior é moito pior para ha tartaruga, polo lenta que era. Pero un un neno de seis anos. Foi unha noite moi día a tartaruga retouna, a botar una longa dura para min, porque entre durmir pouco carreira. A lebre aceptou moi segura de e camiñar moito, non paraba de preguntar, si mesma e seguiu ríndose da tartaruga . e falta moito?, e cando chegamos? DicíanO dia da carreira a lebre saíu moi rápido, me: aquelas luces que se ven alá ao fondo deixando moi detrás a tartaruga, confiada é Ferrol menos mal que cargaron comigo parouse a descansar debaixo dunha mapor quendas ata chegar á estación. ceira, pero quedou durmida. A tartaruga Unha vez subidos ao tren, fóronseme toco seu ritmo paseniño pero constante, dos os males e dores. alcanzouna, mesmo a adiantou e chegou antes a meta. A lebre, cando se decatou, a O tren era impresionante para min, aquel tartaruga xa gañara a carreira. Isto demos- vapor, aquel trac, trac e aquel pitido chuuuu, era para se volver tolo de contentra que a constancia é a mellor maneira to, con aquelas vistas de pontes e rías, de acadar as metas que nos poñamos na a pesar daqueles asentos de barrotiños duvida. ros coma o chan, por sorte tocoume unha ventaniña e fronte de min, sentou un señor moi amable que ao saber que era a miña primeira viaxe, foime informando toda a viaxe; a ría de Ferrol, a ría e ponte de Pontedeume, praia de Miño, etc. Ensinoume plantas de Lúpulo para a feitura de cerveCONTO DO MEU AVÓ xa, que se atopaban polos arredores da vía Alá polo ano mil novecentos cincuen- do tren nas terras de Betanzos e que me ta e catro, sentados todos os membros da chamaron a atención polo seu colorido. Chegados a Betanzos fomos ao Santuario miña familia na lareira, o arredor dun bo lume para quentarse, cheirando o suculen- dos Remedios, e alí vin coma moitos romeiras subían de xeonllos unha costa moi to arredor dos chourizos e longanizas que empinada con moito sufrimento. tamén aproveitaban a calor e fumes para curarse, e ser logo a miña merenda preferi- Unha vez chegados ao Santuario e ter oído a misa correspondente, fomos xantar a da. Quero contar que naqueles tempos, eu era unha casa de comidas para celebrar a fin un neno de seis anos e nacido en Valdovi- da romaría. Foi tanto o que me gustou a viaxe, que ño. Nun momento das paroladas que alí se da- unha ducia de anos despois, decidin que na miña vida habería moitas máis viaxes, e ban, a miña avoa, moi dada as Romarías, así foi, fíxenme mariño. propón ir a dos Remedios en Betanzos, e despois de superar pros e contras, decíde- Desde aquelas reunións de familia nas lareiras para quentarse, tomábanse decise ir. Eu sinto unha grandísima emoción, sións moi importantes que marcaban as por ser a miña primeira viaxe. Tendo en vidas de maiores e pequenos. conta que o tren de Ferrol partía as 9,00 da mañán cara a Betanzos e carecer de medios de de transporte para esa hora, ti-


18 Historia que lle contaba a miña bisavoa á miña avoa Cando a miña avoa acadou certa idade comezou a ir lindar as vacas coas súas irmás maiores. Foi a primeira vez que o fixo cando a súa nai lle contou a seguinte historia. Cando era moza un día calquera que fora a lindar as vacas, como tiña por costume, botóuselle a noite enriba. Nun principio non pasou nada, pero,aínda así, decidiu apurarse e volver á casa, xa que non se sentía segura. Foi no camiño a casa cando se atopou ao lonxe cun grupo de sombras escuras, con forma de per-

soas, camiñando cara ela moi lentamente. Ela deu volta o máis rápido que puido, espantada e sen mirar atrás. Ao chegar á casa contoullo á súa nai, pero esta aseguroulle que probablemente o imaxinara todo polo medo á escuridade. Así a miña bisavoa pasou esta historia ás xeracións vindeiras,e estas ás seguintes, e , aínda que ninguén estaba seguro de se a bisavoa Ramona vira ou non á Santa Compaña, todos procuraban estar de volta na casa antes de que caera a noite .

V Certame Carmela Loureiro Estamos no inverno co nariz colorado tremendo co frío, escoitando o asubío do vento. Refrego as miñas mans que se están xeando. En tódalas casas hai lareiras acendidas, as xeadas bican os cristais, a casa arrefría. Rocío Vázquez


O mensaxeiro Ludicol

Nº 12, Marzo de 2018

19

AS ESTACIÓNS É primavera, agroman as árbores, a xente pasea pola ribeira. É verán, brilla o sol co seu doce calor, tempo de troula, tempo de festa. É outono, caen as follas bicando o chan. É inverno, vai frío, vai vento, chegou a neve pero tamén chegou o Nadal cargado de felicidade. Sara Gil A CASA DAS SOSPEITAS - Largou a fume de carazo daquel lugar...! Contaba a miña avoa dos veciños daquela aldea, da que sempre se ten dito que había unha casa na que entraba a xente e xa non se sabía nada deles. Un día, cinco nenos decidiron entrar sen que os seus pais o souberan. Viron que estaba moi escuro e todo remexido. Cando atravesaron a porta da cociña escoitaron o renxido duns pasos no piso de madeira e unha voz: - Non sairedes. Botaron a correr e o primeiro da panda deu cunha cancela pequena que daba paso a unhas escaleiras. Baixaron, pensando que poderían fuxir da casa pero porta que atopaban, porta que se lles pechaba nos fuciños. Pasado moito tempo, un can palleiro da aldea púxose a ladrar diante dunha ventá. Así foi como deron cos nenos. A lenda da casa ficou no tempo... Miriam Moldes


20

EXCURSIÓN A BAZÁN Unha parte da cidade, descoñecida para os nosos alumnos, foi o obxectivo desta saída que fixemos o 26 de febreiro. Moitos dos avós e dos pais dos nosos rapaces, traballan ou traballaban alí.

Foi unha experiencia moi enriquecedora podendo botar unha ollada a o que foi o pasado do estaleiro, no museo que alí puidemos contemplar.

A segunda parte da visita levounos a facer unha viaxe polo interior das instalacións, recibindo unha detallada explicación: talleres, gradas, diques, etc.

Estar ao pé das construcións máis vangardistas do mundo na construción naval militar e o contacto directo cos traballadores, supuxo unha experiencia que quizais quedará na memoria dos nosos rapaces.


O mensaxeiro Ludicol

Nº 12, Marzo de 2018

O ENTROIDO NO COLE LUDY Como cada curso no cole, tivemos a visita durante varios días do noso amigo o Meco. Este ano, cos seus mandatos diarios: uns calzóns de cores por aquí, uns antefaces por acolá e rematando cunhas coloridas capas, saímos voando coma superheroes e superheroínas camiño da praza do Inferniño, onde queimamos o Meco como manda a tradición e máis tarde todo o colexio festexouno con bailes, comida e xogos.

Ata o próximo ano amigo Meco!

21


22

ROSALÍA Este ano os pequenos e pequenas de Educación Infantil celebraron o Día de Rosalía facendo un mural sobre ela que levaron á biblioteca,onde se colocou. Recitáronse poemas de Rosalía e ollaron libros sobre a súa vida e obra.


O mensaxeiro Ludicol

Charla sobre reprodución

A matrona Paula Pita, como todos os anos, dá unha charla aos alumnos de sexto de Educación Primaria, sobre o proceso de reprodución humana, así como a formación do feto dentro do útero e responde ás numerosas preguntas dos alumnos sobre o traballo do parto. Moitas grazas Paula!!!!!!!

Nº 12, Marzo de 2018

23


24

Comezabamos aló polo setembro do 2018 un curso académico que estaba destinado a deixar unha fonda pegada nas nosas vidas. O curso 2018-19 sería o curso da lembranza do percorrido en 50 anos de vida do Colexio Ludy que nacera como un soño da nosa fundadora Dña. Ludivina Lamas. Desde o curso 1968-69 foron moitos alumnos, moitas familias que confiaron a educación dos seus fillos e moitos mestres que deixaron a súa pegada. Hoxe, no curso académico 2018-19 seguimos percorrendo o camiño coa vista posta na renovación e procurando axeitarse ás novas condicións que nos esixen os nosos rapaces nun mundo no que a globalización reina por onde queiramos mirar. A ilusión que reina no noso Cole, é a mesma que a dos comezos; dando todo polo ben dos nosos nenos.

O curso actual comezaba cunha “compañeira” especial: Peteiriña que nos ía acompañar todo o ano e que será lembrada como a mascota da celebración deste 50 aniversario. Unha vez que nola presentaron comezouse a mover a roda das celebracións nas que Peteiriña estaría sempre presente.


O mensaxeiro Ludicol

No pasado mes de xaneiro levamos a cabo a apertura dunha exposición fotográfica baixo o lema “50 anos de ilusión” que tenta debuxar un camiño de recordos que nos levaron ao presente, ao que hoxe somos. Nela pódese desfrutar de vivencias, festas. deportes, celebracións .. Todo baixo a tutela da nosa Fundadora. O acto de apertura da exposición fotográfica tivo unha magnífica acollida nas familias que acudiron ao noso salón de actos. Familias de todos os tempos nas que a emoción facía acto de presencia cada vez que se miraba unha fotografía, unha noticia. Poderédela ver ata que remate o curso, no mes de xuño.

Nº 12, Marzo de 2018

25

Unha celebración desta índole merecía ter un acto estrela nun lugar estrela, sacando a vida colexial á nosa cidade para que o público en xeral puidera ver e desfrutar co noso traballo. O escaparate elixido foi o fermoso e espectacular teatro Jofre. Polo seu escenario desfilaron actuacións, discursos, valoracións...da vida do Cole e do que tentaba ser un punto e seguido coa vista posta no futuro xa que hoxe en día o Colexio Ludy é unha aposta de futuro en concordancia co que significaba na sociedade ferrolá no pasado. Alí estiveron persoas vinculadas estreitamente á vida académica, representando a todos os sectores da vida académica. Neste acto estrela tamén fomos espectadores privilexiados que disfrutamos coa posta en escena do himno do colexio no seu 50 aniversario. Brindemos por moitos anos de vida da Familia que nos acubilla. Comeza o camiño cara aos vindeiros 50 anos.


26


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
O Mensaxeiro Ludicol 14 by Revistas Colexio Ludy - Issuu