
1 minute read
o Ed. Infantil. 3 anos
Proxecto dos caracois
Para sentirnos máis acompañados, este primeiro trimestre viñeron visitarnos uns animais ben feitiños, OS CARACOIS!
Advertisement
Para que se sentiran cómodos con nós fixémoslles unha casiña, puxémoslles auga e varios tipos de comida para ver que lles gustaba: galletas, herba, cenorias... Quedamos abraiados cos buratos que fan nas cenorias!
Aproveitando a súa estancia, investigamos sobre eles para coñecelos mellor.
Entre outras cousas, observámolos con lupa e descubrimos que non teñen dous cornos, senón 4, dous grandes e dous pequenos. Tocamos o seu corpo, que é brando e a súa cuncha dura, aínda que tivemos que ter coidado xa que a dos caracois máis pequenos era máis fráxil. Outra cousa que nos sorprendeu moito foi a súa baba, que pegañenta!
Grazas pola vosa visita amigos, imos extrañarvos! Que ben o pasamos!!


