2 minute read

o 4º Ed. Primaria

Next Article
o Escola Infantil

o Escola Infantil

4º de Educación Primaria

Durante este trimestre está con nós unha alumna de prácticas do Grao en E.Primaria da USC, tanto en 4º como en 1º de Primaria, e non é outra que Laura Couto que empezou na Escola Infantil cando aínda non tiña un ano e estivo como alumna no colexio ata 6º de Primaria. Dada a súa relación co noso cole, os alumnos de 4º, fixéronlle unha entrevista para saber cales son as súas sensacións ao volver dun xeito tan distinto.

Advertisement

- Cantos anos tes? - 20.

- Tes irmás? - Sí. Un de 25 anos.

- Por que escolliches este colexio para as túas prácticas? - Sempre quixen voltar e reencontrarme cos mestres. Tamén recordar moitos momentos vividos aquí porque téñolle moito cariño a este centro.

- Por que che gusta este colexio? - Porque todos os mestres son moi cercanos e sempre fan que te sintas como na casa.

- Cal era a túa materia preferida? - E. Física porque sempre me gustou moito o deporte.

- Como eran os nenos de antes? Máis tranquilos? - Sí. E xogaban moito máis porque non tiñamos tantos videoxogos e internet.

- Gústache debuxar? - Gústame, pero nunca se me deu moi ben.

- Que queres ser, mestra ou directora? - Gústame máis ser mestra dos nenos nos primeiros cursos de Primaria.

- Gústache Peti, a mascota do cole? - Sí, paréceme unha iniciativa moi boa para identificala co colexio, ademais de que é moi bonita. Cando eu estudaba aquí aínda non estaba.

- Cales foron os teus mestres aquí? -Na Escola Infantil: Amali, Inés e Alba. - En Infantil, Teté e Manoli e en Primaria: Carmen, Celia, María José, Teresa e Miguel.

- Cal foi o teu mestre favorito? - Non tiven un mestre favorito, pero Manoli, Inés e Manuel sempre me coidaron moito. Non podería escoller un porque sempre estiven moi cómoda con eles e cos meus compañeiros tamén.

- Falabas moito en clase? - Non era das que máis falaba, pero tampouco estaba calada.

- Pareceuche fácil estudar neste cole? - Nunca tiven problemas porque os mestres axudaban moito.

- Que é o que máis che gustou da nosa aula? - A decoración cos vosos debuxos e o ambiente que hai. Gústanme tamén os traballos do 25 N porque paréceme importante reivindicalo todo o ano e non soamente un día.

- Cal foi a túa excursión favorita cando estabas aquí? - Cando estaba en 6º e fumos a Madrid durante tres días. Paseino moi ben e estaba nevando, foi xenial. Teño moitos recordos desa viaxe.

Laura, esperamos verte o curso que vén outra vez aquí. Moitas grazas polo teu esforzo, por entendernos, axudarnos e sobre todo, escoitarnos. Tiveches moita paciencia con todos nós e pasámolo moi ben contigo. Botarémoste moito de menos! Volve sempre que queiras ao teu cole, o Ludy.

This article is from: