
1 minute read
o Ed. Infantil. 5 anos
OS CASTELOS
OS CASTELOS
Advertisement
Os nenos e as nenas de catro e cinco anos traballamos ao longo deste trimestre o proxecto dos castelos.
É un tema que entusiasmou a ámbalas dúas clases pois tiñan unhas gañas moi grandes de coñecer como se vivía na Idade Media e como eran os castelos por dentro, como era a vida dos campesiños, do rei e da raíña…entre outras figuras que fomos coñecendo ao traballar este proxecto.
Unha das primeiras cousas que se fixeron foi un debuxo da idea que tiñan dun castelo.Tamén decoramos as nosas aulas como se fosen auténticos castelos convertindo as nosas portas en pontes levadizas e as nosas ventás en vidreiras. Fixemos o noso disfraz de cabaleiro e xogamos a ser campesiños, bufóns, trobadores, rei, raíña, ferreiro, entre outros... no noso rincón dos disfraces, interpretando como era a súa vida.
Despois de falar e de investigar moito decidimos ir de visita ao Torreón dos Andrade, en Pontedeume, para que puideran ver en primeira persoa o que estaban aprendendo. Este torreón era unha torre de garda onde os cabaleiros vixiaban para protexer o Castelo. Todo isto fixo moi atractiva esta visita.. Comprobamos que todo o que debuxaramos e viramos nas foto, era verdade.
Cando chegamos a Pontedeume a nosa guía explicounos como era antigamente a torre por dentro. Deste xeito a medida que visitabamos a torre sabiamos no lugar que estariamos se fose a Idade Media. Encantounos estar nas mazmorras! Puidemos preguntar todo o que quixemos e estar nas distintas partes da mesma.
Por último, tiñamos preparado o xogo “na procura do tesouro. Que ledicia tan grande ao atopalo e poder levar un pouquiño del. Pasámolo en grande!!



