5 minute read

o 5º Ed. Primaria

Next Article
o 2º Ed. Primaria

o 2º Ed. Primaria

5º de Educación Primaria

VISITA AO MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA DA CORUÑA

Advertisement

Levabamos moito tempo agardando este día, e ó fin chegou. Hoxe o alumnado de 5º de Primaria visitou o MUNCYT, na cidade da Coruña. A visita ó museo estivo repartida en dúas partes. Na primeira, viaxamos ao través das diferentes dependencias do museo. Durante a travesía fomos descubrindo curiosidades sobre os diferentes avances tecnolóxicos e sobre a repercusión dos mesmos, a nivel medioambiental, tecnolóxico e humano. Alí puidemos desfrutar das máquinas que proxectaron as primeiras películas da historia do cine, dun traxe feito para soportar baixas temperaturas e alta presión, do cal tomou un patrón a NASA para os traxes espaciais,dunha especie de libro electrónico arcaico (tendo en conta a época, hai que recoñecer o mérito e a creatividade da inventora), dun exemplar do primeiro modelo de coche fabricado en serie, da lámpada dun dos faros mais prestixiosos da nosa costa, diversos motores, motocicletas e demais curiosidades… Do que máis disfrutamos foi converternos, por un intre, na tripulación de cabina dun Boing 747 e admirar todo o que alí dentro había. Trala visita ó museo, decidimos cambiar de aires e converternos en científicos. Así puidemos investigar sobre as diferenzas entre as “mesturas” e as “reaccións químicas” ao través de varios experimentos manipulativos. Foi moi divertido! Os contidos tratados na visita ao museo, permitiron afondar no traballado da aula, nas asignaturas de ciencias, particularmente no relacionado co coidado do medio ambiente, a contaminación e a reciclaxe. Un curioso dato que aprendemos durante a visita, foi a procedencia do material do que están construídas as estruturas dos asentos dos avións. Isto avivou a curiosidade, e a posibilidade de investigar sobre o tema. Ocorréusenos a posibilidade de calcular, de maneira aproximada, o número de latas necesarias para reciclar a cantidade de material necesario para algunha das estruturas e, se a situación e as circunstancias o permiten, tentar de recollelas, entre todos, dos espazos naturais, poñendo así, o noso gran de area para ter un planeta máis limpo.

MÉTODOS PARA COMBATIR AS MEIGAS PORQUE HABERLAS HAILAS

Antigamente nas aldeas galegas, cando se cría que na zona había meigas usaban distintas formas para protexerse delas, por exemplo: Allos detrás das portas, o seu cheiro facía que non puidiesen entrar nas casas. Figas cos dedos (o puño pechado ponse o dedo polgar entre os dedos índice e corazón ) cando vían unha meiga. Botar sal diante da porta, para que non puidesen entrar na casa. Facer un círculo ao teu arredor, cando encontrabas unha bruxa. Así non te podían atacar.

Colocar unha vasoria volta do revés na porta, tamén se utilizaba para que non entren na casa. Facían queimada e recitaban un conxuro. Cun allo macho metido no peto para espantalas meigas, bruxas e males de ollo. Botando un puñado de sal no ombreirocontralateral para espantar bruxas e meigas.

Na fogueira de San Xoán ao saltar o lume dicíase “salto luminaria de San Xoán para que no me trabe nin cadela nin can”.

Na véspera do San Xoán, poñían sete flores (xesta, romeu, oliva, rosas, lavanda. Cardo ou fento). Ao día seguinte lavaban a cara coa auga onde estiveran as flores para alonxar ás meigas. A mañá seguinte da luminaria de San Xoán no momento de sair pola porta diciase “deus diante e ¡meigas fóra!”. O meu avó cóntame que o 31 de outubro tamén se lle chama “Días das cruces” xa que facían unha cruz con ramas de xestas ou de loureiros para escorrentar ás meigas. Poñer unha ferradura enriba da porta da entrada para que rexeitaran ás meigas. Cando o meu pai era pequeno, aos nenos poñíanlles un escapulario, que son imaxes de santos, para protexelos das bruxas e as meigas. Nas casas acostumaban a poñer figuriñas e pan do Santo André. Facer unha cruz de allos (o allo ten que ser macho). O 23 de Xuño prepárase un ramo cun allo macho, flores de San Xoán, un cardo, unha ortiga, a raíña luísa, un felgo, unha lingua de boi e bágoas de San Xoán. Nesa noite, a noite de San Xoán, sáltase a fogueira co ramo dicindo: á rapa de San Xoán que non me trabe cadela nin can á rapa de San Pedro que non me trabe cadela nin perro. Ese ramo cólgase trala porta principal da casa para espantar as meigas. Allo: porque desprendían un cheiro que as espantaba. Tesoiras: Según a tradición , as tesoiras escorrentaban s bruxas porque simbolizaban un par de espadas. Críase na antigüidade que loitaban contra calquer tipo de mal. Bruxas que se converten en gatos: Crése que as bruxas aparecen en figuras de gatos, para espantalas, hai que azoutar a súa sombra.

Xesta: en Maio cando florece a xesta, poñer unha póliña pendurada detrás da porta para espantalas. Queimar romeu dicindo en alto “Romero santo, santo romero, que salga lo malo y entre lo bueno”. - Levar sempre unha castaña pilonga no coche ou nos nosos petos. - Ter unha rama de loureiro bendito do “Domingo de Ramos”. - Ter un dente de allo preto da cama. Ccolocar nas casas ou colgarse no pescozo. Coloca unha vasoira boca abaixo detrás da porta. Ter na casa bendita terra de cemiterios ou pólas de loureiro bendicida o Domingo de Ramos.

O BUNGALOW

Hai un montón de anos, no Colexio Ludy, organizouse unha excursión de fin de curso para os alumnos; nenos e nenas estaban encantados e case todos os alumnos quixeron ir… Os pais e as nais leváronos ao campamento, onde os recibiron os mestres que se quedarían con eles e repartíronos en grupos para facer as actividades. Correron, xogaron e fixeron moito deporte… Despois da cea, todos xuntos repartiron os bungalows onde ían durmir os tres días que duraba o campamento, porque estaban moi cansos. Un neno espertou na metade da noite e atopou dentro da habitación, unha estatua dun paiaso. Co susto comezou a berrar mentres saía correndo na procura dalgún mestre. Cando chegou o mestre, acompañou ao rapaz pensando que era unha broma do rapaz pero…cando chegaron ao bungalow, os demais rapaces desapareceran. Nunca máis volveron saber deles.

Ángel Menéndez Folgar 5º Ed. Primaria

This article is from: