O Mensaxeiro Ludicol 18

Page 1

Era un día no que o sol apertaba ben. A súa luz enchía os nosos corpos de enerxía.

A rapazada saía cara ao patio, era o tempo de lecer. Viñan cos bandullos cheos despois de merendar e con moita enerxía.

Uns minutos despois de estar no patio, recibiron a visita do seu amigo Ludicol. Había tempo que non sabían del.

Eiiii Ludicol, tanto tempo!- dixo un rapaz con face de pillabán Como andades? Eu sempre souben de vós e miraba que estabades a facer -dixo Ludicol.

Pero, quen é a rapaza que vén contigo? Preguntou a rapaza máis loira do patio.

É a miña nova compañeira, chámase Peteiriña. Vai estar moito tempo no noso Colexio.- dixo Ludicol

Ámbolos dous entraremos nos vosos computadores e veremos o resumo de actividades que vós fagades durante o tempo que esteades na Escola.

Eu non vos deixarei sós. Sempre andarei canda vós aínda que non me vexades. E, desde hoxe, Peteiriña será a carteira do noso Cole. Así, levaremos o traballo dunha maneira máis doada e vós poderedes mandar as vosas actividades, inquedanzas, preguntas… a calquera de nós.

Se nos vedes pasar polas vosas clases, polas vosas rúas ou se nos ledes nas computadoras, sabede que agora, nas vosas clases haberá dous compañeiros máis.

Bueno, xa está ben de facer os lacazáns e, deseguido, ensínovos o que puidemos recoller polas vosas clases e, a verdade é que non parastes, o voso traballo é unha fermosa aventura que vos enriquece e do que, de feito podedes presumir.

Andando Peteiriña, deixémolos xogar e comecemos co reparto, levas todos os enderezos? Aló imos!! Benvidos a unha nova aventura.

2
o Escola Infantil ................................................................................................ 4 o Ed. Infantil. 3 anos ......................................................................................... 6 o Ed. Infantil. 4 anos ......................................................................................... 8 o Ed. Infantil. 5 anos ....................................................................................... 10 o 1º Ed. Primaria ............................................................................................. 12 o 2º Ed. Primaria ............................................................................................ 14 o Gústanos o noso medio ................................................................................ 16 o 3º Ed. Primaria ............................................................................................ 18 o 4º Ed. Primaria ............................................................................................ 20 o 5º Ed. Primaria ............................................................................................ 22 o No museo da Historia Natural ........................................................... 22 o O Universo ........................................................................................ 23 o Visita á Cociña Económica ................................................................. 24 o A horta .............................................................................................. 25 o Concerto Didáctico e Monte de San Pedro ........................................ 26 o 6º Ed. Primaria ............................................................................................ 28 o Cambio climático............................................................................... 28 o E eu... de quen veño sendo? .............................................................. 29 o Tempo de Entroido ........................................................................... 30 o A historia de Manuel Ramos Lage...................................................... 31 o Poesía na Lembranza......................................................................... 31 ÍNDICE 3 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

BENVIDA PRIMAVERA !!!

Neste segundo trimestre o traballo na Escola Infantil, foi moi intenso. Fixemos murais do inverno, xeos de cores, minimundos con animais que viven no Polo, sicomotricidade, contacontos… e moitas, moitas actividades máis. Non tivemos moito tempo para aburrirnos. Estas actividades, ademais do desenrolo das aptitudes individuais, ían na procura dunha interacción entre o grupo. Así todos tiñan o seu papel dentro da actividade conxunta.

Espéranos un vindeiro trimestre cheo de fermosas actividades e, como vén sendo costume, sempre que os tempos foran doados, a excursión á granxa escola que tanto desexamos e que tantas lembranzas nos fai gardar.

No remate do curso, estaremos acompañados das familias, na nosa festa de fin de curso no que as nosas fermosísimas actuacións brillarán como estrelas no ceo.

Agardando bos tempos, apertas para todos !!!!!!!!

Amaly, Inés e Alba. Educadoras da “Escola Infantil Ludy”

Escola Infantil Ludy 4
5 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

VINCENT VAN GOGH

Este ano, na clase de tres anos, iniciamos o proxecto de Vincent Van Gogh.

Decidimos abordar este tema, entre outros motivos, para potenciar a creatividade dos nosos pequenos e pequenas e o amor e respecto cara ás artes.

Comezamos cunhas ideas previas, seguidas dun vídeo infantil sobre a vida de Vincent xa que ningún dos nenos e nenas coñecía ao pintor. Utilizamos outras fontes de información como os libros para seguir aprendendo cousiñas sobre Van Gogh.

Ao coñecer algúns dos seus cadros decidimos realizar traballos nós mesmos. Pintamos dúas das súas obras máis coñecidas: “A noite estrelada “ e “Os xirasois” utilizando diferentes materiais.

Estivemos coñecendo e manipulando os materiais que precisan os pintores.

Investigando, soubemos que a Vincent, ademais de reflitir nas súas obras aspectos da natureza, gustáballe facer retratos e autorretratos. Decidimos retratar a Van Gogh e facer o noso autorretrato. Isto último encantoulles e axudou para traballar o esquema corporal.

Por último, nun lenzo, fixemos,entre todos, a nosa obra de arte. Deixamos voar a nosa imaxinación e cada neno e nena pintou no seu cadro, tendo como guía a súa natural inspiración.

Con este proxecto tamén falamos da importancia de contar co apoio dunha familia que nos axude a acadar os nosos soños. Para o noso pintor, foi fundamental a axuda e o cariño do seu irmán Theo.

Educación Infantil,
3 anos.
6
7 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

A PEQUENA E MARABILLOSA AULA DE 4 ANOS

A aula de 4 anos é como todas as demais: as súas mesas, cadeiras, pinturas, contos, xoguetes...Pero, hai algo que a fai diferente:o número de nenos e nenas que conviven nela.

Unha clase pequena pero con moita vida e unha morea de actividades para facer a cotío.

Unha clase pequena pero con moitos beneficios para todos os que lle damos forma a tan fermosa singradura .

A atención e o ensino son máis individualizados, adaptándose ás capacidades e inquedanzas de cada alumno e alumna. Coñecer polo miúdo os seus gustos, inseguridades, emocións,...

A observación é máis precisa e podemos manter conversacións de calidade onde o neno e a nena teñen espacio temporal para expresarse e ser escoitado.

Tamén dá marxe para realizar actividades variadas e innovadoras, que precisan materiais máis específicos, diferentes espazos, manipulacións nas que precisan axuda ou explicación individual no

momento de levalas a cabo, e que cun maior grupo, poderíanse facer pero non son igual de produtivas nin gratificantes para os nenos e nenas xa que non as poden disfrutar con calma, tempo e adaptándoas ás necesidades de cada un.

Entre os pequechos

establécense relacións de moita confianza, coñécense moi ben, saben os seus gustos e a súa maneira de ser, créase unha contorna moi familiar e de cariño.

Estou encantada de poder gozar desta aula tan marabillosamente pequena.

Educación Infantil,
4 anos.
8
O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023 9

O ENTROIDO NA AULA DE 5 ANOS

O Entroido é una época do ano moi divertida e agardada por todos os nenos e nenas da aula.

Xa no grupo de 4 anos, o curso pasado, comezaramos a coñecer o Entroido de Galicia con algunhas carautas típicas pero, é en 5 anos cando elaboramos o noso libro do entroido galego.

Todos os anos

comezamos vendo vídeos das vilas galegas que conservan o Entroido máis

antigo: Laza, Xinzo, Viana do Bolo…

O primeiro é situarnos no mapa. Este ano foi máis doado xa que o pai de Xoán é de Ourense e a avoa de Aria, tamén. Eles axudaron ao resto dos compañeiros contándonos moitas vivenzas súas e moitas tradicións das súas casas.

Entendemos o Entroido como unha festa popular galega con moitos séculos de antigüidade.

Comparámola con outras celebracións como as de Río de Janeiro, Venecia, Cádiz…

Fomos vendo vídeos, entrevistas de persoas importantes para levar a cabo as celebracións e tendo longas asembleas sobre as carautas e o que lles suxería velas, así fomos elaborando a especial visión da festa na nosa terra.

Desde os distintos lugares no mapa de Galicia, elaboramos un mural para, paso a paso, completalo coas carautas máis populares. A verdade é que erguen moito interese e, cando menos, resultáronnos curiosas

Con moito agarimo e distintas técnicas artísticas elaboramos o noso libro. Os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, as pantallas de Xinzo, os xenerais do Ulla, o oso de Salcedo, os boteiros de Viana do Bolo, os volantes de Chantada…cada

carauta representada no noso libro quedaba máis bonita!!

Para rematar este traballo de investigación veu visitarnos ao cole Ramón D. Veiga para contarnos como elaborou os seus dous libros “É tempo de Entroido!”e “Non pare a festa, é tempo de Entroido”. Tróuxonos, de primeira man, unha carauta ibérica coa que disfrutamos moito e gustounos moito vela de preto.

A música tamén cobrou moita importancia nesta época do ano na clase. Á hora das merendas sempre escoitabamos cancións como o “Entroido move o corpo” ou “Se te queres disfrazar”. Bailaron moito, tamén coa música brasileira.

Pasámolo xenial, traballando o entroido galego!!

Educación infantil, 5 anos
10
11 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

O COLEXIO LUDY ESTÁ ENCANTADO?

Hai unha semana, no colexio Ludy pasaron cousas estrañas. Todo comezou cando saímos ao patio. No chan apareceron unhas orellas xigantes e ninguén sabía de onde viñan. Parecía como se os sumidoiros tivesen orellas que rebotaban. Aínda por enriba houbo un apagón e quedamos ás escuras. Os nenos asustáronse tanto que voltaron para as aulas e agocharse debaixo das mesas ou en calquera recuncho que atoparan. Por se fora pouco, debaixo das mesas de Fernando e de Lucas apareceu un esqueleto que parecía moverse. Ao velo, todos comezaron a berrar de medo. Ao correr cara á porta Josu viu un símbolo pintado na parede, tocoulle e abriuse unha porta que parecía levar a unha cámara segreda. Entramos nela todos, mortos de medo, pasiño a pasiño. Estaba escuro. Fernando atopou unhas lanternas e repartiunas entre os compis.

Lucas viu unhas cousas que parecían cerebros con ollos e pés. Pero Óscar tranquilizouno e o que parecían cerebros con ollos eran contadores da luz con luceciñas vermellas e verdes:

“Estaban no cuarto de contadores!”

Todos saíron da clase buscando ao profe. Todos, agás Héctor que se quedou mirando ao esqueleto.

Acercouse, mirouno en fite e descubriu que era de plástico.

“Era o esqueleto de Ciencias Naturais!”

Héctor foi cabo dos demais, tiña que contárllelo. Pero…

No corredor vimos de novo as orellas. Álvaro acercouse e descubriu que eran globos.

“Os globos da festa de Entroido do día anterior!” Uffffffffff, vaia susto

Todos exclamaron e suspiraron aliviados e Marina atopou á profe Sara e contoullo todo. A profe non daba creto ao que lle contaba a nena polo que tivo que ir percorrendo os lugares e comprobar que era o que acontecera.

Alexia entrou na aula aínda temerosa,

trabando un dedo. Adrián observou o esqueleto e preguntoulle á profe Sara para que era. A profe respondeulle que era para a clase de Naturais.

Alicia atopou unha lupa ao carón da biblioteca de aula (era algo que non había na clase antes). Sofía preguntoulle á profe Sara por que estaba alí aquel obxecto. A profe non soubo que responder.

Esther foi ao baño e viu, na porta da aula, unhas manchas como se dunhas mans se tratase. Sergio explicoulle que estaban alí desde a clase de Plástica, algún compañeiro que saíu lavar as mans manchadas de pintura deixara as pegadas alí.

Noa, tremendo como un fiúncho, dixo:

- Uff, menos mal que ese esqueleto era de plástico.

Noé díxolles:

- Boh, eu xa sabía que todo era mentira. Martín respondeulle:

- Moi valente ti, ja, ben que corrías ao comezo.

E, de súpeto, Ali berrou...

- Unha pantasmaaaaaa! Sinalando a porta.

Pero non era tal. Era o profe Xil que viña cunha morea de libros e traía un mandilón enriba da cabeza. Menos mal! Un pouco máis e o profe queda sen tripulantes

Que día aquel, non gañamos para disgustos!!!! .

Relato colectivo do alumnado de 1º

1º de Educación Primaria
12
13 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

SEGUNDO. POLO CAMIÑO DO MUNDO DA LECTURA.

Este trimestre estamos a ler o libro “Meigas fóra” de Ramón D. Veiga. A nosa sorte foi poder compartir co autor no Cole todo o que podemos gozar na súa obra.

Foi unha mañá moi linda. Falounos deste libro que estamos a ler e doutros da súa autoría. Entre eles algúns que trataban sobre o Entroido. Foi unha xornada moi divertida.

Ensinounos unha carauta feita de vimbios e outros materiais. Semellaba un home lobo.

Explicounos que hai moitas parecidas e que as sacan no entroido de Paderne.

Tamén nos dixo que comezara a escribir libros infantís porque sempre lle contaba historias á súa filla e decidiu escribilas. O momento no que mellor o pasamos foi cando, ao remate, entre todos e todas inventamos unha historia moi divertida sobre un neno que se chamaba César, que tiña perruca e non lle gustaban as sardiñas do San Xoán, prefería patacas....., quedounos moi gracioso, foi unha mañá de risas.

2º de Educación Primaria
14
Grazas Ramón pola visita.
15 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

GÚSTANOS O NOSO MEDIO

Este trimestre, o alumnado de primeiro e segundo de Ed. Primaria, fixemos unha saída moi interesante.

Fomos ata o concello de Valdoviño, para visitar a praia e a lagoa da Frouxeira. Alí agardaban por nós os membros da Sociedade Galega de Historia Natural. A explicación da apertura da canle da lagoa experimentando ao pé dela ou o avistamento, con telescopios e prismáticos, das aves, nesta fermosa mañá, foron algunhas das actividades das que gozamos.

O obxectivo era dar a coñecer os valores medioambientais deste espazo protexido, para favorecer o apego e protección da contorna. Ao mesmo tempo, compartir xogos no parque lindeiro coa praia.

Un fermoso e interesante día

16
17 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

Na clase de terceiro adicamos o 8 de marzo,“Día da Muller”, a coñecer a vida de catro mulleres galegas que foron pioneiras nas súas profesións e na súa loita pola reivindicación das mesmas oportunidades entre os homes e as mulleres. Falamos de Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova e Luz Morales.

O primeiro e que máis ilusión nos fixo foi saber que o IES ao que estamos adscritos chámase Concepción Arenal, debido á destacada vida desta muller que se vestía de home para poder estudar Dereito na Universidade de Madrid, algo que parece incrible a día de hoxe. Todos imaxinamos o día a día dela, vestíndose para non ser descuberta. Que perigoso!

Tamén fixemos un gran exercicio de imaxinación pensando en Sofía Casanova como a primeira muller española corresponsal de guerra: sen televisión, nin internet,...e as dificultades que tería para protexer a súa vida e ao mesmo tempo conseguir información dos conflitos bélicos.

Emilia Pardo Bazán fíxonos coñecer unha institución como a Real Academia Española, na cal foi rexeitada en varias ocasións como académica simplemente por ser muller, xa que estaba reservada

soamente para os homes. Un feito curioso é que ademais, ela propón a Concepción Arenal para entrar e os académicos tamén a rexeitan. O seu home, pedíulle que deixara de escribir novelas feministas e ela negouse, xa que cría na igualdade de oportunidades e non podía adicarse a escribir sobre outros temas.

E por último, a primeira muller xornalista que dirixiu un xornal “ La Vanguardia” en España durante a Guerra Civil, nada na Coruña e considerada a primeira xornalista cultural muller, aínda que non sexa tan coñecida como as anteriores. María Luz Morales.

Foi un día moi especial, incluso algúns alumnos coñecían a loita de Marie Cuire no eido da Química e Física por ser muller, por exemplo.

Agora xa sabemos o motivo de que dous institutos da nosa cidade leven eses nomes de mulleres que non coñeciamos e que nos fixeron viaxar ao pasado, coñecer a súa relevancia e ser conscientes de todo o que conseguiron profesionalmente a pesar de ser moi pouco valoradas polos que as rodeaban.

Educación
de
Primaria
8 de marzo, 3º, 4 mulleres
18
De esquerda a dereita: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova e Luz Morales.
19 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

Os ecosistemas

Como parte dos obxectivos de cuarto de Primaria, traballaron nas clases de Ciencias da Natureza “ Os ecosistemas”.

Despois de introducir aos rapaces no diverso abano de tipos de ecosistemas e a vida que neles se desenrola, tocaba levar á práctica todo o desenrolado desde o punto de vista teórico e así xurde o plantexamento de facer diferentes lapbooks coa axuda das familias da rapazada.

Na clase íanse aclarando as distintas dúbidas que xurdían ata iren rematando os traballos.

Como remate da actividade, os alumnos ensinaron e explicaron os seus traballos na clase e mostraron, aos seus compañeiros, o resultado final.

Fixeron un gran traballo, conquerindo os obxectivos plantexados no comezo do apartado dos ecosistemas.

4º de Educación Primaria
20
21 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

NO MUSEO DA HISTORIA NATURAL

Os nenos e nenas de quinto de Ed. Primaria visitaron, en febreiro, o Museo de Historia Natural de Ferrol como actividade paralela aos temas desenrolados na aula, na asignatura de Ciencias da Natureza.

Puideron aprender máis sobre os animais mariños e a importancia de coidar os océanos e a fauna que vive neles. Comprobaron que nós sen a vida destes seres animados, tampouco teriamos moita razón de ser. Xa que logo tocaba ter clara a idea de loitar por unhas condicións mellores para o noso medio.

Todos estes apartados vivíranos na teoría, na aula pero, vistos más de preto, cobraban outra dimensión, quizais máis destacada. Puideron poñerlle forma aos seres que nos rodean, no medio acuático. Tiñan vida real, non eran de película.

5º de Educación Primaria
22
“...aprender máis sobre os animais mariños e a importancia de coidar os océanos...”

OUNIVERSO

Despois dunhas semanas de investigación os alumnos de 5º de Primaria falaron sobre os seus traballos relacionados co Universo.

Estiveron estudando o espazo, empregando ferramentas diferentes como aplicacións de realidade aumentada , Kahoot ou os seus computadores para buscar e resumir información.

Foi unha actividade que supuxo moito traballo asemade de ser moi rica na aprendizaxe.

23 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

VISITA Á COCIÑA ECONÓMICA

Ao tempo que tiña lugar no Cole a recollida de alimentos solidaria para levar á Cociña Económica da nosa cidade, plantexamos a visita ás súas instalacións na rúa Rubalcaba.

Nas instalacións da Cociña Económica, plantexáronnos unha visita na que puidemos comprobar toda a actividade solidaria que alí desenrolan para, no posible, conquerir que as persoas máis necesitadas e en risco de exclusión social, teñan unha “vida máis doada”.

A verdade é que o traballo que alí desenrolan os voluntarios e as persoas que alí están, serviunos para coñecer a cara da solidariedade.

24

Un curso máis ponse en marcha a experiencia da HORTA LUDY.

Pola nosa horta xa pasaron todos os nosos alumnos para poñela en marcha e sementar os primeiros produtos do ano.

Comezaron a actividade os compañeiros de Ed. Infantil e, de seguido todos os demais cursos de Ed. Primaria.

De seguido unha mostra da actividade desenrolada polos compañeiros de quinto e sexto de Primaria.

Conquerimos coñecementos e sensibilidade dos beneficios da natureza e dos traballos que nela se fan, sempre de maneira sostible.

A H ORTA 25 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

CONCERTO DIDÁCTICO

“WALT E DIANA” e Monte de San Pedro

Os nenos de 3º,4º,5º e 6º tiveron unha saída á Coruña. Visitaron o monte de San Pedro e logo gozaron da música en vivo da Orquestra Sinfónica de Galicia .Bailaron, cantaron e divertíronse moito.

26

Como viaxar nunca está de máis e na compaña dos amigos da clase, mellor, a rapazada de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Ed. Primaria puxeron proa á cidade da Coruña. Os profes plantexaran unha xornada que tiña toda a pinta de fantástica.

A xornada, ben chegados á cidade, capital da nosa Provincia, comezaba no parque de San Pedro onde puidemos comprobar unha paraxe ben fermosa e unhas vistas que, a verdade, ben merecían a pena.

Deseguido, e como o noso estómago comezaba a queixarse, pandamos os nosos ósos no verde céspede e demos conta de bocatas, pans, algún zume e…froitas varias. Pero a cousa non ía de quedar durmidos na alfombra verde e, os xefes, tocaron o toque de: “en marcha”. Aló imos.

Era a hora de encamiñarse cara ao Palacio da Ópera da cidade, ao carón do Parque de Santa Margarita. Aquilo era unha marea de rapazada: uns que marchaban, outros que chegabamos e algúns que agardaban sentadiños tal excursión dos avós.

Tocou a vez de ir entrando e así foi que chegamos ao interior do Palacio, ben fermoso a verdade. Alí no estrado, vaia cantidade de instrumentos, cables, partituras… Aquilo tiña moi boa pinta.

Os músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, ían ocupando os seus lugares. Era a hora de comezar coa historia de Walt Disney: “Walt e Diana, El viaje Continúa”.

Peza fermosísima e a verdade é que o pasamos moi ben. Valera a pena a viaxe. Pero… como todo o bo remata, tocaba atopar o camiño de volta para chegar ao noso Cole.

A xornada fora wonderfull!!!!!

27 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

Cambio climático.

Non é unha película, é unha triste realidade.

A rapazada de sexto de Ed. Primaria, quixo botar unha ollada ao redor do Mundo na procura de pegadas que vai deixando o cambio climático.

Decidiron facer traballos monográficos para ver a “pegada de desastre” que estamos deixando de herdanza ás xeracións futuras.

Chegaron a conclusións que necesitarían dunha execución urxente:

- Deter o desxeo dos Polos.

- A desaparición de especies animais e vexetais xa que estamos arrasando o seu medio.

- A loita contra os incendios.

- Desaparición das mellores condicións para que o clima sexa o que debía ser durante as estacións…

Como resumo presentaron os seus traballos na clase e fixeron unha pequena mostra para compartir co resto da Comunidade Educativa a preocupación que os seus estudos provocou.

Toca seguir traballando, meus amigos!!!

6º de Educación Primaria
28

E eu... de quen veño sendo?

Un ano máis, a rapazada de quinto e sexto de Ed. Primaria traballaron na pescuda das súas raíces familiares.

Ao comezo da actividade a desconfianza en acadar os obxectivos establecidos para o traballo individual era patente nos ánimos dos alumnos.

A medida que o tempo de investigación ía pasando, o seu interese ía medrando. Vían que os documentos gráficos que ían aparecendo, valían a pena. Estaban poñendo cara a aquelas persoas que nunca viran nin imaxinaran que aspecto tiñan.

Agora aquelas “persoas descoñecidas” xa teñen identidade para a rapazada.

Ao remate da actividade, a avaliación é moi positiva.

Homenaxe aos nosos antergos. Eles son as nosas vidas.

29 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

Tempo de Entroido

Seguindo coa tradición no noso Colexio polas datas do Entroido tocaba:

Facerlle caso ao Meco cos seus mandados á orde do día. El ía argallando o que a el lle parecía e, cando pasabamos ao seu carón, ata semellaba que se ría de nós a gargalladas. El tamén o pasaba de marabilla!

Así estivo mandando en nós durante catro días da semana e a verdade é que aínda o pasamos ben.

Pero o día tristeiro, a medias, para a Comunidade Educativa foi o venres. Nesta xornada tocaba ir desfilando acompañando ao Meco cara á lumieira que acabaría cos seus madeiros ben ciscados e feitos cinsa, agardando recuperar algún parente seu para o vindeiro ano. Que así sexa!!

Pero a xornada tristeira da despedida do Meco aínda nos gardaba algunha sorpresa xa que argalláramos uns disfraces para ese día.

Cada curso, desde Ed. Infantil e toda a Ed. Primaria, ía facerlle unha homenaxe á música, concretamente aos instrumentos e así, cada curso representaría un instrumento: bombos, acordeósn, violíns… Como en todo tema que se fale de música non poden faltar as figuras musicais, claves, silencios, etc. De representalas encargouse a rapazada do sexto curso de Primaria.

A xornada do venres de Entroido resultou unha fermosa festa con remate ao xeito de festa rachada na Praza do Inferniño onde o noso Beethoven Xil argallou unha boa para facer que os nosos ósos e as nosas figuriñas se moveran obedecendo ao mestre de cerimonias.

Falta moito para o Entroido?????

30

A HISTORIA DE MANUEL RAMOS LAGE

Bisavó da nosa compañeira Antía Castrillón Ramos

Na procura das raíces familiares, Antía atopou esta historia ben fermosa, abofé, do seu bisavó: Con 21 anos, Manuel, facía o servizo militar, obrigatorio por aqueles tempos, embarcado no submarino “Castillo de Olite”.

Navegaban cara a Cartagena, onde se ía celebrar un desfile para “conmemorar” o remate da Guerra Civil. Conflito que durara tres anos e do que, ao seu remate, saíra “gañador” o bando do que Francisco Franco era a cabeza visible.

O submarino “Castillo de Olite” non tiña radio. Por este motivo non os podían avisar de que Cartagena estaba en mans do bando contrario a Franco, o bando republicano. Por esta razón, bombardearon a costa “Cartagenera” e o submarino foi alcanzado provocando o afundimento total.

Dito afundimento, provocou a morte de 1.476 persoas, 342 feridas e 254 que conseguiron sobrevivir. Entre as persoas sobrevivintes, atopábase Manuel, o bisavó da nosa compañeira. Manuel conqueriu salvarse, sen saber nadar pero agarrado a un pau que naquel momento era o seu tesouro.

Ao carón da actividade de “Eu. de quen veño sendo” os rapaces de Sexto de Ed. Primaria, desenrolaron a actividade de

POESÍA NA LEMBRANZA.

En dita actividade tiñan que ir na procura de poemas da literatura galega que coincidiran, na temática, coa fotografía familiar elixida por eles mesmos.

En paralelo, de maneira voluntaria, puideron contar ao remate da actividade cunha recompilación na que estaba recollidos todos os traballos da clase.

Experiencia gratificante e enriquecedora.

31 O mensaxeiro Ludicol Nº 18, Marzo de 2023

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.