O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
1
2
UN CURSO MÁIS VÉMONOS NO CAMIÑO DA VIDA, RAPAZADA Como dos bos momentos ao voso carón lembro moitas cousas, aquí me tedes camiñando ao voso carón e dando forma aos vosos traballos e ás vosas experiencias diarias no voso colexio. Os vosos guías nesta experiencia escolar, pásanme as noticias do que vai sendo este curso, que segue a ser raro ou moi raro pero do que seguides a ser protagonistas, dando leccións diarias de responsabilidade aos maiores que ás veces perden as maneiras. Nesta etapa da vosa vida que me tocou compartir ao voso carón quero expresarvos, como o voso mensaxeiro, a miña admiración por que sigades, xunto cos vosos guías que son os mestres, amosando esa ansia no traballo que a cotío desenrolades. Traballo que co paso do tempo será unha boa parte da vosa personalidade. Deseguido ides ver a morea de actividades e tarefas que desenrolastes e que tiven que carrexar na miña mochila despois de recollelas polas vosas clases e levalas ao obradoiro onde agardaba por elas un bo artesán que coas súas mans cristalinas, cal fada madriña, lles deu forma para presentárvolas ben guapiñas e ben formadas. Desta primeira etapa deste curso, só me queda desexarvos que sexades persoas ledas durante estes días de festa e, como sempre escoitades, COIDÁDEVOS!!!!!! e coidade tamén dos que queredes, porque á volta, paso lista e aquí nos vemos para seguir no camiño. APERTAS FAMILIAS, APERTAS RAPAZADA
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
ÍNDICE o Escola Infantil ................................................................................................ 4 o Ed. Infantil. 3 anos ......................................................................................... 6 o Ed. Infantil. 4 anos ......................................................................................... 8 o Ed. Infantil. 5 anos ....................................................................................... 10 o 1º Ed. Primaria ............................................................................................. 12 o 2º Ed. Primaria ............................................................................................ 14 o 3º Ed. Primaria ............................................................................................ 15 o 4º Ed. Primaria ............................................................................................ 17 o 5º Ed. Primaria ............................................................................................ 19 o 6º Ed. Primaria ............................................................................................ 23 o As nosas tradicións veñen polo cole ............................................................. 30 o Artigo de opinión. Inés López ....................................................................... 31 o Artigo de Mónica ......................................................................................... 32
3
4
Escola Infantil Ludy
A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN INFANTIL NOS PRIMEIROS ANOS O maior desenrolo do cerebro das nosas “personiñas” ten lugar nos tres primeiros anos de vida,pero tamèn na contorna na que o neno/a se desenrola. Porén é necesario que se desenvolva nun ambiente axeitado no que reciba os estímulos precisos. Un estudo recollido por UNICEF, desvela que os primeiros mil días dun bebé son fundamentais e marcarán para sempre a súa vida. Mil días... son máis o menos tres anos de vida, polo tanto, eses tres primeiros anos terán unha grande repercusión a nivel cognitivo, de desenrolo lingüístico, motor,emocional e de habilidades sociais. Dada a situación actual, consideramos que a asistencia á Escola Infantil, na etapa 0-3 constitúe unha grande base para o desenrolo dos máis pequenos/as en todas as áreas. Nenos e nenas que non poden relacionarse cos seus iguais nos parques,cos seus familiares ou amigos, necesitan levar a cabo esa etapa de socialización e a Escola Infantil é,nestes momentos, a alternativa esencial. Por iso,na nosa “Escoliña” contamos con pogramas,educadoras,instalacións e todos os medios hixiénicossanitarios para a formación e así poidan medrar ledos e seguros. Amaly, Inés e Alba. Educadoras da “Escola Infantil Ludy”
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
5
6
Educación Infantil, 3 anos.
Proxecto dos caracois
Para sentirnos máis acompañados,
este primeiro trimestre viñeron visitarnos uns animais ben feitiños, OS CARACOIS! Para que se sentiran cómodos con nós fixémoslles unha casiña, puxémoslles auga e varios tipos de comida para ver que lles gustaba: galletas, herba, cenorias... Quedamos abraiados cos buratos que fan nas cenorias! Aproveitando a súa estancia, investigamos sobre eles para coñecelos mellor. Entre outras cousas, observámolos con lupa e descubrimos que non teñen dous cornos, senón 4, dous grandes e dous pequenos. Tocamos o seu corpo, que é brando e a súa cuncha dura, aínda que tivemos que ter coidado xa que a dos caracois máis pequenos era máis fráxil. Outra cousa que nos sorprendeu moito foi a súa baba, que pegañenta! Grazas pola vosa visita amigos, imos extrañarvos! Que ben o pasamos!!
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
7
8
Educación Infantil, 4 anos.
Entendemos asemblea por un corro, unha conversa, un momento de encontro ou reunión na aula arredor dun docente e cunha organización espazo-temporal claramente definida, para dialogar de diversos temas e resolver algún conflito. Esta asemblea convértese nun dos momentos privilexiados de desenvolvemnto da autonomía do neno e da nena. O comezo do traxecto escolar, no primeiro curso de tres anos teñen adquiridas poucas capacidades básicas e hainos que estimular para que pouco a pouco desenrolen capacidades sociais, lingüísticas, espaciais, temporais, afectivas, cognitivas... Nestas asembleas vanse traballar e van favorecer, o recoñecemento dos compañeiros e compañeiras, a pertenza a un grupo, a adquisición de hábitos e normas... e isto tan só no que se refire a socialización. A nivel lingüístico van progresar na expresión, no seu vocabulario e no respecto ao turno de palabra. Van desenvolver a súa atención, observación e subir a súa autoestima. Agora vos conto un pouquiño como son esas asembleas na nosa clase de 4 anos. A zona da asamblea sempre é iluminada e ampla xa que alí imos desenrolar actividades de grupo (bailar, saltar, estirar...) O tempo que nos vai levar é o que vexamos e no que a atención do grupo se pode manter. Isto lévanos a
establecer unha serie de actividades que facemos a cotío para que poidan adquirir seguridade na aula e autonomía na realización de todas elas. SAÚDO: Dámonos os bos días e conversamos sobre como nos foi na fin de semana, no dia anterior, no almorzo...Cada neno e nena que queira falar debe ter o seu momento e o resto escoitar con respecto. Seguidamente ELIXIMOS O ENCARGADO/A sobre unha lista cos seus nomes colocados por orde alfabética para favorecer o coñecemento das letras. Esta é a rutina máis importante na aula de educación infantil polo seu valor para favorecer a súa autoestima. Colle o seu nome do cartel do cole e colócao na estrela de encargado/a do panel e alí escríbeo e reflexiona sobre el ( letras que ten, se é longo ou curto, cantas sílabas ten...) cada rutina avanza nos distintos niveis da Ed. Infantil así en 5 anos xa escriben o apelido, por exemplo. O encargado/a leva un distintivo, ben un cuño, unha chapa, un colar...que o distingue no día. Deseguido, tentando recoñecer os nomes dos seus compis PASA LISTA DE ASISTENCIA e coloca na casiña quen non veu ao cole ese día. Nesta rutina podemos traballar moitos conceptos; contar, identificar números e cantidades, identificar letras, recoñecer letras, descompoñer números...
A Asemblea en Educación Infantil
O mensaxeiro Ludicol
MIRAMOS O TEMPO; pola ventá, observamos cal é o día que fai e colocamos o seu símbolo (sol, chuvia,nubes...) na representación da ventá que temos no panel onde recollemos toda esta información diaria. Pódense facer rexistros, cadros de información de doble entrada, reflexións sobre a estación do ano... Isto lévanos a MIRAR O CALENDARIO, asociar o día da semana que é luns porque vén á aula a mestra de inglés, a de sicomotricidade ... cantando cancións dos días da semana, lembrando tamén o noso conto da galiña feliz... Falamos do mes no que estamos, témolo representado nun calendario lineal con pinzas, imos dándolle a volta á pinza e quitando días ata que remata o mes e ven, noutra cor, comezar outro mes. Neste calendario sinalamos días especiais: festa do Samaín, aniversario dun neno/a ...e imos vendo cantos días quedan. Reflexionamos sobre as estacións do ano que estamos con xogos de preguntas, rimas, adiviñas, cancións... FALAMOS DAS ACTIVIDADES DO DÍA NA AULA. Que imos facer, como vai ser? Lembramos normas e motivámonos para aprender, xogar e pasalo ben aprendendo. Antes de rematar o encargado/a dirixe coa batuta unha ou varias cancións que elixe, todos cantamos e rimos. Tamén pode elixir un conto e así rematamos a asemblea co conto e a súa reflexión. Os acontecementos ocasionais tamén teñen cabida na asemblea. Se algo esperta moito a súa atención, falámolo e mesmo usamos a pantalla para investigar ou comprender ese tema que lles preocupa, motiva ou chama a atención da actualidade. Así é como, cada mañá, comezamos o cole, expresando emocións, sentimentos, aprendendo xogando, cantando, rindo e sempre respectando e escoitando aos compañeiros e compañeiras.
Nº 17, Decembro de 2021
9
Educación infantil, 5 anos
10
OS CASTELOS
OS CASTELOS
Os nenos e as nenas de catro e cinco anos traballamos ao longo deste trimestre o proxecto dos castelos. É un tema que entusiasmou a ámbalas dúas clases pois tiñan unhas gañas moi grandes de coñecer como se vivía na Idade Media e como eran os castelos por dentro, como era a vida dos campesiños, do rei e da raíña…entre outras figuras que fomos coñecendo ao traballar este proxecto. Unha das primeiras cousas que se fixeron foi un debuxo da idea que tiñan dun castelo.Tamén decoramos as nosas aulas como se fosen auténticos castelos convertindo as nosas portas en pontes levadizas e as nosas ventás en vidreiras. Fixemos o noso disfraz de cabaleiro e xogamos a ser campesiños, bufóns, trobadores, rei, raíña, ferreiro, entre outros... no noso rincón dos disfraces, interpretando como era a súa vida. Despois de falar e de investigar moito decidimos ir de visita ao Torreón dos Andrade, en Pontedeume, para que puideran ver en primeira persoa o que estaban aprendendo. Este torreón era unha torre de garda onde os cabaleiros vixiaban para protexer o Castelo. Todo isto fixo moi atractiva esta visita.. Comprobamos que todo o que debuxaramos e viramos nas foto, era verdade. Cando chegamos a Pontedeume a nosa guía explicounos como era antigamente a torre por dentro. Deste xeito a medida que visitabamos a torre sabiamos no lugar que estariamos se fose a Idade Media. Encantounos estar nas mazmorras! Puidemos preguntar todo o que quixemos e estar nas distintas partes da mesma. Por último, tiñamos preparado o xogo “na procura do tesouro. Que ledicia tan grande ao atopalo e poder levar un pouquiño del. Pasámolo en grande!!
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
11
12
1º de Educación Primaria A MOTRICIDADE FINA
Na clase de 1º de Primaria ao longo deste primeiro trimestre traballamos de maneira continua a motricidade fina das mans con diferentes actividades. Unha boa motricidade fina axudaranos nas tarefas cotiás como poden ser, vestirse, atar os amallós, comer....e en actividades da clase como , colorear, escribir, recortar.... O que intentamos durante estes meses foi durante os xogos e actividades de educación plástica, mellorar e traballar a motricidade fina dos nenos e das nenas para que conquiran ser máis autónomos nas súas tarefas da casa e do cole. As actividades que fixemos foron: Xogos con pezas: facer crebacabezas, construcións con pezas xeométricas.... Plastilina: apretar, estirar, formar serpes, cortar con tesoiras.... Traballar con cordóns: atar amallós dos zapatos, recorrer camiños dos números con cordóns de cores.... Rachar papeis: de distintos grosores, papel de seda, pinocho, xornais.... Colorear: utilizando os dedos, as mans, ceras grosas, pinceis..... Recortar con tesoiras: cartulinas, papeis, cartóns.... Estas actividades están a dar os seus froitos que se visualizan sobre todo na maneira de coller e de traballar co lapis, as tesoiras, de subir as cremalleiras, de abotoarse... Bo traballo Primeiro!!!!
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
13
14
2º de Educación Primaria A miña árbore xenealóxica! Que cousa tan fermosa poder falar do noso e que os demais nos escoiten, e neste caso dos nosos, do enramado humano que coma unha árbore nos deu a vida. Foi así como cada un dos alumnos de 2º elaborou a súa árbore, sen fotos, co nome e co debuxo e así chegamos a crear caras novas con caracteres peculiares e noutros casos, por non lembrar ou coñecer, sen debuxo. Pero sempre moi orgullosos da nosa árbore, do noso pasado e dos nosos parentes.
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
15
3º de Educación Primaria TIPOS DE NUTRIENTES Os alumnos de 3º de Primaria estamos estudando os alimentos e os seus nutrientes na clase de Ciencias da Natureza. Para ver todo o que estabamos a ver fixemos un mural en equipo segundo os distintos tipos de nutrientes. Facendo este traballo aprendemos unha morea de cousas sobre os nutrientes e os seus tipos. Asemade aprendemos que cada un
destes nutrientes ten un papel fundamental no funcionamento do noso organismo. Este marabilloso mural pode verse no patio do noso colexio.
16
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
17
4º de Educación Primaria Durante este trimestre está con nós unha alumna de prácticas do Grao en E.Primaria da USC, tanto en 4º como en 1º de Primaria, e non é outra que Laura Couto que empezou na Escola Infantil cando aínda non tiña un ano e estivo como alumna no colexio ata 6º de Primaria. Dada a súa relación co noso cole, os alumnos de 4º, fixéronlle unha entrevista para saber cales son as súas sensacións ao volver dun xeito tan distinto. - Cantos anos tes? - 20. - Tes irmás? - Sí. Un de 25 anos. - Por que escolliches este colexio para as túas prácticas? - Sempre quixen voltar e reencontrarme cos mestres. Tamén recordar moitos momentos vividos aquí porque téñolle moito cariño a este centro. - Por que che gusta este colexio? - Porque todos os mestres son moi cercanos e sempre fan que te sintas como na casa. - Cal era a túa materia preferida? - E. Física porque sempre me gustou moito o deporte. - Como eran os nenos de antes? Máis tranquilos? - Sí. E xogaban moito máis porque non tiñamos tantos videoxogos e internet. - Gústache debuxar? - Gústame, pero nunca se me deu moi ben. - Que queres ser, mestra ou directora? - Gústame máis ser mestra dos nenos nos primeiros cursos de Primaria. - Gústache Peti, a mascota do cole? - Sí, paréceme unha iniciativa moi boa para identificala co colexio, ademais de que é moi bonita. Cando eu estudaba aquí aínda non
estaba. - Cales foron os teus mestres aquí? -Na Escola Infantil: Amali, Inés e Alba. - En Infantil, Teté e Manoli e en Primaria: Carmen, Celia, María José, Teresa e Miguel. - Cal foi o teu mestre favorito? - Non tiven un mestre favorito, pero Manoli, Inés e Manuel sempre me coidaron moito. Non podería escoller un porque sempre estiven moi cómoda con eles e cos meus compañeiros tamén. - Falabas moito en clase? - Non era das que máis falaba, pero tampouco estaba calada. - Pareceuche fácil estudar neste cole? - Nunca tiven problemas porque os mestres axudaban moito. - Que é o que máis che gustou da nosa aula? - A decoración cos vosos debuxos e o ambiente que hai. Gústanme tamén os traballos do 25 N porque paréceme importante reivindicalo todo o ano e non soamente un día. - Cal foi a túa excursión favorita cando estabas aquí? - Cando estaba en 6º e fumos a Madrid durante tres días. Paseino moi ben e estaba nevando, foi xenial. Teño moitos recordos desa viaxe. Laura, esperamos verte o curso que vén outra vez aquí. Moitas grazas polo teu esforzo, por entendernos, axudarnos e sobre todo, escoitarnos. Tiveches moita paciencia con todos nós e pasámolo moi ben contigo. Botarémoste moito de menos! Volve sempre que queiras ao teu cole, o Ludy.
18
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
19
5º de Educación Primaria
VISITA AO MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA DA CORUÑA Levabamos moito tempo agardando este día, e ó fin chegou. Hoxe o alumnado de 5º de Primaria visitou o MUNCYT, na cidade da Coruña. A visita ó museo estivo repartida en dúas partes. Na primeira, viaxamos ao través das diferentes dependencias do museo. Durante a travesía fomos descubrindo curiosidades sobre os diferentes avances tecnolóxicos e sobre a repercusión dos mesmos, a nivel medioambiental, tecnolóxico e humano. Alí puidemos desfrutar das máquinas que proxectaron as primeiras películas da historia do cine, dun traxe feito para soportar baixas temperaturas e alta presión, do cal tomou un patrón a NASA para os traxes espaciais,dunha especie de libro electrónico arcaico (tendo en conta a época, hai que recoñecer o mérito e a creatividade da inventora), dun exemplar do primeiro modelo de coche fabricado en serie, da lámpada dun dos faros mais prestixiosos da nosa costa, diversos motores, motocicletas e demais curiosidades… Do que máis disfrutamos foi converternos, por un
intre, na tripulación de cabina dun Boing 747 e admirar todo o que alí dentro había. Trala visita ó museo, decidimos cambiar de aires e converternos en científicos. Así puidemos investigar sobre as diferenzas entre as “mesturas” e as “reaccións químicas” ao través de varios experimentos manipulativos. Foi moi divertido! Os contidos tratados na visita ao museo, permitiron afondar no traballado da aula, nas asignaturas de ciencias, particularmente no relacionado co coidado do medio ambiente, a contaminación e a reciclaxe. Un curioso dato que aprendemos durante a visita, foi a procedencia do material do que están construídas as estruturas dos asentos dos avións. Isto avivou a curiosidade, e a posibilidade de investigar sobre o tema. Ocorréusenos a posibilidade de calcular, de maneira aproximada, o número de latas necesarias para reciclar a cantidade de material necesario para algunha das estruturas e, se a situación e as circunstancias o permiten, tentar de recollelas, entre todos, dos espazos naturais, poñendo así, o noso gran de area para ter un planeta máis limpo.
20
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
21
MÉTODOS PARA COMBATIR AS
MEIGAS PORQUE HABERLAS HAILAS Antigamente nas aldeas galegas, cando se cría que na zona había meigas usaban distintas formas para protexerse delas, por exemplo: Allos detrás das portas, o seu cheiro facía que non puidiesen entrar nas casas. Figas cos dedos (o puño pechado ponse o dedo polgar entre os dedos índice e corazón ) cando vían unha meiga. Botar sal diante da porta, para que non puidesen entrar na casa. Facer un círculo ao teu arredor, cando encontrabas unha bruxa. Así non te podían atacar. Colocar unha vasoria volta do revés na porta, tamén se utilizaba para que non entren na casa. Facían queimada e recitaban un conxuro.
Facer unha cruz de allos (o allo ten que ser macho). O 23 de Xuño prepárase un ramo cun allo macho, flores de San Xoán, un cardo, unha ortiga, a raíña luísa, un felgo, unha lingua de boi e bágoas de San Xoán. Nesa noite, a noite de San Xoán, sáltase a fogueira co ramo dicindo: á rapa de San Xoán que non me trabe cadela nin can á rapa de San Pedro que non me trabe cadela nin perro. Ese ramo cólgase trala porta principal da casa para espantar as meigas. Allo: porque desprendían un cheiro que as espantaba.
Cun allo macho metido no peto para espantalas meigas, bruxas e males de ollo.
Tesoiras: Según a tradición , as tesoiras escorrentaban s bruxas porque simbolizaban un par de espadas. Críase na antigüidade que loitaban contra calquer tipo de mal.
Botando un puñado de sal no ombreirocontralateral para espantar bruxas e meigas.
Bruxas que se converten en gatos: Crése que as bruxas aparecen en figuras de gatos, para espantalas, hai que azoutar a súa sombra.
Na fogueira de San Xoán ao saltar o lume dicíase “salto luminaria de San Xoán para que no me trabe nin cadela nin can”. Na véspera do San Xoán, poñían sete flores (xesta, romeu, oliva, rosas, lavanda. Cardo ou fento). Ao día seguinte lavaban a cara coa auga onde estiveran as flores para alonxar ás meigas. A mañá seguinte da luminaria de San Xoán no momento de sair pola porta diciase “deus diante e ¡meigas fóra!”. O meu avó cóntame que o 31 de outubro tamén se lle chama “Días das cruces” xa que facían unha cruz con ramas de xestas ou de loureiros para escorrentar ás meigas. Poñer unha ferradura enriba da porta da entrada para que rexeitaran ás meigas. Cando o meu pai era pequeno, aos nenos poñíanlles un escapulario, que son imaxes de santos, para protexelos das bruxas e as meigas. Nas casas acostumaban a poñer figuriñas e pan do Santo André.
Xesta: en Maio cando florece a xesta, poñer unha póliña pendurada detrás da porta para espantalas. Queimar romeu dicindo en alto “Romero santo, santo romero, que salga lo malo y entre lo bueno”. - Levar sempre unha castaña pilonga no coche ou nos nosos petos. - Ter unha rama de loureiro bendito do “Domingo de Ramos”. - Ter un dente de allo preto da cama. Ccolocar nas casas ou colgarse no pescozo. Coloca unha vasoira boca abaixo detrás da porta. Ter na casa bendita terra de cemiterios ou pólas de loureiro bendicida o Domingo de Ramos.
22
O BUNGALOW Hai un montón de anos, no Colexio Ludy, organizouse unha excursión de fin de curso para os alumnos; nenos e nenas estaban encantados e case todos os alumnos quixeron ir… Os pais e as nais leváronos ao campamento, onde os recibiron os mestres que se quedarían con eles e repartíronos en grupos para facer as actividades. Correron, xogaron e fixeron moito deporte… Despois da cea, todos xuntos repartiron os bungalows onde ían durmir os tres días que duraba o campamento, porque estaban moi cansos. Un neno espertou na metade da noite e atopou dentro da habitación, unha estatua dun paiaso. Co susto comezou a berrar mentres saía correndo na procura dalgún mestre. Cando chegou o mestre, acompañou ao rapaz pensando que era unha broma do rapaz pero…cando chegaron ao bungalow, os demais rapaces desapareceran. Nunca máis volveron saber deles.
Ángel Menéndez Folgar 5º Ed. Primaria
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
23
6º de Educación Primaria
HISTORIAS PARA O SAMAÍN A LENDA DAS XEMELGAS Preparoulles o almorzo e saíron á rúa con moita présa. Como cada día, levaba as súas fillas xemelgas ao colexio. Camiñaban cantaruxando unha cantiga e collidas da man, cando o teléfono soou no seu peto. Era do seu traballo e pedíanlle que fora cara á oficina, acontecera algo grave. A nai díxolles ás xemelgas que continuaran soas xa que coñecían ben o camiño. Só dera vinte pasos cando o ruído dun forte golpe e un freazo fixo que voltara a cabeza cara a onde deixara ás súas fillas. Os corpos das xemelgas xacían debaixo dun camión, aínda collidas das mans. A muller caeu nunha profunda tristura da que puido saír cun novo embarazo. Polo mandar do destino, as dúas xemelgas estaban collendo vida xa que o parto tamén ía ser de xemelgas. Cando chegou o tempo e deu a luz, a semellanza coas rapazas falecidas, asombrou ao vecindario. A medida que as nenas medraban, a nai volveuse máis e máis protectora xa que a idea de poder perdelas tamén, sempre estaba na súa cabeza. Un día, de camiño ao colexio, as xemelgas adiantáronse e corrían baixo a atenta ollada da súa nai. En canto puxeron un pé na estrada, parounas cun gande berro. Berroulles que nunca atravesaran sen a súa compaña. As xemelgas respostáronlle que non pensaban facelo, que xa as atropelaran unha vez. “Mamá, non voltará suceder”. Algúns condutores aseguran que, ao pasar por ese traxecto da estrada, unhas interferencias cóanse nos seus aparatos, tanto de navegación como de radio e pode escoitarse unha misteriosa melodía: unhas nenas cantaruxando unha canción.
24 A MALDICIÓN DO COLEXIO Hai dez anos, no colexio a onde eu ía, corría o rumor de que ás tres da mañá, acontecían cousas moi raras. Algúns nenos oíran que era certo, pero outros non. No segundo grupo estaba un compañeiro que se chamaba Alberto. Un día, Alberto quixo poñer a proba o rumor. Gracias a unha panca puido abrir o colexio e entrar. O primeiro que escoitou foi unha música que metía medo, pero Alberto seguiu o seu camiño e púxose a remexer. Primeiro entrou na clase de Primeiro. Nada máis entrar viu algo espallado polo chan: - AAAAAAAAIIIIIIIIIIIII, eran tripas, cerebros e demais organismos que penduraban das mesas e das cadeiras. O berro que deu Alberto seguía retumbando polo Colexio.
Estaba diante de tres bruxas pero que tiñan enriba dos seus ombreiros, as cabezas de tres compañeiras da clase. As tres tiñan ben agarrado un caldeiro do que saía unha araña pero…aquela araña era outra compañeira súa. - Pero, pero, isto non me pode estar pasando a min, por que ????? Alberto, que xa non controlaba os seus movementos, topou coa porta doutra clase. Na porta agardaba por el un ser que parecía saído dun caldeiro de auga fervendo, era Cubanito, pero os seus rizos corrían polo chan como se foran serpes e corrían cara Alberto. Podíase escoitar que lle querían coller o seu cerebro”. Alberto marchou á súa clase, pensando que alí podería ter algo de tranquilidade e cargar forzas para poder saír pero…
Entrando na súa clase, atopou ao mestre Alberto, xa co medo metido no corpo pero aínda tumbado na mesa, era o seu mestre, pero moi raro. O seu mestre era calvo e vello e aquel que non conforme, seguiu o camiño que o levou á estaba estarricado na mesa era un raparigo e clase de Segundo onde un teléfono presidía tiña unha melena que lle chegaba aos pés. a mesa do mestre. Ao collelo escoitou unha Ao ver aquela persoa, igualiña que o seu voz moi parecida á dun compañeiro da clase mestre, que parecía morta, correu escaleiras de Sexto. Aquela voz non paraba de repetirlle abaixo, tentando buscar a saída pero as portas que sería a súa seguinte vítima. A Alberto comezaron a tremerlle as pernas a notou que os pechábanse e os corredores desaparecían. Alberto xa non podía máis e atopou cun seus calzóns estaban algo húmidos. buratiño dun rato por onde saíu. Con moito medo marchou á seguinte clase e alí puido ver outra vítima, era Eneko pe pe pe pe pero tiña tres cabezas. Pero iso non era o peor, o peor era que as tres cabezas falaban á vez e falaban sen parar. A Alberto parecíalle que Eneko viña detrás del e do chimpo que pegou, arrolou todas as escaleiras e parou pero porque non había máis Alberto xa non era dono do que facía e andaba polo Colexio como un espantapaxaros e entrou noutra clase. Parecíalle que vía mal, que vía persoas triplicadas pero non era así.
Dise que os monstros querían asustarse entre eles pero o tema non ía pasar diso. Tamén se di que viviron na clase de Sexto moito tempo ata que se mudaron ao ver que chegaban novas pantasmas, os novos raparigos de Sexto.
Diego Barreiro Montero 6º Ed. Primaria
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
Onde vivimos?”
“
VIVEIRO O topónimo de Viveiro: - Vén do latín, referíase a Vivarium, que é un terreo onde hai árbores e prantas, ou onde se crían peixes, moluscos e outros animais. O nome latino Vivario foi pasando ao través dos anos a: Vivairo, Viveiro e Vivero. Outros historiadores, cren que procede do Celta, sendo “Bi” montaña, e “Ber” empinada, por estar Viveiro baixo unha montaña moi empinada (Monte de San Roque). Por iso, nos escritos antigos, pódese ver con outras variacións: Bibero, Bivero e Vibero. A miña avoa Encarnita, naceu en FERROL. O topónimo de Ferrol, pode ter varias orixes: - A primera, di, que o nome vén dos Santos Ferreol e Xulián, que eran dous soldados da Galia, e xemelgos, e que foron asasinados por ser cristiáns. Así, chámase Ferrol por San Ferreol, e San Xulián é o patrón da cidade. - Outra interpretación, di que vén do Latín, xa que nestas terras estaba a “Vila Ferreoli”, que pertencía a un señor medieval chamado Ferreolus. - A tradición tamén di, que Ferrol vén de faro ou farol, xa que no escudo de Ferrol, aparece un faro. Pero este escudo aparece no século XVIII, polo que é a teoría menos probable. A miña avoa materna naceu en VALDOVIÑO. De onde ven o topónimo de Valdoviño?
No ámbito da toponimia circulan varios bulos, un deles é que se cre que a orixe do nome Valdoviño vén de “Valle de Aviño”, lugar e regato da zona. É certo que Aviño é unha parroquia da zona pero o regato de tal nome parece difícil de localizar. Tamén é común a crenza que asimila Valdoviño a Valle del vino, pero parece que nunca se cultivou viño en cantidades destacables. Outra suposición é a que di que a zona ao ser un hábitat natural para moitas especies de aves, era o lugar ao que a xente con poucos recursos ían buscar ovos de paxaros ás zona de praia, de alí o nome val do oviño, “valle del huevito”.
25
26 O meu bisavó paterno naceu en OLEIROS. De onde ven o topónimo de Oleiros? O nome deste municipio parece suxerir que no pasado se desenvolvía unha importante actividade alfareira, xa que a palabra galega que designa o oficio alfarero é oleiro Esta actividade alfareira non chegou aos nosos días, polo que os organismos municipais, en homenaxe á historia do concello, promeveron o Museo dos Oleiros e a festa Alfaroleiros, convertindo o municipio en punto de referencia para a cerámica popular. Sen embargo, non existe vestixio de actividade alfareira na comarca, polo que posiblemente o termo faga referencia aos soterramentos que na antigüidade se facían en “ollas cinerarias” ou “ollarios”(oleiros) que si existen no municipio. O topónimo actual oficializouse no ano 1857, cando pasou a chamarse Oleiros en vez de Olérios. ARES O topónimo Ares ten orixe prerromana. Nun texto coñecido dun xeógrafo latino, Pomponio Mela, menciónase no Golfo Ártabro galego un topónimo non identificado nun contexto que moitas edicións reproducen como Alia Ducamaris. O arqueólogo Luís Monteagudo, na década de 1940, suxeriu que podería tratarse dun erro de copia da tradición manuscrita e que esa cita contén a primeira mención do nome da ría de Ares baixo o nome de Anaris. Dese xeito, Alia Ducamaris sería un erro. Se Anaris é efectivamente o vello nome de Ares, estaría emparentado co nome do río da antiga Bética chamado Anas (hoxe Guadiana) ou topónimos galegos como Añobre (antes Aniobre), Ombre (antes Anobre), Arou (Anarou no ano 932) ou o río Dá (antes de Ana). CABANAS O topónimo contén o plural de substantivo cabana, do latín capanna, un termo de orixe prerromana, quizais céltica, que designa certo tipo de construción máis modesta ca unha casa. É relativamente frecuente na toponimia de Galicia, onde se contan máis de 150 localidades coñecidas por ese nome ou derivados, algunhas delas documentadas desde antes do año 1000. O singular Cabana está presente no nome do concello da provincia. CEDEIRA Os escritos do topónimo remontan ao século IX. Os máis antigos non se refiren á vila de Cedeira, senón ao territorio do mesmo nome, que incluía parte dos veciños concellos de Moeche, San Sadurniño e Valdoviño. A orixe do nome de Cedeira parece que vén de galeguizar o termo latín cetaria, derivado de cetus “gran peixe cetáceo” e designaría lugares costeiros caracterizados pola presenza de grandes especies mariñas ou relacionadas coa súa pesca.
O mensaxeiro Ludicol
FENE O topónimo Fene só se rexistra como nome da parroquia no ano 1500. Fene é topónimo único, sen paralelos na toponimia de Galicia nin na doutras áreas peninsulares. A hipótese etimolóxica máis verosímil explícao como o resultado xenitivo Faenii dun nome persoal de orixe latina Faenius, de uso documentado en Hispania. O nome do concello tería entón orixe remota, tal vez no período romano, nunha explotación agrícola (unha villa) dun tal Faenio, villa Faenii. O meu avó Manuel naceu en CANIDO. Hai dúas teorías sobre o significado deste topónimo. A máis probable é a que di que o nome Canido é a combinación de tres conceptos: os antigos casais de labranza, a fonte do río Insua e a zona de Anidos. A miña bisavoa Filomena naceu en MONTEFARO. O seu topónimo vén porque hai moitos anos era un lugar, que por estar moi alto e moi adentrado no mar utilizábano para guiar aos barcos que pasaban pola zona e facíano prendendo fachos que iluminaban o lugar. Existen moitos sitios chamados con este mesmo nome. Pénsase que tiña tamén outra utilidade, que era para delimitar zonas de pesca. A miña avoa é orixinaria dunha parroquia de Narón chamada SEDES, pero é máis coñecida polo nome do “TRECE”. Iso é porque desde hai moitos anos todos os días trece de cada mes celebrábase unha feira agrícola e gandeira con moita sona en toda a comarca. Por mor diso, o alcume da parroquia hoxe en día é o Trece Os meus avós por parte da miña nai son do Concello de MALPICA DE BERGANTIÑOS. O nome de Malpica ten relación cos muíños que había por toda a costa. Hai anos traíase o gran para moer de distintas comarcas do arredor e tiña fama de que as moas dos muíños picábana mal, de aí o nome :“mal picado” que hoxe coñecemos como Malpica.
Nº 17, Decembro de 2021
27
28 LIMODRE Está formado por dúas palabras: “Lim”: que procede do céltico “lïmos/lemos” (olmo) e odre que é a variación da terminación “-ebro” que procede do céltico “altura fortificada como cidadela de refuxio”.
BOIMORTO Boi significaría “pedra” e morto podería vir de “mor” que significa pedra tamén. Outra teoría, menos crible, é que “boi” sexa unha pedra con forma de boi (animal).
PARDERRUBIAS O seu nome débese á cor das pedras que rodean a aldea. “Pedras Rubias”, tinguidas, sobre todo as do Sur, polo efecto erosivo do sol e da auga, ademais dalgún compoñente ferroso que as forman.
MEIRÁS Terreo elevado comparado coa superficie que o rodea.
O VAL Terreo localizado entre elevacións, collendo forma de cunca.
O mensaxeiro Ludicol
MORRIÑA DOS NOSOS COMPAÑEIROS: SAN FERNANDO AMBATO (Ecuador) O nome do pobo débese ao patrono da parroquia: San Fernando. Santo español que chegou á zona, converténdose en protector dos labregos e gandeiros. A súa festa celébrase do 22 ao 30 de maio.
MOA (Cuba) Moitos estudosos da historia local, vinculan o nome do municipio coa presenza da cultura aborixen, fundamentalmente coa Auraca, coñecida tamén como Taímos. Na lingua que falan estes antigos primitivos habitantes, o son M tradúcese como “auga” e o A como sufixo de localización do que se debuxa.
BARACOA (Cuba) Primeira poboación fundada polos españois en Cuba. É a cidade máis antiga en Cuba co nome de Villa de Nuestra Señora da Asunción de Baracoa. Nome de orixe arahueco que significa “tierras altas”
Nº 17, Decembro de 2021
29
30 AS NOSAS TRADICIÓNS VEÑEN POLO COLE Aínda que os tempos non son doados, non por iso debemos esquecer as nosas tradicións e moito menos a carga de ilusión que nos transmiten, aos pequechos do Cole e aos non tan pequechos, xa que se a ilusión por vivir e por seguir acadando os nosos obxectivos vitais nos falta, seremos seres inanimados. Coa intención de manter esa ilusión e a luz das nosas tradicións, acercáronse polo noso Cole os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador, creando un ambiente de festa e de lembranzas. A Comunidade Educativa do Colexio Ludy quere agradecer ás persoas encargadas de argallar estes eventos e á Fundaçom Artabria, o seu compromiso e dedicación na tarefa educativa da nosa rapazada. Grazas e de hoxe nun ano con saúde.
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
31
Artigo de opinión Aproveito un anaco desta revista para falar de algo que, hai moito, ándame na cabeza e considero importante ou polo menos rechamante. Cada vez sorpréndeme máis chegar á aula e que no rincón de xogos de mesa como a oca, o dominó e os puzles, entre outros, haxa nenos e nenas que non saiban que para estes xogos hai turnos, que algúns deles son para facer en grupo e non de maneira individual e que nos puzles hai que mirar o debuxo e construílo entre todos…entre centos de detalles que pasan na aula ao levar a cabo estas dinámicas.
Sen embargo, cando falan de videoxogos, entre eles, observo que á gran maioría non se lles escapa ningún detalle. Non quero entrar en se os videoxogos son bos ou malos. Quero pensar que a idade recomendada destes xogos é a correcta e que as familias fan sempre o mellor para os seus fillos e fillas. Simplemente estou a pensar en voz alta e comparto convosco a miña experiencia. Moitos poderedes pensar que os xogos de mesa non son tan atractivos para os nenos e nenas pero garantízovos que unha vez que saben xogar disfrutan moitísimo. Ademais, teñen a vantaxe de que son xogos para disfrutar en grupo, en familia e axeitados para todas as xeracións. A niña avoa non sabería xogar comigo aoa MarioKart. Sen embargo, témolo pasado moi ben xogando ao parchís, ao bingo,ao dominó… Cos videoxogos, teño visto a nenos e nenas con actitudes violentas, froito da imitación das personaxes ou da frustración de non pasar unha fase. Ademais, estes xogos pódense levar á práctica de maneira individual e fan que se aíllen do resto das persoas dun xeito incrible. Gustaríame, para rematar, que cada un de vós pensarades na infancia e en todo aquilo que vos fixo felices. Inés López Otero Mestra especialista de Ed. Infantil
32 Mónica García Berrmejo está neste momento realizando as prácticas docentes no noso centro. É unha das instrumentistas da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Dende moi pequena tiña claro que o meu futuro ía estar ligado á música. Non sabía de que maneira, nin sequera se podería ser un traballo do que puidese exercer, pero todas as dúbidas se esclareceron cando o meu profesor do conservatorio me propuxo facer as probas á Orquestra Sinfónica de Galicia, na que tiven o luxo de formarme ata este ano e grazas á cal me deron a coñecer entre outras orquestras diferentes. Cando accedín non podía imaxinarme todo o que estaba por aportarme esa experiencia que comezou sendo unha simple proba. Coñecer xente de diferentes sitios e as súas culturas, aprender deles e dos diferentes directores que viñan cada semana, tocar as sinfonías máis escoitadas no repertorio clásico e coñecer outras novas, estudiar a partitura para que che den o papel máis importante, ver que aqueles músicos aos que te querías parecer e seguir o seu exemplo agora son os teus compañeiros e, algún que outro atreveríame incluso a decir, os teus amigos. Pois sen dúbida, o feito de estar rodeado de tanta xente coa que compartes o mesmo obxetivo coa mesma ilusión, que é facer música, crea vínculos canto menos moi especiais. Subirse a un escenario e tocar cunha orquestra profesional de música é a mellor sensación que puiden experimentar nos meus anos de carreira. Sentirte profesional no medio
de tantos mestres sacando a diante o teu papel, fluir coa orquestra e compartir co público o regalo máis valioso que temos: o tempo. O tempo que cada músico da orquestra invierteu na súa co seu intrumento para estar en forma e poder ofrecerlles música ao público, o tempo de todos os ensaios que unha sinfonía esconde (que non soen ser poucos), o tempo do público, que nos regala o único que non vai poder recuperar, e que decide invertilo en música coa que pasar un bo rato… Podería seguir relatando todas as sensacións que me produce subirme ao escenario, pero todo ese conxunto de emocións gústame definilo con un nome, Maxia. Mónica
O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
33
34