1 minute read

o Artigo de opinión. Inés López

Next Article
o 6º Ed. Primaria

o 6º Ed. Primaria

Artigo de opinión

Aproveito un anaco desta revista para falar de algo que, hai moito, ándame na cabeza e considero importante ou polo menos rechamante. Cada vez sorpréndeme máis chegar á aula e que no rincón de xogos de mesa como a oca, o dominó e os puzles, entre outros, haxa nenos e nenas que non saiban que para estes xogos hai turnos, que algúns deles son para facer en grupo e non de maneira individual e que nos puzles hai que mirar o debuxo e construílo entre todos…entre centos de detalles que pasan na aula ao levar a cabo estas dinámicas.

Advertisement

Sen embargo, cando falan de videoxogos, entre eles, observo que á gran maioría non se lles escapa ningún detalle. Non quero entrar en se os videoxogos son bos ou malos. Quero pensar que a idade recomendada destes xogos é a correcta e que as familias fan sempre o mellor para os seus fillos e fillas. Simplemente estou a pensar en voz alta e comparto convosco a miña experiencia.

Moitos poderedes pensar que os xogos de mesa non son tan atractivos para os nenos e nenas pero garantízovos que unha vez que saben xogar disfrutan moitísimo. Ademais, teñen a vantaxe de que son xogos para disfrutar en grupo, en familia e axeitados para todas as xeracións. A niña avoa non sabería xogar comigo aoa MarioKart. Sen embargo, témolo pasado moi ben xogando ao parchís, ao bingo,ao dominó…

Cos videoxogos, teño visto a nenos e nenas con actitudes violentas, froito da imitación das personaxes ou da frustración de non pasar unha fase. Ademais, estes xogos pódense levar á práctica de maneira individual e fan que se aíllen do resto das persoas dun xeito incrible.

Gustaríame, para rematar, que cada un de vós pensarades na infancia e en todo aquilo que vos fixo felices.

Inés López Otero Mestra especialista de Ed. Infantil

This article is from: