6
Educación Infantil, 3 anos.
Proxecto dos caracois
Para sentirnos máis acompañados,
este primeiro trimestre viñeron visitarnos uns animais ben feitiños, OS CARACOIS! Para que se sentiran cómodos con nós fixémoslles unha casiña, puxémoslles auga e varios tipos de comida para ver que lles gustaba: galletas, herba, cenorias... Quedamos abraiados cos buratos que fan nas cenorias! Aproveitando a súa estancia, investigamos sobre eles para coñecelos mellor. Entre outras cousas, observámolos con lupa e descubrimos que non teñen dous cornos, senón 4, dous grandes e dous pequenos. Tocamos o seu corpo, que é brando e a súa cuncha dura, aínda que tivemos que ter coidado xa que a dos caracois máis pequenos era máis fráxil. Outra cousa que nos sorprendeu moito foi a súa baba, que pegañenta! Grazas pola vosa visita amigos, imos extrañarvos! Que ben o pasamos!!