32 Mónica García Berrmejo está neste momento realizando as prácticas docentes no noso centro. É unha das instrumentistas da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Dende moi pequena tiña claro que o meu futuro ía estar ligado á música. Non sabía de que maneira, nin sequera se podería ser un traballo do que puidese exercer, pero todas as dúbidas se esclareceron cando o meu profesor do conservatorio me propuxo facer as probas á Orquestra Sinfónica de Galicia, na que tiven o luxo de formarme ata este ano e grazas á cal me deron a coñecer entre outras orquestras diferentes. Cando accedín non podía imaxinarme todo o que estaba por aportarme esa experiencia que comezou sendo unha simple proba. Coñecer xente de diferentes sitios e as súas culturas, aprender deles e dos diferentes directores que viñan cada semana, tocar as sinfonías máis escoitadas no repertorio clásico e coñecer outras novas, estudiar a partitura para que che den o papel máis importante, ver que aqueles músicos aos que te querías parecer e seguir o seu exemplo agora son os teus compañeiros e, algún que outro atreveríame incluso a decir, os teus amigos. Pois sen dúbida, o feito de estar rodeado de tanta xente coa que compartes o mesmo obxetivo coa mesma ilusión, que é facer música, crea vínculos canto menos moi especiais. Subirse a un escenario e tocar cunha orquestra profesional de música é a mellor sensación que puiden experimentar nos meus anos de carreira. Sentirte profesional no medio
de tantos mestres sacando a diante o teu papel, fluir coa orquestra e compartir co público o regalo máis valioso que temos: o tempo. O tempo que cada músico da orquestra invierteu na súa co seu intrumento para estar en forma e poder ofrecerlles música ao público, o tempo de todos os ensaios que unha sinfonía esconde (que non soen ser poucos), o tempo do público, que nos regala o único que non vai poder recuperar, e que decide invertilo en música coa que pasar un bo rato… Podería seguir relatando todas as sensacións que me produce subirme ao escenario, pero todo ese conxunto de emocións gústame definilo con un nome, Maxia. Mónica