O mensaxeiro Ludicol
Nº 17, Decembro de 2021
23
6º de Educación Primaria
HISTORIAS PARA O SAMAÍN A LENDA DAS XEMELGAS Preparoulles o almorzo e saíron á rúa con moita présa. Como cada día, levaba as súas fillas xemelgas ao colexio. Camiñaban cantaruxando unha cantiga e collidas da man, cando o teléfono soou no seu peto. Era do seu traballo e pedíanlle que fora cara á oficina, acontecera algo grave. A nai díxolles ás xemelgas que continuaran soas xa que coñecían ben o camiño. Só dera vinte pasos cando o ruído dun forte golpe e un freazo fixo que voltara a cabeza cara a onde deixara ás súas fillas. Os corpos das xemelgas xacían debaixo dun camión, aínda collidas das mans. A muller caeu nunha profunda tristura da que puido saír cun novo embarazo. Polo mandar do destino, as dúas xemelgas estaban collendo vida xa que o parto tamén ía ser de xemelgas. Cando chegou o tempo e deu a luz, a semellanza coas rapazas falecidas, asombrou ao vecindario. A medida que as nenas medraban, a nai volveuse máis e máis protectora xa que a idea de poder perdelas tamén, sempre estaba na súa cabeza. Un día, de camiño ao colexio, as xemelgas adiantáronse e corrían baixo a atenta ollada da súa nai. En canto puxeron un pé na estrada, parounas cun gande berro. Berroulles que nunca atravesaran sen a súa compaña. As xemelgas respostáronlle que non pensaban facelo, que xa as atropelaran unha vez. “Mamá, non voltará suceder”. Algúns condutores aseguran que, ao pasar por ese traxecto da estrada, unhas interferencias cóanse nos seus aparatos, tanto de navegación como de radio e pode escoitarse unha misteriosa melodía: unhas nenas cantaruxando unha canción.