O Mensaxeiro Ludicol 17

Page 19

O mensaxeiro Ludicol

Nº 17, Decembro de 2021

19

5º de Educación Primaria

VISITA AO MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA DA CORUÑA Levabamos moito tempo agardando este día, e ó fin chegou. Hoxe o alumnado de 5º de Primaria visitou o MUNCYT, na cidade da Coruña. A visita ó museo estivo repartida en dúas partes. Na primeira, viaxamos ao través das diferentes dependencias do museo. Durante a travesía fomos descubrindo curiosidades sobre os diferentes avances tecnolóxicos e sobre a repercusión dos mesmos, a nivel medioambiental, tecnolóxico e humano. Alí puidemos desfrutar das máquinas que proxectaron as primeiras películas da historia do cine, dun traxe feito para soportar baixas temperaturas e alta presión, do cal tomou un patrón a NASA para os traxes espaciais,dunha especie de libro electrónico arcaico (tendo en conta a época, hai que recoñecer o mérito e a creatividade da inventora), dun exemplar do primeiro modelo de coche fabricado en serie, da lámpada dun dos faros mais prestixiosos da nosa costa, diversos motores, motocicletas e demais curiosidades… Do que máis disfrutamos foi converternos, por un

intre, na tripulación de cabina dun Boing 747 e admirar todo o que alí dentro había. Trala visita ó museo, decidimos cambiar de aires e converternos en científicos. Así puidemos investigar sobre as diferenzas entre as “mesturas” e as “reaccións químicas” ao través de varios experimentos manipulativos. Foi moi divertido! Os contidos tratados na visita ao museo, permitiron afondar no traballado da aula, nas asignaturas de ciencias, particularmente no relacionado co coidado do medio ambiente, a contaminación e a reciclaxe. Un curioso dato que aprendemos durante a visita, foi a procedencia do material do que están construídas as estruturas dos asentos dos avións. Isto avivou a curiosidade, e a posibilidade de investigar sobre o tema. Ocorréusenos a posibilidade de calcular, de maneira aproximada, o número de latas necesarias para reciclar a cantidade de material necesario para algunha das estruturas e, se a situación e as circunstancias o permiten, tentar de recollelas, entre todos, dos espazos naturais, poñendo así, o noso gran de area para ter un planeta máis limpo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
O Mensaxeiro Ludicol 17 by Revistas Colexio Ludy - Issuu