O Mensaxeiro Ludicol 17

Page 17

O mensaxeiro Ludicol

Nº 17, Decembro de 2021

17

4º de Educación Primaria Durante este trimestre está con nós unha alumna de prácticas do Grao en E.Primaria da USC, tanto en 4º como en 1º de Primaria, e non é outra que Laura Couto que empezou na Escola Infantil cando aínda non tiña un ano e estivo como alumna no colexio ata 6º de Primaria. Dada a súa relación co noso cole, os alumnos de 4º, fixéronlle unha entrevista para saber cales son as súas sensacións ao volver dun xeito tan distinto. - Cantos anos tes? - 20. - Tes irmás? - Sí. Un de 25 anos. - Por que escolliches este colexio para as túas prácticas? - Sempre quixen voltar e reencontrarme cos mestres. Tamén recordar moitos momentos vividos aquí porque téñolle moito cariño a este centro. - Por que che gusta este colexio? - Porque todos os mestres son moi cercanos e sempre fan que te sintas como na casa. - Cal era a túa materia preferida? - E. Física porque sempre me gustou moito o deporte. - Como eran os nenos de antes? Máis tranquilos? - Sí. E xogaban moito máis porque non tiñamos tantos videoxogos e internet. - Gústache debuxar? - Gústame, pero nunca se me deu moi ben. - Que queres ser, mestra ou directora? - Gústame máis ser mestra dos nenos nos primeiros cursos de Primaria. - Gústache Peti, a mascota do cole? - Sí, paréceme unha iniciativa moi boa para identificala co colexio, ademais de que é moi bonita. Cando eu estudaba aquí aínda non

estaba. - Cales foron os teus mestres aquí? -Na Escola Infantil: Amali, Inés e Alba. - En Infantil, Teté e Manoli e en Primaria: Carmen, Celia, María José, Teresa e Miguel. - Cal foi o teu mestre favorito? - Non tiven un mestre favorito, pero Manoli, Inés e Manuel sempre me coidaron moito. Non podería escoller un porque sempre estiven moi cómoda con eles e cos meus compañeiros tamén. - Falabas moito en clase? - Non era das que máis falaba, pero tampouco estaba calada. - Pareceuche fácil estudar neste cole? - Nunca tiven problemas porque os mestres axudaban moito. - Que é o que máis che gustou da nosa aula? - A decoración cos vosos debuxos e o ambiente que hai. Gústanme tamén os traballos do 25 N porque paréceme importante reivindicalo todo o ano e non soamente un día. - Cal foi a túa excursión favorita cando estabas aquí? - Cando estaba en 6º e fumos a Madrid durante tres días. Paseino moi ben e estaba nevando, foi xenial. Teño moitos recordos desa viaxe. Laura, esperamos verte o curso que vén outra vez aquí. Moitas grazas polo teu esforzo, por entendernos, axudarnos e sobre todo, escoitarnos. Tiveches moita paciencia con todos nós e pasámolo moi ben contigo. Botarémoste moito de menos! Volve sempre que queiras ao teu cole, o Ludy.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
O Mensaxeiro Ludicol 17 by Revistas Colexio Ludy - Issuu