RAÑOLAS 22-23 I (IES Otero Pedrayo, Ourense)

Page 1

rañolas revista

curso 22-23

departamentos e proxectos, muller, literaria, entrevistas, excursións, audiovisual e arredor de otero

ENSINO PÚBLICO ENSINO

DE CALIDADE

SAÚDO

01. DEPARTAMENTOS E PROXECTOS

1.1. Horto escolar.

1.2. Proxecto Terra.

1.3. Entroido Interxeracional.

1.4. Educación Física. Como somos?

1.5. Orientación: Engánchate ao voluntariado.

02. MULLER

2.1. Muller e Poesía.

2.2. Muller e Medios de Comunicación.

2.3. Mulleres deportistas no IES Otero Pedrayo.

03. LITERARIA

3.1. Poesía …

3.2. Conto. Javier Fontenla.

3.3. Cor e poesía.

3.4. Tertulias do Liceo: Dous libros que se dan a man.

04. ENTREVISTA

4.1. Xurxo Souto.

05. EXCURSIÓNS

5.1. Grecia.

5.2. París.

5.3. Granada. Semana Branca.

6. AUDIOVISUAL

6.1. As bestas.

7. ARREDOR DE OTERO

7.1. Otero volve á academia.

7.2. Otero e o fútbol.

Ramón Otero Pedrayo, Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

Por fin, coroamos a cima! Despois de dous anos de costas empinadas e pedregosas provocadas pola pandemia, este curso comezámolo no cume, deixando atrás todo o malo, volvendo á normalidade. E a normalidade no Otero Pedrayo é sinónimo de ilusión, alegría, actitude activa e positiva, superación, esforzo…, VIDA. Como dicía o patriarca das nosas letras na cita coa que abrimos este editorial, “hai soamente cousas vivas e mortas”; nós queremos as primeiras; nós queremos un centro vivo e dinámico; nós queremos un profesorado e un alumnado implicado, capaz de proporse metas e de conseguilas. E témolo. E comezou setembro dando o 100% e vai rematar xuño do mesmo xeito.

Non hai cousas vellas nin novas, hai soamente cousas vivas e mortas e non as determina a idade, senón o sopro interior que as anima.

Isto levou a que no curso presente non contaramos cun só bacharelato de excelencia, senón con dous, un da rama de Ciencias e un da de Letras; a que desenvolveramos diferentes proxectos de innovación educativa, centrados na igualdade, na integración, na saúde, no noso territorio…, contidos transversais necesarios nunha educación de calidade. Tamén levou a que participaramos en practicamente todas as Olimpíadas (de Filosofía, de Xeografía, de Matemáticas, de Bioloxía, de Química…), a que celebraramos festas populares (Magostos, Maios…) e datas sinaladas (Día de Rosalía, Día da Arte, Día do Libro, Día da Poesía, Día da Música, Día da Educación Física na Rúa, Mes das Letras…), tiveramos exposicións no centro para toda a comunidade educativa (Abstratom, por exemplo); clubs de lectura para pequechos (“Club aleitando”) e adultos; tertulias literarias, teatro en inglés, francés, galego..., competicións deportivas intercentros, visitas guiadas ao noso Museo Pedagóxico; actos de graduación para 4º ESO e 2º BAC; festivais de Nadal e fin de curso ou conferencias de índole completamente distinta: matemáticas, físicos, químicos, reclusos do penal de Pereiro de Aguiar, escritores e escritoras, educadoras sociais, pscólogas e un longo etcétera. Todo isto complementouse coas viaxes culturais de un día (Sanabria, Tui, A Coruña, Lugo, Cambados...) ou varios días (semana branca en Sierra Nevada, Asturias, Cantabria, O Porto, Londres, París...). Recuperamos o intercambio co alumnado francés, que tanto estrañamos nos dous últimos anos e, tamén moi importante, fixemos o noso Museo Pedagóxico máis inclusivo, incorporando a varias das vitrinas a linguaxe de signos, xunto coas catro linguas xa existentes. E, como non podía ser doutro xeito, sacamos un ano máis a nosa xoia da coroa, A Revista Rañolas, que garda a esencia do noso centro, compendia o noso día a día, dálle voz a profesorado e alumnado. Como vos pedimos sempre, lédea, relédea, gozádea..., facédea vosa. Din que “a lectura é soñar cos ollos abertos”, así que, SOÑEMOS.

O equipo directivo

departamentos e proxectos

1.1. Horto escolar.

1.2. Proxecto Terra.

1.3. Entroido Interxeracional.

1.4. Educación Física. Como somos?

1.5. Orientación: Engánchate ao voluntariado.

HORTO ESCOLAR

ACTIVIDADE 1. Limpeza do horto exterior

ACTIVIDADE 2. Plantación de berza galega

Continuando co proxecto levado a cabo nos atnerirores anos – Aliméntate ben – o alumnado de 1 da ESO está participando no desenvolvemento e conservación do Horto Escolar. Nas dúas primeiras tarefas, levadas a cabo ao inicio do curso, o alumnado realizou os labores de limpeza e acondicionamiento do horto para poder poñer as novas colleitas. Para comezar, os pequenos labregos plantaron berza galega, ingrediente fundamental para facer un bo caldo.

ACTIVIDADE 3. Limpeza do horto interior.

ACTIVIDADE 4. Plantación de freseiras e semente de chícharos e perexil.

Nas tarefas 4 e 5, o noso alumnado adicouse a limpar o horto interior, destinado a plantas máis pequenas ou ornamentais. Este labor levouse a cabo durante o mes de xaneiro, nada máis comezar a 2ª avaliación, unha época moi apropiada para a semente dalgunhas legumes, coma os chícharos, ou plantas froitais, como as amorodeiras.

ACTIVIDADE 5. Póster sobre a ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Cumprindo cun dos obxectivos do proxecto Alimentate ben, o alumnado de 1º da ESO elaborou diferentes pósters nos que traballou a alimentación saudable e a importancia da calidade dos alimentos que inxerimos, algo que é fundamental á hora de establecer unha dieta completa e rica en nutrintes.

PROXECTO TERRA

Este curso dende o Equipo de Lingua Galega participamos nun dos Proxectos de Innovación Educativa que oferta a Consellaría de Educación en Colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza: o PROXECTO TERRA.

Na páxina web do Proxecto fixan os seus obxectivos :“Este proxecto quere mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, espazos e lugares nos que habita.

“Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.”

A participación no Proxecto Terra no noso IES engloba varias actividades:

O CASCO HISTÓRICO DA CIDADE DE OURENSE NO CURRÍCU

LO EDUCATIVO DO IES OTERO PEDRAYO

• Coa colaboración de varios departamentos elaboraremos unha Memoria de traballo do curso 22/23 que aunará as activi dades que desenvolven no casco histórico da cidade de Ourense: Visita ao Ourense medieval/Dpto. Xeografía e Historia,Visita polo Ou rense literario/Dto. Lingua e Literatu ra Galega, Actividade de Orientación Roteiro da Esmorga/ Dpto. de EF e Obradoiro de Debuxo ao Natural de elementos arquitectónicos no Casco Ve llo de Ourense/ Dpto. De Plástica.

OBRADOIRO: URBANISMO CON PERPECTIVA DE XÉNERO

• Dende o Proxecto Terra ofertan un amplo abano de obradoiros / sementeiras. O alumna do de 4º ESO asistiu a este didáctico e nece sario obradoiro que se desenvolveu en dúas sesións.

Na primeira sesión Begoña Garrido, responsábel do obradoiro, falou da formación e construción dos espazos da cidade.Explicou conceptos como espazos neutros,cortornas amábeis, contornas hostís en función de quen sexa o usuario.Fixo fincapé nas necesidades dende un punto de vista de muller, moza , nena. A partir de aí, por grupos e con mapas da cidade, a rapazada detectou e anotou necesidades nesta liña: falta de iluminación en certas zonas,accesos incómodos ou inexistentes para as persoas que portan carros, cadeiras de rodas, habitualmente mulleres coidadoras. Foron, pouco a pouco, detectando necesidades de toda a cidadanía e apuntándoas nos seus mapas. Na segunda sesión houbo unha posta en común entre todos os grupos, na que intentamos reunir todas as propostas nun só mapa.

Por último, elaboramos instancias,coas necesidades detectadas que foron unificadas nun modelo oficial que será remitido aos responsábeis de Urbanismo da Cidade para que as teñan en conta en proxectos futuros.

VISITA Á CIDADE DE LUGO

Esta programada para o 26 de abril unha viaxe didáctica á cidade de Lugo.Optamos por solicitar esta cidade, xa que acostuma ser un unha das cidades menos coñecida polo alumnado.

Dende o Equipo de Lingua Galega consideramos fundamental a participación do alumnado nestes Proxectos que sitúan ao alumnado e a nós, profesores, en dinámicas diferentes ás habituais favorecendo adquisicións de contidos trasversais e tamén de currículo. Particularmente consideramos o PROXECTA TERRA acaído para o noso Departamento pola centralidade que ten a xeografía, arquitectura, medio natural e por suposto a lingua de Galiza en todas as actividades. Porque coñecer é normalizar e nesa xeira andamos.

Elvira Moroño (Coordinadora EdlG e do Proxecto Terra)

ENTROIDO INTERXERACIONAL dende o Centro de Día da Farixa

O Entroido en moitos puntos de Galicia e en especial na provincia de Ourense é tradición, historia e sentimento, pero tamén hai espazo para o cambio e o intercambio nestas datas.

Por iso, este momento é unha gran oportunidade para poñer en marcha un proxecto interxeracional, pois esta festa é común a todas as idades. Tendo en conta os cambios culturais, todas as xeracións entenden o Entroido de tal forma que poden atopar diferentes puntos de unión e a partir de aí crear algo propio de maneira conxunta. Despois do letargo que nos proporcionou a “pandemia”, este ano retomamos o “Entroido Interxeracional entre o Centro Interxeracional de Ourense e o I.E.S Ramón Otero Pedrayo” na súa segunda edición, xa que a primeira se realizou no ano 2020. Foi un festexo no que desfilaron comparsas formadas polos alumnos e alumnas e os membros do Centro Interxeracional con diferentes temáticas de disfraces e posterior exhibición dunhas espectáculares coreografías.

Dende o Centro Interxeracional todas aquelas persoas que quixeron participar, previamente, uníronse aos grupos de comparsas de 3º da ESO e, de xeito conxunto, decidiron a temática dos disfraces, planificaron e ensaiaron as coreografías

ao longo de diferentes encontros programados. E chegou o día! O 17 de febreiro, nas instalacións do I.E.S Ramón Otero Pedrayo, o alumnado e as persoas do Centro Interxeracional compartiron e gozaron da festa do Entroido representando aos moteiros máis heavys da contorna xunto cos protagonistas das praias galegas conxugandose nun único grupo con unha mesma coreografía final. E non esquecemos á nosa deusa grega do Centro Interxeracional que compartiu pasos de baile, emoción e camaradería xunto co resto de deuses e deusas do Otero. Sen cabida a prexuízos, sen importar a idade e sempre festexando a vida.

O obxectivo fundamental destes encontros, foi aproveitar a oportunidade que permite un tempo e un espazo de enriquecemento mutuo entre os participantes coñecendo a persoas que se atopan nunha etapa da súa vida diferente, diferentes da súa familia e podendo desmontar estereotipos ou prexuízos que puidera haber respecto a persoas de idades diferentes. Luz, participante do centro interxeracional dinos: “Pasámolo moi ben, pero o mellor de todo foi o que estes cativos e cativas nos ensinaron… o compromiso, a empatía, a igualdade e o aga-

rimo que desprenden en todo o que fan”. Para Teresa, deusa grega do centro interxeraciona,l “Esta dicia estaba no aire e o mellor de todo o apoio recibido polas miñas compañeiras e compañeiros da comparsa”.“ Para o ano repito, foi moi gratificante compartir cos cativos e cativas o festexo do entroido”, expresaba Carmen, moteira do centro.

Con este proxecto propoñemos desmitificar as barreiras da distancia entre xeracións dando cabida á participación e empoderamento de todas as persoas independentemente da súa idade, do seu momento vital, do seu estado físico e cognitivo. As relacións interxeracionais amosan a importancia e subliñan o impacto positivo que teñen as xeracións máis novas sobre as maiores e viceversa.

Somos Clara Marra, Aroa Vázquez e Martina Domínguez, alumnas de 3º ESO B que participamos no Proxecto Interxeracional este curso. A actividade consistiu en preparar unha coreografía para a celebración do Entroido en conxunto coas persoas do Centro Interxeracional da Farixa. A nós dende o principio pareceunos unha idea xenial e encantounos que contaron con nós para este proxecto.

Son Clara Marra Vázquez. “A min este proxecto pareceume unha boa idea para coñecer a xente doutras idades e poder aprender eles de nós e nós deles en moitas cousas. Dende o primeiro momento conectamos moi ben con elas e empezamos a ensinarlles o bailes, adaptándose perfectamente ao que tiñamos pensado e adaptamos algúns pasos do noso baile ás súas ideas. As persoas do centro de Día repartíronse entre os tres grupos. Pareceume unha moi boa experiencia e gustariame repetila para o ano que vén.”

“Eu son Aroa Vázquez Fernández e xa cando nos dixeron a idea deste proxecto tiña moitas ganas de empezar. Xa o primeiro día cando viñeron ao instituto e estivemos cos maiores sabía que ía aprender moito e que ía pasalo moi ben. Non me confundín nisto. Encantoume disfrutar desta experiencia e espero que se siga facendo, xa sexa connosco ou con outros rapaces e rapazas.”

“Agora é o meu turno. Son Martina Domínguez Pereira e a experiencia pareceume moi bonita. Paseino moi ben e disfrutei moito. Aprendín deles e eles creo que tamén aprenderon moitas cousas de nós. Durante a actuación disfrutei moito e encantoume como o fixemos. Non gañamos pero non pasa absolutamente nada. O importante é participar e pasalo ben, cousa que fixemos indubidablemente. Repetiríao moitas veces máis.”

A conclusión final que sacamos da experiencia é que non debemos tratar aos maiores como se fosen nenos, xa que nos poden ensinar moitas cousas que non sabemos.

ENTROIDO INTERXERACIONAL a participación do alumnado

COMO SOMOS?

No primeiro trimestre deste curso, parte do noso alumnado de bacharelato realizou unha enquisa entre os seus compañeiros da ESO, para saber como andamos de hábitos saudables. Unha vez recompilados os datos, chegaron ás seguintes conclusións:

1 - Alimentación:

Maioritariamente fanse as tres comidas principais do día, sendo o 50% os que realizan as cinco, pero aínda temos alumnado que non almorza a pesar da súa importancia no rendemento académico.

É máis preocupante o tipo de alimento inxerido xa que só o 50% comen froita e verdura a diario chegando a un 20% os que non a proban nunca, co importantes que son para o aporte de vitaminas e minerais, para durmir ben, para crecer, para aumentar as defensas, para concentrarse no estudo, para recuperarse do esforzo, para ter unha pel saudable, en fin, para moitísimas cousas boas.

Tamén é alarmante que unha porcentaxe demasiado alta de rapaces inxiren lambetadas a diario, aumentando o consumo segundo avanzamos nos cursos, ao revés do que ocorre cos refrescos e bebidas enerxéticas dos cales se reduce o consumo segundo nos imos facendo maiores, aínda que sempre por encima dun numerosísimo 50% do alumnado que as consume frecuentemente. Tede coidado, porque o abuso do azucre das lambetadas e refrescos ademais de estragar os dentes, acércanos á diabetes, enfermidade cada vez máis frecuente na xente nova.

2- Actividade física:

Trátase este dun apartado moi positivo en canto a hábitos saudables do noso alumnado , pois un 80% realiza actividade física de maneira habitual fóra do instituto o que, xunto coas horas da materia de Educación Física, cumpre coas recomendacións diarias de práctica motriz.

3 - Hábitos nocivos:

A sorprendente cantidade de rapaces de 1º ESO que fuman case a diario vese reducida a medida que pasan os cursos ata que o número de fumadores chega a ser algo anecdótico en 4º da ESO. Lembrade que o tabaco non só mata antes de chegar a vello, senón que vos resta calidade de vida, por ser a causa de moitas enfermidades, por facer que te canses moi pronto e por manterte escravizado dun hábito que che vai impedir estar en moitos ambientes (restaurantes, pubs, concertos, cines, espectáculos deportivos,...)

En canto ao consumo de alcol un 40% do alumnado consume para saír de festa o que nos ten que facer reflexionar de cara a atopar formas de diversión máis saudables.

Por outra banda, cerca do 70% de noso alumnado pasa máis de 5 horas diarias utilizando o teléfono

móbil e un sorprendente 80% dorme ou tenta durmir con el acendido. Pensa na cantidade de cousas que podes facer en todo ese tempo perdido diante do móbil, pero, sobre todo, se queres recuperar o teu descanso, a túa saúde mental, a túa enerxía para o deporte e para o estudo, a ledicia e as ganas de facer cousas, apaga o móbil pola noite e desfruta do efecto reparador dun bo sono sin interrupcións.

Algúns dos vosos compañeiros quixeron comentar os resultados da enquisa:

Xiana Rodríguez Cuquejo:

“En primeiro lugar mencionar a cantidade de alumnos que fan deporte fóra do instituto. É evidente que os resultados son positivos, xa que o 78% afirma que si que realiza actividades deportivas fóra do recinto de educativo, aínda que un 22% restante non as realiza. Aínda así, penso que estás cifras poderían mellorar, xa que cada día hai máis interese nestas actividades.

En canto aos datos de cantas horas usan o móbil no día, máis dun 40%, indicaron que o utilizaban máis de seis horas. Estes resultados son moi negativos, aínda que non me sorprenden, xa que actualmente os aparellos electrónicos están moi presentes na nosa vida, sobre todo na dos adolescentes.

A continuación, máis dun 80% dos enquisados afirman que nunca fuman, o que me parece un resultado moi positivo, xa que é un hábito moi malo.

Sobre a frecuencia coa que se consome alcol, o 50% di que nunca o toma. Estes resultados son máis negativos ca os do tabaco, aínda que eu esperaba que fosen peores, xa que cada vez é maior a cantidade de rapaces que beben alcol, e menor a idade coa que comezan a tomalo. En relación ao consumo de froita e verdura, penso que os resultados son bastante bos, aínda que poderían e deberían ser mellores.

Por último, falarei do consumo de refrescos, ao que un 40% contesta con frecuencia. Esperaba peores resultados xa que está bastante aceptado na sociedade o abundante consumo de refrescos por adolescentes e rapaces máis pequenos. Estes datos son moi mellorables.”

Hugo Peiteado:

“Podemos observar que o 80% do alumnado fai deporte fóra do instituto. Pódese apreciar que a maioría ten interese pola actividade física, aínda que é unha mágoa que o 20% non faga ningún deporte. A problemática da actualidade, a tecnoloxía. A maioría de xente pasa moito tempo co móbil e hai que reducilo.

Sobre os datos que tratan o consumo de tabaco e alcol, por sorte moitas persoas non consomen ningunha destas substancias, pero hai unha pequena cantidade preocupante que si o fai.

En relación á frecuencia no consumo froitas e verduras, o porcentaxe de persoas que as comen a diario é baixo, xa que as recomendacións son en maior proporción e diariamente e, en canto aos refrescos, o número de persoas que os toman moitos días está moi cerca dos que os toman case nunca e creo que se deberían reducir estas cifras.”

Xiana Blanco Cidón:

“O 80% dos entrevistados realizan un deporte fóra do instituto o que é moi positivo. Isto demostra o interese que ten a xuventude en practicar un deporte . Resulta unha pena que o 20% non realiza ningún deporte e perden unha gran valía do deporte : facer amigos e mellorar a súa saúde.

Un dos grandes problemas que ten a sociedade actual: a adicción á pantalla. Xa todos sabemos que é unha moi boa ferramenta de traballo, pero hai que saber controlar o seu uso xa que a maioría dos enquisados respondeu que a usa máis de 6 horas nun día. Sobre o consumo de alcol e tabaco é un alivio que a resposta menos marcada sexa a de todos os días , e unha alegría que a maioría aínda non fumen nin beban.

Sobre o ámbito de nutrición: en canto a froita os datos non están mal pero poden mellorarse, xa que recomendan comer 5 pezas de froitas e verdura todos os días. Hai alumnado que non come verduras nin froita nunca e iso debería cambiar.

En tema de refrescos e bebidas enerxéticas unha das opcións máis marcada foi case nunca, e iso está ben así evitaremos as pedras nos riles que se xeran por excesivo consumo destes.”

Rocío González:

“En canto ao deporte, a gran maioría realízao pola súa conta, o que é moi positivo, xa que mostra que un gran número de persoas elixen esta actividade no seu ocio. Na enquisa pódese observar que unha porcentaxe elevada de alumnos/as nunca beben ou fuman e é son un número moi baixo os que o fan frecuentemente. Tamén é moi positivo ver a dieta dos adolescentes e como de novo a gran maioría toma froita e verdura, aínda que mellorable.Sin embargo, en canto aos refrescos, aínda que moitos “case nun-

ca” ou “nunca” os toman, son moitos os que os toman “todos los días”. Estas bebidas non se deberían tomar moi a miúdo debido aos azucres e deberíamos racionalizar o consumo.

Agás un 20% de alumnado, o resto pasa máis de 3 horas co teléfono ao longo do día, tempo perdido para realizar outras actividades máis produtivas e beneficiosas para nosa saúde, como facer deporte ou socializar.

As cifras, en xeral, eu creo que son bastante boas, aínda ditos aspectos deberían tratar de mellorarse.”

Anele Franqueira:

“ Unha das preguntas fainos reflexionar a cerca da cantidade de persoas que fan deporte fóra do instituto ás nosas idades. Na táboa podemos observar que o 78 por cento dos enquisados responderon afirmativamente . Isto demostra o interese que ten a xuventude hoxe en día pola práctica de distintas disciplinas deportivas, porén é unha mágoa que o 22 por cento dos enquisados estean perdendo a oportunidade de realizar unha actividade tan boa para a saúde coma o é o deporte.

En segundo lugar, vemos que a seguinte pregunta trata un dos grandes problemas da actualidade: as tecnoloxías. As respostas amosan a nosa grande adición, xa que a maioría recoñeceu que pasa máis de 6 horas diarias no seu móbil e, a pesar de todas as vantaxes deste dispositivo, reducir ese valioso tempo que pasamos con el podería permitirnos realizar outras actividades máis frutíferas (coma socializar en persoa ou facer deporte).

Nas dúas preguntas que temos a continuación cuestionábase acerca do consumo de alcol e tabaco.  Afortunadamente, a maioría dos enquisados non consume ningunha destas sustancias nocivas para a nosa saúde. Porén, existe unha preocupante minoría que si que o fai, xa sexa “todos os días”, “nas fins de semana” ou “ás veces”.

A quinta e a sexta pregunta amósannos a frecuencia do consumo de froita e verdura. As respostas “moitos días” e “ás veces” foron as máis elixidas e aínda que só o catro por cento no caso das froitas e o cinco no das verduras respondeu “nunca” o porcentaxe de persoas que comen estes alimentos “todos os días” é máis baixo do desexado, tendo en conta que é o máis recomendado.

Por último, os refrescos. Neste caso son consumidores “case nunca” o 40 por cento dos enquisados e “nunca” o 16 por cento. Porén o número de persoas que toman estas bebidas moitos días case iguala ao dos que os toman “case nunca” e esta cifra debería ser reducida.”

Departamento de Educación Física

Engánchate ao voluntariado

Dende o Departamento de Orientación organizouse a actividade “Engánchate ao voluntariado” que é unha iniciativa promovida pola Fundación Barrié e o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e executada pola Asociación APES (Prevención e Educación Social). O obxectivo é fomentar o voluntariado xuvenil como unha alternativa de relación social equilibrada e de prevención de condutas predelictivas entre estudantes de ESO. Para isto catro persoas reclusas do centro penitenciario de Ourense impartiron unha charla ao noso alumnado de 1º de ESO na que nos falaron sobre que é  o  voluntariado, os seus tipos, os beneficios. Ademais, a través das súas experiencias personais explicáronnos a importancia de ter un ocio saudable que eles no seu día non tiveron e invitáronnos a participar nunha actividade de voluntariado. Finalmente, o alumnado de 1º de ESO, elaborou estes murais fomentando o voluntariado.

2.1. Muller e Poesía.

2.2. Muller e Medios de Comunicación.

2.3. Mulleres deportistas no IES Otero Pedrayo.

muller

Muller e Poesía.

(Departamento de Inglés)

“IF I CAN STOP ONE HEART FROM BREAKING”

EMILY DICKINSON (1830 – 1882)

If I can stop one heart from breaking, I shall not live in vain;

If I can ease one life the aching, Or cool one pain, Or help one fainting robin

Unto his nest again, I shall not live in vain.

Se podo evitar que un corazón rompa non vivirei en balde;

Se podo aliviar a dor dunha vida, Ou arrefriar unha febre, Ou axudar a un paporrubio esmorecido A regresar ao seu niño, non vivirei en balde.

Pretty women wonder where my secret lies.

I’m not cute or built to suit a fashion model’s size But when I start to tell them, They think I’m telling lies.

I say,

It’s in the reach of my arms, The span of my hips, The stride of my step, The curl of my lips.

I’m a woman

Phenomenally.

Phenomenal woman, That’s me.

I walk into a room

Just as cool as you please, And to a man, The fellows stand or Fall down on their knees. Then they swarm around me, A hive of honey bees.

I say,

It’s the fire in my eyes, And the flash of my teeth, The swing in my waist, And the joy in my feet.

I’m a woman

Phenomenally.

Phenomenal woman, That’s me.

Men themselves have wondered What they see in me. They try so much But they can’t touch My inner mystery. When I try to show them, They say they still can’t see. I say,

It’s in the arch of my back, The sun of my smile, The ride of my breasts, The grace of my style.

I’m a woman

Phenomenally.

Phenomenal woman, That’s me.

Now you understand

Just why my head’s not bowed. I don’t shout or jump about Or have to talk real loud.

When you see me passing, It ought to make you proud. I say,

It’s in the click of my heels, The bend of my hair, the palm of my hand, The need for my care.

’Cause I’m a woman

Phenomenally.

Phenomenal woman, That’s me.

As mulleres guapas pregúntanse onde está o meu segredo. Non son fermosa nin teño talla de modelo de pasarela Pero cando empezo a contarlles Pensan que son mentireira.

Eu digo, Está no alcance dos meus brazos, A folgura das miñas cadeiras, A amplitude do meu paso, O debuxo dos meus beizos.

Extraordinariamente, Son unha muller Muller extraordinaria, Esa son eu.

Entro nunha habitación Tan estupenda como ti queiras E un home, E todos os homes quedan de pé ou caen de xeonllos.

Entón pululan ao meu arredor, Unha colmea de abellas.

Eu digo, É o lume nos meus ollos, E o escintileo dos meus dentes, O abalo da miña cintura, E a ledicia nos meus pés.

Extraordinariamente, Son unha muller Muller extraordinaria, Esa son eu.

Os mesmos homes preguntáronse

Que ven en min téntano a miúdo

Pero non poden acadar O meu misterio interior.

Cando trato de mostrarllo

Din que non o poden ver.

Eu digo, Está no arco das miñas costas, O sol do meu sorriso, O abalar dos meus peitos, A elegancia do meu estilo.

Extraordinariamente, Son unha muller Muller extraordinaria, Esa son eu.

Agora entendes

Por que non agacho a cabeza. Non berro nin salto

Nin hei de falar moi alto.

Cando me ves pasar

Deberías encherte de orgullo

Eu digo, Está no compás dos meus tacóns, as ondas do meu cabelo, a palma da miña man, A necesidade dos meus coidados.

Extraordinariamente, Porque son unha muller Muller extraordinaria, Esa son eu.

“Phenomenal woman” - Maya Angelou (1928 – 2014)

Mulleres e medios de comunicación

Noa Touza Ledo e Inés Paz Moreno (3º ESO A)

Aínda que moita xente cre que xa non hai machismo entre nós, se nos fixamos podemos presenciar diariamente actitudes de menosprezo ou maltrato cara a muller, que por estar tan “normalizadas” pasan desapercibidas. Chegamos a esta conclusión despois de revisar durante uns días os xornais máis coñecidos, empezando polas noticias sobre a violencia física contra as mulleres.

Os titulares destas noticias con moita frecuencia xa son machistas: tentan vitimizar o agresor e desviar a culpa cara a vítima de distintos modos. Por exemplo, preguntando a coñecidos como se comportaba o agresor no seu día, ou tentando que sintamos lástima por el, contando detalles da súa vida ou os argumentos que deu para a agresión ou asasinato.

Outras veces, no caso de desaparición de mulleres ou violacións, parece que se culpa a vítima pola súa forma de vestir, onde estaba ou a que hora. Parécenos que en lugar diso, os xornalistas deberían falar con quen investigue o caso ou con especialistas, e dar a información do xeito máis obxectivo posible, sen facer valoracións. Tamén, o modo de referirse aos crimes nos parece incorrecto: “crimen pasional”, “mató al amor de su vida” “obsesión por querer besar a su vecina”...

Chamounos a atención que nalgúns xornais as noticias sobre asasinatos de mulleres aparecen no apartado “Sociedad” ao lado de espectáculos ou asuntos da vida cotiá.

Ademais de fixarnos no tratamento da violencia machista, fixámonos tamén na pouca importancia que lle dan os medios de comunicación tanto ás noticias escritas por mulleres como ás que tratan das mulleres. Observamos que non se lles dá o mesmo espazo nin a mesma atención, xa que non ocupan portadas, aparecen nas esquinas ou non aparecen. Fixástesvos algunha vez en cantas noticias de deporte feminino aparecen nun xornal ou nun telexornal? Case ningunha!

Despois desta observación e análise dos medios de comunicación, escoitamos a Laura Vázquez e Alba Chao, dúas xornalistas ourensás que nos explicaron a súa experiencia. As dúas forman parte dun colectivo chamado “Xornalistas galegas. En defensa dun xornalismo con perspectiva feminista”, no que, entre outras cousas, se elaborou un listado de mulleres especializadas en temas variados que foi enviado ás redaccións para que non teñan desculpa para chamar a mulleres.

No seu traballo observaron como os responsables dos medios de comunicación, cando precisan un especialista nun tema concreto, miran os seus listados de contactos, nos que nas primeiras posicións sempre están os homes. Contáronnos tamén que no apartado de opinión, son os xefes de redacción os que elixen que opinión se pon e cal non. Normalmente, cando se fala de política ou economía as noticias están feitas por homes, mentres que as que tratan de sociedade, animais E por elas soubemos que, ás veces, os directores dos medios cambian ou mandan cambiar os titulares para que sexan máis

polémicos e que así a noticia teña máis impacto.

Preguntámonos como podemos contribuír a cambiar isto e pensamos que o único modo é non darlle audiencia a estas noticias que só buscan vender máis e non contribuír á desaparición da violencia.O auxe dos medios dixitais fai que os directores estean moi atentos a que noticias se comparten e teñen máis difusión. Por iso, é importante que o pensemos antes de darlle a compartir algo “pola graza”. Se son noticias nas que as mulleres non son ben tratadas ou son desprezadas, é mellor non compartilo para que non teña éxito e se sigan publicando cousas que van contra as mulleres.

Despois deste traballo, leremos as noticias con máis atención para evitar que nos parece normal o que non o é.

Laura Vázquez e Alba Chao, Xornalistas galegas. En defensa dun xornalismo con perspectiva de xénero. https://xornalistasg legas.org/

Mulleres deportistas

AS NOSAS XIMNASTAS

Entrevista a Claudia Blanco Cidón 3ºC:

1. Cando comezaches neste deporte e por que? Con 4 anos. Eu íame apuntar a ximnasia rítmica pero o adestrador que estaba alí díxolle a miña nai que me apuntara a trampolín para probar, e acabei seguindo neste deporte.

2. Que cousas hai que facer para calificar neste deporte, que tipo de penalizacións existen?

Para calificar é moi importante a dificultade de salto, a execución e altura en cada elemento. Os elementos son os exercicios.

Hai varios tipos de penalizacións: por pisar a guardia, que son uns protectores dos resortes do trampolín, poñenche un 0; por pisar o colchón azul, que é unha colchoneta que controla o adestrador que che pode pór debaixo para evitar que te fagas dano, poñenche un 0; por caír da cama elástica descalifícante directamente; se acabas o pase e te vas fóra quítanche o pase e se non saúdas descalificante.

3. En que campeonatos e competicións participaches? Cales foron os que máis ilusión te fixeron?

Fun a nacionais, a 5 ou 6, a internacionais (Scalabis, Cascais, Valladolid…) e ó Mundial. E o mundial foi o que máis ilusión me fixo.

4. Cal é a túa marca?

47,96 puntos.

5. Que metas tes para esta tempada?

Ir ao Mundial de Inglaterra e facer máis dificultades

Uxía Rodríguez Pérez podio internacional en ximnasia rítmica

Ela é Uxía Rodríguez Pérez e é estudante do IES Otero Pedrayo de Ourense. Ten 16 anos e é ximnasta, exactamente de ximnasia rítmica.

Comezou na ximnasia porque lle parecía un deporte moi bonito pero co paso dos anos acabou converténdose nunha parte moi importante para ela. Practícaa porque é a súa paixón e non podería imaxinar a súa vida sen estar conectada a este deporte.

Participou en competicións a nivel nacional dende os 9 anos e tamén tivo a oportunidade de asistir a competicións internacionais, algúnhas celebradas en Ourense.

Nun deses internacionais acadou o terceiro posto. Ela xa estaba orgullosa do seu traballo antes de saber o resultado, tras todo o esforzo, conseguiu facer un exercicio sen erros.

Cando lle dixeron que era terceira clasificada, non o podía crer, porque competía contra moita xente cun gran nivel.”Sentinme súper satisfeita e deume forza para seguir traballando e mellorando”-conta Uxía.

literaria

3.1. Poesía …

3.2. Conto. Javier Fontenla.

3.3. Cor e poesía.

3.4. Tertulias do Liceo: Dous libros que se dan a man.

NO DÍA DA POESÍA,

21 de marzo de 2023

Se existe algo que goberna ao ser humano, por enriba incluso da razón, son as emocións e os sentimentos. E iso é a poesía: unha amalgama de verbas, sons e sen-sacións, perfectamente íntimas, de quen a compón e de quen a interpreta. E aínda vai máis alá. A poesía tamén é o arrepío que produce o vento húmido nunha noite de San Xoán, a saudade dos aloumiños da in-fancia, un bico furtivo ás portas da escola ou as bágoas que firen a alma cando deixamos marchar a alguén.

A poesía somos nós e todo o que nos rodea. Por-que nos movemos a través das emocións. Porque a poesía é quen nos goberna!

XOVES POETAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

AS ANDORIÑAS

Unha noite xeada as andoriñas encheron o ceo na noite estrelada. O meniño durmindo na súa cama e o paxaro no freixo acubillado. A estrela de aloumiño no ceo estrelado iluminaba o muíño do seu amigo. No xardín do muíño escóitase o chío das crías da andoriña cando teñen arrepío.

A TRISTURA

Os meus ollos esperan a chegada da miña tristeza moi agardada como se se tratase dunha cascada que crece e vai sendo afectada. A miña tristeza é desagradable seméllase a tristura dun bebé só que máis forte que un carballo e a miña meixela auga bebe Escoito o son da música a miúdo para suavizar a tristeza, pero algunha vez canto á xente, para alegrar a miña tristeza

A FAMILIA

A familia sempre é fermosa nunca a deixes marchar, porque sempre están aí, nunca a porta han de pechar. Se fas algunha cousa mal danche un pequeno aviso pero nunca é para tanto non perdas o teu sorriso. Sempre teñen o corazón aberto cando ás veces os necesitas, sempre que estás en perigo, danche o empuxón que precisas.

Ismael Cid (1º de ESO)

REENCARNACIÓN

Un bico ao ceo anos que precederon á miña morte en vida, chegando así antes ao paraíso.

Un bico ao ceo, aos que quedaron atrás no meu camiño, aos que, sen permiso, me esnaquizaron; a quen me abandonou de a pouco.

Un bico ao ceo, a ti, que gardas o meu corazón, protexéndeoo dos meus intrusos pensamentos; a ti, que, sen estar, me dás folgos.

Un bico ao ceo, aos ollos mentireiros e ás almas negras. Aos que son coma ti.

Un bico ao ceo, por min, en min, e por sempre para min.

Bicos ao ceo. Mortos. Sen ánimo de voltar.

Bicos brancos, libres de culpa, froito da liberación.

Zaira Ferradás

Non me culpes dos teus erros cando sempre soubeche quen causou a guerra porque me cravache cincocentas balas cando erguín a bandeira branca. decideme, por favor

que precisa unha muller para ser poeta. mostrarse barco de vela sendo acusada de tsunami

pero sentíndose coma a fina linea que separa o mar e o salvavidas. finxir bohemia na mediocridade e autogalardonarme medallas podridas se é así a min non me chamedes poeta. non me culpes por darlle voz a todas as feridas abertas que teño ainda que sexa eu quen se arrinca a costra compulsivamente tendo o oficio de mártir que intenta olvidar pero é que a veces dáme por recordar. decídeme, por favor quen decide que é a poesía quen se atreve a debuxar paisaxes por riba da dor para facerlle crer ao mundo que a pena non está tan mal?

e quen se atreve a crelo? se é así eu non fago poesía.

escolliches dar volta a metade de camiño, non sei se por valentía ou por ignorancia sabendo que tiñas a porta de casa pechada e entraches pola ventá. e eu volvinte sentar na miña mesa a xanela sigue aberta, non a quero pechar pero tampouco sei se estou preparada para a túa proxima fuxida.

Mª Rosa Fernández Araújo

A napantasma fraga da neve

Iuri era unha rapaza xaponesa de catorce anos, que ao saír do instituto collía o metro para volver á súa casa. Unha fría noite de inverno a estación estaba case deserta, agás por uns mozos de mala pinta e por dous vellos vagabundos, que durmían nun recuncho escuro. Os mozos decatáronse de que Iuri ía soa e empezaron a molestala. Pero entón un dos vagabundos espertou e ameazounos cunha espada de madeira, coma as que se empregan na arte marcial chamada kendo. Os mozos fuxiron e Iuri deulle as grazas ao vagabundo, quen dixo chamarse Temura.

-Mólame a súa espada, Temura-San! O meu irmán maior tamén é bo en kendo, pero a min os meus pais non me deixan practicar artes marciais, porque pensan que son cousa de homes.

O señor Temura suspirou e dixo á súa vez:

-Xa vexo. É un erro moi común pensar que as nenas sempre deben ser princesas. Escoita, Iuri-chan: agora que empezan as vacacións de inverno, queres que che ensine algo de kendo? Poderiamos practicar polas tardes na fraga, sen que se decaten os teus pais.

Iuri aceptou. Aquela mesma noite entrou no cuarto do seu irmán e díxolle:

-Onii-chan, podo coller a túa espada de kendo? É para facer un cosplay de Sword Art Online coas miñas colegas.

O irmán de Iuri estivo conforme, pois dende que ingresara na universidade, entre os exames e a moza, xa non tiña tempo para seguir practicando o kendo. Durante os días seguintes a rapaza iniciouse na arte da espada, baixo as sabias directrices do señor Temura.

Por aquel entón unha nena chamada Akane desapareceu na fraga mentres xogaba coas súas amigas. Este estraño suceso fixo que a xente lembrase unha vella lenda, recollida por un erudito no seu libro sobre o folclore local. Hai moito tempo vivían no santuario da fraga un sacerdote e a súa neta, que era unha rapaza moi fermosa, pero de fráxil saúde. Como non tiña cartos para mercar medicamentos, o sacerdote viaxou á cidade, onde participou nun torneo de artes marciais e, malia a súa avanzada idade, conseguiu a vitoria grazas á súa destreza. Pero, mentres el estaba na cidade, uns bandidos asaltaron o santuario e maltrataron cruelmente á súa neta. Esta, traumatizada, deixou de falar e de comer, ata que morreu un día de inverno, mentres a neve caía sobre a fraga e tinguía de branco o tellado do templo. O sacerdote, que se sentía culpable por deixala soa cando máis o necesitaba, tamén morreu de dor poucos días despois. Segundo a lenda, a súa pantasma volvía á fraga cando caían as neves do inverno e, se atopaba algunha nena soa e desamparada, pensaba que era a súa neta e marchaba con ela ao Alén, para aliviar a súa soidade.

Iuri non cría en pantasmas, así que aquela tarde foi á fraga para reunirse co seu mestre. Pero non o atopou por ningures e, inda que o buscou durante horas, non puido dar con el. Só atopou unhas pegadas, que a levaron ao corazón da fraga. Entón empezou a nevar e, como a cidade estaba lonxe, decidiu buscar acubillo nunha casiña de madeira, que tiña pinta de levar moito tempo abandonada. Ao entrar atopou a Akane, a nena desaparecida, que estaba atada a unha cadeira e tiña unha mordaza na boca. Iuri liberou á cativa e, como a coitada estaba moi nerviosa, tentou tranquilizala con palabras agarimosas. Pero entón apareceu o secuestrador de Akane, que non era ningunha pantasma, senón un home que agochaba o seu rostro cunha máscara arrepiante. Aquel home sacou un coitelo e tentou matar a Iuri, pero esta, aproveitando as ensinanzas de Temura-San, conseguiu esquivar o seu ataque e desarmalo mediante un golpe na man. Logo deulle outro golpe no ventre e fuxiu con Akane, deixando ao secuestrador laiándose de dor.

Poucos días despois, mentres volvía do instituto, Iuri foi abordada por un dos vagabundos que pasaban a noite na estación. Este díxolle:

-Vin a túa foto nun xornal, ti es a rapaza que rescatou á nena secuestrada. Non me sorprende: xa me pareciches moi valente cando ti soa fixeches fuxir aos vándalos.

-Moitas grazas, mais iso non é certo. Quen se enfrontou a eles foi Temura-San, o home que aquela noite durmía con vostede nesta estación.

-Temura-San? Xamais oíra ese nome! E aquela noite aquí só durmía eu.

Cando chegou á súa casa, Iuri buscou o seu exemplar do libro onde se narraba a lenda do sacerdote pantasma. Tachou a última liña e corrixiuna escribindo cun lapis: “E, se atopaba algunha nena soa e desamparada, facía por ela o que non puidera facer pola súa neta.”

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.