2 minute read

PROXECTO TERRA

Next Article
HORTO ESCOLAR

HORTO ESCOLAR

Este curso dende o Equipo de Lingua Galega participamos nun dos Proxectos de Innovación Educativa que oferta a Consellaría de Educación en Colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza: o PROXECTO TERRA.

Advertisement

Na páxina web do Proxecto fixan os seus obxectivos :“Este proxecto quere mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, espazos e lugares nos que habita.

“Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.”

A participación no Proxecto Terra no noso IES engloba varias actividades:

O Casco Hist Rico Da Cidade De Ourense No Curr Cu

Lo Educativo Do Ies Otero Pedrayo

• Coa colaboración de varios departamentos elaboraremos unha Memoria de traballo do curso 22/23 que aunará as activi dades que desenvolven no casco histórico da cidade de Ourense: Visita ao Ourense medieval/Dpto. Xeografía e Historia,Visita polo Ou rense literario/Dto. Lingua e Literatu ra Galega, Actividade de Orientación Roteiro da Esmorga/ Dpto. de EF e Obradoiro de Debuxo ao Natural de elementos arquitectónicos no Casco Ve llo de Ourense/ Dpto. De Plástica.

OBRADOIRO: URBANISMO CON PERPECTIVA DE XÉNERO

• Dende o Proxecto Terra ofertan un amplo abano de obradoiros / sementeiras. O alumna do de 4º ESO asistiu a este didáctico e nece sario obradoiro que se desenvolveu en dúas sesións.

Na primeira sesión Begoña Garrido, responsábel do obradoiro, falou da formación e construción dos espazos da cidade.Explicou conceptos como espazos neutros,cortornas amábeis, contornas hostís en función de quen sexa o usuario.Fixo fincapé nas necesidades dende un punto de vista de muller, moza , nena. A partir de aí, por grupos e con mapas da cidade, a rapazada detectou e anotou necesidades nesta liña: falta de iluminación en certas zonas,accesos incómodos ou inexistentes para as persoas que portan carros, cadeiras de rodas, habitualmente mulleres coidadoras. Foron, pouco a pouco, detectando necesidades de toda a cidadanía e apuntándoas nos seus mapas. Na segunda sesión houbo unha posta en común entre todos os grupos, na que intentamos reunir todas as propostas nun só mapa.

Por último, elaboramos instancias,coas necesidades detectadas que foron unificadas nun modelo oficial que será remitido aos responsábeis de Urbanismo da Cidade para que as teñan en conta en proxectos futuros.

Visita Cidade De Lugo

Esta programada para o 26 de abril unha viaxe didáctica á cidade de Lugo.Optamos por solicitar esta cidade, xa que acostuma ser un unha das cidades menos coñecida polo alumnado.

Dende o Equipo de Lingua Galega consideramos fundamental a participación do alumnado nestes Proxectos que sitúan ao alumnado e a nós, profesores, en dinámicas diferentes ás habituais favorecendo adquisicións de contidos trasversais e tamén de currículo. Particularmente consideramos o PROXECTA TERRA acaído para o noso Departamento pola centralidade que ten a xeografía, arquitectura, medio natural e por suposto a lingua de Galiza en todas as actividades. Porque coñecer é normalizar e nesa xeira andamos.

This article is from: