2 minute read

Mulleres e medios de comunicación

Next Article
Muller e Poesía.

Muller e Poesía.

Aínda que moita xente cre que xa non hai machismo entre nós, se nos fixamos podemos presenciar diariamente actitudes de menosprezo ou maltrato cara a muller, que por estar tan “normalizadas” pasan desapercibidas. Chegamos a esta conclusión despois de revisar durante uns días os xornais máis coñecidos, empezando polas noticias sobre a violencia física contra as mulleres.

Os titulares destas noticias con moita frecuencia xa son machistas: tentan vitimizar o agresor e desviar a culpa cara a vítima de distintos modos. Por exemplo, preguntando a coñecidos como se comportaba o agresor no seu día, ou tentando que sintamos lástima por el, contando detalles da súa vida ou os argumentos que deu para a agresión ou asasinato.

Advertisement

Outras veces, no caso de desaparición de mulleres ou violacións, parece que se culpa a vítima pola súa forma de vestir, onde estaba ou a que hora. Parécenos que en lugar diso, os xornalistas deberían falar con quen investigue o caso ou con especialistas, e dar a información do xeito máis obxectivo posible, sen facer valoracións. Tamén, o modo de referirse aos crimes nos parece incorrecto: “crimen pasional”, “mató al amor de su vida” “obsesión por querer besar a su vecina”...

Chamounos a atención que nalgúns xornais as noticias sobre asasinatos de mulleres aparecen no apartado “Sociedad” ao lado de espectáculos ou asuntos da vida cotiá.

Ademais de fixarnos no tratamento da violencia machista, fixámonos tamén na pouca importancia que lle dan os medios de comunicación tanto ás noticias escritas por mulleres como ás que tratan das mulleres. Observamos que non se lles dá o mesmo espazo nin a mesma atención, xa que non ocupan portadas, aparecen nas esquinas ou non aparecen. Fixástesvos algunha vez en cantas noticias de deporte feminino aparecen nun xornal ou nun telexornal? Case ningunha!

Despois desta observación e análise dos medios de comunicación, escoitamos a Laura Vázquez e Alba Chao, dúas xornalistas ourensás que nos explicaron a súa experiencia. As dúas forman parte dun colectivo chamado “Xornalistas galegas. En defensa dun xornalismo con perspectiva feminista”, no que, entre outras cousas, se elaborou un listado de mulleres especializadas en temas variados que foi enviado ás redaccións para que non teñan desculpa para chamar a mulleres.

No seu traballo observaron como os responsables dos medios de comunicación, cando precisan un especialista nun tema concreto, miran os seus listados de contactos, nos que nas primeiras posicións sempre están os homes. Contáronnos tamén que no apartado de opinión, son os xefes de redacción os que elixen que opinión se pon e cal non. Normalmente, cando se fala de política ou economía as noticias están feitas por homes, mentres que as que tratan de sociedade, animais E por elas soubemos que, ás veces, os directores dos medios cambian ou mandan cambiar os titulares para que sexan máis polémicos e que así a noticia teña máis impacto.

Preguntámonos como podemos contribuír a cambiar isto e pensamos que o único modo é non darlle audiencia a estas noticias que só buscan vender máis e non contribuír á desaparición da violencia.O auxe dos medios dixitais fai que os directores estean moi atentos a que noticias se comparten e teñen máis difusión. Por iso, é importante que o pensemos antes de darlle a compartir algo “pola graza”. Se son noticias nas que as mulleres non son ben tratadas ou son desprezadas, é mellor non compartilo para que non teña éxito e se sigan publicando cousas que van contra as mulleres.

Despois deste traballo, leremos as noticias con máis atención para evitar que nos parece normal o que non o é.

This article is from: