
6 minute read
COMO SOMOS?
No primeiro trimestre deste curso, parte do noso alumnado de bacharelato realizou unha enquisa entre os seus compañeiros da ESO, para saber como andamos de hábitos saudables. Unha vez recompilados os datos, chegaron ás seguintes conclusións:
1 - Alimentación:
Advertisement
Maioritariamente fanse as tres comidas principais do día, sendo o 50% os que realizan as cinco, pero aínda temos alumnado que non almorza a pesar da súa importancia no rendemento académico.
É máis preocupante o tipo de alimento inxerido xa que só o 50% comen froita e verdura a diario chegando a un 20% os que non a proban nunca, co importantes que son para o aporte de vitaminas e minerais, para durmir ben, para crecer, para aumentar as defensas, para concentrarse no estudo, para recuperarse do esforzo, para ter unha pel saudable, en fin, para moitísimas cousas boas.
Tamén é alarmante que unha porcentaxe demasiado alta de rapaces inxiren lambetadas a diario, aumentando o consumo segundo avanzamos nos cursos, ao revés do que ocorre cos refrescos e bebidas enerxéticas dos cales se reduce o consumo segundo nos imos facendo maiores, aínda que sempre por encima dun numerosísimo 50% do alumnado que as consume frecuentemente. Tede coidado, porque o abuso do azucre das lambetadas e refrescos ademais de estragar os dentes, acércanos á diabetes, enfermidade cada vez máis frecuente na xente nova.
2- Actividade física:
Trátase este dun apartado moi positivo en canto a hábitos saudables do noso alumnado , pois un 80% realiza actividade física de maneira habitual fóra do instituto o que, xunto coas horas da materia de Educación Física, cumpre coas recomendacións diarias de práctica motriz.
3 - Hábitos nocivos:
A sorprendente cantidade de rapaces de 1º ESO que fuman case a diario vese reducida a medida que pasan os cursos ata que o número de fumadores chega a ser algo anecdótico en 4º da ESO. Lembrade que o tabaco non só mata antes de chegar a vello, senón que vos resta calidade de vida, por ser a causa de moitas enfermidades, por facer que te canses moi pronto e por manterte escravizado dun hábito que che vai impedir estar en moitos ambientes (restaurantes, pubs, concertos, cines, espectáculos deportivos,...)
En canto ao consumo de alcol un 40% do alumnado consume para saír de festa o que nos ten que facer reflexionar de cara a atopar formas de diversión máis saudables.
Por outra banda, cerca do 70% de noso alumnado pasa máis de 5 horas diarias utilizando o teléfono móbil e un sorprendente 80% dorme ou tenta durmir con el acendido. Pensa na cantidade de cousas que podes facer en todo ese tempo perdido diante do móbil, pero, sobre todo, se queres recuperar o teu descanso, a túa saúde mental, a túa enerxía para o deporte e para o estudo, a ledicia e as ganas de facer cousas, apaga o móbil pola noite e desfruta do efecto reparador dun bo sono sin interrupcións.
Algúns dos vosos compañeiros quixeron comentar os resultados da enquisa:
Xiana Rodríguez Cuquejo:
“En primeiro lugar mencionar a cantidade de alumnos que fan deporte fóra do instituto. É evidente que os resultados son positivos, xa que o 78% afirma que si que realiza actividades deportivas fóra do recinto de educativo, aínda que un 22% restante non as realiza. Aínda así, penso que estás cifras poderían mellorar, xa que cada día hai máis interese nestas actividades.
En canto aos datos de cantas horas usan o móbil no día, máis dun 40%, indicaron que o utilizaban máis de seis horas. Estes resultados son moi negativos, aínda que non me sorprenden, xa que actualmente os aparellos electrónicos están moi presentes na nosa vida, sobre todo na dos adolescentes.
A continuación, máis dun 80% dos enquisados afirman que nunca fuman, o que me parece un resultado moi positivo, xa que é un hábito moi malo.
Sobre a frecuencia coa que se consome alcol, o 50% di que nunca o toma. Estes resultados son máis negativos ca os do tabaco, aínda que eu esperaba que fosen peores, xa que cada vez é maior a cantidade de rapaces que beben alcol, e menor a idade coa que comezan a tomalo. En relación ao consumo de froita e verdura, penso que os resultados son bastante bos, aínda que poderían e deberían ser mellores.
Por último, falarei do consumo de refrescos, ao que un 40% contesta con frecuencia. Esperaba peores resultados xa que está bastante aceptado na sociedade o abundante consumo de refrescos por adolescentes e rapaces máis pequenos. Estes datos son moi mellorables.”
Hugo Peiteado:
“Podemos observar que o 80% do alumnado fai deporte fóra do instituto. Pódese apreciar que a maioría ten interese pola actividade física, aínda que é unha mágoa que o 20% non faga ningún deporte. A problemática da actualidade, a tecnoloxía. A maioría de xente pasa moito tempo co móbil e hai que reducilo.
Sobre os datos que tratan o consumo de tabaco e alcol, por sorte moitas persoas non consomen ningunha destas substancias, pero hai unha pequena cantidade preocupante que si o fai.
En relación á frecuencia no consumo froitas e verduras, o porcentaxe de persoas que as comen a diario é baixo, xa que as recomendacións son en maior proporción e diariamente e, en canto aos refrescos, o número de persoas que os toman moitos días está moi cerca dos que os toman case nunca e creo que se deberían reducir estas cifras.”
Xiana Blanco Cidón:
“O 80% dos entrevistados realizan un deporte fóra do instituto o que é moi positivo. Isto demostra o interese que ten a xuventude en practicar un deporte . Resulta unha pena que o 20% non realiza ningún deporte e perden unha gran valía do deporte : facer amigos e mellorar a súa saúde.
Un dos grandes problemas que ten a sociedade actual: a adicción á pantalla. Xa todos sabemos que é unha moi boa ferramenta de traballo, pero hai que saber controlar o seu uso xa que a maioría dos enquisados respondeu que a usa máis de 6 horas nun día. Sobre o consumo de alcol e tabaco é un alivio que a resposta menos marcada sexa a de todos os días , e unha alegría que a maioría aínda non fumen nin beban.
Sobre o ámbito de nutrición: en canto a froita os datos non están mal pero poden mellorarse, xa que recomendan comer 5 pezas de froitas e verdura todos os días. Hai alumnado que non come verduras nin froita nunca e iso debería cambiar.
En tema de refrescos e bebidas enerxéticas unha das opcións máis marcada foi case nunca, e iso está ben así evitaremos as pedras nos riles que se xeran por excesivo consumo destes.”
Rocío González:
“En canto ao deporte, a gran maioría realízao pola súa conta, o que é moi positivo, xa que mostra que un gran número de persoas elixen esta actividade no seu ocio. Na enquisa pódese observar que unha porcentaxe elevada de alumnos/as nunca beben ou fuman e é son un número moi baixo os que o fan frecuentemente. Tamén é moi positivo ver a dieta dos adolescentes e como de novo a gran maioría toma froita e verdura, aínda que mellorable.Sin embargo, en canto aos refrescos, aínda que moitos “case nun- ca” ou “nunca” os toman, son moitos os que os toman “todos los días”. Estas bebidas non se deberían tomar moi a miúdo debido aos azucres e deberíamos racionalizar o consumo.
Agás un 20% de alumnado, o resto pasa máis de 3 horas co teléfono ao longo do día, tempo perdido para realizar outras actividades máis produtivas e beneficiosas para nosa saúde, como facer deporte ou socializar.

As cifras, en xeral, eu creo que son bastante boas, aínda ditos aspectos deberían tratar de mellorarse.”
Anele Franqueira:
“ Unha das preguntas fainos reflexionar a cerca da cantidade de persoas que fan deporte fóra do instituto ás nosas idades. Na táboa podemos observar que o 78 por cento dos enquisados responderon afirmativamente . Isto demostra o interese que ten a xuventude hoxe en día pola práctica de distintas disciplinas deportivas, porén é unha mágoa que o 22 por cento dos enquisados estean perdendo a oportunidade de realizar unha actividade tan boa para a saúde coma o é o deporte.
En segundo lugar, vemos que a seguinte pregunta trata un dos grandes problemas da actualidade: as tecnoloxías. As respostas amosan a nosa grande adición, xa que a maioría recoñeceu que pasa máis de 6 horas diarias no seu móbil e, a pesar de todas as vantaxes deste dispositivo, reducir ese valioso tempo que pasamos con el podería permitirnos realizar outras actividades máis frutíferas (coma socializar en persoa ou facer deporte).
Nas dúas preguntas que temos a continuación cuestionábase acerca do consumo de alcol e tabaco. Afortunadamente, a maioría dos enquisados non consume ningunha destas sustancias nocivas para a nosa saúde. Porén, existe unha preocupante minoría que si que o fai, xa sexa “todos os días”, “nas fins de semana” ou “ás veces”.
A quinta e a sexta pregunta amósannos a frecuencia do consumo de froita e verdura. As respostas “moitos días” e “ás veces” foron as máis elixidas e aínda que só o catro por cento no caso das froitas e o cinco no das verduras respondeu “nunca” o porcentaxe de persoas que comen estes alimentos “todos os días” é máis baixo do desexado, tendo en conta que é o máis recomendado.
Por último, os refrescos. Neste caso son consumidores “case nunca” o 40 por cento dos enquisados e “nunca” o 16 por cento. Porén o número de persoas que toman estas bebidas moitos días case iguala ao dos que os toman “case nunca” e esta cifra debería ser reducida.”