Cor e poesía A nosa percepción do mundo é inseparable da cor. Está na natureza e nas creacións humanas, no real e no simbólico. As admiramos tanto nas paisaxes como nos animais. Sedúcennos nas comidas e nas bebidas. Queremos vestilas e seducir con elas. Marcan os nosos códigos sociais: distinción, rebeldía, prohibición, permiso, paixón, pureza, dó... Sendo así, convértese non só nun elemento básico das artes plásticas, máis tamén doutras formas de expresión artística que remiten ao sensorial e ao simbólico, como a poesía. É por isto que, desde o Departamentos de Educación Plástica e Lingua Castelá, en colaboración coa Biblioteca, propuxémoslle ao alumnado unha actividade para que expresase, a través dunha creación plástica e dun texto poético, a súa relación cunha cor escollida libremente por cada quen. A súa resposta non puido ser máis entusiasta e os resultados parecéronnos merecedores dunha exposición na Biblioteca do noso centro. Aquí tedes unha pequena selección dos mesmos.