2 minute read

ENSINO PÚBLICO ENSINO

De Calidade

Advertisement

Sa Do

01. DEPARTAMENTOS E PROXECTOS

1.1. Horto escolar.

1.2. Proxecto Terra.

1.3. Entroido Interxeracional.

1.4. Educación Física. Como somos?

1.5. Orientación: Engánchate ao voluntariado.

02. MULLER

2.1. Muller e Poesía.

2.2. Muller e Medios de Comunicación.

2.3. Mulleres deportistas no IES Otero Pedrayo.

03. LITERARIA

3.1. Poesía …

3.2. Conto. Javier Fontenla.

3.3. Cor e poesía.

3.4. Tertulias do Liceo: Dous libros que se dan a man.

04. ENTREVISTA

4.1. Xurxo Souto.

05. EXCURSIÓNS

5.1. Grecia.

5.2. París.

5.3. Granada. Semana Branca.

6. AUDIOVISUAL

6.1. As bestas.

7. ARREDOR DE OTERO

7.1. Otero volve á academia.

7.2. Otero e o fútbol.

Ramón Otero Pedrayo, Ensayo histórico sobre la cultura gallega (1930)

Por fin, coroamos a cima! Despois de dous anos de costas empinadas e pedregosas provocadas pola pandemia, este curso comezámolo no cume, deixando atrás todo o malo, volvendo á normalidade. E a normalidade no Otero Pedrayo é sinónimo de ilusión, alegría, actitude activa e positiva, superación, esforzo…, VIDA. Como dicía o patriarca das nosas letras na cita coa que abrimos este editorial, “hai soamente cousas vivas e mortas”; nós queremos as primeiras; nós queremos un centro vivo e dinámico; nós queremos un profesorado e un alumnado implicado, capaz de proporse metas e de conseguilas. E témolo. E comezou setembro dando o 100% e vai rematar xuño do mesmo xeito.

Isto levou a que no curso presente non contaramos cun só bacharelato de excelencia, senón con dous, un da rama de Ciencias e un da de Letras; a que desenvolveramos diferentes proxectos de innovación educativa, centrados na igualdade, na integración, na saúde, no noso territorio…, contidos transversais necesarios nunha educación de calidade. Tamén levou a que participaramos en practicamente todas as Olimpíadas (de Filosofía, de Xeografía, de Matemáticas, de Bioloxía, de Química…), a que celebraramos festas populares (Magostos, Maios…) e datas sinaladas (Día de Rosalía, Día da Arte, Día do Libro, Día da Poesía, Día da Música, Día da Educación Física na Rúa, Mes das Letras…), tiveramos exposicións no centro para toda a comunidade educativa (Abstratom, por exemplo); clubs de lectura para pequechos (“Club aleitando”) e adultos; tertulias literarias, teatro en inglés, francés, galego..., competicións deportivas intercentros, visitas guiadas ao noso Museo Pedagóxico; actos de graduación para 4º ESO e 2º BAC; festivais de Nadal e fin de curso ou conferencias de índole completamente distinta: matemáticas, físicos, químicos, reclusos do penal de Pereiro de Aguiar, escritores e escritoras, educadoras sociais, pscólogas e un longo etcétera. Todo isto complementouse coas viaxes culturais de un día (Sanabria, Tui, A Coruña, Lugo, Cambados...) ou varios días (semana branca en Sierra Nevada, Asturias, Cantabria, O Porto, Londres, París...). Recuperamos o intercambio co alumnado francés, que tanto estrañamos nos dous últimos anos e, tamén moi importante, fixemos o noso Museo Pedagóxico máis inclusivo, incorporando a varias das vitrinas a linguaxe de signos, xunto coas catro linguas xa existentes. E, como non podía ser doutro xeito, sacamos un ano máis a nosa xoia da coroa, A Revista Rañolas, que garda a esencia do noso centro, compendia o noso día a día, dálle voz a profesorado e alumnado. Como vos pedimos sempre, lédea, relédea, gozádea..., facédea vosa. Din que “a lectura é soñar cos ollos abertos”, así que, SOÑEMOS.

O equipo directivo

This article is from: