1 minute read

AS NOSAS XIMNASTAS

Entrevista a Claudia Blanco Cidón 3ºC:

1. Cando comezaches neste deporte e por que? Con 4 anos. Eu íame apuntar a ximnasia rítmica pero o adestrador que estaba alí díxolle a miña nai que me apuntara a trampolín para probar, e acabei seguindo neste deporte.

Advertisement

2. Que cousas hai que facer para calificar neste deporte, que tipo de penalizacións existen?

Para calificar é moi importante a dificultade de salto, a execución e altura en cada elemento. Os elementos son os exercicios.

Hai varios tipos de penalizacións: por pisar a guardia, que son uns protectores dos resortes do trampolín, poñenche un 0; por pisar o colchón azul, que é unha colchoneta que controla o adestrador que che pode pór debaixo para evitar que te fagas dano, poñenche un 0; por caír da cama elástica descalifícante directamente; se acabas o pase e te vas fóra quítanche o pase e se non saúdas descalificante.

3. En que campeonatos e competicións participaches? Cales foron os que máis ilusión te fixeron?

Fun a nacionais, a 5 ou 6, a internacionais (Scalabis, Cascais, Valladolid…) e ó Mundial. E o mundial foi o que máis ilusión me fixo.

4. Cal é a túa marca?

47,96 puntos.

5. Que metas tes para esta tempada?

Ir ao Mundial de Inglaterra e facer máis dificultades

Uxía Rodríguez Pérez podio internacional en ximnasia rítmica

Ela é Uxía Rodríguez Pérez e é estudante do IES Otero Pedrayo de Ourense. Ten 16 anos e é ximnasta, exactamente de ximnasia rítmica.

Comezou na ximnasia porque lle parecía un deporte moi bonito pero co paso dos anos acabou converténdose nunha parte moi importante para ela. Practícaa porque é a súa paixón e non podería imaxinar a súa vida sen estar conectada a este deporte.

Participou en competicións a nivel nacional dende os 9 anos e tamén tivo a oportunidade de asistir a competicións internacionais, algúnhas celebradas en Ourense.

Nun deses internacionais acadou o terceiro posto. Ela xa estaba orgullosa do seu traballo antes de saber o resultado, tras todo o esforzo, conseguiu facer un exercicio sen erros.

Cando lle dixeron que era terceira clasificada, non o podía crer, porque competía contra moita xente cun gran nivel.”Sentinme súper satisfeita e deume forza para seguir traballando e mellorando”-conta Uxía.

This article is from: