1 minute read

Engánchate ao voluntariado

Next Article
COMO SOMOS?

COMO SOMOS?

Dende o Departamento de Orientación organizouse a actividade “Engánchate ao voluntariado” que é unha iniciativa promovida pola Fundación Barrié e o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e executada pola Asociación APES (Prevención e Educación Social). O obxectivo é fomentar o voluntariado xuvenil como unha alternativa de relación social equilibrada e de prevención de condutas predelictivas entre estudantes de ESO. Para isto catro persoas reclusas do centro penitenciario de Ourense impartiron unha charla ao noso alumnado de 1º de ESO na que nos falaron sobre que é o voluntariado, os seus tipos, os beneficios. Ademais, a través das súas experiencias personais explicáronnos a importancia de ter un ocio saudable que eles no seu día non tiveron e invitáronnos a participar nunha actividade de voluntariado. Finalmente, o alumnado de 1º de ESO, elaborou estes murais fomentando o voluntariado.

Advertisement

2.1. Muller e Poesía.

2.2. Muller e Medios de Comunicación.

2.3. Mulleres deportistas no IES Otero Pedrayo.

This article is from: