1 minute read

HORTO ESCOLAR

ACTIVIDADE 1. Limpeza do horto exterior

ACTIVIDADE 2. Plantación de berza galega

Advertisement

Continuando co proxecto levado a cabo nos atnerirores anos – Aliméntate ben – o alumnado de 1 da ESO está participando no desenvolvemento e conservación do Horto Escolar. Nas dúas primeiras tarefas, levadas a cabo ao inicio do curso, o alumnado realizou os labores de limpeza e acondicionamiento do horto para poder poñer as novas colleitas. Para comezar, os pequenos labregos plantaron berza galega, ingrediente fundamental para facer un bo caldo.

ACTIVIDADE 3. Limpeza do horto interior.

ACTIVIDADE 4. Plantación de freseiras e semente de chícharos e perexil.

Nas tarefas 4 e 5, o noso alumnado adicouse a limpar o horto interior, destinado a plantas máis pequenas ou ornamentais. Este labor levouse a cabo durante o mes de xaneiro, nada máis comezar a 2ª avaliación, unha época moi apropiada para a semente dalgunhas legumes, coma os chícharos, ou plantas froitais, como as amorodeiras.

ACTIVIDADE 5. Póster sobre a ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Cumprindo cun dos obxectivos do proxecto Alimentate ben, o alumnado de 1º da ESO elaborou diferentes pósters nos que traballou a alimentación saudable e a importancia da calidade dos alimentos que inxerimos, algo que é fundamental á hora de establecer unha dieta completa e rica en nutrintes.

This article is from: