
1 minute read
NO DÍA DA POESÍA,
21 de marzo de 2023
Se existe algo que goberna ao ser humano, por enriba incluso da razón, son as emocións e os sentimentos. E iso é a poesía: unha amalgama de verbas, sons e sen-sacións, perfectamente íntimas, de quen a compón e de quen a interpreta. E aínda vai máis alá. A poesía tamén é o arrepío que produce o vento húmido nunha noite de San Xoán, a saudade dos aloumiños da in-fancia, un bico furtivo ás portas da escola ou as bágoas que firen a alma cando deixamos marchar a alguén.
Advertisement
A poesía somos nós e todo o que nos rodea. Por-que nos movemos a través das emocións. Porque a poesía é quen nos goberna!
Jonathan Pérez