Revista Rañolas 23-24 IES Otero Pedrayo

Page 1


REVISTA

CURSO 23/24

RAÑOLAS

Viaxe a Italia

Clubes de leitura

Concurso de Logos

Proxecto Stembach

Takeda

Aqui tamén se fala galego

Conversa con Juan Tallón

Os Stickmans

Otero Diverso

Club de Ciencias

Matemáticas

Olimpiadas

Luisa Villalta

SUMARIO

SAÚDO DA DIRECCIÓN

Se a felicidade se pode definir como un “estado emocional caracterizado por sentimentos de alegría, satisfacción e plenitude”, no IES Otero Pedrayo declarámonos completamente FELICES.

Un ano máis, acadamos obxectivos, metas marcadas, soños.

Un ano máis, contamos cun equipo humano excelente, tanto de profesorado como de alumnado, que ofreceu o 100% dentro da aula…, e tamén fóra.

Un ano máis, apostamos por un ensino público e de calidade, cun centro dinámico, máis inclusivo, máis aberto e flexible, que ofrece unha educación máis integral. Durante este 2023-2024 desenvolvemos diferentes proxectos de innovación educativa, centrados na igualdade e na inclusión, ademais de botar a andar o grupo “Otero Diverso”, que levou a cabo accións ao longo de todo o curso que culminaron coa “I Xornada pola diversidade afectivo-sexual”. Esta complementou as “VI Xornadas contra as violencias”, arredor do 25N, e as “VI Xornadas pola Igualdade”, celebradas en torno ao Día da Muller. Tamén se levaron a cabo proxectos de innovación educativa centrados na saúde ou nas novas tecnoloxías. Alén disto, o Otero Pedrayo participou en practicamente todas as Olimpíadas convocadas (de Xeografía, de Matemáticas, de Xeoloxía, de Bioloxía, de Química ou Economía, clasificándose nestas dúas últimas para a fase estatal. Celebrou festas populares (Magosto, Maios) e datas sinaladas (Día das aves, Día de Rosalía, Día da Arte, Día do Libro, Día da Poesía, Día da Música, Día da Educación Física na Rúa, Mes da Ciencia, Mes das Letras…). Acolleu exposicións no centro de temática completamente distinta (“Sen cancelas”, “As mulleres que nos levaron á lúa”, “A senda das cegoñas”, “Debuxo artístico”…) e engadiu ao Club de lectura para adultos (“Afouteza”) e Club de lectura para os máis pequechos (“Aleitando”), un Club de lectura pola diversidade (“Otero diverso”), ademais de participar nas tertulias literarias no Liceo de Ourense. Asistiu ao teatro en inglés, francés, castelán e galego; participou nas diferentes competicións deportivas intercentros e contou con

“Un cinto de soles rebentou por dentro”

Luisa Villalta, Estudo das sombras (2002)

conferenciantes de mundos completamente distintos: do literario, matemático, científico, do da educación social, do da psicoloxía, filosofía, historia, política, dobraxe e un longo etcétera. A visita ao Xulgado Penal de Ourense, con asistencia a diferentes xuízos, tamén é de destacar, así como a actividade “Voando con números” da Tecnópole, sen esquecernos daquelas festas que máis lle gustan ao noso alumnado: o festival de Nadal e fin de curso, así como os actos de graduación de 4º ESO no noso paraninfo e 2º BAC no Auditorio Provincial. Por último, cabe destacar a posta en valor do noso, facendo visitas guiadas ao Museo Pedagóxico do Otero.

Todo isto complementouse coas viaxes culturais de un só día (Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, o Ourense romano…) ou varios días (Picos de Europa, O Porto, Londres, Italia…) Aínda suliñariamos antes de rematar, por un lado, a adhesión do centro á campaña “Aquí tamén se fala galego”, porque a lingua propia é un dos nosos piares fundamentais e, por outro, a presentación de catro traballos de investigación do alumnado de StemBach, que nos fixo sentir un orgullo tremendo: un sobre o racismo, comparando un libro de texto do século pasado cun actual; un sobre economía aplicada ao noso centro de estudos e dous sobre a figura de Otero Pedrayo (un sobre a paisaxe do seu poemario Bocarribeira e outro sobre a etapa de don Ramón como estudante no noso instituto). Estes dous últimos foron, ademais, agasallados co primeiro premio no concurso convocado pola Fundación Otero Pedrayo. Toda unha experiencia de vida para o alumnado e profesorado implicado.

E, a todo o exposto, hai que engadir a publicación, un ano máis (e xa andamos pola vintena) desta alfaia que tedes nas vosas mans: a Revista Rañolas. Ela agocha a esencia do noso centro, ela dános voz, así que, como vos pedimos sempre, lédea, relédea, gozádea. Diciamos ao principio que a felicidade se xeneraba cando se acadaba unha meta anhelada. Nós sentimos que a acadamos. Nós sentímonos felices. Que rebente en vós este mesmo sentimento. Sic fiat.

O equipo directivo

Ao longo da miña vida dixéronme moitas veces que tendo grandes expectativas podía decepcionarme moi facilmente. Como persoa moi sensible, podo dicir que cando sentimos, choramos e nos entristecemos con facilidade, tamén queremos máis intensamente e somos felices con moitas máis cousas, como foi esta oportunidade de viaxar a un dos lugares máis fermosos, con amigos e a nosa mestra, Ana Gloria. “Se estou soñando, que ninguén me esperte”. Lembro que iso foi o primeiro que pensei cando me vin diante do Coliseo. Ningunha foto, descrición ou pintura xulga a beleza desta obra arquitectónica, sen afondar na súa importancia histórica. A visita aos foros superou por completo as miñas expectativas.

Tamén estivemos no Vaticano. Nunca na vira unha igrexa tan impresionante, e A Piedade de Miguel Anxo... malgastaría o tempo tentando explicar a súa beleza.

En Nápoles cautivoume o seu museo cheo de historia, pero o maior encanto é o caos xeral da cidade: a visita das súas rúas, unha aventura inesquecible! Poderiamos dicir que eu atopei a paz no caos!

Finalmente, Herculano e Pompeia!

Viaxe a Italia

Como estudante e amante da Historia, só podo dicir que foi máxico, pero sen dúbida o que máis destaco destas visitas é ter visto traballar os arqueólogos in situ.

En resumo a adquisición cultural foi excelente, coa axuda dos profesores e as nosas guías.

Pero se me preguntas cal foi a miña parte favorita de toda esta viaxe, direiche que non foi a comida, os monumentos ou os museos, senón a xente. Cheguei a Italia con catro amigos e volvín cun enorme grupo, unha segunda familia. Xuntos cantamos, bailamos, rimos e finalmente choramos cando nos despedimos. Gustaríame rematar dando grazas a cada unha das persoas que coñecín nesta viaxe, porque as experienzas acaban pero os recordos perduran para sempre.

Aviaxe non comezou como esperabamos: cada un nunha punta distinta do avión e cando chegamos o diluvio! O segundo día foi incrible: o Coliseo, os foros, o Moisés de Miguel Anxo, e, por último, a Fontana de Trevi de noite! Tiramos as tres moedas e bebemos da fonte dos namorados. E se nos gustou? Esa pregunta respóndena as 900 fotos dese día!

Ao día seguinte visitamos a Basilica de San Pedro. Se me pediran que a describira nunha soa palabra, sen dúbida diría: descomunal. Había letras de dous metros de alto que parecían pequenas en comparanza co resto. Pero tamen fermosa: todo é marmol, branco, azuis, rosado e ouro; deixoume sen palabras! Ese día comemos algo rápido na Piazza di Spagna, porque tiñamos unha visita cedo ao mausoleo da filla do emperador Constantino, á basilica de Santa Inés e ás catacumbas. Á volta aínda visitamos unha parte dos Museos Capitolinos e, para rematar o día, pasamos un bo rato nunha librería.

Viaxe a

O cuarto día visitamos tumbas etruscas, comemos de pícnic e descubrimos que aos gatos de Roma lles encantan os lugares arqueolóxicos!

O día de San Valentin coincidiu coa viaxe a Nápoles. A pouco máis perdemos o bus, porque, aínda que puxemos varias alarmas, estabamos tan cansas que ningunha a escoitou, así que tocou almorzar no bus.

Italia

Por Paula Gómez Carballo (1º Bacharelato)

(2)

Ao chegar, visitamos o Museo, moi interesante, e botamos unhas risas cando atopamos o Gabinetto segreto e tamén na sección exipcia: as momias son moito máis divertidas do que críamos! Para comer fomos a unha pizzeria que segundo os protagonistas de Cuando no queden más estrellas que contar era a mellor de todo Napoles, e non se equivocaban! De postre gelato, paseo por Spaccanapoli, e volta ao hotel.

Ó día seguinte agardábannos Pompeia e Herculano. É impresionante ver o que se conserva todo como hai 2000 anos! Ao regresar a Nápoles, demos un paseo polas rúas e cumprimos cunha tradición: cruzar a Piazza del Plebiscito cos ollos pechados.

O penúltimo día visitamos o Parco archeologico di Posillipo e a zona dos Campos Flegreos. Os nosos compañeiros fixeron unha magnífica representación teatral, e inda houbo tempo para unha parada na praia. Rematamos en Pozzuoli onde decicimos ir ao porto, pór música e ver o atardecer. Foi moi fermoso. O últimos día foi o máis triste, houbo que despedir a todos os novos amigos. Quedámonos coa alegría de ter feito a viaxe, co ben que o pasamos e con todas as anécdotas divertidas que gardamos!

TÁBOA PERÍODICA DAS Mulleres Científicas

Por Dpto. de Física e Química

Oalumnado da materia de Física e Química de 2º ESO conmemorou o 11 de febreiro o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa realización e posterior exposición da “Táboa Periódica das Científicas”. O traballo pódese ver na entrada do Edificio Histórico.

Na táboa aparecen os elementos químicos ordenados segundo o seu número atómico. Na cara superior cada elemento presenta o nome, o símbolo e o número atómico, do mesmo xeito que en calquera táboa periódica. Ademais cada alumno/a debuxou materiais e/ou obxectos cotiás representativos do elemento químico demostrando grandes habilidades artísticas. Na cara inferior, atópase información dunha muller científica (física, matemática, astrónoma, química, médica…) cos seguintes datos: nacionalidade, que se representada a través dunha bandeira; unha foto dela ou retrato dela e os premios e méritos profesionais. A táboa recolle información de cento vinte mulleres científicas de diferentes nacionalidades, entre as cales podemos encontrar á ourensá María Martinón Torres, á enfermeira coruñesa Isabel Zendal, á oceanógrafa de Ferrol Ángeles Alvariño ou á xovencísima física Verónica Salgueiriño Maceira.

Foi unha actividade divertida para o alumnado e a táboa das mulleres científicas resultou un éxito entre a comunidade escolar. Agardamos que o vindeiro curso poidamos continuar a mostrar a importancia do traballo feito por tantas mulleres ao longo da historia, tanto no ámbito científico como noutras moitas áreas.

Afouteza Clubes de Lectura

Son lectora dende sempre, dende que aprendín a ler. É a miña afección favorita.

Este ano a miña filla entrou no Otero Pedrayo, e informáronme da existencia de Afouteza, o seu club de lectura e decidín apuntarme.

O club dirixe a lectura, escolle o autor e a obra, o que che dá a oportunidade de coñecer novos autores e temas. Teño escritores preferidos, dos que leo todo ou case todo o que publican, e iso supón ler sempre o que che gusta, non saír da zona de confort. Ás veces, o escollido é un completo descoñecido e tes a oportunidade de descubrilo. Algunhas veces, o descubrimento non che resulta nada salientable, pero outras veces coñeces a un novo autor favorito.

De momento só puiden asistir a dúas reunións do clube sobre dous libros dos que descoñecía aos seus autores, aínda que puiden ler outra proposta do club: O verán no que a miña nai tivo os ollos verdes de Tatiana Tibuleac, tamén descoñecida para min; A inmoral doutora Cons de Roberto Fernández Alvarez e Stoner de John Williams

Para a vindeira reunión temos Golpes de Luz de Ledicia Costas, autora da que xa lin algunha outra obra. Os tres libros resultáronme moi amenos e interesantes. Nas dúas reunións ás que asistín contamos ademais coa presenza, no primeiro caso de Roberto Fernández, o escritor e, no segundo, con Moisés Barcia, o tradutor do libro ao galego. Coa presenza do autor, o libro gaña outra dimensión: xa non só falas da historia mesma do libro, senón de cousas que quedaron no tinteiro, completas as historias dos personaxes, das tramas e sobre todo do proceso

creativo, que penso que a todos os que somos lectores nos interesa especialmente. Foi unha xuntanza moi interesante, amena e enriquecedora para todos. No segundo caso, Stoner, coa presenza do tradutor ao galego, a conversa xirou arredor do proceso de elección de libros para traducir, da escolleita das palabras, das dificultades para traducir ao galego, cun publico minoritario. E tamén falamos sobre a mesma historia que contaba o autor.

O verán no que a miña nai tivo os ollos verdes

Tatiana Tibuleac

Ed. Rinoceronte

A inmoral doutora Cons

Roberto Fernández Álvarez

Ed. Aira das Letras

Sendo membro dun clube de lectura dáste conta que cando les un libro, non les só un libro, les un libro diferente por cada persoa que participa no clube. Si, ten o mesmo título, o mesmo autor, o mesmo contido, pero ten unha interpretación, un xeito de entendelo diferente para cada un. No caso de Stoner, houbo tanta controversia, tantas diferenzas de opinión, que mesmo queres volver a lelo para atopar esa forma diferente de entendelo.

En Afouteza sempre tentan traer ao autor da obra ou ao tradutor, ou a alguén relacionado de xeito directo coa obra. Isto é un engadido moi atractivo. Pero simplemente coa xuntanza de persoas que teñen as mesmas inquedanzas e afeccións ca ti, coa posta en común de ideas, opinións, de xeitos diversos de ver os libros e mesmo a vida, xa resulta enriquecedor. Afouteza é un espazo ameno, interesante, onde teñen cabida todas as opinións, que xunta a persoas moi diferentes entre si pero unidas pola súa paixón, pola literatura. Así que recomendo a calquera que queira entrar no mundo da literatura, aínda que non sexa moi fan, só que teña certo interese, a apuntarse neste clube Afouteza.

John Williams

Ed. Rinoceronte

por Beatriz Sieiro Rivas
Golpes de Luz
Ledicia Costas
Ed. Xerais
Stoner

Clubes de Lectura

Aleitando

“Leo, leo..., que les?”

Un ano máis, o alumnado de primeiro e segundo de ESO participa no Club de Lectura “Aleitando”, que promove o hábito da lectura entre @s máis cativ@s do centro.

No mural plasmamos o nome de cada personaxe asociad@ a unha cor e cunha palabra que definise o seu carácter ou o seu papel na obra.

No segundo trimestre cambiamos radicalmente de tema e achegámonos á obra “Nassima, á sombra dos talibán”, de Mercè Rivas Torres, a historia dunha nena afgá e a súa loita por estudar e saír adiante nun mundo hostil para as mulleres. No mural plasmamos varios mapas para situar Afganistán e a súa capital, Kabul, ademais de informar sobre a situación actual dos talibán nese país ou os tipos de vestimenta que deben utilizar as mulleres de países con relixión islámica.

“Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro”
“A literatura é a arte da palabra” “Un neno que le será un adulto que pensa”
“Se queres unha aventura, lánzate á lectura”

Este curso a nosa escolla baseouse en criterios de amenidade, proximidade e actualidade para, deste xeito, conseguir “enganchar” á mocidade. Ao finalizar cada trimestre faciamos unha xuntanza na nosa “alfombra máxica” para compartir as sensacións sobre a lectura, a análise d@s personaxes e afondar na mensaxe que nos transmiten as novelas escollidas. A continuación, plasmamos nun mural o que acordamos para que outr@s moz@s sintan curiosidade e queiran tamén ler as nosas propostas. Durante o primeiro trimestre a novela escollida foi “Campos de fresas”, de Jordi Sierra i Fabra, e a través das súas páxinas achegámonos ao mundo da adolescencia e das relacións entre iguais, facendo fincapé na importancia da toma de decisións e das consecuencias dos nosos actos. A novela transcorre de xeito trepidante e non ten capítulos. O dinamismo conséguese ao transcribir o que ocorre cada hora e minuto exacto e observando a reacción de cada personaxe ante o que semella inevitable.

A través desta lectura somos testemuñas dunha historia de amizade, de loita, de tradicións e cultura, pero tamén recibimos unha vaga de realidade que nos fai cuestionar o noso papel na sociedade actual.

No terceiro trimestre afondaremos na lectura dunha banda deseñada…

Campos de fresas
Jordi Sierra i Fabra
Ed. SM
Nassima, á sombra dos talibán
Mercé Ribas Torres
Ed. Ir Indo

DO EQUIPO DE LINGUA GALEGA CONCURSO DE LOGOS

Este curso realizamos un Concurso de Logos para elixir a imaxe que representa ao Equipo de Lingua. A actividade, aberta a todo o alumnado , contou coa colaboración do Dpto. de Plástica. Os logos estiveron expostos e finalmente houbo que elixir un gañador. A calidade e número dos traballos púxonos nun brete xa que a elección foi moi complicada e os premios que puidemos dar escasos. Finalmente houbo un Logo gañador e tres premios accésit. Presentámolos aquí acompañados da actividade de xustificación, unhas das tarefas previas ao deseño do Logo.

LOGO GAÑADOR

Daniela Rodríguez Márquez 4º ESO C

Para este logo escollín centrarme no concepto de equipo, unindo as siglas como pezas dun quebracabezas, integrando as letras como se fosen pare del e expresando unión, colectividade e unidade. Ademais a disposición é horizontal para intentar transmitir continuidade e progreso, similares á dinamización.

A tipografía das letras é ancha para destacar sobre a finura das liñas que compoñen as pezas traseiras. Da mesma maneira a cor tamén ten unha parte simbólica xa que usei o azul e branco como representación da bandeira galega. Ademais esta cor expresa intelixencia, comunicación, lóxica, eficiencia e calma. Considérase ademais unha cor agradábel á vista.

ACCÉSIT 1

Khady Guede Doumbia 4º ESO C

Na composición do meu traballo figura un círsulo vermello irregular, unh apluma negra e as iniciais do EDLG tamén en negra. Todo sobre fondo branco. O círculo trasmite unión en referencia á comunidade galega unida polo recoñecemento da Lingua e cultura durante o Rexurdimento e o vermello simboliza a loita. A pluma simboliza o ensino da lingua galega que trasmite profundidade, seriedade e elegancia e as letras góticas están asociadas á pluma. Indica que foron trazadas con ela.

ACCÉSIT 2

Gaia Janeiro 4º ESO C

O meu logo está composto polas siglas EDLG. O E é a que máis resalta, xa que é máis grande e está feita por formas que representan a persoas organizadas de tal maneira que fan a formas desta letra, como na ximnasia acrobática. Deporte caracterizado por ser exclusivamente de equipo. Por esta razón úsoo xa que dá a entender a idea de traballo en equipo.

As outras letras son de tamaño inferior e a súa tipografía foi creada por William Morris , escritor modernista, deseñador e activista político británico que se dedicou ao deseño tipográfico e aspecto visual e estético do libro, polo que asociamos este tipo de letra a este mundo.

As cores son azuis en dúas tonalidades, e branco, pois son as cores da bandeira galega.

ACCÉSIT 3

Lucía Fernández Pato 4º ESO A

Creei un logo para o Equipo de Dinamización de Lingua Galega. A forma base é un círculo rodeado de pequenos bonecos, cortados do peito para arriba que representan un equipo ou un conxunto de persoas traballando xuntas en harmonia e equipo. Estas figuras estºan coloreadas seguindo a orde das cores do arco da vella cara á dereita ( como as agullas do reloxo. Púxenlle estas cores porqu ecreo que transmitir sensación de orde e integridade nas persoas.

No centro do logo están as siglas EDLG escritas nun tamaño no cal se poden ver de lonxe e nas que a spersoas van centrar a atención cando miren o logo. Están escritas en negro e nunha tipografía moi senxela e moi lexibel na distancia. Creo que o meu logotipo trnsmite integridade entre as persoas e o idioma galego.

NO IES OTERO PEDRAYO STEMBACH DE HUMANIDADES PROXECTO

Durante o bienio 22-24 realizáronse dous STEMbach no ámbito das humanidades arredor da vida e obra de Ramón Otero Pedrayo no noso IES.

As miñas compañeiras de 2º BAC Lidia Rodríguez, Celia Rodriguez e Nerea Rodríguez realizaron un traballo de investigación que levou o título “Otero Pedrayo alumno, traxectoria no centro que leva o seu nome”, no cal a través da documentación que existe no IES analizaron os cinco anos de don Ramón como alumno preuniversitario no noso instituto, daquela chamado Instituto Provincial de Ourense. O seu proxecto estivo titorizado pola profesora Susana Reboreda da Universidade de Vigo e Daniel Valdivieso, profesor e director do noso centro.

O meu proxecto de investigación titulado “Poesía e Xeografía en Bocarribeira” consistiu nun estudo literario do poemario de Otero Pedrayo, Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar e nun estudo xeográfico dos cambios socioeconómicos existentes entre a paisaxe de Bocarribeira que plasma don Ramón no libro e a actualidade. Estivo titorizado polo profesor Manuel Forcadela da Universidade de Vigo e Elvira Moroño profesora de Lingua e Literatura do noso IES.

A defensa dos proxectos de Otero tivo lugar en Trasalba, na Casa-Museo de Don Ramón, o 23 de febreiro ante un

xurado formado por representantes da Universidade, o Ies Otero Pedrayo e a Fundación, entre os que estaba o meu titor e profesor da Universidade de Vigo Manuel Forcadela a quen lle agradezo as súa presenza e as ledas palabras.

Ese día estivo cargado de emocións, xa que había moitos nervios, tamén temor, mais rematou en felicidade e cheo de satisfacción polo bo resultado dos traballos e das exposicións. Foi un pracer compartir a experiencia coas compañeiras, que ademais de seren grandes persoas, tamén son moi traballadoras; traballar con elas man a man e poder vivir xuntas o momento no que defendemos os nosos proxectos foi algo máxico.

DO STEMBACH AOS PREMIOS PARA ESTUDANTES

DE SECUNDARIA DO OTERO PEDRAYO

E as cousas non podían saír mellor xa que os traballos STEMBACH foron presentados automaticamente ao Concurso Otero Pedrayo para Estudantes de Secundaria e Bacharelato e foron premiados na modalidade individual de Bacharelato o meu, e na modalidade de grupo o das compañeiras. Na secundaria os premio foron para alumnado de Mondoñedo, Moaña e para unha alumna das Franciscanas de 2º da ESO.

Este día da entrega de premios foi intenso e fermoso, pola presenza de persoas recoñecidas do mundo cultural, pois estaban presentes Valentín García, o secretario de Política Lingüística e sobre todo o ex presidente da RAG e profesor de Lingua e Literatura Galega Xesús Alonso Montero. Fíxome moita ilusión coñecer a D. Xesús, un home repleto de sabiduría e co que puiden compartir unha interesante conversa. Ademais, acabei acostumándome a falar en público e ante as cámaras, sempre hai unha primeira vez para todo! Podo dicir que estou moi orgullosa deste traballo, do esforzo realizado e dos logros: permitiume crecer como persoa, estudante e alumna.

Tamén aprendín moitísimo e levoume a coñecer un espazo e ambiente incríbel (Otero Pedrayo e a súa Fundación).

Ramón Otero Pedrayo converteuse na miña inspiración e transformoume en Oteriana pola súa grandeza. Estareille eternamente agradecida por todo, por sentir a súa presenza en cada momento desta etapa do proxecto e por axudarme a chegar tan lonxe coa súa obra Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar, que en realidade non son poemas pra ler e queimar, senón pra ler, amosar e desfrutar

por Lucía González Vázquez 2º BAC A

TAKEDA

AIlustración

por Raúl Pedrayo Barros

1º ESO por Javier Fontenla

mediados do século XIX, sendo eu cónsul do meu país no lonxano Xapón, fixen amizade cun honorable ministro do goberno imperial, quen me convidou a pasar a noite no seu vello palacio de Tokio. Entre os demais convidados figuraban tres importantes aristócratas, que acudiran á capital acompañados polas súas respectivas fillas. Estas mozas (ás que chamarei señorita Akane de Kamakura, señorita Hikari de Osaka e señorita Asuka de Kioto) eran todas moi guapas. O ministro era viúvo sen fillos varóns e amosaba moito interese polas tres rapazas, especialmente pola fermosa señorita Akane.

Dado que a presenza de tanta xente rica podía atraer visitas non desexadas, o ministro reforzara a seguridade do palacio contratando os servizos dun samurai sen amo chamado Iosuke Takeda. Todos dicían que era moi bo coa espada e tamén bastante astuto, pero amosaba un carácter pouco amigable.

Aquela tarde non se produciu ningún roubo, mais si o asasinato da señorita Akane, que foi degolada mentres paseaba soa polo xardín.

Durante a noite espertei ao escoitar uns berros de terror procedentes do cuarto da señorita Hikari e entrei alí rápidamente, ao mesmo tempo que o señor Takeda. A moza, que semellaba moi asustada, sostiña nas súas mans un coitelo ensanguentado e aos seus pés xacía o cadáver dun ninja ou asasino a soldo. Cando a señorita Hikari recobrou os ánimos, dixo que aquel intruso tentara asfixiala mentres durmía. Pero ela, asustada pola morte da señorita Akane, deitárase cun coitelo ao alcance da man e, durante a súa desesperada loita pola supervivencia, conseguira cravalo no corazón do asasino. Mentres rexistraba as roupas do

ninja, atopei un papel onde figuraban instrucións referentes aos asasinatos das señoritas Akane e Hikari, sen que se mencionase ningún outro nome. Lino e dixen en voz baixa, procurando que só me oíse o taciturno señor Takeda:

-Polo visto, a terceira aspirante á man do ministro (ou sexa, a señorita Asuka) desexaba a morte das súas rivais. Sen dúbida, foi ela ou alguén da súa familia quen contratou ao ninja para que as matase.

Takeda respondeu, tamén en voz baixa:

-É demasiado obvio para ser certo.

-Non estou de acordo con vostede, señor Takeda. Só é obvio porque atopamos este papel.

-Si, un papel cuxa única misión era ser atopado. As instrucións que figuran aí son tan sinxelas que calquera home intelixente podería lembralas, aforrando o risco de levar enriba un documento tan comprometedor. Por outra banda, alguén coma a señorita

Hikari dificilmente podería matar a un ninja… agás no caso de que estivese agardando o seu ataque a unha hora determinada.

Entón Takeda encarouse coa señorita Hikari e díxolle con voz fría:

-Non me enganou a súa comedia, señorita. Vostede ordenou a morte da señorita Akane e pretendía botarlle as culpas á súa outra rival, a señorita Asuka, para que ninguén puidese arrebatarlle a man do ministro. Por iso tiña ese coitelo… e tamén o papel, que escondeu entre as roupas do ninja despois de matalo. A moza quedara pasmada despois de escoitar aquelas inesperadas acusacións, mais iso tamén era unha comedia: de súpeto fixo un rápido movemento e atacou a Takeda co seu longo coitelo. Pero o samurai era tan rápido coma ela e conseguiu bloquear

o ataque coa folla da súa espada. Durante uns segundos tivo lugar unha fulgurante loita entre a dama e Takeda, quen non tardou en cobrar vantaxe sobre a súa rival. Finalmente, a señorita Hikari, que era áxil coma unha gata salvaxe, conseguiu fuxir do palacio saltando pola xanela antes de que ninguén puidese detela. Tanto ela coma o seu presunto pai desapareceron sen deixar rastro. En realidade, eran dous impostores, que planearan entrar na familia do ministro con algún obxectivo perverso. Nunca se soubo se actuaban pola súa propia conta ou se recibían ordes dun inimigo secreto do ministro. En canto ás persoas suplantadas, seguramente estarían alimentando vermes nalgún recuncho do camiño entre Osaka e Tokio.

Espertei á primeira hora da mañá seguinte e vin ao señor Takeda camiñando cara á saída do palacio con todo o que posuía: a súa espada e as súas alforxas, nunca demasiado cheas. Achegueime a el e pregunteille: -Vai marchar tan cedo, señor Takeda? -Si, señor cónsul. O meu traballo aquí xa rematou.

-Eu tamén volverei en breve ao meu país. E vostede que plans ten para o futuro?

-Seguirei sendo un samurai. Non sei facer outra cousa.

-Pero o tempo pasa para todos, señor Takeda. Que pensa facer cando sexa demasiado vello para manexar a espada?

-Realmente cre vostede que un home coma min podería chegar a vello? Non me atrevín a responder e limiteime a ollar en silencio como aquel estraño personaxe abandonaba o palacio.

Conversa con

Juan Tallón

No mes de novembro visitou o noso instituto o escritor e xornalista ourensán Juan Tallón. Algúns de nós, alumnos de Bacharelato, tivemos a inmensa sorte de poder ser testemuñas dunha interesante conversa do escritor sobre o proceso creativo da escrita e tamén sobre a súa obra.

Licenciado en Filosofía, o seu interese pola escritura sempre estivo presente polo que ao finalizar a carreira colaborou en distintos xornais como La Región, El País, El Progreso de Lugo e revistas. Coas súa primeira novela gañou o VI Premio Nicomedes Pastor Díaz , iniciando deste xeito unha frutífera traxectoria narrativa publicando obras tanto en castelán coma en galego. Empezou contándonos como compaxina a súa vida de pai, xornalista e escritor e como iso condiciona e modifica a data de publicación dos seus

foi a resposta dada a unha pregunta formulada por unha compañeira: como se escribe un libro?

libros e e tempo que dura o proceso creativo. Prefire escribir pola mañá cedo antes de que a súa familia esperte, para así poder escribir e concentrarse mellor. Falounos tamén da sá obra máis recente “Rewind”, que foi un completo éxito e unha das novelas propostas para o Club de Lectura do noso instituto. O punto de partida e detonante da novela é a explosión nun edificio onde residen un grupo de mozos.

A narración da historia vaise alternando cos diferentes puntos de vista dos superviventes, das familias das vítimas e das testemuñas que se atopan preto do lugar da catástrofe. Díxonos que cando quere empezar a escribir parte dunha idea, ás veces baseada nun feito real, outras veces puramente ficticia e que imaxina onde ocorre, a quen, cando… Pero quizais unhas das cuestións máis interesante, ao noso parecer,

Empezou explicando a diferenza existente entre ficción, que é algo non real, e realidade, para logo abordar a parte do proceso selectivo onde hai que elixir se queremos que a nosa obra sexa ficción, como Rewind, ou baseada en feitos reais como Obra maestra, que partindo dun feito real: a desaparición, case imposible, dunha escultura de trinta e oito toneladas do Museo Reina Sofía. A continuación hai que deseñar os personaxes e os seus trazos, o espazo, o tempo e un dos aspectos máis interesantes, ao noso modo de ver; o tipo de narración. Non é o mesmo un narrador obxectivo que un subxectivo, nin é o mesmo un único narrador cunha soa voz que varios narradores que nos permiten contrastar distintas versións e perceptivas. Para conseguilo hai que inspirarse e se optamos pola ficción, documentarse. Afirma que a inspiración lle chega a cada un de forma distinta e mesmo ás veces, cando menos a esperas. No caso de Rewind seis meses tardou en rematala, en cambio Obra maestra levoulle dous anos xa que houbo un tempo no que a deixou e porque esta novela esixía un maior labor de documentación. Ademais están as circunstancias persoais do escritor, que no seu caso debe compaxinar o seu labor de xornalista e escritor coa súa vida familiar, sen esquecer a presión á que un autor está sometido para intentar superarse en cada obra publicada.

Foi unha charla moi agradable na que Juan Tallón nos animou a perseguir os nosos soños dándonos moi bo consellos se queremos ser escritores ou simplemente escribir.

Por Rocío González, Adriana Fernández, Itziar Ocampo Freigedo (1º Bacharelato D)

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

Por Xiana Sotelo. 4º ESO B . Colaboradora do Equipo de Lingua Galega

Aquí tamén se fala galego” é unha campaña de dinamización lingüística cuxo obxectivo é rachar aqueles prexuízos sobre a imaxe dunha Galicia onde non se fala a nosa lingua e tamén sobre a suposta inutilidade dela.

Esta iniciativa tivo a súa orixe no IES Rafael Dieste, na Coruña, liderada polo profesor Alberto Pombo e o seu alumnado de Secundaria . Agora, tras só uns meses, xa se uniron máis de 200 centros estendidos por todo o país.

Pero, a pregunta é: como se participa neste proxecto? Moi fácil! A tarefa consiste en repartir cartaces da campaña entre os comercios locais para visibilizar que si se fala galego e que non é certo que xa non se fala galego ou que se fala pouco , si se segue a falar a nosa lingua. É polo tanto unha campaña de orgullo. Faise unha fotografía do establecemento co cartaz e, a cambio, o comercio recibe publicidade nas redes sociais co hashtag #Aquítaménsefala para chegar a un público máis amplo e apoiar aqueles que secundan a proposta.

Nas redes sociais, ou mesmo na súa páxina web, podemos encontrar videos de todas as persoas que participan e apoian o proxecto. No ámbito musical, as máis coñecidas sen lugar a dúbidas son as queridas Tanxugueiras, o grupo formado por tres cantareiras que revolucionaron a música tradicional galega, pero tamén Amaia, cantante coñecida do programa ‘Operación Triunfo’ e James Rhodes, pianista, deron o seu apoio. No cine, os actores Viggo Mortensen, María Vázquez e Tamar Novas unironse á iniciativa. Outro contribuídor popular entre a mocidade é o tiktoker e cómico Pablo Meixe.

Dende o Equipo de Lingua comprobamos que no barrio e na escola, TAMÉN SE FALA GALEGO!

O fútbol galego non queda atrás na campaña, posto que tamén apoian a campaña o Celta, o Dépor, o Racing e o CD Lugo.

Todos eles e moitos máis son figuras públicas que berran con orgullo que eles tamén falan galego

O noso IES tamén se adheriu á Campaña e tras recibir os carteis personalizados repartímolos polos comercios de varias rúas da contorna: a rúa Colón, García Mosquera e Xosé Ramón Vázquez Oxea. Deixamos cartelería nos seguintes locais:

O’XASTRE arreglos e roupa, XOGUETERÍA A BUFARDA ,XOIERÍA A PICOTA, LIBRERÍA PADRE FEIJOO, LIBRERÍA A´NOVA, FERRETERÍA GALAINOVA.2.0. CAFETARÍA BRAN, CAFETARÍA GALAXIA, BAR CERES, PASTELARÍA TU RECREO, PAN PUNTO NEGRO, ROUPA INFANTIL GOLFIÑOS, FERRETARÍA A MEZQUITA e nas oficinas de URBANISMO DO CONCELLO.

A acollida foi moi boa e o alumnado que participou no reparto de cartelaría falou e compartou conversa coas persoas que rexentan negocios na zona. Velaquí o outro grande atractivo da campaña: conectar escola , barrio e comunidade.

AQUÍ TAMÉN SE

FALA GALEGO

Librería A' Nova
Instituto
Otero
Pedrayo
Cafetaría
Bran
Cafetaría
Galaxia 21
Xoería A Picota
Bar Ceres

OS STICKMANS

ICONAS DA CULTURA URBANA

Dende a penumbra das rúas menos transitadas ate as redes sociales como YouTube, unha figura enigmática deixou a súa pegada na cultura urbana: os Stikmans. Estas pequenas figuras humanoides, simples no seu deseño e de gran impacto, capturaron a imaxinación en miles de millóns de persoas ao redor do mundo desde o seu misterioso aparecemento nos finais do século XX.

Nesta reportaxe, exploraremos este fenómeno, dende os seus comezos atá a actualidade.

As orixes misteriosas

Todo se remónta á década dos 90 nas rúas das grandes cidades como Nova York (E.E.U.U.), Berlín (Alemaña) e Tokio (Xapón). Xeralmente creadas con anacos de cinta adhesiva prateada ou negra co fin de recrear a forma dun pequeno humanoide, comezaron a aparecer en espazos estratéxicos: sinais de trafico, postes de luz ou de alta tensión, paredes, etc...

Coa súa estética minimalista e a súa presenza enigmática, capturaron a

atención dos transeúntes e moi rapidamente se converteron en parte da paisaxe urbana.

Unha das facetas da súa gran popularidade, con respecto a outros artistas urbanos é o anonimato, pois non se conservan sinaturas nin declaracións de autoría. Isto derivou nunha especie de culto en torno aos Stikmans, con afeccionados tratando de descifrar o seu significado e orixe.

Unha gran evolución

As primeiras aparicións en papel

Ao redor dos primeiros anos do século XXI, este novo concepto presentábase no mundo das bandas deseñadas, ás veces utilizados como elementos de fondo ou como personaxes secundarios en historietas. A súa natureza adaptable levounos a ser os favoritos dos artistas independentes, os cales incorporáronos ás súas obras, dándolles outra vida con unha nova variedade de contextos e situacións.

Gran parte deste éxito deriva na súa simplicidade xa que con só un-

Os stikmans na actualidade

has poucas liñas, estes personaxes podían expresar unha ampla gama de emocións e accións, facéndoos versátiles e accesibles para todos por igual, e aquí o punto polo seu gran atractivo.

A era dixital

A medida que avanzaba o novo milenio, os Stikmans encontraron un novo medio de expresión no mundo dixital. Co xurdimento de YouTube en 2005 e o boom das redes sociais, estes icónicos personaxes saltaron do papel ás pantallas, acadando una audiencia global e ampliando a súa influencia a niveis nunca antes vistos.

Os vídeos de Stikmans aterraron en YouTube a finais da primeira década do século XXI , mostrando a estas figuras de pau nunha ampla gama de situacións e escenarios. Dende bailes sincronizados até aventuras épicas, os Stikmans demostraron ser incriblemente versátiles na súa nova forma dixital, capturando a imaxinación dunha nova xeración de espectadores.

A medida que nos adentramos no ano 2024, os Stikmans continúan deixando marca na cultura urbana. Se ben é certo que foron evolucionado co tempo, a súa esencia segue sendo a mesma: figuras misteriosas que espertan a curiosidade e a creatividade en quen as encontran. Sexa nas rúas americana, nas paredes europeas ou nos recunchos asiáticos, os Stikmans seguen sendo unha presenza constante, recordándonos a beleza da arte urbana e a maxia do descoñecido.

Un fenómeno importante na sociedade

Ainda que a súa orixe e significado exacto segue sendo descoñecido pola sociedade, non podemos negar que estes amigos produciron un gran impacto a nivel cultural. Estes serviron de inspiración para moitos artistas, cineastas, músicos e escritores de todo o mundo, as súas figuras simples pero poderosas fixéronse notar nas obras de arte, vídeos musicais, filmes e incluso na moda urbana. Os Stikmans convertéronse nun símbolo da creatividade, a rebeldía e a resistencia dentro dos entornos urbanos.

Maila o seu anonimato, os autores formaron unha gran comunidade que se mantén ainda hoxe unida en torno a su arte. A través das redes sociais e outros medios en liña, compártense fotos, ubicacións e técnicas para crealos e colocalos. Esta comunidade permitiu que os Stikmans transcendan as fronteiras físicas e culturais, chegando a novos recunchos e conectando ás persoas de diferentes formas e perspectivas.

Daniel Borrajo Fernández

Diver so Otero

Por Grupo OTERO DIVERSO

Este curso comezou a andaina do Grupo de apoio á Igualdade e Diversidade Lgtbi+ Otero Diverso, formado por profesorado e alumnado do centro.

Os obxectivos básicos do Grupo de Igualdade son evitar calquera tipo de discriminación por cuestión de xénero, respectar e apoiar a diversidade afectivo-sexual no centro e previr as violencias machistas. Tamén está nos obxectivos desenvolver o maior número de actividades coeducativas. Un obxectivo a cumprir será elaborar un Plan de Igualdade que implemente e desenvolver máis amplamente o Plan de Convivencia.

Este curso leváronse a cabo accións puntuais e periódicas como a conmemoración de datas sinaladas con accións colectivas: manifestos, exposicións e actividades de aula. Contamos tamén cun Club de lectura coeducativo e dende a Biblioteca xestionouse a exposición Sen Cancelas do Consello da Cultura Galega que visibiliza a disidencia sexual dende unha perspectiva galega. acompañada dunha ampla proposta didáctica.

Como colofón celebramos a I XORNADA POLA DIVERSIDADE AFECTIVO -SEXUAL” OTERO DIVERSO”.

Tratamos, en definitiva, de facer do noso centro un centro coeducativo, no que o noso alumnado se sinta seguro, no que non haxa nin privilexios nin discriminacións.

CIENCIAS CLUB DE

Un ano mais o departamento de Bioloxía e Xeoloxía desenvolveu o Club de Ciencias no que participan alumnos de tódolos niveis de ESO e Bacharelato.

Neste curso, nos propuxemos facer un inventario de tódolos exemplares de rochas e fósiles que posue o Centro. (O ano anterior fixéramos o inventario de minerais). Para elo, tivemos que clasificar e identificar e inventariar, as rochas e fósiles, cousa nada fácil, usando as ferramentas das que dispoñemos: guías de identificación de rochas minerais e fósiles e as lupas binoculares que posuímos no laboratorio. Para elo, dispoxemos da colaboración e asesoría técnica do xeólogo Eduardo González Clavijo, residente cerca do centro e pai de ex-alumnas.

Nas fotos pódese ver instantes en que os alumnos traballan no inventario e identificación das rochas.

En paralelo con esto, os alumnos de 4º de ESO, desenrolaron unha actividade complementaria, feita en grupos de entre 4 e 6 alumnos.

Dita actividade consistiú en facer un resumo da historia da Terra dende a súa formación ata a actualidade, Fíxose sobre unha corda dun metro e, nela indicaronse, a escala, as eras, períodos e os principais acontecementos xeolóxicos, biolóxicos e climáticos que sucederon durante a historia da Terra. Pódese ver algúns traballos nas seguintes fotografías.

Facendo o inventario
Identificando Rochas

MATEMÁTICAS DEPARTAMENTO DE

ÁRBORE DE NADAL TETRAEDRO DE SIERPINSKI 3D

O fractal aquí exposto foi o resultado de 5 iteracións.

No mes de decembro, o alumnado elaborou unha árbore de Nadal, baseada no TETRAEDRO DE SIERPINSKI 3D, construíndo cada rapaz/a un tetraedro verde, vermello ou branco debuxado e uníndoos posteriormente polos vértices de 4 en 4, como amosan as fotos, ata chegar ao resultado final, que quedou exposto na entrada do centro.

O tetraedro de Sierpinski é un fractal (obxecto xeométrico no que unha mesma estrutura se repite a diferentes escalas e tamaños).

EXPOSICIÓN : AS MULLERES QUE NOS LEVARON A LÚA

Nos días seguintes puidemos desfrutar no noso centro coa exposición “ As mulleres que nos levaron a lúa”

CHARLA DE NIEVES LORENZO no DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS (DÍA DE PI)

Co motivo da celebración das datas do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller), e o 14 de marzo (Día Internacional da Matemáticas – Día de PI 14/3), o Departamento de Matemáticas convidou este ano á directora e profesora da escola de Enxeñería Aeroespacial (UVIGO) , Nieves Lorenzo ,que nos agasallou coa charla :

“As mulleres que nos levaron a lúa”, na que fixo un percorrido por todas aquelas disciplinas nas que as mulleres foron imprescindibles e tiveron unha importantísima relevancia para que o ser humano puidera chegar a lúa.

DEPARTAMENTO DE

MATEMÁTICAS

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

No mes de febreiro, convocouse para todo o alumnado o I Concurso de fotografía matemática, sendo o obxecto do mesmo a realización de fotografías do seu entorno, nas que se vexa representado algún concepto matemático (figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, sucesións,....)

Os tres alumnos premiados foron:

1º Premio

Noa Vila Ares - 1º Bach E Una secuencia infinita

2º Premio

Irene González Bóveda – 3º ESO A Lápices simétricos

3º Premio

Jorge Pascual Alejandre - 2º Bach E Espiral matemática

CONCURSO EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS

2.0

Outro ano mais o noso alumnado participou neste concurso organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC. O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes breves nas que se explique en galego un concepto matemático.

OLIMPIADAS

por Vicedirección / Departamentos

OLIMPÍADA DE ECONOMÍA

O pasado venres, 12 de abril, 5 alumnos e alumnas do IES Otero Pedrayo desprazáronse a Lugo para participar na XIV Olimpíada Galega de Economía, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio de Economistas de Lugo, en colaboración coas Universidades da Coruña e Vigo.

O noso alumnado obtivo uns excelentes resultados: SARA CALVO e PABLO DOMÍNGUEZ clasificáronse para a final despois de obter, respectivamente, o 1º e 2º posto.

OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA

A Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo acolleu o pasado venres a celebración da fase autonómica galega da XIX Olimpíada de Bioloxía, na que participaron 80 estudantes de 39 institutos das catro provincias; un deses centros foi o Otero Pedrayo, representado por 4 alumnas de 2º BAC. Foi todo unha experiencia para elas.

OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

A pasada semana, alumnado de 4º ESO e 1º BAC desprazouse a Quiroga para participar nas XV Olimpíadas de Xeoloxía, que tiveron lugar no #CourelMountainsUNESCOGlobalGeopark.

Xincana con 12 probas prácticas polas rúas de Quiroga, realización dun exame, visita ao Museo Xeolóxico e ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana ou obradoiro de bateo de Ouro foron algunhas das actividades nas que a nosa rapazada participou, xunto con outros compañeiros e compañeiras de Lugo e Ourense.

Os nosos alumnos SUNAI MARTÍNEZ ZABALA, de 1º BAC, acadou un 3º posto absoluto e PABLO GÁNDARA, de 4º ESO un accésit concedido polo xurado (4º posto).

OLIMPIADA MATEMÁTICA

Como en anos anteriores, participamos na Olimpíada Matemática de 2º ESO, actividade a través da cal se pretende promover o gusto pola resolución de problemas matemáticos presentando, nesta ocasión, a dous alumnos de 2º ESO: Anxo Álvarez e Isaac García.

Luísa Villalta

a través dos seus versos

por Elvira Moroño

(Dpto de Lingua e literatura Galega)

A Nena

NACÍN enfronte de min mesma

Cando a Pescadería era un leito de sereas

E a serpe demorada na voz dos meus avós

Vento dos ventos

... POEMA DA CIDADE ALTA, En concreto

O labirinto de cristal convencíame sempre do final intocábel

E eu regresaba aos modos e maneiras familiares

Que me esperaban sen demasiada tenrura

Como se realmente tivese logrado a fuxida

XARDÍNS, En concreto

A Adolescente

... Soubemos que non sabiamos, mais un empurro retido de moito tempo e moita exactitude( sempre) ferveunos no paso e nas palabras abertas

En cravos vermellos rebentounos o beizo

adolescente:

fomos criados, talvez raptados, por unha luz estraña que nos fixo fuxir deixando a raíz ( sempre aquí)

...

HABITAR, En concreto

A Muller

Hoxe vestín a Cidade como todos os días

E saín polas rúas procurando un abrigo

Non consigo saber onde puxen o día de onte

Quizá estea no armario da habitación reformada da casa

Ou no patio onde cultivei os meus primeiros corenta anos secretos/

A Cidade constantemente adolescente

Pola mañá sen maquillar

Repasa as miñas medidas

Nas obras que todos os días comezan

Nos autos de horizontes perpendiculares

Na chuvia qu etinxe a terra da cor do meu chapeu

Para vestirme

A Poeta

EMPECEMOS por dicer, por unha vez, toda a verdade, confesar que estas palabras son roubadas ao descuido do ar.

Un insecto do seu exacto tamaño acelera, medra

E deixa sobre min o zumbido maniño

Coa roupa tentadora dos trinques

Cos ollos vacunos dos televisores

E dos veciños de cotiá domingo

Que non ven, que non podne ver, que nunca crerían que visen

Como vou tan núa pola rúa

ROUPA, En concreto

A Música

En soneto de sons que soan sendo

A melodía do que eu son na eséncia

Inconsciente de ser, unha preséncia

Sen mais sentido que soar sabendo,

A monodia do viver entendo,

Fluindo como o son, en trascendéncia,

Improvisando ritual, auséncia

No eco que a memória vai perdendo.

Número e canto, necesária vía

Por que ascendo as escadas, se afastasem

A razón da intuicións que o ritmo cria,

E trasgrido a palabra, se soasen

Outras voces que o sentido ouviria

Cando os sons da sua música calasen.

Música Reservada

Que non é nada até que eu me abrigo co seu peso. Restos de aromas como unha boca universal, Xardíns qu enon son de ninguén par aeu abri-los. Cara a xalundes van formas valiosas do pasado Que se musean ao meu dispor nas galerias, o saber foi descuidando-as no desván das académias Co seu tacto de xiz como estátuas copiadas. Todo isto son palabra sroubadas que che estou roubando. Para un uso fraudulento, xa se sabe, Para cambiar por elas o que se ama.

A Loitadora

Aquí hai homes que preparan unha guerra sosegada ante mesas aborrecidas de papeis macilentos de mans cegas a calquera utilidade de virus estrategas entre tanta rotina

O vento cheira a cadáver a vitima diaria da harmonia universal a apocalíptico vertedoiro antes de sementar nas nosas almas vencidas Unha canción sen memoria

Unha guerra soa sempre aínda desde moi lonxe un estertor terminante vén procurar os cristais da cidade que se despede continuamente de si mesma.

LESTE , En concreto

ISTO, Rúído

O meniño abraza o piñeiro que enxerga dende o lameiro no que a mamá o deixa estar mentres apaña a herba.Ten 7 anos pero xa sabe o que é gabear na procura dun soño. Os soños que alimentan a alma dos que descobren a vida. Ten 7 anos pero alcúmano o Revellado. Porque busca na candea o niño onde agochar o seu maxín, porque albisca no seu toro o pouso da póla que xa secou, porque cos seus dediños traza na casca o mapa dos seus devezos. Abrazado ao piñeiro sente que o mundo lle pertence, que poderá agatuñalo ata alcanzar a inmensidade dos seus soños. Séntese tan poderoso que arrabuña a cortiza ata sangrárenlle os dediños mais sabendo, como só o saben os Revellados, que para chegar á cúspide ha de ir podando pero nunca talando. Sempre rexio e firme. Como a mamá, como o papá, como a avoa, como… Sabe que o piñeiro abanea empurrado polo nordés, sabe que as agullas poden voar espindo as gallas pero sabe tamén que os rebentos, eses vultiños pequeniños que gusta agarimar, encerran as vidas doutros que co devalar dos anos han medrar para acompañar ou reemprazar aos que se foron. Como a vida mesma. Nacer, medrar, vivir, irse… Ten 7 anos pero xa entende da fraxilidade do ascenso, da dureza do abalo, do baleiro do abismo. Do valor das raíces. Por iso abrazado ao piñeiro escoita os seus latexos que son os dos dous, os seus e os da Nai, a que vela polos seus fillos, a que nunca os abandona. E aperta con forza unha galla que imaxina cicha orballos de cordura enchoupando a todos os que coma el teñen 7 anos, os Revellados, os que gabean pola vida na procura dunha luz que dea cabida á esperanza, á ilusión de que un mundo mellor é posible.

Un soño…

Un soño nada máis.Ou máis nada

Un soño que soño para os nosos fillos e para todos aqueles que seguen tendo 7 anos.

Conchita Fernández Vázquez

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.