CONCELLO DE O PINO ANO 2022 NÚMERO 14
PEREIRA, Campo de Festas
CASTROFEITO, Escola de Santiso
BUDIÑO, Campo de Festas
O PINO, Campo de Festas
GONZAR, Campo de Festas
MEDÍN, Campo de Festas
PASTOR, Campo de Festas
LARDEIROS, Campo de Festas
SAN BREIXO, Campo de Festas
SAN MAMEDE, Campo de Festas
SAN MIGUEL DE CERCEDA, Igrexa
CEBREIRO, Campo de Festas
COMITIVA DE REIS XANEIRO 2023 19 DE FEBREIRO Praza do Concello
A partir das 17:30 horas, inchables no polideportivo municipal de Reboredo
da chegada das SS. MM. farase entrega dos premios
Remataremos a festa co tradicional chocolate e roscón de
CHEGADA O POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE REBOREDO 10:45 11:10 11:35 12:00 12:20 13:00 13:30 13:50 17:30 17:45 18:05 18:30 19:30
•
(Arca). • Antes
aos gañadores do Concurso de Postais. •
Reis.
Un municipio atractivo para vivir
Bo Nadal, veciñas e veciños:
Unha vez máis volvemos facer balance do traballo realizado nos últimos doce meses e que podes ver resumido neste número da revista Faísca. Neste ano de paulatina volta á normalidade, fomos recuperando algunhas das iniciativas tradicionalmente máis demandadas por persoas de diferentes idades. Puidémolo ver coa afluencia aos programas de conciliación durante as vacacións escolares, con máis de 150 nenas e nenos matrículados na Escola de Verán; coas actividades que desenvolvemos xunto coa escola unitaria de Gonzar; ou coa matrícula na Galiña Azul. Unha escola infantil que, polo seu bo facer, a Xunta de Galicia escolleu tanto para pechar o curso 2021-2022 como para comezar o actual 2022-2023. As propostas para a xente nova tiveron o seu cumio en setembro na Festa O Papaventos (louvada por moitas persoas de municipios da contorna) e que complementamos coas axudas á natalidade, das que este ano se beneficiaron 17 familias.
Neste 2022 tampouco nos esquecemos da mocidade, para a que organizamos diferentes xornadas formativas, conscientes de que eles e elas tamén son responsables de construír unha sociedade máis igualitaria. A oferta cultural, de ocio e deportiva que lles ofrecemos dende o Concello é o suficientemente variada e atractiva como para sentirse orgullosos de vivir no
Pino. Mostra disto é que as escolas deportivas municipais volven recuperar o pulo de antano con máis de 400 inscritos (entre escolares e maiores), e que houbo unha grande afluencia á piscina no verán, ao ximnasio municipal e ás diferentes competicións organizadas.
Na oferta municipal non esquecemos ás persoas maiores, ás que animamos a seguir formándose en charlas ou en cursos como Camiños de coñecemento e experiencia; facer exercicio na Ximnasia por parroquias; acudir ás citas anuais cos balnearios e a praia e encontrarse con amigos e veciños na xuntanza que todos os anos organizamos na área recreativa da Magdalena.
Para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e que poidan seguir residindo no Pino, contaremos axiña cun centro de día e unha residencia. Dous edificios que se van construír en sendas parcelas municipais na capital do concello, moi preto doutros servizos públicos esenciais para manter unha boa calidade de vida. Para que sexan realidade o antes posible, xa temos reservada unha partida económica específica nos presupostos municipais de 2023.
Todas estas actuacións e iniciativas, xunto a outras moitas, complementámolas cun ambicioso plan de investimentos en infraestruturas viarias distribuídas por todas as parroquias do concello. Consecuencia da boa xestión económica dos últimos anos, agora puidemos destinar tres millóns de euros para garantir a seguridade viaria e os desprazamentos de peóns e condutores dentro do noso termo municipal. Estes investimentos, realizados con fondos propios, complementan as grandes infraestruturas, como a que vai acometer a Xunta na depuradora de Arca, que axudan a facernos a vida un pouco máis fácil a cada un de nós e, ao mesmo tempo, contribúen a facer do Pino un municipio atractivo para visitar e para vivir nel.
Bo Nadal e venturoso Aninovo para todas e todos vós.
CONCELLO DE O PINO Saúda do alcalde 3
Manuel Taboada Vigo Alcalde de O Pino
Divertida tarde de Entroido con obradoiros, música e moitas ganas de pasalo ben 15Arca
19 Mostras, talleres, charlas e documentais para a mocidade nos actos do 25N
13Máis de 150 nenos e nenas de 3 a 12 anos participan na Escola de Verán
acollerá a residencia de maiores e o centro de día, con 30 prazas cada un
16Ximnasia por Parroquias con 50 asistentes para manter hábitos saudables
17A Xuntaza dos Maiores volve con forza á área recreativa da Magdalena
23O
Pino Aventura, unha actividade familiar na que participan quince equipos
24Miles
de persoas acoden á Festa do Galo Piñeiro e á Mostra Cabalar 27 Investimentos de tres millóns en infraestruturas viarias nas trece parroquias 40
Aposta polo fermosismo coas novas fachadas para concello e unitaria de Lardeiros
Festa do atletismo na Carreira Popular con participantes de todas as idades 45
43Gran
As actividades deportivas municipais contan con máis de 400 escolares e adultos
Servizos de limpeza e medio ambiente
Punto limpo-recollida lixo ......981 693 072 Servizo de Augas .......................628 087 459 Permiso de queima de residuos agrícolas 902 112 000
Outros servizos de interese
Xulgado 1ª Instancia (Arzúa) 981 500 011
Empresa Grabanxa....................981 690 990
Transporte público Galicia .....988 687 800
Xogos para conmemorar os días de Rosalía e das Letras Galegas na unitaria de Gonzar 14O presidente da Xunta inaugura o curso 2022-23 na Galiña Azul de Arca Depósito Legal: C 2120-2017 Decembro 2022. Publicación gratuíta do Concello de O Pino. Permítese a reprodución sempre que se cite a fonte.
Oficina Agraria Comarcal (Arzúa) 981 500 062 Rexistro (Arzúa) 981 500 475 Xunta de Galicia 981 545 400 • 012 Servizo Provincial Recadación (Santiago) 981 599 966 Deputación da Coruña ............981 080 300 Cita Previa DNI ............................902 247 364 Edita Concello de O Pino Deseño, maquetación e textos Alicentis SL Fotografías Concello de O Pino, Alicentis SL
FAÍSCA
CONCELLO DE O PINO Sumario 4
O Pino
s/n
•
123 correo@opino.gal
facebook.com/ConcelloDoPino
Cultura/Biblioteca Municipal: Teléfono ........................................981 511 065
de
........................................981 511 168
educativos
011
..........................061 •
.......................662
Concello de
Praza do Concello,
15821 Pedrouzo
Arca Teléfono centraliña. 981 511 002 Fax 981 511
www.opino.gal
Casa da
Xulgado
Paz Teléfono
Centros
CPI Camiño de Santiago 881 867
Unitaria de Gonzar 696 975 078 Escola Infantil Galiña Azul 981 511 012 Servizos sanitarios Centro de Saúde Arca ..............981 814 392 Urxencias Médicas
112 Farmacia Dolores Ordoñez 981 511 055 Farmacia Salvador Pazos 981 511 054 Emerxencias Garda Civil Arca 981 511 052 Urxencias Garda Civil 062 Protección Civil 112 Incendios 085 Transportes Taxi licencia nº2 669 945 381 Taxi licencia nº7 608 981 630 Taxi licencia nº10 659 680 823 Taxi licencia nº12
175 978 Empresa Monbús ......................982 292 900
DIRECTORIO
7
9
Éxito total da I Festa da Familia O Papaventos
Centos de persoas déronse cita na área recreativa da Madalena a mediados de setembro para participar na primeira edición da festa da familia O Papaventos, organizada polo Concello de O Pino. As caras de alegría dos asistentes advertían que a xornada ía ser do máis entretida e o resultado non defradudou.
Unha festa holi inagurou o día e permitiulles a pequenos e maiores encher de cor a carballeira e tamén ao resto de participantes. Todos remataron coa súa roupa decorada con vistosas cores grazas á chuvia de pós. Enseguida, nenos e nenas apuntáronse ao xogo de pistas na carballeira, para atopar as mensaxes que permitían avanzar nesta divertida actividade. Mentres uns preferían xogar cos aros ou conservar o equilibrio camiñando sobre latas de conserva, os maiores, incluídos avós e avoas, conversaban animadamente. As propostas da mañá remataron coa sorprendente actuación do mago Cali.
Chegaba o momento de recuperar forzas nun xantar popular no que
moitas persoas levaron a comida da casa e outras preferiron sentar nas mesas da polbeira Potel para degustar polbo e churrasco.
Obradoiros para contruír papaventos e customizar camisetas, xogos de mesa como a brisca, o tute ou o dominó e xogos grupais en familia como o brilé ou carreiras de sacos fixeron gozar a cativos e maiores a primeira hora da tarde. Pero aínda quedaba moita festa por diante. O espectáculo da Eira do paporrubio fixo que as familias se divertiran con orixinais versións de xogos tradicionais; o pasarrúas con maxia e clown O estrano caso do dentista da rúa Brasov sorprendeu moito ao público e a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona puxo o colofón final facendo cantar e bailar os asistentes cun concerto cheo de ritmo no que misturaron cancións propias e outras moi coñecidas do folclore galego.
Escanea o código para ver o vídeo da Festa da Familia.
CONCELLO DE O PINO Educación e cultura 5
As parroquias aplauden a visita dos Reis Magos
As caras de ilusión da cativada alumearon un día moi completo que comezou algo chuvieiro e que pouco a pouco foi dándolle paso ás raiolas do sol ata caer a noite.
Os Reis Magos comezaron o seu percorrido en Pereira e remataron na Praza do Concello, en Arca. Durante a súa particular peregrinaxe, Melchor, Gaspar e Baltasar tiveron tempo de escoitar con moita atención as peticións de pequenos e pequenas do municipio que non dubidaron en pedirlles os agasallos máis desexados. Despois de pasar por todas as parroquias, as Súas Maxestades achegáronse a cinco puntos diferentes da capital do municipio, na parroquia de Arca, para saudar os nenos e nenas que alí os agardaban. Un día cheo de ledicia para gozar antes da noite máis máxica do ano.
PAPÁ NOEL VAI POLOS COLES
Papá Noel visitou os centros educativos do Pino para recoller as cartas dos nenos e nenas da escola infantil, da unitaria de Gonzar e do alumnado de infantil e dos primeiros cursos de primaria do CPI Camiño de Santiago.
Escanea o código para ver o vídeo da visita dos Reis Magos.
Educación e cultura 6
Unha tarde de Entroido chea de diversión
Moito disfrace e moitas ganas de pasalo ben. Así podería resumirse a Tarde de Entroido organizada polo Concello de O Pino, na que os moitos nenos e nenas que participaron deixaron claro cales eran as súas propostas favoritas. Os talleres de maquillaxe de ollos e de tatuaxes na pel foron dos obradoiros máis demandados, aínda que durante toda a tarde tamén houbo cola para facer figuras con globos ou deseñar e pintar máscaras e complementos para o photocall. Todo isto dentro da carpa instalada na Praza do Concello, porque fóra moitas mamás e papás animáronse a xogar ao tres en raia, ao jenga xigante ou ao mikado.
A maioría da cativada acudiu disfrazada e non deixou de participar en todas as actividades, dun xeito especial cando comezou o espectáculo do pallaso da Peque Disco Moc Moc, que fixo mover o esqueleto a pequenos e maiores con coreografías guiadas e xogos musicais. O espectáculo de malabares pequenos con lume púxolle o gran colofón a unha tarde entroideira moi divertida e animada.
‘Camiños de coñecemento’ con 14 participantes
Envellecemento saudable, criminoloxía ou como se escribe a nosa historia foron algúns dos temas culturais e científicos nos que se formaron as persoas maiores de 50 anos grazas ao programa do IV Ciclo da USC Camiños de coñecemento e experiencia que, na súa última edición, contou coa participación de 14 veciños e veciñas do Pino. O centro sociocultural Luis Seoane acolleu as cinco xornadas formativas do ciclo. Ademais, nesta oportunidade para democratizar o coñecemento, o alumnado visitou a facultade de Medicina compostelá.
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolleu en xuño o acto de clausura desta acción formativa. A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez, recolleu os diplomas do alumnado do Pino.
Día do Libro na biblioteca
O alumnado de cuarto, quinto e sexto de infantil do CPI Camiño de Santiago, así como o de primeiro de educación primaria, visitaron a biblioteca municipal para conmemorar o Día do Libro 2022. Unha vez alí, a concelleira de Cultura, Eva Varela, e a técnica municipal Ana Vigo léronlles diferentes contos como Quérote moito Mamá, O peixe Arcodavella, De que cor son os bicos? ou Simón e a horta. Tras escoitar moi atentos e atentas cada unha das historias, nenos e nenas participaron en diferentes obradoiros relacionados coas historias narradas. Así, tiraron de creatividade e confeccionaron muíños de vento, peixeiras ou un ‘ramo de flores’ que levaron de recordo para as súas casas.
CONCELLO DE O PINO Educación e cultura 8
AULA 5º INFANTIL
AULA 1º PRIMARIA
AULA 4º DE INFANTIL
AULA 1º DE PRIMARIA
AULA 5º DE INFANTIL
Un xogo para conmemorar o día de Rosalía
O alumnado da unitaria de Gonzar celebrou o Día de Rosalía cun xogo de pistas baseado na vida e obra da escritora galega. Mentres Eva Varela, concelleira de Cultura, agochaba pistas relacionadas coa vida e obra de Rosalía de Castro, Ana Vigo, responsable da biblioteca municipal,
líalles esas pistas a nenas e nenos para atopar o agasallo final. Ademais, a cativada levou como recordo unha bolsa conmemorativa coa imaxe da poeta. Ao rematar o xogo, os nove nenos e nenas animaron a toda a veciñanza a celebrar este día ao berro de “Feliz día de Rosalía!”
Escanea o código para ver a felicitación polo Día de Rosalía.
No Día das Letras Galegas, os pequerrechos e pequerrechas da escola unitaria de Gonzar tiveron ocasión de escoitar un conto en galego dos fondos da biblioteca municipal. Tamén reflexionaron sobre os milleiros de historias que se poden vivir lendo nos contos e remataron a mañá cun obradoiro con material de refugallo, dirixido por Eva Varela e Ana Vigo.
CONCELLO DE O PINO Educación e cultura 9
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Grande acollida das clases de bolillos e costura
Cada ano son máis as veciñas que deciden pasar o seu tempo libre entre fíos e participar nos cursos de costura e bolillos que se imparten nas instalacións da Casa da Cultura. Os mércores, a artesá Ana Rosa Lista ensina bolillos e bordado ao aire a dous grupos de alumnas. Mentres, as clases de costura danse en tres quendas: un grupo nas mañás dos martes e outros dous nas tardes dos xoves.
CURSO DE COSTURA INFANTIL
Adornos de Nadal, neceseres, mochilas, peluches, toallas de praia personalizadas, chaveiros... Os alumnos e alumnas do curso de costura infantil celebrado este verán na biblioteca fixeron todo iso coas súas propias mans. Un curso que, aínda que contou con catro clases de dúas horas, resultou breve para tantos proxectos como fixeron.
CONCELLO DE O PINO Educación e cultura 10
Concurso de Postais de Nadal Martina Mirás Otero. 2º Ciclo. Felicitación institucional Aula 4 anos. Categoría infantil Sofía Pérez. 3º Ciclo Emma Raskin. 1º Ciclo
O programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, achegou varios espectáculos aos participantes nos campamentos de verán: os contos e adiviñas de Frumario o bibliotecario, os xogos de A ruleta das letras, os experimentos de Heroes para a ciencia ou a actuación de Paco Nogueiras, que fixo bailar á cativada ao ritmo das cancións de Brinca Vai!
Os cómicos Isabel Risco e Fran Rei fixeron as delicias da veciñanza do Pino co seu espectáculo Dous no Camiño. Cunha posta en escena moi sinxela, explicaron con todo detalle e mantendo a súa esencia máxica tres das lendas xacobeas máis populares: a do cabaleiro francés Roldán, a da Barca da Pedra de Muxía e a da traslatio do Apóstolo Santiago ata Compostela.
A unitaria de Gonzar pechou o curso pasado con Toupiciencia, unha actividade programada desde o departamento de Educación e Cultura dentro do programa Rede Cultural da Deputación. A Toupiña e o seu axudante Protonio presentaron divertidos experimentos.
A Praza do Concello encheuse de risadas co espectáculo Peor imposible, a cargo de Peter Punk, no pasado mes de xullo. O pallaso fixo gala das súas habilidades circenses e malabares e do seu humor irreverente para acadar a complicidade do público.
O SAMAÍN TRAE AO PINO TEATRO INFANTIL MAXIA DO MAGO ANTÓN NO REGRESO ÁS AULAS
O alumnado de infantil e dos primeiros cursos de primaria do CPI Camiño de Santiago asistiu no auditorio da Casa de Cultura á representación de Onde viven os monstros, a cargo da compañía Os Náufragos.
Tralas vacacións de verán, o Concello de O Pino quixo darlle a benvida ao alumnado do CPI Camiño de Santiago cun espectáculo do Mago Antón, no que se pon en valor a lingua galega a través da maxia.
CONCELLO
O PINO Educación e cultura 11
DE
TOUPICIENCIA PECHA O CURSO EN GONZAR PETER PUNK FAI RIR CON ‘PEOR IMPOSIBLE’
LER CONTA MOITO NO CAMPAMENTO DE VERÁN HISTORIA CON HUMOR EN ‘DOUS NO CAMIÑO’
Ignacio Castro invita á reflexión co seu libro ‘En espera’
O auditorio do centro sociocultural Luis Seoane abriuse de par en par á reflexión coa presentación do libro
En espera do filósofo, crítico e escritor Ignacio Castro Rey. O veciño de Arca non estivo só neste evento; acompañárono a xornalista María José Gómez Barreiro e o sarcerdote de Arca Fabio Pallotta, nun acto que contou coa participación da concelleira de Cultura, Eva Varela Gago, quen se encargou de introducir o acto e darlle paso ao posterior coloquio. Ao finalizar, o autor asinou exemplares da súa última obra.
En espera insite na importancia de sermos libres e non delegar noutros todo aquilo do que dependa a nosa existencia única e mortal. No resumo do libro, o autor convida á reflexión con estas palabras: “Isto non chama a volver fortalecer o individualismo, no que xa estamos. Pola contra, esixe volver traballar pouco a pouco en pequenas comunidades baseadas no que realmente somos, sen postureos, diga o que diga a poderosa sociedade da información”.
EXPERIMENTACIÓN CIENTÍFICA
Aprendizaxe e diversión déronse a man na actividade Heroes para a ciencia, promovida polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia. Os participantes no campamento de verán do Concello de O Pino trasformáronse en científicos e gozaron facendo experimentos: de presión, gravidade, electricidade, condutividade... Con obradoiros prácticos descubriron que a ciencia tamén pode ser divertida. Ademais, a rapazada participou nun novidoso escape room científico.
CONCELLO DE O PINO Educación e cultura 12
Máis de 150 participantes na Escola de Verán
A Escola de Verán do Pino acolleu na súa última edición a máis de 150 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que participaron nalgunha das seis quendas establecidas polo Concello para facilitar a conciliación laboral e familiar ao tempo que se promove un ocio saudable, inclusivo e formativo nun espazo seguro.
O equipo de monitorado deseñou unha atractiva programación combinando actividades deportivas e de movemento, xogos de estratexia ou por equipos e quebracabezas ou manualidades. Tamén se recuperaron con moi boa aceptación xogos tradicionais como o brilé, as chapas ou o xogo do pano.
A organización dos participantes por grupos de idade favoreceu a súa socialización. Ademais das actividades cotiás, a Escola de Verán sorprendeu á rapazada cunha andaina polo tramo do Camiño de Santiago que bordea o municipio, cunha xincana de auga e cunhas olimpíadas en miniatura.
Os campamentos Lecer Nadal e Lecer Semana Santa organizados polo Concello de O Pino ofrecéronlles ás familias unha alternativa de conciliación saudable, entretida e educativa para a cativada.
Ti si que es un bo peixe ou Fai clic ao teu bocata. Con estes dous programas da Xunta de Galicia, os participantes na Escola de Verán coñeceron os beneficios dos produtos frescos do mar e das conservas.
CONCELLO DE O PINO Benestar social 13
LECER E CONCILIACIÓN NAS VACACIÓNS HÁBITOS ALIMENTARIOS SAUDABLES
14
Rueda inaugura no Pino un curso histórico
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou a escola infantil do Pino para inaugurar un curso escolar histórico: o primeiro no que a educación de 0 a 3 anos pasou a ser totalmente gratuíta para todas as familias, con indepen-
dencia da súa situación económica. Rueda estivo acompañado na súa visita pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez; polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; e polo alcalde do Pino, Manuel Taboada.
Por outra banda, a conselleira Fabiola García elixiu tamén a escola do Pedrouzo para despedir o curso 2021-22 en toda a rede pública autonómica da Galiña Azul. García presidiu o acto de entrega de orlas e fotografías ao alumnado.
Axudas directas para incentivar a natalidade
Ao longo deste ano, 17 familias solicitaron as axudas á natalidade que concedeu o Concello de O Pino coa finalidade de fomentar o asentamento de poboación no municipio. Trátase de achegas directas que van
dos 750 aos 1.500 euros por cada nacemento ou adopción e que foron destinadas a persoas ou parellas que levaban empadroadas no municipio máis de nove meses e que censaron tamén as súas crianzas. A
condición para recibir estas axudas (que están abertas todo o ano) é que tanto o pai ou a nai como o menor permanecesen empadroados no Pino os cinco anos seguintes ao nacemento ou á adopción.
CONCELLO DE O PINO
Benestar social
2,7 millóns para a residencia e o centro de día
Avanzan os proxectos para dotar o municipio do Pino de dous equipamentos destinados a mellorar a calidade de vida da veciñanza: unha residencia e un centro de día para as persoas maiores. Estas actuacións suporán un investimento de 2,69 millóns de euros, dos que o Concello de O Pino aportará preto de 900.000 euros de fondos propios e solicitoulle á Xunta de Galicia un financiamento de 1,8 millóns.
Os dous edificios que albergarán a residencia e o centro de día construiranse na parroquia de Arca, en parcelas de propiedade municipal, e supoñen, en conxunto, preto de 1.700 metros cadrados útiles. Terán 30 prazas cada un deles. O alcalde do Pino salienta que os dous proxectos “permitirán cubrir as necesidades que temos de atención ás persoas maiores na actualidade e tamén nos vindeiros anos” . Tendo en conta que o prazo de execución das obras é dun ano, Manuel Taboada agarda que estean en funcionamento en 2023.
A residencia de maiores está proxectada nun edificio de dous andares e contará en total con 18 dormitorios individuais e 6 dobres, comedor, lavandaría e despachos, entre outros espazos de uso común. O orzamento estimado ascende a 2.040.250 euros, dos que o Concello aportará 840.250 euros.
Polo que respecta ao centro de día, o anteproxecto contempla a construcción dun edificio dunha soa planta que contará cun comedor, unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente e outros espazos. O orzamento para a súa construción ascende á 651.957 euros, dos que o Concello aportará 51.957 euros.
Vinte mil horas ao ano do Servizo de Axuda no Fogar
Chegan os ‘Coidados porta a porta’ con revisións gratuítas de oído e pé
O programa da Xunta de Galicia de prevención da dependencia e asistencia a persoas maiores Coidados porta a porta realizou en setembro a primeira das tres visitas que ten programadas no Pino ata finais de
2023. A unidade móbil instalouse a carón do centro de saúde de Arca para ofrecer atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos.
O departamento de Servizos Sociais xestiona na actualidade un total de 19.668 horas de atención no fogar ás persoas vulnerables do municipio, das que 16.908 horas ao ano corresponden a persoas dependentes e as 2.760 horas anuais restantes son de libre concorrencia. No caso de quen ten recoñecida a dependencia, o financiamento chega tanto do Concello como da Xunta de Galicia, e quen se beneficia deste servizo achega unha cantidade como copago en función da súa capacidade económica. Para os postos de libre concorrencia achegan fondos tanto o Concello coma a Deputación e os usuarios.
CONCELLO DE O PINO 15 Benestar social
Hábitos saudables grazas á ximnasia por parroquias
Un ano máis, o Concello de O Pino segue a fomentar os hábitos de vida saudables co programa Ximnasia por parroquias, para persoas maiores de 65 anos. As clases impártense nos locais sociais das parroquias de Budiño, Ferreiros, Gonzar, e Lardeiros. A resposta da veciñanza é moi satisfactoria, con 50 asistentes en total (Ferreiros e Gonzar superaron a inscrición da pasada edición).
Ademais de facer deporte coa supervisión de monitorado titulado, Ximnasia por parroquias “representa tamén unha alternativa de ocio para moitos veciños e veciñas, que aproveitan estas dúas horas semanais de exercicio para verse e conversar”, destaca o alcalde do Pino, Manuel Taboada Vigo.
16 Benestar social
As veciñas e veciños do Pino gozaron de novo dos beneficios das augas termais do balneario de Cuntis, grazas ao programa Vai de Auga e despois de dous anos de parón obrigado pola pandemia. O Concello sufragou o autobús que desprazou ás corenta persoas participantes nos meses de maio e xuño para gozar de seis sesións no circuíto lúdico-termal do Acquaform, o complexo acuático de augas terapéuticas máis grande de Galicia. Coa chegada do bo tempo
tamén botou a andar o programa Vai de Praia, con oito excursións en autobús a diferentes areais galegos entre xullo e setembro. Os destinos
costeiros elixidos foron as praias de Boiro, a de San Francisco en Muros, a de San Vicente do Mar no Grove ou a de Cabanelas en Sanxenxo.
CONCELLO
O
DE
PINO
A veciñanza retoma con agrado as viaxes a balnearios e praias
Volve con forza a Xuntanza dos Nosos Maiores
Preto de 900 persoas déronse cita este verán na vixésimo cuarta edición da Xuntanza dos Nosos Maiores. Despois dun tempo sen se celebrar, por mor da pandemia, había vontade de reunirse e conversar, de gozar da festa e de bailar. Pero tamén de participar nunha emotiva homenaxe ás veciñas e veciños presentes de máis idade: Dolores Ferro Seijo, veciña de Gonzar; Manuela Ribas Rey, tamén de Gonzar, e Sabina Gómez Barreiro e Ricardo Carnota Nouche, os dous de Budiño, recibiron unha placa conmemorativa pola homenaxe. Dolores compartiu protagonismo coa súa irmá Carme, que con 103 anos é unha das avoas do municipio.
O concerto da Banda de Música de Touro e a misa completaron os actos da mañá. A seguir, celebrouse o tradicional xantar, para rematar bailando na carballeira da Madalena coa música do dúo Eva e Camilo.
Escanea o código para ver o vídeo da XXIV Xuntanza dos nosos maiores.
CONCELLO DE O PINO 17 Benestar social
Benestar social
O Concello pon sete desfibriladores en instalacións públicas
O Goberno local do Pino investiu 12.705 euros na adquisición de sete desfibriladores, que se colocaron en diferentes instalacións públicas do municipio: na casa consistorial, no colexio, na casa da cultura, na unitaria de Gonzar, no campo de fútbol de Reboredo e nos pavillóns polideportivos de Lameiro e Reboredo. Ademais, traballadores municipais, persoal do CPI Camiño de Santiago e representantes da Sociedade Deportiva O Pino recibiron un curso de formación para saber manexar estes aparellos que poden salvar vidas.
Éxito de asistencia nas charlas do Plan Maior Seguridade
A veciñanza do Pino encheu os locais sociais de Lardeiros, Pereira e Pastor para asistir ás charlas do Plan Maior Seguridade, dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores e impulsado polo Ministerio do Interior.
Un axente da Garda Civil facilitou consellos para evitar os problemas de seguridade que afectan ás persoas maiores como colectivo: os riscos no fogar ou na vía pública, estafas, roubos e furtos, accidentes e situacións de maltrato ou abandono. O primeiro e máis importante ante un delito é, segundo o axente, non facerlle fronte ao malfeitor e chamar ao teléfono de emerxencias 112 ou á Garda Civil ao 062.
Pola dispersión e polo envellecemento da poboación que se dá no rural galego, o axente incidiu en puntos como non ter moitos cartos na casa, pechar a porta do domicilio cando saímos á horta ou á casa dun veciño ou anotar as matrículas de vehículos sospeitosos.
Con este reparto de desfibriladores, o Concello de O Pino converte en espazos cardioprotexidos as principais instalacións públicas do
municipio, dotándoas dun sistema que restablece o ritmo cardíaco normal mediante a aplicación dunha descarga eléctrica.
CONCELLO DE O PINO 18
Aposta pola educación nos actos do 25N
O Concello de O Pino reiterou o seu compromiso coa loita fronte á violencia de xénero apostando na súa programación do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, pola educación con iniciativas de concienciación e prevención dirixidas á veciñanza, pero especialmente ás alumnas e aos alumnos do Pino. Mostras, talleres formativos, documentais e charlas centraron a programación.
Dentro da iniciativa Lentes Violetas, o Concello organizou dúas charlas, impartidas pola cooperativa de educación Aventeira, dirixidas ao alumnado do CPI Camiño de Santiago. A primeira
para o alumnado de 6º de Educación Primaria, onde se abordaron temas como falar dun xeito obxectivo, expresar as emocións e o trato dende a non violencia e a ética dos coidados. A segunda, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, na que se lle ofreceron as ferramentas para identificar o poder nas relacións afectivas e facer unha lectura crítica da pornografía mainstream.
O alumnado de 3º e 4º da ESO tamén participou no taller formativo vencellado á exposición Chicas nuevas 24 horas, baseada no documental da directora Mabel Lozano no que denuncia a explotación sexual de mulleres e nenas e as redes de prostitución. Documental que tamén foi proxectado para o público en xeral.
Finalmente, representantes do Movemento pola Paz celebraron un coloquio sobre submisión química e a Lei Orgánica de garantía integral da liberdade sexual (a lei do só si é si). Abordáronse, entre outros, os perigos da submisión química, os protocolos de actuación e os puntos chave da lei do só si é si.
Formación tecnolóxica con
Unha vintena de mulleres participaron no curso de competencias dixitais básicas organizado pola entidade de formación Muller Dixital, en colaboración do Concello do Pino, que comezou en novembro.
‘Muller dixital’
A formación consta de 40 horas dun curso básico e 5 horas máis de formación en igualdade. De carácter gratuíto, as participantes recibiron nocións prácticas para poder desenvolverse na contorna dixital.
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e a concelleira de Cultura, Eva Varela, abriron a xornada de formación coa que se inaugurou o curso, impartido na aula TIC situada no antigo centro de saúde.
CONCELLO DE O PINO 19 Benestar social
Máxima implicación na celebración do 8M
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, foi a primeira en asinar no Libro da Muller, que formou parte das iniciativas que puxo en marcha o Concello de O Pino para conmemorar o Día Internacional da Muller en 2022. Tras a de Vázquez chegarían as sinaturas de concelleiros e traballadoras municipais, así como da veciñanza que se achegou ás oficinas municipais para escribir as súas mensaxes pola igualdade.
O 8 de marzo Manuel Taboada leu o manifesto institucional con motivo do Día Internacional da Muller e presentou tamén o III Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2021-2025, unha ferramenta que lle permite ao Concello de O Pino seguir a traballar “nas transformacións precisas para garantir o principio de equidade” e “integrar a perspectiva de xénero nas políticas e accións para avanzar na construción dunha sociedade que se asente sobre os piares da xustiza, diversidade e igualdade”, como subliñou o alcalde.
Outra das accións levadas a cabo con motivo do 8M foi a campaña
O Pino cara a igualdade, coa que o Concello implicou o comercio local a través dunha campaña de sensibilización na que os establecementos
luciron de malva. O Concello de O Pino tamén distribuíu material relativo ao 8 de marzo entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago.
social
O departamento de Educación e Cultura retomou en maio o programa Mimos de mamá. A matrona do centro médico de Touro-O Pino, Rosario Rivas, impartiu dúas charlas-taller co título Que debo saber?, dirixidas ás mozas de 4º da ESO e ás alumnas de 2º e 3º da ESO do CPI Camiño de Santiago. A profesional deulles unha clase rápida de anatomía feminina, informoulles de cando deberían facer a primeira citoloxía, do virus do papiloma humano ou de como facer unha exploración mamaria, entre outros auntos.
CONCELLO DE O PINO 20 Benestar
Charlas-taller para as adolescentes con ‘Mimos de mamá’
Música e humor con ‘Camiñantes e cantantes’
Veciñanza e peregrinos gozaron en xullo de Camiñantes e cantantes, un espectáculo musical protagonizado por La Ocaband que, nesta ocasión, contou co acompañamento de Pili Pampín e Lucía Pérez. O toque humorístico estivo nas mans de Pepo Suevos e Manuel Manquiña, que exerceron de mestres de cerimonias. Este novidoso formato da canle Anove TV fai unha vinculación entre o Camiño de Santiago e a historia da música galega. Antes da verbena, a canle emitiu en directo o programa Aquí e agora no que Manuel Taboada falou do que representa o Camiño para o municipio, Mayka Mera describiu a oferta hostaleira e Carlos Magadán e Antonio Suárez referíronse á feira do galo piñeiro e mostra cabalar.
Centos de persoas achegáronse ata a área recreativa de Castrofeito para festexar a romaría da Madalena o venres 22 de xullo, festivo local. Neste día tan especial, a comisión de festas quíxolle render unha bonita homenaxe ao finado Manolo Vázquez, que formou parte da comisión e participou activamente na organización das festas durante anos.
Escanea o código para ver o vídeo da romería da Madalena.
21 Turismo e patrimonio
HOMENAXE A MANOLO VÁZQUEZ NA ROMERÍA DA MADALENA EN CASTROFEITO
CONCELLO DE O PINO
A mellor gastronomía en SaborEarte
A segunda edición de SaborEarte acercou o mellor da gastronomía do Pino a veciños, visitantes, produtores locais e autoridades. Os asistentes puideron ver en directo ao cociñeiro e promotor do proxecto Miguel Mosteiro preparar tres pratos con produtos do municipio: croqueta líquida con pisto de verduras
de tempada; verduras con crema de queixo Arzúa-Ulloa e xema de ovo curada; e ssam de galo piñeiro estofado e pico de galo (un pequeno bocadillo de inspiración coreana) que todos puideron degustar. Ao mesmo tempo, Adolfo Enríquez compartiu consellos para facer boas fotos destes e doutros pratos.
Os peregrinos teñen en Arca unha zona para lavar bicicletas
A actividade serviu para poñer en valor os produtos locais e a gastronomía de proximidade como elementos singulares, fundamentais para a estratexia de promoción dos territorios do Camiño. Aspectos que resaltou a concelleira de Cultura, Eva Varela, antes de iniciar a exhibición e degustación gastronómica.
Aparcadoiro con servizos en Lameiro para autocaravanas
O 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar dedicou unha edición especial a promocionar a gastonomía dos Camiños. Así, o expositor do Concello do Pino destacou as bondades do galo e da galiña piñeira. A concelleira de Cultura, Eva Varela, conversou co conselleiro de Agricultura, José González, na clausura deste evento.
O Concello de O Pino habilitou unha zona para que os peregrinos que fan o Camiño en bicleta ou os afeccionados ao ciclismo poidan lavar as súas bicis ao chegar a Pedrouzo. Esta área de servizo está a disposición de veciños e visitantes fronte ao centro sociocultural Luis Seoane, co CPI Camiño de Santiago e do centro e saúde
As autocaravanas achéganse cada vez máis ata o aparcadoiro situado xunto ao polideportivo e piscina de Lameiro, onde dispoñen de todos os servizos necesarios (auga potable, evacuación de augas grises e negras, etc). O Concello de O Pino habilitou cinco prazas de aparcamento en Lameiro para autocaravanas, un turismo cada vez máis en auxe.
CONCELLO DE O
PINO
Turismo e patrimonio
22
O galo e a galiña piñeiros, no salón internacional Xantar
Actividade en familia con O Pino Aventura
Máis de medio cento de persoas, distribuídas en 15 equipos, participaron en O Pino Aventura, unha actividade promovida pola concellería de Cultura e organizada por Territorio Comanche na que os xogadores e xogadoras tiñan que superar diferentes probas distribuídas polo casco urbano de Arca e polas inmediacións do Camiño de Santiago.
Orientándose cun mapa, os equipos sumaban puntos localizando pistas e balizas e superando desafíos. A proba de puntería no lanzamento de aros foi unha das máis solicitadas, ao igual que a de equilibrio. Tras dúas horas e media de competición, gañaron os equipos Porcos bravos, na categoría de exploradores piñeiros, e Anfibilandia, na de pequen@s piñeiros.
Escanea o código para ver o vídeo de Pino Aventura
O alcalde e a directora da fundación americana International Solidarity for Human Rights, Elizabeth Sánchez, colocaron na casa consistorial a placa conmemorativa do respaldo municipal ao Camiño dos Dereitos Humanos que está a promover no Camiño Primitivo a entidade con sede en Miami.
CONCELLO DE O PINO
Turismo e patrimonio
Jorge Luciano Montoya e David Urreta, responsables do departamento de Integración Rexional da provincia de Córdoba (Arxentina), visitaron O Pino para coñecer máis de preto as medidas de desenvolvemento, organización e promoción do Camiño de Santiago.
O PINO CO CAMIÑO DOS DEREITOS HUMANOS REPRESENTANTES ARXENTINOS VISITAN O PINO
23
Turismo e patrimonio
O pistoletazo de saída para unha fin de semana de festexos dérono un concerto tributo á banda de Freddie Mercury e a actuación do Bruxo Queiman, que ofreceu o espectáculo Terras de Queimada con música en directo, o tradicional conxuro, lume e moita fantasía.
Milleiros de persoas do Galo Piñeiro e
Unha xornada de sol radiante foi o paraugas perfecto para acoller aos milleiros de persoas que participaron na XXI Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia coa que o concello do Pino enxalza e recupera os valores económicos, culturais e históricos destas dúas especies.
Tralas bombas de palenque abríronse as dúas mostras destas razas autóctonas. Sesenta exemplares de galiñas e galos piñeiros vivos, procedentes de Galicia e doutras comunidades autónomas do norte de España, competiron no certame morfolóxico que gañou o criador Lucas Magadán, un mozo do Pino que participou nesta tradición que lle vén de familia. Mentres, abríase o apartado cabalar da feira
CONCELLO DE O PINO
OS ESPECTÁCULOS ‘DR. QUEEN’ E ‘TERRAS DE QUEIMADA’ ABRIRON BOCA NA NOITE DO SÁBADO
á
24
persoas asisten á Festa á Mostra Cabalar
con centos de cabalos e de eguas que competiron polos diferentes premios morfolóxicos, entregados como fin de festa polo alcalde, Manuel Taboada, e integrantes da corporación municipal. Especial mención merece o premio Faísca ao mellor cabalo de pura raza española nacido e criado en Galicia, outorgado a Confitera Maig, de José Ignacio Mata (Teo), que protagonizará a imaxe da Mostra Cabalar en 2023. A xornada rematou cunha exhibición de doma a cargo da compañía El Centauro.
Non podemos esquecer o tradicional xantar popular, no que participaron preto dun milleiro de persoas. Entre esta comida e a degustación previa, realizada durante a sesión vermú, consumíronse máis de mil quilos de capón.
Escanea o código para ver o vídeo resumo da XXI Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Pino.
A actuación da charanga NBA polas rúas de Pedrouzo e a mostra de artesanía na Praza de Forcarei contribuíron a animar o ambiente. Houbo tamén exhibicións de forxa, tear, canteiría, cetrería ou bolillos, así como obradoiros de pasta de papel e actividades e xogos para as crianzas.
FEIRA DE POSTOS DE ARTESANÍA DE GALICIA E EXHIBICIÓNS NA PRAZA DE FORCAREI
Turismo e patrimonio
CONCELLO DE O PINO 25
Turismo e patrimonio
Alfonso Rueda visita o albergue do Pedrouzo
O entón vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, escolleu a principios de abril o albergue do Pedrouzo para reunirse con representantes da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) e analizar novas liñas de colaboración para reactivar o sector.
Na xuntanza, á que tamén asistiu o alcalde do Pino, Manuel Taboada, Alfonso Rueda anunciaba boas expectativas de afluencia de peregrinos. Unhas previsións que logo se viron superadas pola realidade, xa que máis de 350.00 peregrinos recolleron a Compostela ata finais de outubro, superando os 347.578 que o fixeron durante todo o 2019.
Por outra banda, e no verán, os alcaldes do Pino, Manuel Taboada, e o de Arzúa recordaban a decisión de non abrir os polideportivos municipais aos peregrinos do Camiño de Santiago ata que estiveran esgotadas as numerosas prazas de
aloxamentos públicos e privados existentes nos dous municipios. “Non lle queremos facer competencia desleal aos hostaleiros que ofrecen camas aos camiñantes dos dous concellos“, aseguraba Manuel Taboada.
O Concello de O Pino colaborou con Cruz Vermella a través do programa Contigo no Camiño por segundo ano consecutivo. O servizo consistiu en prestar acompañamento, asistencia e asesoramento aos camiñantes cunha cobertura dinámica en bicicleta entre Palas de Rei e O Pino, polas mañás; e polas tardes no Punto de Atención ao Peregrino. Desenvolveuse do 15 de xullo ao 15 de setembro.
AUMENTAN AS CONSULTAS DE GRUPOS DE TURISTAS
O Ano Santo atraeu un gran número de peregrinos e peregrinas e O Pino, punto sinalado no Camiño, foi testemuño deste fenómeno. Así, a oficina de turismo situada no centro sociocultural Luis Seoane atendeu máis de 5.200 visitantes en 2022. O 46 por cento das consultas foron de grupos, sendo algúns deles moi numerosos. En comparación con anos anteriores, aumentou a porcentaxe de xente que se puxo en contacto coa oficina por teléfono e correo electrónico. Canto á nacionalidade das persoas atendidas, o 69% foron españolas e o 31% estranxeiras. Setembro e outubro foron os meses nos que máis estranxeiros solicitaron os servizos da oficina.
CONCELLO DE O PINO 26
CONTIGO NO CAMIÑO
Tres millóns de fondos propios nas 13 parroquias
As empresas Cosmalca, Antonio Filloy, Arines Obras y Servicios e Oviga foron as encargadas de executar os cinco proxectos de obras financiados con fondos propios do Concello, que supuxeron un investimento de 2,6 millóns de euros. A proposta presentada polo alcalde, Manuel Taboada, no Pleno celebrado o 31 de maio foi aprobada cos votos a favor de PP e BNG e coa abstención do PSdeG. A maioría destas obras fixéronse durante o segundo semestre do ano.
Estes cinco proxectos forman parte do ambicioso plan de obras executado con fondos propios do Concello e aprobado en decembro de 2021 por máis de tres millóns de euros, que permitiron construír doce quilómetros de sendas peonís e outras actuacións en todas as parroquias do municipio.
A empresa Cosmalca foi a encargada de facer a senda peonil entre Bugalleira e Rabal de Abaixo, cunha lonxitude de tres quilómetros e cun investimento de 635.258,99 euros. Esta senda conta con 6 centímetros de aglomerado en quente sobre unha capa de 25 centímetros de zahorra, ademais de canalizacións de pluviais en toda a súa lonxitude, cos correspondentes pozos e sumidoiros (características que son similares en todas as sendas).
Entre os lugares dos Currás e O Petón a empresa Arines Obras y Proyectos construíu outra senda de tres quilómetros cun investimento de 613.929,57 euros.
A empresa Obras y Viales de Galicia (Oviga) foi a adxudicataria da senda que une A Xesta e Frechazo Último, nun tramo de pouco máis de dous quilómetros. O presuposto de adxudicación foi de 505.420 euros.
As outras dúas sendas deste plan comunican, por un lado, a igrexa de
Pereira coa aldea, cunha lonxitude de 240 metros e con dous metros de ancho. A segunda, con case 900 metros de longo, comunica a estrada N-547 coa igrexa de San Breixo. Cosmalca foi a empresa encargada de construír estas dúas sendas cun investimento de 394.290,54 euros.
Estas obras permitiron dotar as trece parroquias do Pino con sendas peonís, “o que mellora a seguridade viaria da veciñanza”, asegura o alcalde, Manuel Taboada.
A última adxudicación ratificada polo Pleno de maio fai referencia ás obras para mellorar o firme da pista que vai de Area Branca a Couto Pequeno, pasando por Sobrado e Setas (Medín); a estrada do Marquiño
a Vimieiro, a pista de Cruceiro ata a igrexa de Lardeiros, a pista de Rego de Auga ata Casa de Auga (Budiño) e a pista de Campo a Tarroeira (Budiño e O Pino). A empresa Antonio Filloy foi a encargada de executar estas melloras, cun investimento de 497.415 euros.
O plan de obras municipal contempla tamén melloras noutras estradas do municipio e no interior de diferentes núcleos de poboación. A adxudicación destas obras é competencia da Xuna Local de Goberno. Entre elas figuran melloras en Rejas (Rourís), na estrada local de Casa Ramos a Cerceda, nas pistas interiores de Cebreiro, en Hombre, A Pena, Barcia e no aparcadoiro da Igrexa (Pastor).
CONCELLO DE O PINO
Pastor. Ampliación do firme e interiores dende A Pena ata Ponte Carreira
Obras 27
San Mamede de Ferreiros. Senda peonil dende A Xesta ata Frechazo Último
28 Obras CONCELLO
O
DE
PINO
Cebreiro. Mellora de pista en interior do Castelo
Cerceda. Mellora de firme de Casa Ramos a Cerceda
San Mamede. Mellora de interiores en Rourís
Gonzar. Novos xogos no parque infantil da escola unitaria
Cerceda. Mellora de firme de Casa Ramos a Cerceda
San Breixo. Mellora da N-547 á Carballeira de Suso
Cebreiro. Mellora de pista en interior do Castelo
Cebreiro. Mellora de pista en interior do Castelo
DE O PINO Obras 29
CONCELLO
Budiño. Asfaltado de pista de Rego de Auga a Bautureira
Budiño. Asfaltado de pista de Rego de Auga a Bautureira
Medín. Asfaltado de Area Branca a Couto Pequeno
O Pino. Novos xogos no parque infantil da Tarroeira
Budiño. Asfaltado de pista de Rego de Auga a Bautureira
Medín. Asfaltado de Area Branca a Couto Pequeno
Castrofeito. Próximo asfaltado de interiores en Santiso
Pastor. Mellora do aparcadoiro da igrexa
CONCELLO DE O PINO
Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal
Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal
Lardeiros. Ampliación e senda de Cruceiro á igrexa
Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal
Gonzar. Senda de Bugalleira a Rabal
Obras 30
Lardeiros. Ampliación e senda de Cruceiro á igrexa
Pereira. Ampliación e senda de igrexa á aldea de Pereira Pereira. Ampliación e senda de igrexa á aldea de Pereira
CONCELLO DE O PINO Obras 31
Lardeiros. Ampliación de firme de Marquiño a Vimieiro
O Pino. Mellora de firme e redutoras de velocidade
O Pino. Mellora de firme e redutoras de velocidade
Pastor. Mellora de firme e saneamento en Barcia
Lardeiros. Ampliación de firme de Marquiño a Vimieiro
O Pino. Mellora de firme e redutoras de velocidade
Pastor. Ampliación de firme dende Ponte Carreira a Pena
Pastor. Mellora de firme e saneamento en Barcia
CONCELLO
32
DE O PINO Obras
Pastor. Asfaltado pistas interiores en Barcia
Cebreiro. Asfaltado e mellora de pista Carballeira do Vinte
Arca. Futura senda de San Antón ata o campo de fútbol
San Breixo. Senda da N-547 ata igrexa de San Breixo
Pastor. Asfaltado pistas interiores en Barcia
Cebreiro. Asfaltado de pista en Angumil
Medín. Melloras na aldea de Couto Pequeno
San Breixo. Senda da N-547 ata igrexa de San Breixo
CONCELLO DE O PINO 33
San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último
San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último
Cerceda. Mellora firme de Fontelitos a enlace autovía
Castrofeito. Próximo asfaltado de Villarrel a Santiso
San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último
San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último
San Mamede. Senda peonil da Xesta ata Frechazo Último
Castrofeito. Próximo asfaltado de Villarrel a Santiso
Obras
CONCELLO DE O PINO Obras 34
Pastor. Asfaltado interiores en Hombre
Pastor. Senda de Petón a Currás
Medín. Futura senda peonil da Torre á igrexa de Medín
Pastor. Asfaltado interiores en Hombre
Pastor. Senda de Petón a Currás
Pastor. Senda de Petón a Currás
Medín. Futura senda peonil da Torre á igrexa de Medín
Lardeiros. Novos xogos no parque infantil de Gradamil
PINO Obras 35
CONCELLO DE O
Gonzar. Sobreancho de Portafontao ata igrexa Gonzar
Pastor. Asfaltado de pista da Pena a Hombre
Arca. Mellora xogos do parque infantil de Lameiro
Gonzar. Sobreancho de Portafontao ata igrexa Gonzar Medín. Ampliación pista da Xesta a Lardeiros de Medín Medín. Asfaltado de pista en Cimadevila, Couto Pequeno
Cerceda. Próximo acondicionamento aldea da Brea
Arca. Próxima mellora accesos de Pazos á ponte da autovía
Cebreiro.
Cebreiro.
Cerceda.
CONCELLO DE O
Obras 36
PINO
Cebreiro. Arranxo de pistas interiores
Cebreiro. Arranxo de pistas interiores
Castrofeito. Próximo asfaltado da Magdalena ata Santiso
Arranxo de pistas interiores
Arranxo de pistas interiores
Castrofeito. Próximo asfaltado da Magdalena ata Santiso
Castrofeito. Próximo asfaltado da Magdalena ata Santiso
Novo parque infantil no campo da festa
DE O PINO Obras 37
CONCELLO
Medín. Acondicionamento aldea de Sobrado
Budiño. Mellora de firme da Tarroeira ata Budiño
Medín. Asfaltado e peche do campo da festa
Arca. Próxima pista de atletismo en Lameiro
Budiño. Mellora de firme da Tarroeira ata Budiño Budiño. Mellora de firme da Tarroeira ata Budiño
San Breixo. Mellora de firme de Rourís á Calle
San Mamede. Futuro asfaltado de Frecha Último ata Touro
Máis seguridade viaria en Arca coas obras do Plan único de concellos
A mellora da seguridade viaria do cemiterio de Arca á rúa Codesal e da N-547 ata San Antón foron as dúas obras que o Concello de O Pino incluiu este ano no Plan único de concellos POS+ 2022, por un importe total de 126.943 euros, dos que o Concello aporta 8.346 euros e o resto a Deputación. O acordo foi adoptado por unanimidade no Pleno celebrado en febreiro.
As obras de mellora viaria entre o cemiterio de Arca e a rúa Codesal permi-
Capa de aglomerado na saída da A-54 cara a Cerceda e Touro
O Concello de O Pino rematou o arranxo integral da estrada local que comunica a saída 77 da autovía Santiago-Lugo (A-54) con Cerceda botándolle unha capa de aglomerado durante o mes de xaneiro. Esta estrada, moi utilizada polos condutores que se dirixen tamén cara a Touro, estivo pechada ao tráfico durante tres días, nos que a empresa Cosmalca botou a nova capa de rodadura para completar a reparación integral do vial.
Xa no ano 2020 o Concello fixo un importante investimento para ampliar a capa de rodadura desta estrada local, que pasou dun ancho
ten enlazar dúas sendas xa existentes, a do cemiterio e a da rúa da Casilla, de xeito que forman un anel continuo. Polo que respecta ao tramo da N-547 ata San Antón fíxose unha mellora na plataforma da estrada e construiuse unha senda peonil pola marxe dereita para garantir a seguridade viaria dos peregrinos que inician etapa.
Por outra banda, e cunha subvención nominativa da Deputación, o Concello mellorou a carretera que comunica Arca con Bama.
Senda peonil ata o albergue de Arca en convenio con Turismo
Un convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia permitiulle ao Concello do Pino construír unha senda peonil para mellorar a seguridade viaria dos peregrinos á súa chegada ao núcleo de Pedrouzo. Esta senda comeza na intersección da estrada que vén da Rúa coa N-547 en Pedrouzo, e vai pegada ao río ata o albergue público. Esta infraestrutura facilítalle aos peregrinos chegar ata o albergue sen ter que circular pola beirarrúa da estrada N-547. Turismo financiou a obra cunha achega de case 90.000 euros.
medio de 4,8 metros a unha media de 5,5 metros, cun presuposto de 30.000 euros. Este ano 2022, o Concello fixo un investimento doutros 100.000 euros para botar a capa de aglomerado que completou a remodelación integral da estrada.
O Ministerio de Fomento rexeitou a petición do Concello de O Pino e non quixo arranxar esta estrada local malia que gran parte do deterioro que tiña era debido ao paso de vehículos pesados durante a construción da A-54.
CONCELLO DE O PINO
Obras 38
A nova depuradora de Arca custará 1,9 millóns
Augas de Galicia adxudicou no mes de novembro a construción da nova depuradora de Arca por un importe de 1.885.712 euros e un prazo de execución de 18 meses. De executar esta infraestrutura vital na capital municipal encargarase a unión temporal de empresas formada por Seranco, Oreco Balgón e Aopil. A xuízo da mesa de contratación do organismo dependente da Xunta de Galicia, a oferta e as propostas técnicas destas empresas foron as mellores das once que se presentaron á licitación da depuradora.
Dende o Concello agardan agora que dean comezo unhas obras moi necesarias para garantir o correcto tratamento das augas residuais na parroquia de Arca, sobre todo tendo en conta o alto volume de peregrinos que durmen en Pedrouzo durante gran parte do ano. A actual depuradora non ten capacidade para atender o volume de poboación da parroquia.
O 8 de marzo a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, desprazouse ao concello para presentar as características principais desta infraestrutura, para a que a Xunta reservaba unha partida de case dous millóns de euros, e que vai mellorar o saneamento e depuración de cinco núcleos de Arca, concretamente O Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón. Actualmente, dúas fosas sépticas asumen a depuración destes núcleos dun xeito deficiente por falta de capacidade, o que provoca vertidos frecuentes ao medio.
Segundo explicou Ethel Vázquez, a nova depuradora vaise construír no lugar onde se atopa a fosa séptica da vertente leste, na contorna fluvial do rego do Burgo. E, para levar as augas residuais desde a zona oeste ata esa nova depuradora, executarase tamén unha estación de bombeo coa súa impulsión, que
descargará no colector por gravidade que xa hai actualmente.
A nova EDAR terá capacidade para tratar as augas residuais dunha poboación de 3.000 habitantes. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade precisou que a depuradora dará servizo a unha poboación fixa de 1.866 habitantes no ano horizonte 2044, pero estará dimensionada e preparada para 3.000 habitantes xa que, tal e como remarcou, O Pino é unha zona pola que pasan moitos peregrinos, moito turismo derivado do Camiño de Santiago Francés.
“OBRA MOI NECESARIA”
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu o “forte investimento de case dous millóns de euros que está a realizar a Xunta de Galicia nunha obra moi necesaria para o noso concello”. Ao mesmo tempo, pediu que, na medida do posible, se axilicen os prazos para rematar as obras canto antes”. A finais de novembro, o Concello estaba á espera de que se fixese o replanteo para empezar as obras.
A depuradora estará dotada de pretratamento (pozo de grosos, aliviadoiro, desbaste de grosos, clasificador de areas e desnatador); tratamento biolóxico; decantación secundaria circular; desinfección mediante UV; e arqueta de toma de mostras. Executarase tamén o novo bombeo, equipado con dúas bombas, e a impulsión, cunha lonxitude de 640 metros, ademais do acondicionamento do colector da marxe do rego do Burgo, con máis de 1.200 metros. Unha vez executadas estas obras e rematada a nova depuradora, demoleranse as dúas fosas sépticas existentes.
CONCELLO DE O PINO Obras 39
Nova fachada para a casa consistorial
O Concello de O Pino aproveitou a primeira convocatoria de axudas para corrección de impactos paisaxísticos en edificios, dependencias e equipamentos públicos municipais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e destinou os 24.000 euros da subvención concedida para mellorar a imaxe da casa consistorial. A intervención acometida consistiu no adecentamento das catro fachadas do edificio, sobre as que se fixeron tarefas de repintado e limpeza ca fin de renovar e mellorar a súa imaxe exterior.
O director do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta, Enrique de Salvador, visitou a casa consistorial no mes de marzo e subliñou a aposta
do equipo de goberno por implantar a cultura do fermosismo no municipio. O alcalde, Manuel Taboada, destacou que esta liña de axudas do goberno autonómico “serve para acabar co feísmo no territorio” .
Esta actuación, que se complementou coa colocación dun elevador financiado pola Vicepresidencia da Xunta, permitiu renovar completamente a imaxe da casa consistorial do Pino, que nesta ocasión apostou polas cores branca e gris.
Unha vez renovada a imaxe da casa do Concello, o goberno municipal continuou apostando polo fermosismo e adecentou a imaxe da antiga escola unitaria de Lardeiros, convertida actualmente en local social e onde se imparten algunhas das actividades que promove o Concello.
Neste edificio público tamén se melloraron as catro fachadas do inmoble e pintáronse de branco e gris.
CONCELLO DE O PINO Obras 40
Casa consistorial antes de pintala
Unitaria de Lardeiros antes de pintala
Os puntos limpos móbiles recollen máis
dunha tonelada de residuos
A veciñanza do Pino volcouse durante 2022 coa recollida selectiva de residuos para preservar o medio ambiente e favorecer o desenvolvemento local. Nos primeiros doce meses de funcionamento nos dous remolques, a veciñanza depositou preto de tonelada e media de pequenos refugallos de diferente tipoloxía.
En concreto, recolléronse 400 lámpadas e fluorescentes e 100 tóneres de impresora. En pilas e baterías, que son altamente contaminantes, retiráronse 400 quilos, e outros
Achegas para asociacións
O Concello destinou este ano unha partida de 70.757 euros para achegas ás asociacións veciñais, entidades deportivas e outros colectivos do municipio. As partidas máis importantes foron para a SD O Pino, a Banda de Música de Arca e a ANPA do CPI Camiño de Santiago. Tamén houbo axudas para as comisións de festas de todas as parroquiais.
300 de pequenos electrodomésticos e teléfonos móbiles. Veciñas e veciños das diferentes parroquias tamén levaron a estes puntos limpos 200 quilos de residuos especiais e latas contaminadas e outros 200 litros de aerosois e aceites vexetais.
O Concello distribúe por todas as parroquias, determinados días ao mes, estes remolques que foron entregados en novembro de 2020 pola directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
Bonificacións do IBI a gandeiros
Durante o ano 2022, a Corporación do Pino aprobou os dous expedientes presentados por un gandeiro solicitando a rebaixa da contribución (IBI) para dúas edificacións destinadas a actividades agropecuaris. Esta rebaixa pode chegar ata o 95 por cento para os titulares de explotacións gandeiras, agrarias e forestais que o soliciten nas dependencias municipais e presenten a documentación requirida.
Axudas de 300 € para o estudantado
O Concello do Pino tiña reservada para este exercicio unha partida de 3.000 euros para conceder dez bolsas de 300 euros cada unha aos estudantes universitarios ou que cursan ciclos formativos de grao superior como axuda para financiar os gastos correntes de compra de material, pago de residencia ou de matrícula. Un dos requisitos era que debían estar empadroados no Pino antes do 5 de novembro de 2021. Como explicou o alcalde nun dos plenos da Corporación, concedéronse estas axudas ás tres familias que as solicitaron e cumprían cos requisitos establecidos nas bases e desestimouse unha cuarta petición.
ENTIDADE EUROS ENTIDADE EUROS
ANPA CPI Camiño de Santiago 7.000 Igrexa de O Pino 2.000
Asoc. Veciños de Arca 1.400 Igrexa de Lardeiros 2.000
Banda de Música de Arca 12.000 Igrexa de Gonzar 2.000 Club Atletismo O Pino 3.000 Igrexa de Pastor 2.000
Soc. Cazadores A Magdalena 1.103 Igrexa S. Mamede de Ferreiros 2.000 S.D. O Pino 10.000 Igrexa S.n Breixo de Ferreiros 2.000
Asoc. Veciños de Castrofeito 1.354 Igrexa de Cerceda 2.000 Igrexa de Medín 2.000 Igrexa de Cebreiro 2.000 Igrexa de Arca 2.000 Comisións festas das 13 parroquias 14.900
TOTAL SUBVENCIÓNS 70.757
CONCELLO DE O PINO Emprego e desenvolvemento
local
41
SOCORRISTAS
A Consellería de Emprego cofinanciou a contratación dun socorrista para a piscina municipal de Lameiro durante dous meses, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Por outra banda, a Deputación da Coruña cofinanciou a contratación doutros dous socorristas.
TÉCNICA DE TURISMO
O Concello contratou unha técnica de turismo, nos meses de xuño a decembro, para atender os visitantes na oficina de Pedrouzo. A traballadora contratouse grazas ao programa de subvencións da Deputación da Coruña que permite financiar o gasto de persoal destas oficinas.
PEL OBRAS E SERVIZOS
Durante 6 meses a Deputación da Coruña subvencionou a contratación de 4 persoas desempregadas para facer tarefas de limpeza viaria e na rede de sumidoiros e para o mantemento de servizos municipais. Este persoal comezou a prestar o servizo o 30 de marzo.
PEÓN FORESTAL PEÓN XARDIÑEIRO ALBANEL
Cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade contratouse un peón forestal para rozar leiras forestais municipais dende xullo de 2022 a marzo de 2023.
O Concello contratou un peón xardiñeiro, de marzo a setembro, para limpar parques, xardíns, prazas... e manter limpo o centro urbano do municipio.
OFERTAS DE EMPREGO
Para realizar pequenos arranxos de infraestruturas municipais contratouse, a cargo do Concello, un albanel que traballou dende marzo ata setembro.
SUBVENCIÓNS E CURSOS
Para facer tarefas de desbroce e de limpeza na rede viaria do municipio, o Concello de O Pino contratou un tractorista dende xuño ata decembro.
Tanto ao emprego que xera o Concello coma ás ofertas das empresas privadas dáselles difusión desde a web opino.gal. En 2022, dende o departamento de Desenvolvemento Local publicitáronse 27 ofertas na páxina web do concello e en Facebook. Tamén dende a web facilítanselles a persoas desempregadas enlaces aos distintos buscadores de emprego.
A través das redes sociais do Concello, páxina web e Facebook, o departamento de Emprego dálle difusión ás políticas activas de emprego da Xunta de Galicia. Deste xeito tamén se publicitan outras axudas, tanto da Xunta e da Deputación da Coruña coma doutros organismos públicos dirixidos ás asociacións, vivendas, comercio ou hostalaría, entre outras.
CONCELLO DE O PINO 42
TRACTORISTA
Emprego e desenvolvemento local
42
Festa do atletismo popular nos 8000 do Pino
Houbo que sacar os paraugas pero nin a choiva puido coa gran festa popular que foi en maio a carreira pedestre Os 8000 do Pino. Máis de 400 atletas participaron nas sete categorías das que constaba a proba e que cubrían distancias dende os 340 metros para os menores de 6 anos ata os oito quilómetros da absoluta. Para completar a celebración, o Club Atletismo O Pino foi profeta na súa terra ao conseguir a primeira praza por equipos en mulleres e a segunda en homes.
Tamén foi un corredor da casa quen gañou Os 8000 do Pino. Juan Álvarez, cun tempo de 27:20, proclamouse campión na categoría absoluta, seguido de Abel Barros (28:36) e Alejandro Pesado (28:01).
En categoría feminina, a primeira en cruzar a meta foi Zelinda Spencer (31:54), do Oviedo Atletismo. Por detrás, entraron Rocío Albite (32:47) e Martina Tasende (33:30).
Houbo así mesmo trofeos para os atletas do Pino que non resultaron gañadores nas súas categorías. Recolléronos Susana Rial, Enma Argibay, Ángeles Salmonte, Manuel Gomez, Iván Gontán e Borja Castro. Ademais, todos os escolares levaron unha medalla de recordo.
Escanea o código para ver o vídeo da carreira Os 8000 do Pino.
CONCELLO DE O PINO Deportes 43
Deportes
Gran papel do Pino na estrea do Trail da comarca Ulla-Tambre
Beatriz Barroso Pérez, do Club Atletismo Noia (2:01:23) e Daniel Paz Pardo, do CD Brión (1:34:45), adxudicáronse a primeira edición do Trail comarca Ulla-Tambre. A proba, de 20 quilómetros, uniu a área recreativa de Brandelos (Touro) co cruceiro da igrexa de Arca (O Pino), pasando por algunhas das paraxes máis fermosas de ambos os dous municipios como a fervenza do Batán, o miradoiro de San Sebastián ou o alto do Picón.
O bo papel do Club Atletismo O Pino quedou refrendado polos segundos postos de Cristina Carril en mulleres e do propio club na categoría por equipos. Os concelleiros Eva Varela e José Manuel Carreira participaron na entrega de trofeos.
NOVAS MARCAS E RECOÑECEMENTOS PARA AS DEPORTISTAS DO CLUB ATLETISMO O PINO
Os integrantes do Club Atletismo O Pino continuaron sumando marcas e recoñecementos durante este ano, tanto en pista cuberta coma ao aire libre. Entre os nomes propios, podemos salientar o de Sofía Pérez que, no seu debut, proclamouse campioa galega sub 12 de salto de altura cunha marca de 1.34 m. Outro dos nomes propios é o de Nerea Martínez (na foto, á dereita do alcalde), que logrou dúas pratas no nacional de Federacións, en individual e relevos, en 100 metros, e foi tamén décima no Campionato de España sub 16. Pola súa parte, Cristina Carril Boo, gañadora do Trail curto da Pobra, liderou o equipo pinés que disputou coa selección galega o nacional de trail running. Acompañárona Patricia Noya, Silvia Fajín e Alberto Carou.
CONCELLO DE O PINO 44
Brillante peche das Escolas Deportivas 21/22
O pavillón polideportivo de Reboredo acolleu a finais de maio a clausura do curso 2021/22 das Escolas Deportivas Municipais, acto no que se deron cita os preto de 150 escolares que participaron nas distintas actividades ao longo do ano.
Nenas e nenos deron conta do moito que aprenderon, facendo gozar ao público con vistosas actuacións de patinaxe, ximnasia rítmica ou baile moderno, exhibicións de fútbol sala, baloncestou, multideporte e bádminton. Para pechar o acto, o
alcalde Manuel Taboada, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez, agasallaron con medallas menores e monitores.
O curso 22-23 comezaba con 241 inscritos nas escolas deportivas.
RÉCORD DE PARTICIPANTES NAS ACTIVIDADES PARA MAIORES
Escanea o código para ver o vídeo da clausura do curso 2021-22 das EDM.
Con récord de 173 participantes iniciouse o curso 22/23 nas actividades deportivas para maiores de 16 anos, que poden practicar zumba, GAP e forza, pilates, ioga e tenis. A oferta das escolas deportivas para escolares comprende, pola súa parte, patinaxe, ximnasia rítmica, baile moderno, bádminton, fútbol sala, multideporte e psicomotricidade.
CONCELLO DE O PINO 45 Deportes
Abre o ximnasio do pavillón de Lameiro con acceso gratuíto
O ximnasio do polideportivo de Lameiro abriu as súas portas o mes de outubro con acceso totalmente gratuíto para todas as persoas empadroadas no Pino, que baixo a supervisión dun monitor teñen á súa disposición cinco cintas, cinco elípticas, cinco bicicletas estáticas, dous remos, un banco de bíceps, pesas e cintas elásticas.
As instalacións están abertas de luns a venres laborais tanto polas mañás (de 10.30 a 13.00 ho -
Bonos e cursos de natación na piscina municipal
Por un máximo de 24.04 euros, o prezo dun abono para familias con dous ou máis fillos, as persoas empadroadas no Pino puideron gozar dende xullo a setembro da piscina municipal de Lameiro. Ademais de combater o calor do verán, os usuarios dispuxeron en xullo e agosto de cursos de natación a 3€ ao mes os menores de 16 e a 9,01€ o resto.
ras) como polas tardes (de 18.30 a 22.30 horas), así como os sábados á mañá (de 10.00 a 14.00 horas) e cada usuario pode facer uso das mesmas un máximo de dúas ho -
ras. Antes de ir, só é preciso reservar vez, cunha antelación mínima de 24 horas, chamando ao 981 511 002 ou mandando un correo a deportes@opino.gal.
Un total de 70 nenas e nenos do Pino e de Touro, das categorías prebenxamín, benxamín e infantil, participaron no campus de fútbol que organizou a SD Compostela no campo do Pedrouzo.
Todo tipo de probas de atletismo, deportes de equipo, piscina ou sendeirismo no Camiño de Santiago foron algunhas das actividades das que gozou a cativada no II Campus do Club Atletismo O Pino.
CONCELLO DE O
PINO Deportes 46
UN VERÁN MOI DEPORTIVO COS CAMPUS DA SD COMPOSTELA E DO CLUB ATLETISMO O PINO
o servizo por teléfono:
204
nome, teléfono e enderezo
plásticos deberán estar limpos e dobrados,
explotación agrícola accesible
de información e consultas:
200 204 Entrega no PUNTO LIMPO: Lugar de Pazos s/n, Arca. Luns, mércores e venres: 18.30 a 20.30 h Sábados: 12.00 a 14.00 e 15.00 a 21.00 h RESIDUOS VOLUMINOSOS Servizo de recollida o TERCEIRO MÉRCORES DE MES: De ser festivo, o servizo pasa ao mércores seguinte Os residuos deberán depositarse preto co contedor de RSU o día anterior á recollida ou antes das 7.00 h do mesmo día. SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE RESIDUOS PUNTOS LIMPOS MÓBILES Servizo de recollida por parroquias de: Pilas e baterías Aerosois Aceites vexetais Tóner de impresora Lámpadas e fluorescentes Residuos especiais Pequenos electrodomésticos e teléfonos móbiles e latas contaminadas 1º venres, sábado e domingo 4º luns e martes 2º luns e martes 4º mércores e xoves 1º venres e xoves 3º venres, sábado e domingo 1º venres, sábado e domingo 4º luns e martes Cerceda: xunto á igrexa Gonzar: Bugalleira (xunto á escola) Lardeiros: xunto á igrexa Medín: campo da festa 2º mércores e xoves de mes 4º venres, sábado e domingo 2º venres, sábado e domingo 3º lunes e martes 2º luns e martes 4º mércores e xoves Arca: xunto á igrexa Budiño: igrexa (bar Toxo) Castrofeito: Santiso (xunto ao bar Castrofeito) Cebreiro: xunto á igrexa 2º mércores e xoves 4º venres, sábado e domingo 1º luns e martes 3º mércores e xoves 2º venres, sábado e domingo 1º mércores e xoves 3º venres, sábado e domingo 1º luns e martes 3º mércores e xoves O Pino: praza de Piñeiro Pastor: igrexa-campo da festa Pereira: cruceiro xunta á igrexa San Breixo: campo xunto á igrexa San Mamede: campo da festa
Solicitar
981 693 072 - 639 200
Indicando
da granxa. PLÁSTICOS AGRÍCOLAS Os
nun lugar da
para a carga no camión. Teléfono
639
O Pino, o encanto do natural Rúa do Concello, s/n • 15821 Pedrouzo, Arca • O Pino Tel. 981 511 002 • Fax: 981 511 123 correo@opino.gal • www.opino.gal Carballeira de San Breixo de Ferreiros