
2 minute read
Máis de 150 nenos e nenas de 3 a 12 anos participan na Escola de Verán
Máis de 150 participantes na Escola de Verán
A Escola de Verán do Pino acolleu na súa última edición a máis de 150 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que participaron nalgunha das seis quendas establecidas polo Concello para facilitar a conciliación laboral e familiar ao tempo que se promove un ocio saudable, inclusivo e formativo nun espazo seguro. O equipo de monitorado deseñou unha atractiva programación combinando actividades deportivas e de movemento, xogos de estratexia ou por equipos e quebracabezas ou manualidades. Tamén se recuperaron con moi boa aceptación xogos tradicionais como o brilé, as chapas ou o xogo do pano. A organización dos participantes por grupos de idade favoreceu a súa socialización. Ademais das actividades cotiás, a Escola de Verán sorprendeu á rapazada cunha andaina polo tramo do Camiño de Santiago que bordea o municipio, cunha xincana de auga e cunhas olimpíadas en miniatura.
Advertisement



LECER E CONCILIACIÓN NAS VACACIÓNS HÁBITOS ALIMENTARIOS SAUDABLES


Os campamentos Lecer Nadal e Lecer Semana Santa organizados polo Concello de O Pino ofrecéronlles ás familias unha alternativa de conciliación saudable, entretida e educativa para a cativada. Ti si que es un bo peixe ou Fai clic ao teu bocata. Con estes dous programas da Xunta de Galicia, os participantes na Escola de Verán coñeceron os beneficios dos produtos frescos do mar e das conservas.

Rueda inaugura no Pino un curso histórico
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou a escola infantil do Pino para inaugurar un curso escolar histórico: o primeiro no que a educación de 0 a 3 anos pasou a ser totalmente gratuíta para todas as familias, con independencia da súa situación económica. Rueda estivo acompañado na súa visita pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez; polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; e polo alcalde do Pino, Manuel Taboada. Por outra banda, a conselleira Fabiola García elixiu tamén a escola do Pedrouzo para despedir o curso 2021-22 en toda a rede pública autonómica da Galiña Azul. García presidiu o acto de entrega de orlas e fotografías ao alumnado.


Axudas directas para incentivar a natalidade
Ao longo deste ano, 17 familias solicitaron as axudas á natalidade que concedeu o Concello de O Pino coa finalidade de fomentar o asentamento de poboación no municipio. Trátase de achegas directas que van dos 750 aos 1.500 euros por cada nacemento ou adopción e que foron destinadas a persoas ou parellas que levaban empadroadas no municipio máis de nove meses e que censaron tamén as súas crianzas. A condición para recibir estas axudas (que están abertas todo o ano) é que tanto o pai ou a nai como o menor permanecesen empadroados no Pino os cinco anos seguintes ao nacemento ou á adopción.