Faisca 2021. Concello de O Pino

Page 1

CONCELLO DE O PINO ANO 2021 NÚMERO

13

COMITIVA DE REIS

10:45 11:15 11:45

PEREIRA, Campo de Festas

CASTROFEITO, Escola de Santiso

BUDIÑO, Campo de Festas

O PINO, Campo de Festas

GONZAR, Campo de Festas

MEDÍN, Campo de Festas

PASTOR, Campo de Festas

LARDEIROS, Campo de Festas

SAN BREIXO, Campo de Festas

SAN MAMEDE, Campo de Festas

SAN MIGUEL DE CERCEDA, Igrexa

CEBREIRO, Campo de Festas

ARCA, Campo de Festas

ARCA, Igrexa

ARCA, Explanada rúa Fontela ARCA, Praza de Forcarei ARCA, Praza do Concello

XXI CONCURSO DE DISFRACES E CARTEIS

CONCURSO DE DISFRACES

I.- Poden participar todas as persoas que acudan disfrazadas.

II.- Os participantes deberán anotarse durante a semana anterior no mail cultura@opino.gal ou na Casa de Cultura. O día do desfile poderán facelo na praza do Concello ás 16.00 horas. III.- O concurso celebrarase o domingo día 27 de febreiro de 2022 ás 17:30h na Praza do Concello. IV.- Outorgaranse premios polas seguintes categorías:

VI.- O grupo terá como mínimo 3 persoas e máximo 9 e representarán un mesmo motivo.

VII.- As carrozas serán como mínimo de 4 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, etc…) e terán que estar todos os compoñentes (agás o condutor) enriba del.

CONCURSO DE CARTEIS

I.- Poden participar todos os nenos e nenas de entre 3 e 17 anos que estean empadroadas no Concello de O Pino.

II.- Establécense catro categorías: 3 a 5 anos - 6 a 8 anos9 a 11 anos - 12 a 17 anos.

III.- O cartel gañador será o elexido para anunciar os festexos do Entroido por todo o termo municipal. O gañador de cada categoría recibirá un agasallo.

IV.- Os debuxos deben ser en formato A-4 e levar nalgún sitio a lenda ‘O Pino. Entroido 2022’. No reverso indicarán o nome do autor, idade e teléfono de contacto.

Nota: Todos os rapaces/as de ata 12 anos que desfilen no escenario terán un agasallo. V.- As comparsas terán que ter polo menos 10 membros que representarán un mesmo motivo. * Bases pendentes de aprobación definitiva ou de cambios por normativa covid

V.- O prazo para participar no concurso remata o venres 31 de xaneiro de 2022.

XANEIRO 2022
FEBREIRO 2022 27
1º PREMIO
100€ 2º PREMIO
75€ MÁIS ORIXINAL 100€ INDIVIDUAL 100€ PARELLA 125€ GRUPO 150€ CARROZA 200€ COMPARSA 350€
INFANTIL
INFANTIL

Mellorar servizos e o benestar da veciñanza

Bo Nadal, veciñas e veciños

Achegámosvos un novo número da revista Faísca no que facemos un resumo da actividade municipal do último ano e vos adiantamos algunhas das actuacións que queremos acometer o vindeiro exercicio cun claro obxectivo: incrementar os servizos e infraestruturas que o Concello pon á vosa disposición coa finalidade de mellorar o benestar de cada unha dast persoas que vive no Pino. Nesta liña, e grazas á boa xestión económica dos últimos anos, acabamos de destinar tres millóns de fondos propios do Concello a un ambicioso plan de obras para mellorar moitas estradas e construír doce novos quilómetros de sendas peonís. Deste xeito todas as parroquias terán esta infraestrutura tan importante para garantir a seguridade viaria da veciñanza. Ademais do substancial incremento de horas para ampliar o servizo de axuda no fogar, para aquelas persoas que necesitan coidados na súa vida diaria, o vindeiro ano comezaremos tamén a construción do primeiro centro de día do municipio para que as persoas maiores poidan recibir unha atención de calidade preto do lugar no que viven.

Son algunhas das medidas que temos en marcha para favorecer a conciliación familiar e laboral, nas que se inclúen as prazas ofertadas dende a escola infantil A Galiña Azul e as actividades destinadas a nenas e nenos para que poidan seguir xogando e aprendendo durante as vacacións escolares. Unha oferta que se complementan coa ampla e variada programación cultural, dirixida nunha grande parte ao público infantil e familiar durante todo o ano, como ben saben as

familias e todo o alumnado do CPI Camiño de Santiago. Os nenos e nenas da escola unitaria de Gonzar foron este ano protagonistas dalgunhas destas iniciativas conxuntas que dende o Concello puxemos en marcha cos centros educativos.

Unha colaboración directa coa veciñanza que se volveu plasmar na liña de achegas ás asociacións e colectivos veciñais de todo tipo. E que tamén se veu reflictida coas axudas directas aos autónomos e pequenas empresas asentadas no municipio para axudarlles a superar os difíciles momentos que supón a pandemia da covid-19. O Concello fixo un desembolso económico importante para atender todas as peticións que se presentaron, tanto a través do plan PEL Reactiva como

nas axudas directas municipais, que chegaron a todas e cada unha das empresas ou autónomos que solicitaron as axudas e presentaron toda a documentación requirida.

No 2022, no Concello seguiremos traballando para incrementar o benestar da veciñanza, convencidos de que O Pino é un lugar no que paga a pena vivir. Para iso aprobamos un plan de axuda á natalidade, para colaborar coas familias que teñan fillos ou con aquelas que decidan empadroarse no noso municipio. A recente adxudicación a unha nova empresa vai mellorar

substancialmente o servizo de recollida do lixo, que se verá reforzado cos minipuntos limpos que o Concello levará por todas as parroquias (para favorecer a reciclaxe de pequenos refugallos altamente contaminantes) e coa recente adxudicación por parte da Xunta de Galicia da nova depuradora de Arca. Medidas que van contribuír a unha mellor conservación do medio natural, e que van precisar dunha colaboración de cada un e cada unha de nós, para facer un uso responsable de todos os servizos que o Concello pon á nosa disposición, como a inmensa maioría das persoas vimos facendo.

Para rematar, quero agradecer a colaboración do persoal e dos grupos políticos municipais e de todas aquelas persoas e entidades que nestes últimos meses dedicaron parte do seu tempo a mellorar a calidade de vida dos demais, demostrando unha soliedariedade que fai do Concello de O Pino un exemplo para os milleiros de peregrinos e peregrinas que nos visitan.

Bo Nadal e ventureiro Aninovo para todas e a todos vós.

Concello de O Pino • 3
SAÚDO DO ALCALDE
Manuel Taboada Vigo Alcalde de O Pino

6

Espectáculos tamén no verán para a rapazada dos campamentos de conciliación

9

Melloras na biblioteca coa ampliación da área infantil e coa adquisición de materiais

11Premios aos mellores disfraces e cabazas nun Samaín con roteiro terrorífico

13Xogos tradicionais, títeres, obradoiros, chocolatada e música para celebrar o Nadal

14O Concello de O Pino quere fixar poboación con novos incentivos á natalidade en 2022

16Éxito de participación nos obradoiros e viaxes para persoas maiores de 65 anos

19Natureza, igualdade e moita diversión centran os contidos da Escola de Verán

DIRECTORIO

Concello de O Pino

Praza do Concello, s/n 15821 Pedrouzo • Arca Teléfono centraliña. 981 511 002 Fax 981 511 123 correo@opino.gal www.opino.gal facebook.com/ConcelloDoPino Casa da Cultura/Biblioteca Municipal: Teléfono

Centros educativos

Servizos sanitarios

CPI Camiño de Santiago 881 867 011 Unitaria de Gonzar 696 975 078 Escola Infantil Galiña Azul 981 511 012

FAÍSCA

Transportes

22O

Concello investirá tres millóns de fondos propios nun ambicioso plan de obras

20Rotundo rexeitamento á violencia de xénero nunha carreira pola igualdade 23O

Pino terá un centro de día mixto con prazas de residencia para maiores

32Melloras na recollida de residuos e puntos limpos móbiles polas trece parroquias 37A oficina de turismo triplica visitas con máis de 1.300 consultas presenciais

39O Club Atletismo O Pino, unha escola en expansión que pon o foco na base

40Ampla e variada oferta de actividades deportivas para escolares e persoas adultas

Centro de Saúde Arca ..............981 814 392 Urxencias Médicas ..........................061 • 112 Farmacia Dolores Ordoñez 981 511 055 Farmacia Salvador Pazos 981 511 054

Servizos de limpeza e medio ambiente

Punto limpo-recollida lixo ......981 693 072 Servizo de Augas .......................628 087 459

Permiso de queima de residuos agrícolas 902 112 000

Outros servizos de interese

Grupo de Desenvolvemento Rural UllaTambre-Mandeo (O Pino) 981 511 377

Xulgado 1ª Instancia (Arzúa) 981 500 011

Oficina Agraria Comarcal (Arzúa) 981 500 062

Taxi licencia nº2 669 945 381 Taxi licencia nº7 608 981 630 Taxi licencia nº10 659 680 823 Taxi licencia nº12 .......................662 175 978 Empresa Freire ............................981 588 111 Empresa Arriva ...........................981 330 046

Rexistro (Arzúa) 981 500 475

Xunta de Galicia 981 545 400 • 012

Servizo Provincial Recadación (Santiago).............981 599 966 Deputación da Coruña ............981 080 300 Cita Previa DNI ............................902 247 364 Edita Concello

de O Pino, Alicentis SL

4 • Concello de O Pino
........................................981 511 065 Xulgado de Paz Teléfono ........................................981 511 168
Emerxencias Garda Civil Arca 981 511 052 Urxencias Garda Civil 062 Protección Civil 112 Incendios 085
de O Pino Deseño, maquetación e textos Alicentis SL Fotografías Concello
Depósito Legal: C 2120-2017 Decembro 2021. Publicación gratuíta do
Permítese
sempre
se cite a fonte. SUMARIO
Concello de O Pino.
a reprodución
que

O Concello de O Pino celebra o Día de Rosalía co alumnado da escola unitaria de Gonzar

Para lembrar a efeméride da poeta máis famosa da literatura galega, que no pasado mes de febreiro tería cumprido 184 anos, o Concello de O Pino publicou un vídeo conmemo rativo no que o alumnado da escola unitaria de Gonzar lle rende home naxe recitando versos de Adiós ríos, adiós faontes. Foi así, implicando ás nenas e ós nenos, como a Concelle ría de Cultura celebrou este ano 2021 o Día de Rosalía. Susana, a mestra de Gonzar, explicoulles aos once nenos e nenas da escola unitaria quen era Rosalía de Castro e contoulles algun has anécdotas da súa vida e da súa obra, como por exemplo que naceu o 24 de febreiro de 1937 en Santiago, nunha casa da avenida que na actua lidade leva o seu nome. O alumnado estivo tamén pintando e debuxando un marcapáxinas conmemorativo, co poema Adiós ríos, adiós fontes que le vou de recordo para as súas casas. E, como broche de ouro, recitou algúns dos versos que se empregaron para gravar o vídeo co que O Pino lem brou o nacemento de Rosalía.

UN VÍDEO CONMEMORATIVO

Mía, Noa, Jairo, Xoel, Mateo, Pa blo, Ainhoa, Nerea, Sofía, Ale jandro e Martín. Estes son os nomes dos pequenos e peque nas que se animaron a recitar os versos de Rosalía de Castro nes te vídeo, unha produción que contou tamén coa voz en off da concelleira de Cultura do Pino, Eva Varela Gago.

Escanea o código para ver o vídeo.

Concello de O Pino • 5
EDUCACIÓN E CULTURA

Accións culturais para a infancia no verán

A programación cultural non se de tivo durante as vacacións estivais. Nenos e nenas da Escola de Verán do Pino foron o público principal dos variados espectáculos do pro grama Ler Conta Moito que se des

envolveron no auditorio da casa de cultura. Ana Facchini fíxoos rir cos seus Cantos, contos e outras ani maladas, mentres que o grupo Polo correo do Vento narroulles as aven turas do pingüín galego Panchito no

seu Periplo atlántico. Pola súa parte, a compañía Galerna Crúa enrolou nos na súa Brincadeira pirata e, por último, pequenos e pequenas tive ron a oportunidade de converterse nos axudantes da maga Leo Leiño.

GRANDE ÉXITO DE SAAABOR!

O ano 2021 comezou no auditorio do centro socio cultural Luis Seoane cun espectáculo da Rede Cul tural que engaiolou aos máis pequenos: Mai-Mai de Baobab Teatro, a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir.

O POZO DAS SEÑORAS, ESPECTÁCULO VIRTUAL

O alumnado do primeiro ciclo de Primaria do colexio gozou en marzo do espectáculo de Vero Rilo e Sonso les Penalique O pozo das señoras, un feixe de historias tradicionais e de autor protagonizadas por mulleres. O espectáculo foi virtual pola incidencia da pandemia.

O auditorio da casa da cultura acolleu en febreiro o exitoso espectáculo Saabor!, unha proposta de Cul turactiva na que Félix Rodríguez e Fran Rei dan vida a dous chefs que elaboran un menú no que mestu ran música, maxia, ritmo e moito humor.

A ILLA SEN TESOURO, POLO DÍA DO PAI

Música, bailes, pelexas de espadas e moita acción foron os condimentos principais do espectáculo A illa sen tesouro, unha adaptación ao teatro de rúa do clásico de Stevenson feita por Ghazafelhos coa que chegou ao Pino coincidindo co Día do Pai.

6 • Concello de O Pino
MAI-MAI DE BAOBAB TEATRO

A cativada prepara un manxar de fin de curso

A Escola Unitaria de Gonzar cele brou o fin de curso por todo o alto cun espectáculo de contacontos co que Xandobela sorprendeu a todo o alumnado. Pan e auga? Sopas! foi o título do contacontos co que os rapaces e rapazas da escola apren deron a facer un excelente manxar para todos os padais.

Espectáculos contra a violencia de xénero polo 25N

O calendario cultural do ultimo tri mestre puxo o foco no Día Interna cional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa programa ción de espectáculos destinados ao público infantil e xuvenil. No audi torio da casa da cultura o alumnado do CPI Camiño de Santiago desfru tou do grupo Ambar, formado por mulleres con diversidade funcional,

puxo en escena As paisaxes de Ca mille, para visibilizar a loita contra a violencia de xénero no rural. Por

último, De Ste Xeito convidou a re flexionar sobre o feminismo cunha comedia moi violeta: Feminíssimas.

Manoele de Felisa presentou na casa de cultura de Arca o seu espectáculo Cancioneiro do Camiño, un per corrido teatralizado por 18 cancións tradicionais e de autoría propia no que o artista repasa historias acon tecidas nos Camiños dende a chegada do Apóstolo a Galicia ata os nosos días. Este concerto estaba previsto para o mes de xullo, no Festival Folk, pero a incidencia da covid-19 obrigou a pospoñelo a decembro.

Concello de O Pino • 7
MANOELE DE FELISA PRESENTA EN ARCA O SEU CANCIONEIRO DO CAMIÑO

Observar o Camiño das Estrelas desde O Pino

Xúpiter, Saturno e algunhas das es trelas que forman o Triángulo de Ve rán (Vega, Altair e Dened) puideron ser observadas polas trinta persoas que participaron no programa Cami ño de Estrelas, promovido polo Ob servatorio Astronómico Ramón Ma ría Aller da USC, en colaboración co Concello, co obxectivo de trasladarlle ao público a relación da Vía Láctea co

Camiño de Santiago. José Ángel Do cobo, director do observatorio, xun to cos profesores Pedro Pablo Cam po e Luca Piccotti explicaron por que a ruta xacobea está vencellada á Vía Láctea e, grazas aos telescopios por tátiles que desprazaron ata Pedrou zo, a veciñanza do Pino puido ver en detalle a Lúa, os aneis de Xúpiter e Saturno ou as estrelas dobres.

CURIOSIDADES

Sabías que nos amenceres de verán a posición da galaxia é leste-oeste e marca o sentido cara o sepulcro do Apóstolo Santiago? De aí o nome que recibe Compostela: Campus Stellae ou ‘Campo de estrelas’.

A capela de Castrofeito foi o lugar que acolleu un ano máis a celebra ción de varias misas no día da Ma dalena, o xoves 22 de xullo. Foi esta unha xornada na que, cumprindo cos protocolos sanitarios fronte ao coronavirus, ducias de veciños e veciñas do Pino gozaron dunha xornada festiva na que non faltaron as tradicionais rosquillas e na que acompañou o bo tempo.

8 • Concello de O Pino
O tempo acompaña os asistentes no día grande da Madalena

Ampliación da área infantil da biblioteca

A Xunta de Galicia investirá un total de 18.718 euros na ampliación da área infantil da biblioteca do cen tro sociocultural Luis Seoane do Pino e na adquisición de materiais de novas tecnoloxías. Así o anun ciou o delegado da Xunta na Coru ña, Gonzalo Trenor, na súa visita á

biblioteca municipal, na que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Taboada, e pola concelleira de Cul tura, Eva Varela.

Este apoio encádrase nunha liña de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidades desti

nadas á mellora e equipamento das instalacións municipais dirixidas a actividades culturais, coa intención de “dotar dos medios necesarios ás entidades locais comprometidas coa acción cultural para que poidan executar as súas programacións”, segundo destacou Gonzalo Trenor.

ARTE E CREATIVIDADE

Os cursos de bolillos e bordado ao aire que imparte a artesá Ana Rosa Lista, e as clases de costu ra, son algunhas das actividades máis demandadas no Pino. Proba disto é que o curso de bolillos, que se imparte nas instalacións da biblioteca municipal, conta con dous grupos de alumnas, e o de costura, con cinco.

Concello de O Pino • 9

A retranca, presente no vídeo do Día do Libro

O Concello de O Pino celebrou o Día do Libro 2021 coa difusión dun vídeo no que participaron rapazas e rapaces do CPI Camiño de Santia go coa idea de convidar a ler a toda a veciñanza, tirando de retranca e denunciando o mal uso que se fai dos libros.

Subirse aos libros para chegar ao alto dun andel, cargalos sobre os brazos para facer pesas ou empre galos para agochar cousas son al gúns dos usos dos libros cos que se ironiza neste audiovisual, estreado na canle de Youtube do Concello e na súa páxina de Facebook.

Máis alá da retranca, “os libros ábrennos a mente e só son inútiles cando están pechados”, sentencia unhas das rapazas que participa nesta peza audiovisual.

Por se quedaba algunha dúbida so bre a intencionalidade da mensaxe, o vídeo remata cunha frase sobre impresa: “Xa sabes, coida os teus libros. A lectura é a mellor e a única utilidade que teñen”.

Escanea o código para ver o vídeo.

O centro sociocultural Luis Seoa ne acolleu a exposición itinerante Aquela nena de Sarria’ organizada polo colectivo Egeria para dar a co ñecer a figura da poeta Xela Arias, a quen se lle rendeu homenaxe este ano polo Día das Letras Galegas. Eva Varela, concelleira de Cultura; Ana Vigo, técnica de Cultura; e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, inauguraron esta exposición.

Composta por doce paneis, a mos tra recolle a etapa de Xela Arias en Sarria e Lugo, a súa querenza por esta terra e polo rural, así como o vencello co noso idioma. A expo sición complétase con poemas di rixidos a Xela polo alumnado dos Institutos sarriáns Xograr Afonso e Gregorio Fernández, con fotogra fías prestadas pola súa familia e cunha series de debuxos da pintora Sabela Arias.

10 • Concello de O Pino
A figura de Xela Arias, protagonista no Día das Letras

Un Samaín cheo de disfraces e moito baile

A elección dos mellores disfraces pechou a Festa de Samaín organi zada polo Concello de O Pino no pavillón municipal. Logo de que Valentina, caracterizada como o pallaso Pennywise, se alzara co pre mio, o xurado decidiu outorgarlle ademais un galardón especial a Azul, polo seu chamamento a coi dar o planeta ao disfrazarse de se rea morta cuberta de plástico.

A creatividade e a orixinalidade quedaron patentes tamén no con curso de decoración de cabazas. Quedou gañadora O home do saco, coa Fridakahlobaza en segundo posto e a colorida A festa dos mor tos en terceira posición.

Varias ducias de nenas e nenos achegáronse ao polideportivo mu nicipal para participar nos obradoi ros, no roteiro terrorífico e, sobre todo, mover o esquelete (nunca mellor dito) coa disco móbil. As cancións máis coñecidas e anima das dos últimos anos fixeron bailar a peques e maiores e celebráronse as mellores coreografías.

Cansos e contentos, os asistentes gozaron de tres horas de diversión xunto a tres monitoras e o picadis cos e volveron vivir unha festa que foi case coma as de antes.

Os Reis Magos levan a ilusión polas parroquias

Melchor, Gaspar e Baltasar volveron ser fieis á súa cita cos nenos e nenas do Pino na véspera do día de Reis. Xa dende pola mañá, as Súas Maxestades de Oriente visitaron as parroquias do municipio, falaron coas nenas e nenos e recolleron as últimas cartas que lles entregaron antes da noite máis máxica do ano. Ademais, os Magos repartiron máis de medio milleiro de agasallos e gozaron vendo as caras de ilusión e sorpresa da rapazada. Para o 2022, os Reis Magos teñen previsto volver a súa cita coa rapazada do Pino durante o 5 de xaneiro.

Escanea o código para ver o vídeo.

12 • Concello de O Pino

A festa de Nadal encheu Arca de ledicia

A Festa de Nadal 2021 resultou todo un éxito. Ducias de nenas e nenos gozaron na Praza do Concello du rante unha fin de semana con xo gos tradicionais e cos obradoiros de canóns de confeti, de adornos de Nadal feitos con la ou de figuras con globos. Ademais, A Xanela do Maxín triunfou o sábado co seu es pectáculo de títeres O apalpador e a nena sen medo. E o domingo chegou o día grande da festa co agardado acendido das luces da árbore de Na dal, nunha xornada ambientada con panxoliñas da man dos Viqueiras de Ordes. Non faltou a tradicional de gustación de chocolate con churros.

Concurso moi concorrido para deseñar as postais de Nadal

A aula de 6º de infantil do CPI Camiño de Santiago, na cate goría de Educación Infantil; Antón Fernández Santos, na de 6 e 7 anos; Alexandre García Seijo, na de 8 e 9 anos; Sofía Pérez, na de 10 e 11 anos; e Xiana Noya Hermida, na de ESO, foron os gañadores do concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de O Pino, que serve tamén para elixir cada ano a felicitación que o goberno municipal lle envía a toda a veciñanza. As nenas e nenos premiados recibirán como aga sallo material educativo. Este ano, o concurso de postais de Nadal volveu estar moi concorrido, cunha alta participación de nenas e nenos que estudan no municipio do Pino.

Concello de O Pino • 13
ANTÓN FDEZ. XIANA NOYA ALEXANDRE GARCÍA SOFÍA PÉREZ AULA 6º DE ED. INFANTIL

Novos incentivos á natalidade dende 2022

A partir do 1 de xaneiro de 2022 entrará en vigor a ordenanza municipal pola que o Concello de O Pino concederá axudas á natalidade que oscilarán entre os 750 euros por nacemento ou adopción do primeiro fillo e os 1.000 euros cando se trate do segundo ou seguintes. Ademais, se o menor ten unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, a contía económica poderá chegar ata os 1.500 euros. No caso de partos múltiples, e de adopcións de máis dun menor, a familia poderá percibir un 100% adicional por cada un.

Para poder solicitalas, o pai ou a nai do menor deberá levar empadroada no Pino nove meses no momento do nacemento e ten que comprometerse a seguir empadroado no Pino, xunto co menor, cinco anos despois do nacemento.

O alcalde, Manuel Taboada, presentou esta iniciativa como medida para “axudar ás familias que teñan ou establezan o seu domicilio permanente no Pino. Queremos fixar a poboación no rural e tentar evitar que a xente nova se traslade á cidade”. A medida enmárcase no ámbito da Lei de impulso demográfico de Galicia e ten unha dobre finalidade, “o fomento da natalidade, como medida complementaria de apoio ás unidades familiares e fixar poboación dentro do termo municipal”, engade Manuel Taboada.

Axudas para a compra de material para dez familias

Dez familias do Pino contaron con apoio económico para afrontar os gastos do inicio do curso escolar. As achegas dividíanse en tres liñas. A primeira, dotada con 15.000 euros, destinouse á compra de material informático para alumnado de Primaria, ESO ou Bacharelato. A segunda liña foi dirixida a sufragar os gastos de escolarización no 2º ciclo de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. E a terceira centrouse nas medidas de conciliación e contou con 5.000 euros.

Bolsas

para universitarios e alumnos de FP superior

O Concello de O Pino concedeu este curso as seis bolsas solicitadas por outros tantos estudantes universitarios e de Formación Profesional de grao superior. O importe total das achegas concedidas foi de 1.552 euros, que foron destinados a financiar gastos correntes de material, residencia e matrícula. Esta convocatoria estivo aberta a aqueles estudantes do Pino que levaban polo menos un ano empadroados no municipio e que acreditaron uns ingresos familiares mínimos.

14 • Concello de O Pino BENESTAR SOCIAL
1 a 2 rimeira/o filla/o 5 € 000€ partir da segunda/o filla/o
convocatoria aberta todo o ano 2022 o
partos ou adopcións múltiples 4 1.500€ fillas/os con discapacidade 3
axudas para familias por nacemento ou adopción
dobre de cada suposto
Pai ou nai debe levar empadroados no Pino nove meses antes do parto ou adopción O bebé e polo menos un dos proxenitores deberán permanecer empadroados no Pino cinco anos Os fillos adoptados non poderán ter máis de tres anos

Carmen Galloso Rivadulla, a nova centenaria

O Concello de O Pino conta cun novo membro no seu selecto club de centenarios e centernarias. Carmen Ga lloso Rivadulla celebrou o seu aniversario rodeada da familia na casa do Vilar, en Gonzar, ata onde se ache garon o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais para facerlle entrega dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores.

Natural da parroquia de Buazo, en Boimorto, Carmen Galloso chegou ao Pino cando tiña quince anos e tra ballou na agricultura toda a súa vida. Ata non hai moito era frecuente vela dando longos paseos acompañada da súa neta Pilar. “Os últimos anos pasa a mañá sentada detrás da cociña”, indica a súa filla Matilde, e o seu xen ro Suso, cos que vive no Vilar, na parroquia de Gonzar.

Ata a casa familiar desprazáronse as súas fillas Luisa e Dolores, xunto cos catro netos e tres bisnetos e co resto da familia, para participar na festa coa que celebraron o aniversario e a entrada de Carmen no selecto club de centenarias do Pino.

Máis horas para o Servizo de Axuda no Fogar

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de O Pino unha ampliación de 3.060 horas anuais —255 horas ao mes— a través do Plan de reforzo do servizo de axuda no fogar para o ano 2021. Este incremento das horas de atención permitiu ampliar o con trato do SAF en 47.736 euros.

Nun Pleno que se celebrou no mes de setembro, a Corporación local aprobou cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSdeG a prórroga deste contrato á empre sa Espertar Servizos Sociais. Esta foi a adxudicataria do concurso con vocado en 2020 polo Concello, que incluía un contrato dun ano con po

sibilidade de ampliación para outro exercicio máis.

O informe da traballadora social con respecto ao desenvolvemento do traballo foi satisfactorio, polo que o Pleno ratificou a resolución da Alcal día de prorrogar un ano máis o con trato cun importe de 264.695 euros.

Concello de O Pino • 15

Sabías que rir con gana, uns quince minutos ao día, pode alongar a vida ata catro anos? Os maiores do Pino seguiron este consello no taller de riso terapia durante os tres sábados de novembro que durou este obradoiro.

OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA

O Pino aposta por saudable e activa

Con dúas excursións, a Cambados e á Coruña, iniciose unha nova edición do programa de envellecemento ac tivo co que o Concello de O Pino bus ca promover a dinamización e a vida saudable entre as persoas maiores.

O programa, denominado Actívate na nosa Terra, vai dirixido a persoas empadroadas no Pino maiores de 65 anos e aglutina saídas e obradoiros gratuítos coa fin de promover a au tonomía persoal e a prevención da dependencia.

O taller de estimulación cognitiva do programa de envellecemento activo axudou ás persoas maiores de 65 anos a atopar un espazo no que traballar capacidades como a memoria, o cálculo ou o razona mento, entre outras. Este obradoi ro, que foi todo un éxtito de par ticipación, tivo lugar todos os luns e mércores pola tarde durante os meses de outubro e novembro.

DE BAILOTERAPIA

O obradoiro de alfabetización dixital contribuíu a que os maiores manteñan a mente activa á vez que apren den a empregar ferramentas dixitais, teléfonos móbi les, redes sociais e mesmo a realizar trámites en liña.

Os maiores do Pino gozaron bailando todos os mar tes de novembro pola tarde grazas ao obradoiro de bailoterapia. Un taller que tamén potencia a memo ria, estimula o cerebro e fomenta as relacións sociais.

16 • Concello de O Pino
OBRADOIRO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL OBRADOIRO OBRADOIRO DE RISOTERAPIA

favorecer a vida dos maiores

Ata final de ano desenvolvéronse un total de catro obradoiros, que tive ron entre un e tres meses de dura ción: obradoiro de estimulación cog nitiva, taller de risoterapia, obradoiro de alfabetización dixital e obradoiro de bailoterapia.

Tamén se levaron a cabo varias ac tividades culturais de lecer e tempo libre, entre as que se atoparon visitas a Cambados, á Coruña, a Ourense, á Ribeira Sacra, ás Rías Baixas e ao Bal neario de Cuntis.

CAMBADOS

Os maiores do Pino gozaron coa visita á Torre de Hércules, ao Cas telo de Santo Antón e ao casco histórico da cidade herculina.

RÍAS BAIXAS

Nas Rías Baixas pasáronno de marabilla no percorrido en barco e tamén visitaron as bateas da zona, entre outros lugares.

TURISMO TERMAL NO BALNEARIO DE CUNTIS

Coñeceron un dos segredos me llor gardados da Galicia interior, un territorio bañado polo curso fluvial dos ríos Miño, Sil e Cabe.

Na excursión ao balneario de Cuntis os veciños e veciñas do Pino puideron gozar dunha xornada de baño e relax.

Concello de O Pino • 17
Preto de 30 veciños e veciñas do Pino saíron rumbo a Cambados nunha excursión na que puideron visitar unha adega. RIBEIRA SACRA A CORUÑA

Aprende, goza e concilia no Nadal

O programa Lecer Nadal, organizado polos departamentos de Servizos Sociais e Deportes, foi o encargado de favorecer e facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vaca cións de Nadal. Os nenos e nenas do Pino de entre 3 e 12 anos que participaron neste programa apren deron e ao mesmo tempo gozaron coas diferentes actividades que se desenvolveron no polideportivo de Reboredo durante os nove días non festivos das vacacións escolares.

Unha Semana Santa especial no Camiño

Un total de 23 rapaces e rapazas par ticiparon este ano no campamento de conciliación de Semana Santa. Durante os días 29, 30 e 31 os esco lares de entre 3 e 12 anos formaron parte da Semana Santa no Camiño, unha actividade que o Concello de O Pino puxo en marcha para faci litar a conciliación durante os días laborais das vacacións escolares de Pascua. As actividades como xogos dirixidos e libres ou talleres, entre outras, desenvolvéronse nas instala cións do pavillón municipal, situado a carón do CPI Camiño de Santiago.

18 • Concello de O Pino

Natureza e igualdade na Escola de Verán

Cunha media de 65 nenos e nenas por quenda, o campamento urbano de verán, celebrado durante as va cacións estivais no pavillón munici pal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, contou con actividades divertidas e contidos centrados na natureza e na igualdade.

Entre as actividades destacaron xo gos de auga para refrescar un verán caloroso, tales como pesca con redes ou xogos con diferentes recipientes. Nestas accións incidiuse na educa ción ambiental, promovendo entre a poboación máis nova a reciclaxe

e a paixón pola natureza a través de saídas nas que se insistiu na ne cesidade de coidar o noso planeta. Tamén se introduciron no programa contidos relacionados coa igualda de con xogos cooperativos e conti dos que favorecen tanto a diversión como a transmisión de valores.

Ademais, a rapazada particiou na actividade ‘Ti si que es bo peixe’ na que lles explicaron como se cap turaban diferentes especies, como se elaboraban e os beneficios que aportan. Despois da parte técnica chegou a diversión con cancións,

bailes e agasallos. Tamén a Brinca deira Pirata invadiu a Casa da Cul tura e enrolou aos participantes da Escola de Verán na súa aventura.

Como anécdota cómpre destacar que en xullo celebraron o peche da quenda desfrutando cunha réplica do concurso Got Talent, na que non faltaron imitadores do presentador, Santi Millán, e dos xurados Risto Mejide e Paz Padilla, representados polas monitoras, ademais de diver tidas pausas publicitarias e todos os elementos que conforman un programa de televisión.

Concello de O Pino • 19

Escanea o código para ver o vídeo do 25N.

“Cambia o trato. Racha coa violencia de xénero”

“Cambia o trato. Racha coa violen cia de xénero”. Este foi o mandato que o Concello de O Pino lles lanzou aos maltratadores no vídeo conme morativo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O audiovisual, prota gonizado por mozas e mozos do municipio, busca concienciar á mo cidade sobre o perigo de desprezar a existencia da violencia machista e tamén ofrecer pautas para identifi car varios tipos de violencia como a psicolóxica ou a dixital. Dirixido principalmente á xente nova, o

BANCO CONTRA A VIOLENCIA

obxectivo central do vídeo deste ano é reverter a preocupante ten dencia a negar a violencia machista entre un sector da poboación.

Un de cada cinco rapaces varóns, o dobre que en 2017, asegura que non existe a violencia de xénero, tal e como revelou a última enquisa do Centro Reina Sofía sobre Ado lescencia e Mocidade. Fronte a isto, a realidade queda patente no vídeo cos titulares de diferentes medios de comunicación que reflicten as mortes dalgunhas das 37 mulleres

asasinadas este ano en España po las súas parellas ou ex parellas.

Outro dos obxectivos do vídeo é axudar a adolescentes e mozas a identificar sinais de alarma e outros tipos de violencia como a psico lóxica ou a dixital, que moitas veces pasan desapercibidas. O control do móbil, da forma de vestir ou os me nosprezos non teñen xustificación. “En serio cres que iso é normal? que é inevitable? Eu non. Cambia o tra to. Racha coa violencia de xénero”, conclúe o vídeo.

“Contra a violencia, respecta. Non esperes a que su ceda”. É o lema que figura no banco morado inau gurado na praza do Concello o 25N, que avoga polo respecto e a prevención para previr as agresións.

Máis de 300 persoas participaron na área recreativa da Madalena na terceira andaina e na segunda ca rreira 5 km pola igualdade. Antes da saída leuse un manifesto de condena á violencia de xénero.

20 • Concello de O Pino
ANDAINA E CARREIRA: 5 KM POLA IGUALDADE

Mulleres guionistas, protagonistas e directoras polo 8M

“O Día Internacional da Muller debe ser entendido como un mo mento reivindicativo e unha ce lebración dos actos de valor e de terminación tomados por mulleres correntes, que conseguiron ser as protagonistas, guionistas e directo ras da súa propia historia”, asegura Mercedes Vázquez, concelleira de Familia, Muller e Xuventude, no vídeo institucional co que o Con cello de O Pino conmemorou o 8M. Empoderar ás mulleres, animalas a tomar a iniciativa para converterse en líderes e apoiarse mutuamente son algunhas das mensaxes que se trasladan nesta peza audiovisual.

As protagonistas do vídeo teñen claro que “ninguén che dá o poder, telo que coller ti”, e animan a todas as mulleres a “ser como cada unha quere ser e dar un paso adiante para saír buscar as oportunidades ou para crealas”, porque ninguén as vai levar a túa casa. Se algo deixan claro as mulleres do Pino é que “o respecto e a liberdade non son ne

gociables” e que son as “decisións e actitudes de cada unha de nós o que realmente mostra quen somos”.

Participan neste vídeo Obdulia Bello, empresaria; María do Carmen Prado,

Escanea o código para ver o vídeo.

médica; María Begoña Duro, gandei ra; Xeila Adán e Claudia Díaz, veteri narias; Teresa García, taxista; Mónica González, axente de seguros; María Ángeles Martínez, panadeira; e Mila gros Fernández, futbolista.

Día da diversidade sexual

O Concello participou na campaña #seresentir da De putación da Coruña co gallo do Día da Diversidade Sexual, para reivindicar o respecto pola orientación sexual e a identidade de xénero de todas as persoas. A Rabela protagonizou un vídeo para aclarar algúns conceptos relativos á diversidade sexual dun xeito moi ameno e, sobre todo, cun carácter divulgativo.

Almofadas do corazón

Cun corazón rosa feito con globos na casa da cultura e repartindo ‘Almofadas do corazón’ conmemorou o Concello o Día Mundial contra o Cancro de Mama, o 19 de outubro. As almofadas son coxíns con forma de co razón feitos de produtos naturais que axudan a paliar as dores derivadas da estirpación de vasos linfáticos na axila. O Pino desenvolve este programa dende 2012.

Concello de O Pino • 21

Plan de obras con 3 millóns de fondos propios para estradas e 12 km de novas sendas peonís

O goberno do Pino executará du rante 2022 un ambicioso plan de obras que financiará con tres mi llóns de euros de remanente líquido de tesourería positivo (equivalente aos beneficios de exercicios ante riores). Este plan inclúe algo máis de dous millóns para construír 12 novos quilómetros de sendas peo nís e mellorar así a seguridade viaria da veciñanza, segundo explicou o alcalde, Manuel Taboada, no pleno do 3 de decembro, no que se apro bou esta medida. Unha vez que se remate, as trece parroquias do con cello contarán con sendas peonís.

As obras incluídas neste plan es tán consideradas financeiramente sustentables, polo que a lexislación vixente permítelles aos concellos destinar os remanentes de tesourería á execución de obras que se tradu zan de forma inmediata nun maior benestar para a cidadanía. “O gober no local leva anos facendo unha boa xestión, sen ter débedas nin créditos bancarios, e obtendo un remanente positivo de fondos que agora quere mos destinar ao arranxo de estradas e construción de sendas peonís para mellorar a mobilidade da veciñanza e a seguridade dos peóns”, explicou o alcalde cando presentou esta ini ciativa do goberno local.

Este plan municipal de obras con templa a construción de 12 novos quilómetros de sendas peonís no municipio. Unha delas comunicará os lugares de Bugalleira e Rabal de Abaixo, cunha lonxitude de 3 km. Ao igual que a maioría destas sen das, contará con 6 cm de aglomera do en quente sobre unha capa de 25 cm de lastre, ademais de canali zacións de pluviais en toda a lonxi tude desta senda, cos correspon dentes pozos e sumidoiros.

Entre os lugares dos Currás e do Pe tón construiranse outros 3 km de

MELLORAS EN PISTAS E VÍAS DO MUNICIPIO

Ademais dos 12 km de sendas peonís, este ambicioso plan de obras contempla melloras en nu merosas estradas do municipio e tamén no interior de diferentes núcleos de poboación. Así, está previsto facer actuacións nos in teriores de Rejas (Rourís), na estra da local de Casa Ramos a Cerceda, nas pistas interiores de Cebreiro; en Ombre, A Pena, Barcia e no aparcadoiro na Igrexa en Pastor.

senda. A Xesta e Frechazo Último tamén quedarán unidos por unha vía de pouco máis de dous quiló metros. As dúas últimas sendas des te plan unirán, por unha banda, a aldea de Pereira coa igrexa, nun tra mo de 240 metros de longo e dous de ancho; e pola outra, de case

Na proposta, que ten un prazo de execución de seis meses dende a súa adxudicación, contémplase tamén mellorar o firme da pista que vai de Area Branca a Couto Pequeno pasando por Sobrado e Setas (Medín); a estrada do Mar quiño a Vimeiro, a pista de Crucei ro ata a igrexa de Lardeiros, a pis ta de Rego de Auga ata Casa de Auga (Budiño) e a pista de Cam po a Tarroeira (Budiño e O Pino).

900 metros de longo, comunicará a estrada N-547 coa igrexa de San Breixo. Na práctica, o Concello de O Pino vai duplicar os quilómetros de sendas peonís que ten distribuí das nas diferentes parroquias para facilitar a mobilidade da veciñanza garantindo a súa seguridade viaria.

22 • Concello de O Pino
OBRAS E MEDIO AMBIENTE

Aprobado un orzamento de catro millóns que destina 700.000 euros a investimentos

Os presupostos do Concello de O Pino para o ano 2022 ascenden a algo máis de catro millóns de euros, dos que 700.000 se destinarán a in vestimentos e outros 2,2 millóns a gastos en bens correntes e para pa gar os servizos que se lle prestan á veciñanza como a recollida do lixo ou o alumeado público.

As contas saneadas do Concello de O Pino, que mantén a cero a débeda cos bancos e tampouco contempla a solicitude de ningún crédito, per mitiranlle ao goberno local acome ter distintas obras para mellorar as infraestruturas municipais. Á cons trución e mantemento de estradas destinaranse preto de 200.000 euros, dos que 118.596 se corresponden con obras do POS+ 2022. Tamén se contemplan 300.000 euros para in tervencións en terreos, parques e xardíns e outros 37.000 euros para a compra dun tractor. Ademais, des tinaranse 70.000 euros a alumeado. En total, a partida de investimentos reais será de 698.000 €.

Por outro lado, e xa no apartado de ingresos, o Concello de O Pino prevé recadar 1,6 millóns en impostos di rectos e outros 434.000 en taxas. As

transferencias procedentes das ad ministracións estatal e autonómica ascenden a 1,8 millóns, e as transfe rencias de capital suman 142.000 eu ros para a execución de obras.

O orzamento do Pino para 2022 que dou aprobado no pleno do mes de decembro. Votaron a favor os conce

O Pino terá un centro de día mixto con residencia para maiores

O Concello de O Pino reserva unha partida orzamentaria de 100.000 euros para contribuír á construción do primeiro centro de día do mu nicipio. Na reunión que o alcalde mantivo en decembro coa conse lleira de Política Social, Fabiola Gar cía, ambos mandatarios analizaron a posibilidade de que o centro de día do Pino teña un carácter mixto e poida contar tamén con algunhas prazas de residencia para maiores, o que redundaría en maior benefi

cio para a veciñanza que busca un servizo de calidade cerca do lugar no que vive. Concello e Xunta se guen analizando a proposta para que este centro de día mixto, que podería contar cunhas 30 prazas e sobre un millón de euros de inves timento, poida ser realidade xa du rante o 2022. O Concello de O Pino xa conta cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) de 100.000 euros para a súa construción.

lleiros do Partido Popular e en contra o PSdeG e o BNG. No transcurso da sesión o alcalde, Manuel Taboada, definiu as contas como “realistas” e explicou que teñen como obxectivo que “o Concello de O Pino sexa unha administración ben xestionada e sol vente, sen endebedamento e rexida polo equilibrio orzamentario”.

Concello de O Pino • 23

Melloras de estradas e obras por 1,5 millóns

As melloras en estradas de titularida de municipal e no interior de diferen tes núcleos supuxeron o groso dos investimentos realizados no 2021 polo Concello de O Pino. Estas actua cións, xunto coas melloras no campo de fútbol de Lameiro e a nova senda peonil que pasará por diante, supo ñen un investimento que se achega ao millón e medio de euros.

A partida máis importante corres ponde á mellora do pavimento da pista municipal que vai da saída 77 da autovía Santiago-Lugo ata Cerce da, que virá completar a obra feita xa polo concello para ampliar a capa de rodadura deste vial qu conta cun alto volume de tráfico. Os acondiciona mentos do firme en pistas de Pazos, Vilaboa e outros núcleos de Arca; a mellora da pista de Boavista á Car balleira de Suso, ou a pavimentación de pistas interiores no lugar da Calle, en San Breixo,A son outras das obras incluídas nestes proxectos.

Trátase de diferentes actuacións, dis tribuídas en 22 proxectos que se re partiron entre as trece parroquias do municipio. A colocación de céspede artificial e dos novos vestiarios no campo de fútbol de Lameiro foi ou tra das obras incluídas no plan mu nicipal de mellora e conservación de infraestruturas públicas.

Aparcamento de autocaravanas e senda en Lameiro

A área recreativa de Lameiro con tará con dúas novas infraestruturas proximamente. Por un lado, e froito do acordo entre a Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés e a Axencia Turismo de Galicia, vén de construírse unha área para autocara vanas, para favorecer que esta moda lidade de facer turismo tan en auxe ultimamente conte no Pino cunha parada con todos os servizos.

Por outra banda, a Deputación da Coruña concedeulle ao Concello de O Pino unha subvención no minativa para construír unha sen da peonil que unirá as beirarrúas que rematan no polideportivo de

Lameiro, pasando por diante do campo de fútbol, coa senda peonil que construíu o propio Concello en Vilaboa. Esta actuación supón un investimento que supera os 85.000 euros.

24 • Concello de O Pino

Mellora das redes de saneamento en rúa Mollaos (Pedrouzo)

Mellora da seguridade viaria no Pedrouzo

Pavimentación no lugar da Calle

Reparación de estradas a Bama e á rúa das Minas (Arca)

Interiores en Bugalleira e Rabal de Abaixo (Gonzar)

Reparación da estrada de Pipas a Pazos de Arriba (Budiño)

Interiores en Campo (Budiño)

Interior en Fontaíña (Budiño)

Reparación da N-634 a Cruceiro Pequeno (Lardeiros)

Interiores en Castro (Lardeiros)

Reparación da estrada de Couto Pequeno a lavadoiro (Medín)

Reparación da estrada de Couto Pequeno a Setas (Medín)

Instalación de colectores soterrados no Pedrouzo

Cruce de Villabuíl á estrada de Pazos

Mellora de pista en Carolliño (Budiño)

Mellora de pista de Aldea de Abaixo a Quintás (San Breixo)

Abastecemento na contorna da N-634

Abastecemento en Tixoliño-Castrofeito

Abastecemento en Cima de Vila-Medín

Abastecemento en Rabal de Abaixo

Abastecemento na contorna da N-547

Rúa Codesal e prolongación ao límite do concello

Estrada local de Pumar ao aparcadoiro da igrexa de Gonzar Estrada local da ponte sobre o río Mera á N-634

Mellora de pista de Boavista á carballeira de Suso (Ferreiros)

Mellora de Fontelitos á pista aglomerada da A-54 (Ferreiros) Interiores en Pazos de Arriba

Camiño de Pipas a Carolliño (Budiño)

Acondicionamento de pistas en Vilaboa (Arca)

Obras de drenaxe da estrada de Quintás á Aldea de Abaixo Obras de drenaxe en Campo Vimieiro-escola do Marquiño Accesos e bacheos en Domes-Campo Vimieiro Acceso da pista en San Mamede O Vilar Interiores en Sobrado (Medín) Mellora da pista de Cruceiro ao igrexario (Lardeiros) Senda de Bugalleira a Rabal de Abaixo Senda dos Currás ao Petón (N-634)

Interiores na Pena (Pastor) Interiores en Ombre (Pastor)

Acondicionamento do aparcadoiro na igrexa de Pastor Interiores en Barcia (Pastor) Senda de Xesta a Frechazo Último Senda de N-547 á igrexa de San Breixo Interiores nas Rejas (Rourís) Estrada local de Casa Ramos a Cerceda Mellora e conservación de pistas interiores en Cebreiro Pista de Area Branca a Couto Pequeno, por Sobrado e Setas Estrada local do Marquiño a Vimeiro Pista de cruceiro á igrexa Lardeiros Pista de Rego de Auga a Casa de Auga (Budiño) Mellora da pista de Campo a Tarroeira (Budiño) Reparación de pavimento da A-54 (saída 77) a Cerceda (N-547) Senda peonil da igrexa á aldea de Pereira (Pereira) Reparación de pavimento da A-54 pola igrexa do Pino

Concello de O Pino • 25
RELACIÓN DE OBRAS EXECUTADAS OU ADXUDICADAS NO CONCELLO DE O PINO EN 2021
26 • Concello de O Pino
Estrada de Marquiño á escola de Lardeiros Obras de mellora en Couto Pequeno (Medín) Melloras no campo de fútbol de Lameiro Interiores en Pazos de Arriba (Budiño) Saneamento da aldea de Sobrado (Medín) Mellora de Aldea de Abaixo a Quintáns (San Breixo) Interiores en Carolliño (Budiño) Interiores en Piñeiro (O Pino)
Concello de O Pino • 27
a
Aglomerado e senda peonil en Vilaboa Interiores en Rabal de
(Gonzar) Acondicionamento de Gradamil a Cerdeira Colocación dun elevador na casa consistorial Mellora e saneamento en Cerdeira (Medín) Acondicionamento de Piñeiro a N-634 Acondicionamento de N-547 a Vento
Aglomerado entre
igrexa de Arca e o cemiterio
Abaixo
28 • Concello de O Pino
Asfaltado en aldea de Cabo (Cerceda) Interiores en Villabuíl (Castrofeito) Interiores en Agrolongo (Lardeiros) Interiores en Villabuíl (Castrofeito) Interiores en Frechazo Primeiro (San Mamede) Asfaltado da pista do Xen a Loureiros (Cerceda) Interiores en Casal (Lardeiros) Asfaltado pista Quintáns ata Aldea de Abaixo (San Breixo)
Concello de O Pino • 29
Interiores en Vilaseco (Lardeiros) Interiores en Tambre (Lardeiros) Asfaltado en Frechazo Primeiro (San Mamede) Restauración do lavadoiro en Couto Pequeno (Medín) Aglomerado e senda de Vilaboa a Lameiro Asfaltado en Casal (Lardeiros) Interiores en Villabuíl (Castrofeito) Asfaltado de Piñeiro a N-634 por Bermás (O Pino)

O conselleiro ‘pecha’ a parcelaria de Budiño

O conselleiro de Medio Rural, José González, desprazouse a princi pios de marzo ata a parroquia de Budiño para entregar os títulos da concentración parcelaria, que be neficia a 470 propietarios tras reor ganizar unha superficie de case 700 hectáreas. A Xunta de Galicia fixo un investimento nesta parcelaria de case 1,4 millóns de euros. O con selleiro destacou que preto do 70% da superficie do Pino está concen trada, tras rematar 12 parcelarias.

No acto, no que tamén participaron a directora xeral de Desenvolve mento Rural, Inés Santé, e o alcalde, Manuel Taboada, o conselleiro sina lou que grazas a estes procesos me llórase a estrutura da propiedade, o que permite aumentar a base terri torial das explotacións da zona e di minuír os seus custos de produción. Neste senso, José González sinalou que coa reorganización desta zona pasouse de 4.983 predios a case 700 fincas, multiplicando case por oito a superficie media das parcelas re sultantes. Así, remarcou, pasouse de 1.400 m² a case 11.000 m² de super ficie media por finca, o que eviden cia a utilidade destes procesos.

Aproveitando a visita ao Pino do conselleiro de Medio Rural, José González, o alcalde e o presidente da Asociación de Veciños de Arca, Antonio Regueira, solicitáronlle que dende a Xunta de Galicia se promova a concentración de mon te na parroquia de Arca. Antonio Regueira entregoulle a José Gon zález e a Inés Santé máis de 200 firmas de propietarios solicitando o proceso. Taboada tamén solicitou que se concentre o monte da parro quia de Pereira, que conta xa con declaración de impacto ambiental.

30 • Concello de O Pino EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Solicitudes para concentrar o monte de Arca e de Pereira

Medín, Gonzar e Budiño, con bus a Santiago

As parroquias de Medín, Gonzar e Budiño súmanse ao transporte me tropolitano e tamén terán autobús ata Santiago. A mediados de no vembro, a Dirección Xeral de Mo bilidade da Xunta confirmaba que atendía unha vella reivindicación do alcalde, Manuel Taboada. Esta

ruta (a XG800), que estará opera tiva de luns a venres non festivos, sae de Medín ás 07.15 horas, pasa por varios lugares da parroquia de Gonzar e Budiño e diríxese a Sigüei ro (Cruce de Barciela), antes de che gar a Santiago cara as 08.30 horas. A parada en Santiago está situada

na rúa do Hórreo, de onde sae o au tobús ás 14.00 horas para chegar a Medín ás 15.36 horas. Esta ruta está atendida por Autos Grabanxa e sú mase ás liñas que Monbus fai pola N-547 e Arriva pola N-634 para co municar o Concello de O Pino coa capital de Galicia.

Chip e esterilización de mascotas Éxito da loita contra a velutina

A campaña do Concello coa protectora Apaca para po ñerlle microchip esterilizar cans e gatos foi todo un éxito. En total participaron 72 familias na iniciativa. Atendéron se 117 animais e fixéronse 150 intervencións. A meirande parte das actuacións foron a implantación de microchips a cans (79) e as castracións (48).

A campaña de loita contra a vespa velutina tamén foi un éxito. Ademais de facilitarlle mil trampas aos veciños, a empresa Serpa Galicia encargouse de colocar 100 tram pas en diferentes puntos do concello. Serpa Galicia reco lleu máis de 2.000 raíñas, ás que hai que engadir as captu radas polos veciños que participaron na campaña

O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra formou a 20 persoas desempregadas en dúas especialidades: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repoboacións forestais e tra tamentos silvícolas. No Pino, as persoas participantes neste obradoiro estiveron desbrozando, podando e, nalgúns casos, plantando árbores frondosas nos parques públicos da Magdalena, no de Robledo de Gradamil (que se ve na fotografía), no de Vimieiro e no de San Breixo de Ferreiros.

Concello de O Pino • 31
OBRADOIRO DE EMPREGO BOQUEIXÓN, O PINO, TOURO E VEDRA 2020-2021

Novo contrato con melloras na recollida do lixo

A empresa Servicios, Obras y Limpiezas (SOL) vai ser a encargada da recollida do lixo no Concello de O Pino durante os vindeiros anos. O pasado 30 de novembro, o pleno da Corporación remataba o proceso de licitación deste servizo aprobando a adxudicación do contrato a esta firma de Cerceda. O Pino vai destinar 133.677 euros anuais para contar cunha recollida de lixo que incorpora melloras substanciais. Entre elas, a empresa adxudicataria ten que contar cun camión propio, de 10 metros cúbicos de capacidade. Deste xeito agárdase solventar as numerosas incidencias no servizo polas constantes avarías que viña tendo o vello camión municipal.

Servicios, Obras y Limpiezas foi a que presentou a oferta máis vantaxosa para o Concello dentro do procemento aberto para adxudicar o servizo. Na súa oferta, comprométese a incluír o lavado de colectores e marquesiñas no termo municipal, facer o baldeo e lavado de rúas, supervisar os vertidos incontrola-

Puntos limpos móbiles polas trece parroquias

O Concello de O Pino incorporou dous puntos limpos móbiles para favorecer a reciclaxe de pequenos refugallos de diferentes tipoloxías nas trece parroquias do municipio. O alcalde, Manuel Taboada, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, puideron ver en novembro os dous remolques dotados con sete compartimentos nos que a veciñanza pode depositar aceite usado, tóner de impresora, pilas e baterías ou pequenos electrodomésticos, teléfonos móbiles, lámpadas e fluorescentes, entre outros. A Xunta financiou con máis de 16.000 euros a súa adquisición grazas ás axudas do Fondo de Com-

dos e poñer colectores durante as festas. O proceso de adxudicación contempla un contrato de 2 anos e tres prórrogas dun ano de duración cada unha delas, e tiña establecido un prezo máximo de licitación de 148.518 euros anuais (IVE incluído), polo que a oferta da empresa SOL, que resultou ser a adxudicataria, representa un 10 por cento anual de aforro para o Concello.

Con esta adxudicación o alcalde, Manuel Taboada, agarda que mellore substancialmente o servizo e que rematen as queixas frecuentes da veciñanza, moitas delas debido ás avarías do camión municipal. Ademais, sinala o alcalde, con este novo contrato vai mellorar de xeito importante a reciclaxe dos diferentes tipos de residuos para prosperar no coidado do medio ambiente.

pensación Ambiental. Segundo explicou Natalia Prieto, o Concello solicitounos pola necesidade de dotar de equipamentos e infraestruturas necesarias nas que depositar os residuos contaminantes, que polas súas características non se poden tirar nos colectores convencionais. Con estes dous remolques espérase

mellorar a xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares (fluorescentes, lámpadas, aceites, aerosoles, pilas, baterías, cartuchos de tinta e outros, de difícil recollida e xestión) ao poder desprazar estes puntos limpos móbiles polos diferentes lugares do municipio.

32 • Concello de O Pino

MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE RESIDUOS

PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

Solicitar o servizo por teléfono: 981 693 072 - 639 200 204

Indicando nome, teléfono e enderezo da granxa.

Os plásticos deberán estar limpos e dobrados, nun lugar da explotación agrícola accesible para a carga no camión.

RESIDUOS VOLUMINOSOS

Servizo de recollida o TERCEIRO MÉRCORES DE MES:

De ser festivo, o servizo pasa ao mércores seguinte. Os residuos deberán depositarse preto co contedor de RSU o día anterior á recollida ou antes das 7.00 h do mesmo día.

Entrega no PUNTO LIMPO:

Lugar de Pazos s/n, Arca. Luns, mércores e venres: 18 30 a 20 30 h Sábados: 12.00 a 14.00 e 15.00 a 21.00 h Teléfono de información e consultas: 639 200 204

PUNTOS LIMPOS MÓBILES

Servizo de recollida por parroquias de: Pilas e baterías Aerosois

Aceites

Gonzar: Bugalleira (xunto á escola) Lardeiros: xunto á igrexa Medin: campo da festa O Pino: praza de Piñeiro Pastor: igrexa campo da festa Pereira: cruceiro xunta á igrexa

San Breixo: campo xunto á igrexa San Mamede: campo da festa

SERVIZO
vexetais Tóner de impresora Lámpadas e fluorescentes Residuos especiais Pequenos electrodomésticos e teléfonos móbiles e latas contaminadas Arca: xunto á igrexa Budiño: igrexa (xunto ao bar Toxo) Castrofeito: Santiso (xunto ao bar Castrofeito) Cebreiro: xunto á igrexa Cerceda: xunto á igrexa
limpos colocaranse nas diferentes parroquias nos lugares indicados á dereita Un
informará que días do mes estarán os
en
punto
os refugallos
Os minipuntos
panel
remolques
cada
para poder reciclar

Bonificacións do IBI para explotacións agrogandeiras

Un total de 31 propietarios de ex plotacións gandeiras, agrícolas ou forestais do municipio beneficia ranse dunha rebaixa no próximo recibo da contribución. A corpo ración municipal aprobou nos úl timos meses concederlles unha bonificación do IBI co obxectivo de apoiar ao sector primario e recoñe cer o seu peso estratéxico nun con cello rural como o do Pino.

Axudas

para o comercio local e para a hostalaría con 60 beneficiados

As axudas habilitadas polo Conce llo de O Pino, tanto con partidas de fondos propios como en colabora ción coa Deputación provincial da Coruña, beneficiaron durante o ano pasado a 57 persoas autónomas ou pequenas empresas con domicilio social no municipio do Pino que so licitaron estas achegas.

En total, O Pino destinou a estes conceptos preto de trinta mil euros, sendo a partida máis importante a correspondente os 14.700 cos que o Concello cofinanciou o plan PEL Reactiva posto en marcha pola De putación da Coruña. Os algo máis de 78.400 euros cos que contaba

Achegas para asociacións

O Concello destinou este ano unha partida de 43.900 euros para achegas ás asociacións veciñais, entidades de portivas e outros co lectivos do municipio. As partidas máis im portantes foron para a SD O Pino, a Banda de Música de Arca e para o Club Atletismo O Pino.

este plan no municipio foron distri buídos entre os 41 solicitantes que puideron completar toda a docu mentación e cumprían coas bases.

Ademais, o Concello puxo en mar cha tamén un plan de axudas con fondos propios, destinado a cola borar co sector da hostalaría e res tauración afectado pola covid-19. Nesta liña, O Pino repartiu 10.461 euros entre as 15 solicitudes pre sentadas que cumprían coas bases. A terceira liña de achegas, destina da a impulsar a actividade conó mica no municipio, tivo sete soli citudes aprobadas, cun montante global de 2.500 euros.

Para doce dos 31 propietarios be neficiarios desta achega, a rebaixa ascenderá ao 95 por cento do re cibo por dispoñer de construcións dedicadas integramente a activi dades ganderias, agrícolas ou fo restais. Nos outros dezanove casos, a rebaixa será do 50 por cento, de bido a que no predio hai constru cións dedicadas a outros usos.

A convocatoria para obter deduc cións na contribución continúa aberta para todos os propietarios que o soliciten e cumpran os requi sitos establecidos no artigo 73 do texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais. A corporación local aprobou por unanimidade once expedientes no mes de xullo, dez en setembro e outros dez en novembro. Os descontos aplicaran se no seguinte recibo do IBI.

34 • Concello de O Pino
EUROS
EUROS
1.000
4.000
CPI
1.000
700
ENTIDADE
ENTIDADE
ANPA CPI Camiño de Santiago
Igrexa de O Pino 1.800 Asoc. Veciños de Arca 1.200 Igrexa de Lardeiros 1.800 Banda de Música de Arca
Igrexa de Gonzar 1.800
Camiño de Santiago
Igrexa de Pastor 1.800 Cáritas Interparroquial Arca-Bama 1.800 Igrexa de San Mamede de Ferreiros 1.800 Club Atletismo O Pino 3.000 Igrexa de San Breixo de Ferreiros 1.200 Sociedade Cazadores A Magdalena
Igrexa de Cerceda 1.800 S.D. O Pino 9.500 Igrexa de Cebreiro 1.800 Asociación Peregrinos Musicales 2.500 Igrexa de Arca 1.800 Igrexa de Medín 1.800 Igrexa de Budiño 1.800 TOTAL SUBVENCIÓNS 43.900 €

CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS

A Consellería de Emprego e Igualdade cofinanciou a contratación dun socorrista acuático para a pisci na municipal de Lameiro dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto. A Deputación da Coruña financiou a contratación doutros dous socorristas.

PEL CONCELLOS REACTIVA 2021

A Deputación da Coruña subvencionou a contrata ción dunha cuadrilla para mantemento de servizos municipais e tarefas de limpeza viaria e na rede de sumidoiros. Cinco estiveron contratadas de maio a decembro e unha de xuño a decembro.

Cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade contra touse un peón forestal para rozar leiras forestais municipais dende xullo de 2021 ata abril de 2022.

Contratouse con cargo ao Con cello dende abril ata decembro un peón xardineiro para limpar rúas, parques e xardíns e man ter limpo o centro urbano.

TÉCNICA DE TURISMO

ALBANEL

O Concello, con fondos propios, contratou un albanel para rea lizar pequenos arranxos de in fraestruturas municipais. Traba llou dende abril ata decembro.

OFERTAS DE EMPREGO

TRACTORISTA

O Concello contratou, dende xuño de 2020 ata decembro de 2021, un tractorista para facer labores de desbroces de gabias nas pistas forestais.

Entre os meses de xuño e de cembro, o Concello de O Pino contratou unha técnica de tu rismo para atender a oficina de atención a visitantes situada no centro sociocultural Luís Seoa ne en Pedrouzo. Esta contrata ción realizouse ao abeiro dun programa de subvencións da Deputación da Coruña que axu da a financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo.

Desde a web www.opino.gal dáselles difusión ás ofertas de emprego público do Concello, así como ás solicitadas polas empresas privadas. En 2021, dende o departamento de Desenvolvemento Local publi citáronse 15 ofertas na páxina web e en Facebook. Dende a web tamén se dinfunden as po líticas activas de emprego da Xunta e da Deputación.

Concello de O Pino • 35
PEÓN FORESTAL PEÓN XARDINEIRO

Voluntariado da Cruz Vermella no Camiño

Nos meses de agosto e setembro os voluntarios da Cruz Vermella aten deron a 1.200 peregrinos a través da experiencia piloto Contigo no Ca miño. Prestaron tanto asistencia de primeiros auxilios como informa ción sobre rutas, albergues e situa ción e horarios doutras instalacións. Nestes dous meses, patrullas móbi les e socorristas percorreron en bi cicleta case 5.000 quilómetros do Camiño Francés para prestar polas mañás acompañamento, asistencia e asesoramento aos camiñantes, mentres que polas tardes recibían a mesma atención desde os pun tos fixos de asistencia instalados no Pino, en Portomarín e no Monte do

A técnica de Turismo municipal acompañou a membros da em presa DKV durante a súa activi dade de voluntariado corporati vo Camiña polo medio ambiente, consistente na recollida de plás ticos e residuos no Camiño de Santiago que, no caso do Pino, se realizou nun tramo da Ruta á altura do Pedrouzo.

Gozo. En total, este servizo supuxo máis de 450 horas de actividade por parte do operativo integrado por cinco socorristas e unha coordi nadora. O dispositivo completouse cun vehículo de apoio itinerante.

Coa experiencia piloto deste pro grama de voluntariado no Camiño Francés, a Xunta reforzou a segu ridade e a mensaxe de que facer o Camiño de Santiago neste Xaco beo 2021-22 é seguro.

36 • Concello de O Pino
TURISMO E PATRIMONIO
EMPREGADOS DE DKV RECOLLEN LIXO GRAZAS AO PROXECTO CAMIÑA POLO MEDIO AMBIENTE

A oficina de turismo triplica as súas visitas

O turismo comeza a despegar de novo tras un tempo de parón mo tivado pola situación sanitaria do momento. Máis de 1.300 persoas pasaron pola oficina de turismo do centro sociocultural Luis Seoane, un número que triplica o do ano anterior. Con todo, esta cifra é tan só unha mostra de todas as per soas que fixeron uso dos servizos da oficina, xa que en numerosas ocasións as consultas fixéronse a través de chamadas telefónicas ou ben mediante correos electrónicos.

Debido ás restriccións de mobilida de para frear a expansión do coro navirus e á situación de constante cambio, só un 20 por cento dos visitantes rexistrados neste ano

Fotografías para promocionar os Camiños de Auga

Trinta fotografías de gran formato percorreron distintas localizacións para promocionar os recursos tu rísticos dos Camiños de Auga ou, o que é o mesmo, dos nove concellos que aglutina o GDR Ulla Tambre Mandeo, entre os que está O Pino. Neste municipio a mostra instalou se en setembro na área de descan so de Lengüelle, en Ferreiros.

2021 foron estranxeiros, a meiran de parte procedentes de Europa, aínda que tamén acudiron turistas de países tan diversos como Corea do Sur, Filipinas, Arxentina ou Por

to Rico. No referido aos visitantes nacionais, Madrid, Andalucía e Ca taluña foron as comunidades autó nomas que máis turistas trouxeron ao Pino.

Concello de O Pino • 37
No pavillón de Reboredo loce un gran mural que recibe aos peregrinos que se achegan a Pedrouzo. Esta intervención artística, bautizada Deixando pegadas no Camiño”, finánciase grazas a unha subvención da Axencia Turismo de Galicia en colaboración coa Mancomunidade de concellos galegos do Camiño Francés. DEIXANDO PEGADAS NO CAMIÑO, UN MURAL QUE RECIBE AOS PEREGRINOS EN PEDROUZO

O galo piñeiro, protagonista do showcooking

Vincular o Camiño de Santiago e os produtos dos concellos polos que pasa é un dos obxectivos do pro grama Sabores e saberes do Camiño, que celebrou un showcooking na casa de cultura de Arca preparado polas irmás Cristina e Cecilia San martín e no que o galo e a galiña pi ñeiros foron os protagonistas. Para

esta ocasión elixiron unha receita tradicional e outra na que prepara ron un trampantoxo de vieira con chacina de galo piñeiro.

Na inauguración do showcooking estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde do Pino, Manuel Taboada, e

en tidade que organiza este programa que forma parte de O teu Xacobeo Taboada destacau que “xornadas coma esta serven para seguir a pro mocionar e poñer en valor o galo e a galiña piñeira e tamén o Camiño de Santiago ao seu paso polo Pino”.

A Duendeneta coa música galega no Camiño

Para dar a coñecer dun xeito ameno a música en galego naceu a iniciati va Os Camiños das Músicas Galegas que ofreceu a Duendeneta. A dis coteca móbil percorreu os Camiños Francés, Inglés e Portugués ofre cendo unhas 30 sesións comenta das polo xornalista Carlos Crespo, para explicarlles a peregrinos e ve ciñanza o que pasou e o que está a pasar coa música en galego.

38 • Concello de O Pino
Enrique Rodríguez, vicepresidente da Federación EFAs de Galicia,

O Club Atletismo O Pino pon o foco na base

Un total de 151 atletas federados integran esta temporada as filas do Club Atletismo O Pino. A maior par te destes deportistas teñen máis de 17 anos (89 adultos fronte a 62 es colares), aínda que é na base onde se centra o proxecto deportivo do club coas miras postas no obxecti vo xeral de contar con equipos en todas as categorías dende sub 8 a sub 18 e no concreto de presentar un cadro sub 16 feminino aos cam pionatos autonómicos de pista ao aire libre do vindeiro ano 2022.

O Club Atletismo O Pino naceu no ano 2015 como Club Deportivo Vagalume O Pino e adoptou o seu nome actual tres anos despois. Os seus atletas practican as discipli nas de campo a través, atletismo en pista (velocidade, lanzamento, saltos...), atletismo en ruta e trail de montaña e participan tanto en campionatos autonómicos, pro vinciais e locais coma en carreiras populares e probas de diferentes distancias organizadas pola Fede ración Galega de Atletismo.

As atletas sub 14 reportaron no úl timo ano as maiores alegrías cunha medalla de ouro, outra de prata e un subcampionato por equipos. O club sumou tamén unha prata na categoría máster 40 no Trail Serra do Barbanza e un bronce en salto de lonxitude feminino sub 16. Recu perar a normalidade trala pandemia é clave para volver organizar campi natos como o de 1 quilometro e mi lla en ruta que houbo en Arca.

DAS CARREIRAS POPULARES A UNHA ESCOLA EN EXPANSIÓN

“O meu balance é moi positivo”, di Pablo Baña, presidente do club. “Empezamos pouco máis de 30 socios, un grupo de amigos afecciona dos ao atletismo que nos xuntabamos para ir a carreiras populares, e agora temos unha escola en expansión”, sinala. Un director deportivo e tres adestradores dirixen as clases de base e os adestramentos.

Concello de O Pino • 39
DEPORTES

En forma coas escolas e actividades deportivas

Baloncesto foi a última modalida de en sumarse á oferta das esco las deportivas municipais do Pino. Desenvólvense, ao igual que mul tideporte, de luns a xoves entre as 15.30 e as 16.30 horas coa fin de facilitar a conciliación das familias con menores escolarizados no CPI Camiño de Santiago que, despois do comedor, poden permanecer así unha hora máis facendo depor te no polideportivo de Reboredo.

Entre outubro e maio, nenas e nenos teñen a oportunidade de practicar tamén patinaxe artística, ximnasia rítmica, baile moderno, bádminton e fútbol sala.

No caso dos maiores de 16 anos, as actividades deportivas para adultos que promove o Concello de O Pino permiten escoller entre zumba; glúteos, abdominais, pernas e cir cuítos de forza; pilates, tenis e ioga. As clases continuarán ata xuño.

Tamén ata xuño se desenvolverá en Lardeiros, Gonzar, Ferreiros e Budiño o programa de ximnasia por parroquias, unha iniciativa na que están a participar máis de co renta veciñas e veciños e que ten como obxectivo animar ás persoas de máis idade do municipio a facer exercicio físico para contribuír a un envecellecemento activo.

40 • Concello de O Pino

O inicio deste curso a principios de outubro supuxo a recuperación da actividade deportiva promovida dende o Concello, logo de que as restricións impostas polas autori dades sanitarias á volta do pasa do Nadal obrigasen a suspender as clases a mediados de xaneiro coa fin de “frear a propagación da pandemia”, tal e como subliñou o alcalde. Manuel Taboada incidiu na importancia de “evitar posibles fo cos de contaxio”, á vez que lle pediu comprensión á veciñanza.

O Concello de O Pino devolveulle a quen así llo reclamou as cotas co rrespondentes aos meses nos que as actividades deportivas para es colares e persoas adultas tiveron que permanecer suspendidas.

Concello de O Pino • 41

A SD O Pino quere manter en Reboredo fútbol de Preferente

Logo de celebrar os seus 40 anos xogando por primeira vez en Preferente nunha temporada atípica, a SD O Pino confía en mater un ano máis a categoría. “Estamos nunha liga apaixoante, dá gusto ver a un equipo como O Pino competindo ao mesmo nivel que outros de moitísima experiencia mesmo en Terceira División e queremos que a xente poida seguir vindo a Reboredo a gozar co seu equipo”, sinala o presidente do club de fútbol, Antonio Varela.

Varela incide no compromiso dun cadro que se reforzou con seis novas incorporacións (Rucho, Neo, Artur, Juan Vidal, Suso e Uxío) e con varios xogadores de xuvenís como Rubén Varela e Lucas Lareo.

Ademais, tamén en modestos, o equipo B, agora en Terceira Rexional, é un claro aspirante ao ascenso.

Outra boa nova é a incorporación de rapazas moi novas ao equipo feminino de fútbol 8. Nas categorías inferiores, mantéñense os conxun-

tos de alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. A ilusión chega a veteráns.

Na directiva, Antonio Varela substituíu como presidente a Daniel Segade, agora secretario. Apóianos José Ignacio Morao, como tesoureiro, e Cristian Martínez, Agapito Cas-

tro,

Na pretemporada, o Concello de O Pino organizou o trofeo Galo Piñeiro, un cuadrangular que desputaron SD O Pino, Xallas, Dubra e Sigüeiro e que quedou na casa.

Éxito do Rally Terra da Auga Baños e cursos na piscina

O Pino foi testemuña da desputa do Supercampeonato de España de Rallyes e da Copa de España de Rallyes de Terra ao volver ser un dos municipios polos que discorreu o Rally Terra da Auga. Cohete Suárez e Alberto Iglesias proclamáronse campións da proba, presentada uns días antes na casa rural O Muíño de Pena. No acto interviu o alcalde, Manuel Taboada, e contou coa asistencia do ex campión do mundo de rallyes Luis Molla.

Máis de centenar e medio de aboados gozaron este verán das instalacións da piscina municipal de Lameiro a prezos reducidos. Só 12 euros custaba o bono para adultos e 6 euros o de menores ata 16 anos, ademais de haber bonos familiares. Tres socorristas, un financiado pola Xunta e dous pola Deputación da Coruña, vixiaron que non se producisen incidencias. Tamén se ofreceron cursos de natación para nenos e maiores.

42 • Concello de O Pino
Esther Codesido, Javier Lareo e Adrián Fernández como vogais.
Concello de O Pino •
44 • Concello de O Pino O Pino, o encanto do natural Rúa do Concello, s/n • 15821 Pedrouzo, Arca • O Pino Tel. 981 511 002 • Fax: 981 511 123 correo@opino.gal • www.opino.gal Río Tambre ao seu paso pola área recreativa da Tarroeira

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.